Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Física Aplicada, Química Física, Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento básico da morfoloxía, bionomía e sistemática de animais e plantas de interese veterinario. Coñecemento dos procesos químicos básicos, así como das bases físicas dos procesos biolóxicos e as súas aplicacións nas ciencias veterinarias.
ZOOLOXÍA
Teoría
1. – Conceptos xerais.
Morfoloxía, bionomía e sistemática dos animais de interese veterinario. Filoxenia, sistemática e concepto de especie. Reino Animalia. Modelos de organización. Tipos de simetría e cavidades corporais. (Clase expositiva. Tempo estimado: 3:30 h).
2. – Diversidade animal. Estudo dos taxons máis relevantes.
Deseño corporal e funcións básicas de Esponxas, Cnidarios (augamares, anémonas e corais), Platelmintos (planarias, doelas e tenias), Nematodos, Anélidos (lombrigas de terra, samesugas e poliquetos), Artrópodos (crustáceos, arácnidos e insectos), Moluscos (caracois, bivalvos e cefalópodos), Cordados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos). (Clase expositiva. Tempo estimado: 4:30 h).
Prácticas de laboratorio
1. - Observación de Protozoos e pequenos animais de charcas de auga doce. (Sesión práctica de 1:30 h).
2. - Disección do Mexillón (Mytilus galloprovincialis). (Sesión práctica de 1:30 h).
3. - Disección da Miñoca (Eisenia andrei). (Sesión práctica de 1:30 h).
4. - Disección da Cigala (Nephrops norvegicus). (Sesión práctica de 1:30 h).
5. - Disección da Abella da mel (Apis mellifera). (Sesión práctica de 1:30 h).
6. - Disección da Troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss). (Sesión práctica de 1:30 h).
BOTÁNICA
1. Conceptos xerais.
Principais grupos de organismos. Dominios e Reinos: Protistas, Fungos e Plantas. Características xerais e clasificación. (Clase expositiva. Duración estimada: 3h).
2. Diversidade das plantas.
Morfoloxía externa e bioloxía reprodutiva das plantas: Plantas sen semente. Plantas con semente: Ximnospermas e Anxiospermas, características xerais e clasificación, estudo dos taxons de interese veterinario. (Clase expositiva. Duración estimada: 3h).
Prácticas de laboratorio:
1. Plantas: Estudo da morfoloxía externa. Organización e estruturas reprodutoras. (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).
2. Plantas. Anxiospermas Dicotiledóneas (Fabáceas e Asteráceas). (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).
3. Plantas. Anxiospermas Monocotiledóneas (Poáceas). (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).
QUÍMICA
Clases expositivas:
Tema 1. ESTRUTURA DAS MOLÉCULAS ORGÁNICAS E FORZAS INTERMOLECULARES. Electronegatividade. Conceptos básicos sobre ligazón química. Ligazón covalente. Xeometría molecular. Hibridación de orbitais atómicos. Polaridade de ligazóns e de moléculas. Clases de compostos orgánicos segundo os grupos funcionais. Forzas intermoleculares.
Tema 2. EQUILIBRIO ÁCIDO-BASE. Ácidos e bases. Pares conxugados ácido-base. Equilibrio de autoionización e produto iónico da auga. Constante de acidez e basicidad. Fortaleza dos ácidos e das bases. Concepto de pH. Cálculo do pH de disolucións de ácidos e bases. Grao de disociación. Propiedades ácido-base dos sales. Efecto do ión común en reaccións ácido-base. Propiedades ácido-base dos aminoácidos. Indicadores ácido-base. Disolucións reguladoras de pH.
Clases interactivas:
Nas Prácticas de Laboratorio (dúas sesións de prácticas, 6 h) e na clase de Titoría (30 min) desenvolveranse actividades prácticas, experimentais e de control orientadas á aplicación, consolidación e avaliación da aprendizaxe dos contidos explicados e traballados no programa teórico.
Práctica 1. Operacións de laboratorio: Pesada e balanzas. Material volumétrico. Preparación de disolucións. Medida do pH. Indicadores e papel indicador.
Práctica 2. Preparación de disolucións reguladoras. Comprobación da súa capacidade de regulación do pH.
FÍSICA
Clases expositivas (Teoría):
Nocións de Biomecánica.
Bases físicas do funcionamento do sistema circulatorio dos mamíferos.
Nocións de Termodinámica Biolóxica. Metabolismo animal.
Principios básicos da electricidade (dependerá de disponibilidade de tempo extra).
Nocións da Física da vista e do oído (dependerá de disponibilidade de tempo extra).
Clases interactivas (Prácticas):
Centro de gravidade dun animal. Distribución de carga nas patas dianteiras e traseiras (1 h).
Métodos de determinación de densidades (1 h).
Uso de manómetros e efecto Venturi (1 h).
Viscosidade dun alimento líquido e control de calidade (1 h).
Calorimetría: calor de fusión do xeo e calor específico dun alimento líquido. Lei de Joule (1 h).
Circuítos de corrente continua. Manexo de polímetro (1 h) .
Óptica: formación de imaxes con lentes converxentes e diverxentes delgadas (1 h).
(dependendo da dispoñibilidade de material poden producirse cambios destes contidos).
ZOOLOXÍA
Básica:
- HICKMAN C.P., ROBERTS, L.S. & HICKMAN, F.M. Principios integrales de Zoología. Interamericana, Madrid, 14ª ed., 917 pp., 2009.
Complementaria:
- BARNES, R.D. Zoología de los Invertebrados. Interamericana, 4ª ed., México, 1157 pp. 1996.
- DE LA FUENTE, J.A. Zoología de Artrópodos. Interamericana McGraw Hill, México, 805 pp., 1994.
- MARGULIS, L. & SCHWARTZ, K.V. Cinco reinos. Guía ilustrada de los phyla de la vida en la Tierra. Labor, Barcelona, 355 pp., 1982.
- McGAVIN, G.C. Entomología esencial. Ariel, Barcelona, 350 pp., 2002.
- NIETO, J.M. & MIER, M.P. Tratado de entomología. Omega, Barcelona, 599 pp., 1985.
- PLANAS, J. Elementos de Biología. Omega, Barcelona, 570 pp., 1985.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología de Villée. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- TELLERÍA, J.L., Zoología evolutiva de los Vertebrados. Síntesis, Madrid, 1988.
- YOUNG, J.Z., La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona, 660 pp. 1985.
BOTÁNICA
- CURTIS, H., BARNES, N. S. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana. Buenos Aires. 1010 pp. 2008.
- DÍAZ VIZCAÍNO, E.A. 2011. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas. Unidade Didáctica 4. Universidade de Santiago de Compostela. Disponible en:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/des…
- IZCO , J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J.A., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., PRADA, C., TALAVERA, S., VALDÉS, B. Botánica. McGraw Hill Interamericana, Madrid, 781 pp. 2004.
- NABORS, M. W. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid. 712 pp. 2006.
- PURVES, W.K., SADAVA, D., ORIANS, G.H., HELLER, C. H. Vida. La ciencia de la Biología, 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires. 1133 pp. 2005.
- RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHCHORN, E.E. Biología de las plantas, 2 tomos. Reverté, Barcelona, 1991.
- SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
- STRASBURGER, E. e col. Tratado de Botánica. 9ª ed. Omega. Barcelona. 2004.
Prácticas:
-AIRA, M.J, VÁZQUEZ, R.A., IZCO, J. (Eds.). Manual de prácticas de Botánica. Laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio científico. Universidade de Santiago de Compostela, 385p. 2014.
- AIZPURU, I., ASEGINOLAZA, C., URIBE-ECHEBERRÍA, P.M., URRUTIA, P. , ZORRAKIN, I. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria, 830p. 1999.
QUÍMICA
Básica: - R. Chang, K. A. Goldsby, “Química”, 11a Ed., México, McGraw-Hill, 2013.
Complementaria: - R. H. Petrucci, W. S. Harwood, G. F. Herring, “Química General”, Madrid, Pearson Educación, 2007
FÍSICA
Básica:
- CROMER, A.H. Física para las Ciencias de la Vida. Ed. Reverté, 2007.
- ORTUÑO ORTÍN, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Ed. Crítica, 1996
- KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. Física. Ed Reverté, 2007.
Complementaria:
- GIANCOLI, D.C. Física. Principios y Aplicaciones. Ed Prentice Hall Mexico, 2007.- HEWITT, P.H. Física Conceptual. Pearson. Addison Wesley, 2004.
- McDONALD, S.C.G.; BURNS, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1989.
- STROTHER, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. Ed McGraw-Hill, 1981.
XERAIS PARA A MATERIA
Competencias xerais:
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares (saber):
• CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
• CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
• CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
Competencias específicas profesionais (saber facer):
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias específicas académicas (querer facer):
• CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
• CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como
información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
• CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1: Normalidade adaptada
As clases impartiranse de maneira presencial e nelas explicaranse os contidos establecidos no programa da materia con axuda da plataforma e os medios audiovisuais que se consideren oportunos. Tomaranse as medidas hixienico-sanitarias recomendadas (hidroxel e obrigatoriedade de máscara).
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o alumnado adquira habilidades e experiencia práctica. Levaránse a cabo no laboratorio coas medidas hixienico- sanitarias descritas.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar ao alumnado o material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-alumnado.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A materia divídese en catro disciplinas (Física, Química, Botánica e Zooloxía), cada unha das cales presenta contidos teóricos e prácticos. A nota final da materia será a media das obtidas nas catro disciplinas, sempre que en cada unha delas se obteña como mínimo un 4, sobre un máximo de 10 puntos.
A avaliación de cada disciplina farase a partir dun exame presencial (que suporá 60% da nota) e da avaliación continua (40% da nota). O exame final consistirá nunha proba escrita con cuestións teóricas (en Zooloxía e Botánica) e teórico-prácticas (en Física e Química). A avaliación continua desprégase como segue: o 15% corresponderá ao aproveitamento das Prácticas de Laboratorio de asistencia obrigatoria, e o 25% restante corresponderá á avaliación de traballos ou memorias, cuestionarios, asistencia a clase, e participación e aproveitamento das actividades lectivas.
Requírese unha nota mínima de 4, sobre un máximo de 10 puntos, en todas e cada unha das contribucións á nota final (exame, prácticas e o resto da avaliación continua) para que dita contribución sexa incluída no cálculo da nota da disciplina correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames, será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tratase dunha materia de 6 créditos, polo que o traballo máximo do alumno non lle debe ocupar mais de 150 horas totais.
Traballo presencial na aula:
- Clase Expositiva: 26 h.
- Clase Interactiva: 28 h prácticas de laboratorio + 3 h prácticas de pizarra + 1 h seminario
- Horas de Titorías: 2 h
Total traballo presencial= 60 horas
Traballo persoal do estudante:
- Estudo individual: 42 h.
- Elaboración de memoria das prácticas: 2h.
- Elaboración de traballos: 12 h
- Revisión bibliográfica: 6 h.
- Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 3 h.
- Resolución de problemas: 12,5 h.
- Presentacións orais 2 h
- Realización de exames: 10,5 h
Total horas traballo persoal do estudante= 90 h
Total horas: 150 h
Recoméndase revisar e actualizar os coñecementos de Bioloxía, Matemáticas, Física e Química adquiridos nos estudios de E.S.O. e Bacharelato.
Plan de continxencia
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento da docencia durante o curso académico 2020-2021, e a fin de minimizar o impacto dun posible rebrote do COVID-19, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
Escenario 2. Distanciamento.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
A docencia práctica distribuirase do seguinte modo: o 50% das prácticas desenvolveranse no laboratorio (cos grupos reducidos á metade do alumnado) e o outro 50% completarase con actividades telemáticas cuxa temática estará relacionada coas mesmas prácticas.
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación
O exame final será presencial se as normativas sanitarias o permiten. Nese caso, o sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para o escenario 1.
Se non é posible un exame presencial, este será telemático. Consistirá en probas subidas á plataforma dixital da materia con cuestións tipo test e/ou preguntas ensaio con temática teórica (en Zooloxía e Botánica) e teórico-práctica (en Física e Química).
Se o exame é telemático, o peso das contribucións á nota final intercámbiase: En cada disciplina, o exame final suporá o 40% da nota, e avaliación continua o 60%. O peso das prácticas na nota final de cada disciplina pasa a ser do 10%, polo que o peso do resto da avaliación continua sería dun 50%. Ademais, a nota de corte para que unha contribución sexa incluída no cálculo da nota de cada disciplina será dun mínimo de 5, sobre un máximo de 10 puntos. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar todas as disciplinas (5 sobre 10 puntos en cada unha).
Escenario 3. Peche das instalacións.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
As prácticas substituiranse por actividades virtuais que poden incluír retransmisións asíncronas asociadas á realización de cuestionarios na plataforma da materia, ou outras actividades que manteñan un carácter formativo práctico.
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación
No escenario 3 o exame final será telemático. Neste escenario o peso do exame final suporá o 40% da nota, e avaliación continua 60%.
Incrementarase a cantidade e calidade das actividades comprendidas na avaliación continua, excepto as correspondentes ás prácticas de laboratorio. O peso das prácticas na nota final de cada disciplina será do 10%, polo que o peso do resto da avaliación continua será dun 50%.
A nota de corte para que unha contribución sexa incluída no cálculo da nota de cada disciplina será dun mínimo de 5, sobre un máximo de 10 puntos. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar todas as disciplinas (5 sobre 10 puntos en cada unha).
Teresa Cornide Paz
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- teresa.cornide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Enrique Manuel Cabaleiro Lago
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- caba.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Proupin Castiñeiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- xurxo.proupin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Vazquez Tato
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- jose.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aida Jover Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- aida.jover [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Jose Fraga Lopez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 982824081
- Correo electrónico
- francisco.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Eugenio Anselmo Rodriguez Nuñez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- eugenio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Angel Meijide Del Rio
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824083
- Correo electrónico
- francisco.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Lopez Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- adolfo.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Paz Ondina Navarret
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- mapaz.ondina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Antonio Carrazana Garcia
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 982824132
- Correo electrónico
- jorge.carrazana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Villanueva Lopez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- maria.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Vallet Moreno
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Correo electrónico
- pablo.vallet.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Auditorio |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Auditorio |
21.12.2020 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.12.2020 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.12.2020 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |