Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia pretendemos que os alumnos:
- Coñezan a estrutura, e a función que realizan, as diferentes moléculas que forman un ser vivo.
- Coñezan as transformacións de enerxía e materia que levan a cabo os seres vivos, así como os mecanismos de regulación destas transformacións.
- Adquiran uns coñecementos básicos acerca da transmisión da información xenética.
- Coñezan e utilicen técnicas de laboratorio básicas empregadas no ámbito das ciencias da vida.
- Coñezan e manexen correctamente a terminoloxía empregada en Bioquímica e Bioloxía Molecular.
PROGRAMA TEÓRICO
Os contidos teóricos da materia agrúpanse en sete unidades didácticas. En cada unidade, dividida en varios temas, estúdanse os aspectos mais estreitamente relacionados.
Na unidade didáctica 1 analízanse as características estruturais e propiedades dos diferentes grupos de biomoléculas das que está constituído un ser vivo, facendo un especial fincapé na función que realizan. Cada grupo de biomolécula é tratado en temas independentes, tamén se analizan as características estruturais das asociacións que se dan entre elas. O tema 1 é una introdución as características químicas da materia viva, recalcando as propiedades dos tipos de enlace e o carácter da auga como disolvente.
Nas unidades didácticas 2 a 6, estúdanse o conxunto de reaccións químicas que nos permiten degradar e sintetizar as biomoléculas, o que se coñece como Metabolismo. Na unidade 2, explícanse conceptos xerais, as propiedades das moléculas que catalizan as diferentes reaccións, os Enzimas, así como os mecanismos de regulación do metabolismo. Na unidade 3 estúdanse as rutas centrais do metabolismo aerobio, isto é, Ciclo de Krebs, Cadea de Transporte Electrónico e Fosforilación Oxidativa, e nas unidades 4, 5 e 6 as rutas que nos permiten degradar e sintetizar Glícidos, Lípidos e Proteínas, respectivamente.
Por último, na unidade didáctica 7 estúdase cómo se almacena a información xenética no ADN, cales son os mecanismos que permiten que esta información se transmita as células fillas cando una célula se divide, así como os procesos que permiten sintetizar as propias proteínas a partir de dita información. Para finalizar, e dado que no son necesarias todas as proteínas nun momento determinado, nin tampouco na mesma cantidade, analizaranse os mecanismos que permiten regular a expresión xénica.
UNIDADE DIDÁCTICA 1: BIOQUÍMICA ESTRUTURAL (13 Horas)
Tema 1.- Introdución.
Concepto de Bioquímica. Organización da materia viva. Bioelementos e biomoléculas. Tipos de enlaces inter e intramoleculares. Propiedades da auga: polaridade e ionización.
Tema 2.- Estrutura e propiedades das Proteínas
Estrutura, clasificación e propiedades dos aminoácidos. O enlace peptídico. Péptidos de interese biolóxico. Clasificación e función das proteínas. Niveles de organización estrutural das proteínas.
Tema 3.- Estrutura e propiedades dos Glícidos
Estrutura e propiedades dos monosacáridos. Derivados dos monosacáridos de interese biolóxico. O enlace glicosídico. Disacáridos de interese biolóxico. Polisacáridos de reserva e estruturais. Glicoproteínas.
Tema 4.- Estrutura e propiedades dos Lípidos
Estrutura e propiedades dos lípidos. Estrutura e propiedades dos eicosanoides. Triacilgliceroles e ceras. Fosfoglicéridos e esfingolípidos. Lípidos derivados do isopreno. Lipoproteínas. Membranas celulares.
Tema 5.- Estrutura e propiedades dos Ácidos nucleicos
Bases nitroxenadas, nucleósidos e nucleótidos. Niveles de organización estrutural do ADN. Características estruturais dos diferentes tipos de ARN.
UNIDADE DIDÁCTICA 2: INTRODUCIÓN AO METABOLISMO (5 Horas)
Tema 6.- Aspectos xerais do metabolismo
Concepto de metabolismo e rutas metabólicas. Bioenerxética. Catabolismo e anabolismo. O papel do ATP nos procesos metabólicos. Estado enerxético da célula. Esquema xeral do metabolismo.
Tema 7.- Enzimas
Concepto e propiedades. Nomenclatura e clasificación. Mecanismo de acción dos enzimas. O centro activo. Cinética enzimática: significado biolóxico das constantes cinéticas. Función coenzimática das vitaminas hidrosolubles.
Tema 8.- Regulación do metabolismo
Regulación da actividade enzimática. Compartimentación celular. Mecanismos específicos de regulación da actividade enzimática: regulación alostérica e regulación por modificación covalente. Regulación da concentración de enzima. Regulación por sinais extracelulares: mecanismos de transdución de sinais. Transporte a través de membranas.
UNIDADE DIDÁCTICA 3: RUTAS CENTRAIS DO METABOLISMO (3 Horas)
Tema 9.- Ciclo dos Ácidos Tricarboxílicos (Ciclo de Krebs)
Aspectos xerais e funcións. Reaccións da ruta. Balance global e regulación do ciclo. Reaccións anapleróticas: piruvato carboxilasa.
Tema 10.- Cadea Respiratoria e Fosforilación Oxidativa
Visión xeral dos procesos: localización e organización. A cadea de transporte electrónico: compoñentes e modo de acción. ATP sintasa: estrutura e modo de acción. Acoplamento enerxético entre a cadea respiratoria e a fosforilación oxidativa. Axentes desacoplantes: a termoxenina. Formación dos radicais libres de osíxeno. Inhibidores da cadea respiratoria.
UNIDADE DIDÁCTICA 4: METABOLISMO DOS GLÍCIDOS (5 Horas)
Tema 11.- Catabolismo da Glicosa e outros Monosacáridos
Conceptos de fermentación e respiración. Glicolisis: localización, reacciones. Fermentación: destinos anaerobios do piruvato. Degradación aeróbica do piruvato. Rexeneración do NAD+ citosólico: sistemas lanzadera de electróns. Balance da degradación aeróbica e anaeróbica da glicosa. Efecto Pasteur. Incorporación de outros monosacáridos a ruta glicolítica.
Tema 12.- Síntese da Glicosa
Importancia biolóxica. Precursores, localización e reaccións. Balance da ruta. Regulación coordinada de degradación e síntese da glicosa. Destinos da glicosa-6-fosfato.
Tema 13.- Metabolismo do Glicóxeno
O glicóxeno: una maneira de almacenar glicosa en animais. Importancia biolóxica. Degradación e síntese do glicóxeno: reaccións e regulación.
Tema 14.- Ruta das Pentosas Fosfato
Importancia biolóxica, función e localización. Reaccións e regulación.
UNIDADE DIDÁCTICA 5. METABOLISMO DOS LÍPIDOS (5 Horas)
Tema 15.- Catabolismo dos Lípidos
Movilización de triglicéridos. Catabolismo dos ácidos graxos: activación e transporte. beta-oxidación dos ácidos graxos: reaccións e balance. Particularidades da beta-oxidación de outros tipos de ácidos graxos. Corpos cetónicos: función, formación e utilización dos corpos cetónicos.
Tema 16.- Biosíntese de Lípidos I
Biosíntese de ácidos graxos: importancia biolóxica, precursores, localización e reaccións. Balance. Elongación e síntese de ácidos graxos insaturados: ácidos graxos esenciais. Regulación do metabolismo dos ácidos graxos.
Tema 17.- Biosíntese de Lípidos II
Biosíntese de triglicéridos e fosfoglicéridos. Biosíntese de esfingolípidos. Biosíntese de esteroides: o colesterol.
UNIDADE DIDÁCTICA 6.- METABOLISMO DOS AMINOÁCIDOS (5 Horas)
Tema 18.- Degradación de Proteínas e Aminoácidos
O proteasoma. Catabolismo de aminoácidos: transaminación e desaminación oxidativa. Eliminación do grupo amino: ciclo da urea. Outros sistemas de eliminación do grupo amino. Destinos do esqueleto carbonado.
Tema 19.- Biosíntese de Aminoácidos
Aminoácidos esenciais e non esenciais. Procedencia do esqueleto carbonado. Ciclo do nitróxeno e incorporación do grupo amino.
Tema 20.- Os Aminoácidos como precursores de outras biomoléculas
Neurotransmisores, hormonas, porfirinas e moléculas enerxéticas. Relación dos aminoácidos co metabolismo dos nucleótidos.
UNIDADE DIDÁCTICA 7.- TRANSMISIÓN DA INFORMACIÓN (4 Horas)
Tema 21.- Replicación do ADN
O ciclo celular. Proteínas implicadas na replicación. Mecanismo xeral da replicación: iniciación, elongación e terminación. Reparación do ADN.
Tema 22.- Transcrición
O concepto de xen. Maquinaria proteica implicada na transcrición. Mecanismo xeral da transcrición: iniciación, elongación e terminación. Modificacións post-transcricionais do ARN.
Tema 23.- Tradución
O código xenético: características. Maquinaria implicada na tradución. Fase de activación: aminoacil-ARNt sintasa. Iniciación, elongación e terminación da cadea polipeptídica. Modificacións post-traducionais.
Tema 24.- Regulación da Expresión Xénica
Disponibilidade do ADN. Control a nivel de transcrición. Re gulación da estabilidade do ARN mensaxeiro. Regulación a nivel da tradución.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Prácticas I e II (8 horas)
Obxectivo:
O obxectivo destas prácticas é introducir ao alumno/a nas técnicas de laboratorio básicas como son: o manexo adecuado de diferente material de vidro; a manipulación correcta de pipetas, tanto de vidro como automáticas; o uso dunha balanza, dun espectrofotómetro, dunha centrífuga, dun pH-metro, dun homoxenizador o dun axitador magnético. Tamén é obxecto desta práctica que os/as alumnos/as aprendan a preparar as mostras biolóxicas para realizar os análises, así como os reactivos que necesitan.
Aplicación:
1) Preparación dun homoxenado tisular e obtención do extracto cru que será utilizado ao longo das prácticas.
2) Preparación dos reactivos necesarios para a realización da determinación da concentración de proteínas polo método de Lowry.
3) Determinación da concentración de proteínas polo método de Lowry no extracto biolóxico obtido previamente, en leite de vaca e en outras mostras biolóxicas.
Duración:
Duas sesións
Prácticas III e IV (8 horas)
Obxectivo:
O obxectivo desta práctica é que os alumnos aprendan a detectar a presenza dun enzima nunha mostra biolóxica, así como a determinar a actividade dese enzima, seus principais parámetros cinéticos, e o efecto de parámetros como pH, temperatura o inhibidores.
Aplicación:
1) Determinación da actividade fosfatasa ácida nun extracto de fígado.
2) Cuantificación de dita actividade.
3) Determinación dos parámetros cinéticos Km e Vmax.
4) Estudo do efecto inhibidor do fosfato sobre dito enzima.
5) Estudo do efecto da temperatura e pH sobre a actividade
Duración:
Duas sesións.
Práctica V (4 horas)
Objetivo:
O obxectivo desta práctica é introducir aos alumnos nas técnicas cromatográficas, métodos moi empregados na separación e análise das biomoléculas.
Aplicación:
Separación de diferentes tipos de lípidos por cromatografía en capa fina.
Se realizará empregando como material biolóxico diferentes tejidos: fígado, cerebro, corazón, tecido adiposo, así como xema de ovo e leite.
Duración:
Una sesión.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- NELSON, D.L. & COX, M.M., Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- BERG, J.M., TYMOCZKO J.L. & STRYER L. “Bioquímica” Ed. Reverté. Septima edición. 2012.
- TYMOCZKO, J.L., BERG, J.M. & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. Reverté; Barcelona, 2014.
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, C.W., Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., Ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
- MCKEE, T. & MCKEE, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 5ª ed., Ed. McGRawHill Interamericana, México, 2014 (versión electrónica).
- HERRERA, E., RAMOS, M.P., VIANA, M. "Bioquímica básica". Ed. Elsevier, Barcelona, 2014.
- TEIJÓN, J.M., BLANCO, M.D., OLMO, R.M., POSADA, P., TEIJÓN, C. & VILLARINO, A. Fundamentos de Bioquímica estrutural, 3ª ed., Ed. Tébar Flores, Madrid, 2017.
- KOOLMAN, J. & RÖHM, K.H., Bioquímica: texto y atlas, 4ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2012.
- FERRIER, D.R., Bioquímica LIR, 7ª ed., Ed. WoltersKluver; Barcelona, 2017.
- RODWELL, V. & HARPER, A., Bioquímica ilustrada, 30ª ed., Ed, McGraw Hill Interamericana, México, 2016 (versión electrónica).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (LIBROS ESPECIALIZADOS):
- ENGELKING, L.R., Textbook of Veterinary Physiological Chemistry, 3rd ed. Ed. AcademicPress, San Diego, 2015. (versión electrónica).
- KANEKO, J. J, HARVEY, J. W. & BRUSS, M. L., (eds.), Clinical biochemistry of domestic animals., 6th ed. Ed. Academic Press, San Diego, 2008.
- DIJKSTRA, J., FORBES, J.M. & FRANCE, J., (eds.) Quantitative aspects of ruminant digestion and metabolism, 2ª ed. Ed. CAB International, Wallingford; 2005.
- LIEBERMANS, M. & PEET, A., Bioquímica Médica Básica: un enfoque clínico., 5th. ed., Ed. Lippincott, 2018
- BERG, J.M., TYMOCZKO,J.L. & STRYER, L., Bioquímica: aplicaciones clínicas, 7ª ed., .Reverté, Barcelona, 2015
- BAYNES, J.W. & DOMINICZAK, M.H., Bioquímica médica, 5ª ed., Ed. Elsevier, Barcelona, 2019
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 1A: proteins, basic aspects, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2013.
- McSWEENEY, P.L.H., FOX, P.F. & MAHONY, J.A.,(eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 2: lipids, 4ª ed., Ed. Springer, New York, 2020
- McSWEENEY, P.L.H. & FOX, P.F. (eds.) Advanced dairy chemistry, vol. 3: lactose, water, salts and minorconstituentes, 3ª ed.,
Ed. Springer, New York, 2009.
PÁGINAS WEB
http://proteopedia.org/wiki/index.php/Main_Page
https://themedicalbiochemistrypage.org/
http://www.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/query.fcgi
Das competencias establecidas no Plano de Estudos do Grao en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia se van a traballar as seguintes:
Competencias Xerais:
GVUSC 01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02: Capacidade de análise e síntese.
GVUSC 04: Planificación e xestión do traballo.
GVUSC 05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias Específicas:
Específicas disciplinares:
CEDVUSC 04: Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CDVUSC 16: Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Específicas profesionais:
D1VUSC 03: Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
Específicas académicas
CEAVUSC 08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias Transversais:
CTVUSC 01: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
De acordo coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-21” aprobadas por el Consello de Goberno de la USC, se contemplan tres posibles escenarios:
Escenario 1. NORMALIDADE ADAPTADA
Os contidos teóricos se impartirán na aula, en 40 sesións de 50 minutos de duración cada unha, cuxa distribución en horas se aproximará o mais posible a la que se mostra no apartado "Contidos". O material didáctico de apoio utilizado nestas clases porase a disposición dos alumnos a través da aula virtual da USC.
Como complemento á docencia teórica, cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións (2h/sesión) de titorías en grupos reducidos de 10 alumnos/as. Estas clases se dedicarán a desenrolar problemas, casos prácticos e a resolver todas as dúbidas que xurdan das clases expositivas.
As prácticas se realizarán no laboratorio do departamento de Bioquímica en 5 sesións de 4 horas cada unha. As prácticas se realizarán en grupos de 20 alumnos/as como máximo, que traballarán en parellas. Porase a disposición do alumnado, a través da aula virtual, un Manual de Prácticas, no que se detallan os aspectos teóricos así como a metodoloxía a seguir para o desenrolo de cada práctica. Cada alumno/a debe cubrir os apartados correspondentes cos resultados obtidos e entregar o manual ao finalizar as prácticas para que sexa corrixido e avaliado.
En todas as clases se manterán as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas, incluída a obrigatoriedade do uso da mascarilla si así o indican as autoridades sanitarias o non é posible manter a distancia de seguridade adecuada. Todo o alumnado deberá acudir as prácticas de laboratorio provisto de mascarilla, guantes de látex e bata de laboratorio.
Escenario 2. DISTANCIAMENTO
Nesta situación, tanto as clases expositivas como as titorías en grupo reducido se impartirán por vía telemática. Se seguirán os horarios programados e se empregarán as ferramentas institucionais proporcionadas por la USC: aula virtual e Microsoft Teams.
Coa finalidade de asegurar a distancia de seguridade, os grupos de prácticas serán de 10 alumnos como máximo e o tempo presencial no laboratorio se reducirá ao 50%. Cada grupo de 10 alumnos/as realizará no laboratorio o traballo presencial esencial, este traballo se complementará con sesións de titoría telemáticas para a explicación da práctica e a interpretación dos resultados obtidos. O alumnado deberá elaborar, en horas de traballo non presencial, unha memoria de prácticas, na que se presenten, interpreten e discutan os resultados obtidos, seguindo as indicacións do Manual de Prácticas. Esta memoria de prácticas deberá ser entregada na aula virtual para a súa valoración.
Escenario 3. CIERRE DAS INSTALACIÓNS
Tanto as clases expositivas como as titorías en grupo reducido se impartirán por vía telemática. Se seguirán os horarios programados e se empregarán as ferramentas institucionais proporcionadas pola USC: aula virtual e Microsoft Teams.
As sesións de prácticas de laboratorio presenciais serán substituídas por sesións vía telemática respectando os horarios programados. Nestas sesións se explicarán os obxectivos de cada práctica e o fundamento das técnicas empregadas, e se porá a disposición do alumnado unha gravación en vídeo, elaborada a tal efecto, na que se mostren paso a paso as técnicas e a metodoloxía empregadas e se facilitarán uns datos experimentais. Cada alumno/a, de maneira individual e seguindo as instrucións de Manual de Prácticas, deberá interpretar e discutir estes datos. O traballo deberá ser entregado na aula virtual para a súa valoración.
EN CUALQUIERA DOS TRES ESCENARIOS, os/as alumnos/as deberán elaborar un mapa metabólico como axuda ao aprendizaxe que será avaliado de cara a cualificación final. Dicho mapa se entregará o día no que se celebre o exame da primeira oportunidade (xaneiro de 2021). A entrega se realizará de forma presencial si é posible, si no lo é, se fará a través da aula virtual.
Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo están a disposición dos/as alumnos/as exemplares dos libros de texto e manuais recomendados para o seguimento da materia.
VALORACIÓN DOS COÑECEMENTOS TEÓRICOS (70% de la cualificación final)
Na oportunidade ordinaria, o alumnado DEBERÁ OPTAR por unha das seguintes opcións para a avaliación dos coñecementos teóricos:
Opción 1: Avaliación continua
a) Se realizará un seguimento continuado ao longo do semestre da adquisición de coñecementos mediante a realización dunha proba na parte final de cada unha das sesións de titorías. Cada unha destas 3 probas constará de 25 preguntas tipo test con cinco opcións de resposta e unha soa correcta; se corrixirá a probabilidade de acerto por azar. A suma das notas obtidas terá un peso dun 35% na cualificación.
b) Na data prevista no calendario de exames (8 de xaneiro de 2021), se realizará una cuarta proba escrita que constará de entre 3 a 5 preguntas de resposta curta, desenrolo, interpretación de esquemas…, coa que se valorará a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos. A nota obtida nesta proba terá un peso dun 35% na cualificación.
Para aprobar a materia é OBRIGATORIO SUPERAR este apartado de adquisición de coñecementos teóricos, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10 na suma das catro probas.
Opción 2: Avaliación mediante exame final
Neste caso, o grao de adquisición dos coñecementos teóricos se avaliará mediante una única proba a realizar na data prevista no calendario de exames (8 de xaneiro de 2021). A proba constará dunha parte tipo test de 75 preguntas con cinco opcións de resposta e unha soa correcta (se corrixirá a probabilidade de acerto por azar), e unha parte que constará de entre 3 a 5 preguntas de resposta curta, desenrolo, interpretación de esquemas…, con la que se valorará a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos. A nota de cada unha das partes terá un peso dun 35% na cualificación.
Para aprobar a materia é OBRIGATORIO SUPERAR este exame, débese alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10.
A opción 2 será a única opción de avaliación na oportunidade de recuperación (xullo de 2021).
VALORACIÓN DOS COÑECEMENTOS PRÁCTICOS (20% da cualificación final).
a) A actitude e o interese mostrado por el/la alumno/a no laboratorio, o traballo desenrolado nas clases prácticas e os resultados obtidos terán un peso dun 10% na cualificación.
b) A avaliación dos coñecementos adquiridos mediante a realización dunha proba no laboratorio a cada grupo o día no que se realiza a última práctica, terá un peso dun 10% na cualificación.
É OBRIGATORIA A ASISTENCIA a todas as prácticas. Se un/ha alumno/a falta a algunha, deberá aportar o xustificante e recuperala o antes posible. De no facelo así, se considerará que el/la alumno/a non realizou as prácticas e como consecuencia non porá aprobar a materia.
VALORACIÓN DO MAPA METABÓLICO (10% da cualificación final)
MODO DE REALIZACIÓN DE PRUEBAS DE EVALUACIÓN CONTINUA E EXAME FINAL
- Escenario 1: as probas de avaliación continua e o exame final se realizarán de forma presencial.
- Escenario 2: as probas de avaliación continua e o exame final se realizarán de forma presencial o telemática a través da aula virtual, dependendo da situación do momento e do que dispoñan as autoridades sanitarias e académicas.
- Escenario 3: as probas de avaliación continua e o exame final se realizarán de forma telemática a través da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de probas ou exames será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
IMPORTANTE:
1.- Para aprobar a materia é obrigatorio superar o apartado de adquisición de coñecementos teóricos, se debe alcanzar unha nota mínima dun 4,5 sobre 10 para proceder a calcular a nota final tendo en conta as cualificacións de prácticas e mapa metabólico.
2.- A nota obtida nos apartados prácticas e mapa metabólico terá validez para as dous oportunidades do curso. Se un alumno debe cursar novamente a materia se lle conservará, si así o desexa, a nota obtida en ambos apartados.
4.- Soamente os alumnos que no realizaron ningunha actividade durante o curso serán cualificados como "no presentado".
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases maxistrais: 40 h
-Prácticas de laboratorio: 20 h
-Titorías en grupos reducidos: 6 h
Total: 66 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
-Estudo individual: 60 h
-Elaboración da memoria de prácticas: 6 h
-Elaboración de traballos: 4,5 h
-Revisión bibliográfica: 4 h
-Resolución de casos/problemas: 6 h
-Realización de exames: 3,5 h
Total: 84 h
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 150 h
Recoméndase o traballo continuado e simultáneo coa docencia expositiva.
Para calquera dúbida, recomendamos o uso das titorías persoais.
Durante todo o curso recomendamos o contacto continuo co profesor mediante os medios informáticos habituais.
Para a docencia teórica (clases expositivas e titorías en grupo) os alumnos dividiranse, por orde alfabético, en 2 grupos, A e B.
Os profesores responsables de impartir esta docencia son:
Grupo A
Prof. Juan Ignacio Ramos Martínez
Titorías persoais: luns, martes e mércores de 11:00 a 13:00 horas, no Departamento de Bioquímica e Biolóxía Molecular, pavillón II, Facultade de Veterinaria.
Grupo B
Prof. Izaskun Ibarguren Arizeta
Titorías persoais: martes, mércores e xoves de 11:00 a 13:00 horas, no Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, pavillón II, Facultade de Veterinaria.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
Escenario 2
A docencia teórica (clases expositivas e titorías en grupo reducido) será por medios telemáticos utilizando as ferramentas institucionais proporcionadas por la USC: aula virtual e MS Teams. Se reducirá a presencialidade das prácticas de laboratorio ao 50% para traballar con grupos de 10 alumnos. O traballo de laboratorio será completado cunha sesión titorial telemática.
Se manterán os contidos e os horarios programados.
Escenario 3
Toda a docencia (clases expositivas, titorías en grupo reducido e prácticas) será por medios telemáticos utilizando as ferramentas institucionais proporcionadas por la USC: aula virtual e MS Teams. Se manterán os contidos e os horarios programados.
Avaliación
No escenario 2 as probas de avaliación continua e o exame final se realizarán de forma presencial o telemática a través del aula virtual dependendo da situación do momento e do que dispoñan as autoridades sanitarias e académicas. No escenario 3 tanto as probas de avaliación continua como o exame final se realizarán de forma telemática a través da aula virtual.
Juan Ignacio Ramos Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- juanignacio.ramos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Antonio Villamarin Cid
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramiro Barcia Vieitez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- ramiro.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Luis Rodríguez Rodríguez
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- joseluis.rodriguez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Auditorio |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
08.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
05.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |