Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clínicos EEES: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.
- Acadar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para realizar radiodiagnóstico en medicina veterinaria.
- Proporcionar ao estudante os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a aplicación da ecografía na clínica veterinaria.
- Coñecer os principios e as técnicas avanzadas de diagnóstico por imaxe (Tomografía computarizada, Resonancia Magnética, Gammagrafía).
- Coñecer a aplicación das radiacións ionizantes para a realización de certos tratamentos en medicina veterinaria (Radioterapia, Medicina Nuclear).
- Coñecer os protocolos e a utilidade de combinar diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe.
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
PARTE I: RADIOLOXÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS, TÉCNICAS XERAIS. RADIOPROTECCIÓN. - 4 horas -
- RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- INSTALACIÓNS E EQUIPOS. Sala de raios X. Sala de revelado. Equipos de raios X. Material complementario.
- OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOLÓXICA. Factores de exposición. Calidade radiográfica. Revelado. Medios de contraste.
- RADIOBIOLOXÍA E RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación.
SECCIÓN 2: TÓRAX EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO TÓRAX. PAREDE TORÁCICA E DIAFRAGMA.
- MEDIASTINO E ESPAZO PLEURAL. Presenza de gas, fluídos e masas no mediastino e no espazo pleural. ESÓFAGO. Dilatacións, corpos estraños e perforacións. TRÁQUEA. Colapsos, hipoplasias.
- PULMÓN. Patróns pulmonares. CORAZÓN E GRANDES VASOS. Lesións conxénitas e adquiridas.
SECCIÓN 3: ABDOME EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- CAVIDADE ABDOMINAL. Técnica radiográfica. Anatomía radiográfica. TRACTO GASTROINTESTINAL. Tránsito gastrointestinal. Radiodiagnóstico.
- FÍGADO. BAZO. PÁNCREAS. LINFONODOS. CAVIDADE PERITONEAL.
- APARATO URINARIO E REPRODUTOR. Técnicas de contraste. Radiodiagnóstico do aparato urinario. Radiodiagnóstico do aparato reprodutor.
SECCIÓN 4: SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Lesións óseas. Alteracións do esqueleto inmaturo. Radioloxía articular.
- CABEZA E COLUMNA VERTEBRAL. Técnicas radiográficas. Cranio, cavidade nasal e seos. Columna vertebral. Técnicas de contraste.
SECCIÓN 5: RADIOLOXÍA EN GRANDES ANIMAIS. - 2 horas -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Extremidade anterior. Extremidade posterior. CABEZA E COLUMNA.
- SISTEMA RESPIRATORIO.
PARTE II: ECOGRAFÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS E TÉCNICAS XERAIS. - 2 h -
- Principios físicos, equipos e material utilizado en ecografía. Modos de imaxe.
- Interpretación e control da imaxe ecográfica. Terminoloxía utilizada. Artefactos.
- Protocolo xeral de exploración.
SECCIÓN 2: ECOGRAFÍA ABDOMINAL.
ECOGRAFÍA ABDOMINAL EN PEQUENOS ANIMAIS – 8 horas -
- FÍGADO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións do parénquima hepático. Vesícula biliar e sistema biliar. Lesións vasculares.
- BAZO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións esplénicas.
- TRACTO GASTROINTESTINAL. Técnica de exploración ecográfica e preparación do paciente. ESTÓMAGO. Imaxe ecográfica normal. Lesións gástricas. INTESTINO DELGADO E GROSO. Imaxe ecográfica normal. Lesións.
- PÁNCREAS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións pancreáticas.
- APARATO URINARIO: RILES E URÉTERES. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO URINARIO: VEXIGA E URETRA. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- GLÁNDULAS ADRENAIS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DO MACHO: PRÓSTATA E TESTÍCULOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DA FEMIA: ÚTERO E OVARIOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións. DIAGNÓSTICO DE XESTACIÓN.
- CAVIDADE PERITONEAL. Técnica de exploración ecográfica. Lesións.
ECOGRAFÍA ABDOMINAL EN GRANDES ANIMAIS – 1 hora –
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO ABDOME. Equipo e técnica de exploración. Anatomía ecográfica. Lesións.
SECCIÓN 3: ECOCARDIOGRAFÍA. - 1 hora -
- TÉCNICA DE EXPLORACIÓN ECOCARDIOGRÁFICA. Anatomía ecográfica. Ventás ecocardiográficas.
- ECOCARDIOGRAFÍA BIDIMENSIONAL E MODO M. Principios xerais.
- ECOCARDIOGRAFÍA DOPPLER. Doppler color. Doppler espectral: pulsado e continuo.
SECCIÓN 4: EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO. - 2 horas -
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN GRANDES ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
PARTE III: OUTROS MEDIOS FÍSICOS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE. - 2 horas -
- TOMOGRAFÍA COMPUTARIZADA
- RESONANCIA MAGNÉTICA
- MEDICINA NUCLEAR
PARTE IV: RADIOTERAPIA. - 1 hora -
- RADIOTERAPIA. Principios físicos e técnicos. Equipos. Radioterapia en pequenos e grandes animais.
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. - 18 horas -
- Interpretación radiográfica. Valoración de placas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético. - 7,5 horas -
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can - 2,5 horas -
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos - 2 horas -
Bibliografía básica
AGUT GIMÉNEZ, A. Diagnóstico por imagen en pequeños animales. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2014.
BARR, F.; GASCHEN, L. BSAVA Manual of Canine and Feline Ultrasonography. British Small Animal Veterinary Association. 2011.
BUTLER, J.A.; COLLES, Ch.M.; DYSON, S.J.; KOLD, S.E.; POULOS, P.W.; Clinical Radiology of the Horse, 4ª edition, Wiley Blackwell. 2016.
COULSON, A.; LEWIS, N. An Atlas of Interpretative Radiographic Anatomy of the Dog and Cat. 2th. Edition. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2008.
DENNIS, R.; KIRBERGER, R.M.; BARR, F.; WRIGLEY, R.H. Handbook of Small Animal Radiology and Ultrasound. Techniques and Differential Diagnoses. 2th edition. Saunders Elsevier. 2010.
KIDD, J.A.; LU, K.G.; FRACER, M.L. Atlas of Equine Ultrasonography. Wiley Blackwell. 2014.
MATTOON, J.S.; NYLAND, T.G. Diagnóstico Ecográfico en Pequeños Animales. 3ª Ed. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2016.
PENNINCK, D.; D'ANJOU, M. A. Atlas de ecografía en pequeños animales. Segunda edición. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2017.
SCHEBITZ, H.; WILKENS, H. Atlas of Radiographic Anatomy of the Horse. 4th. Edition. Parey Verlag. 2008.
THRALL, D.E. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 6th Ed. W. B. Saunders Elsevier. Philadelphia. 2013.
THRALL, D.E.; ROBERTSON, I.D. Atlas of Normal Radiographic Anatomy and Anatomic Variants in the Dog and Cat. 2th Edition. Saunders Elsevier. 2016.
Bibliografía complementaria
BOON, J.A. Veterinary Echocardiography. 2nd. Edition. Wiley Blackwell. 2011.
BUSHBERG J.T.; SEIBERT, J.A.; LEIDHOLD, E.M.; BOONE, J.M. The Essentials Physics of Medical Imaging. 3th. Edition. Lippincott Williams and Wilkins. 2011.
DANIEL, G.B.; BERRY, C.R. Textbook of Veterinary Nuclear Medicine. American College of Veterinary Medicine. 2006.
DYSON, S.J.; PILSWORTH, R.C. TWARDOCK, A.R. MARTINELLI, M.J. Equine Scintigraphy. Equine Veterinary Journal Ltd. 2003.
ELLIOTT, I.; SKERRITT, G. Handbook of Small Animal MRI. Wiley Blackwell. 2013.
GAVIN, P.R.; BAGLEY, R.S. Practical Small Animal MRI. Wiley Blackwell. 2009.
HOLLOWAY, A.; McCONNELL F. BSAVA Manual of Canine and Feline Radiography and Radiology: A Foundation Manual. British Small Animal Veterinary Association. 2013.
KIRBERGEN, R.M.; McEBOY, F. BSAVA Manual of Canine and Feline Musculoskeletal Imaging. 2th. Edition. British Small Animal Veterinary Association. 2016.
MAI, W. Diagnostic MRI in Dogs and Cats. CRC Press. 2018.
MARR, C.M.; BOWEN, M. Cardiology of the Horse. 2nd. Edition. Saunders Elsevier. 2011.
MIHALJEVIC, M.; KRAMER, M.; GOMERCIC, H. CT- und MRT- Atlas: Transversalanatomie del Hundes. Parey. 2009.
MURRAY, R.C. Equine MRI. Wiley Blackwell. 2011.
NOVELLAS TORROJA, R.; DOMÍNGUEZ MIÑO, E.; ESPADA GERLACH, Y.; MARTÍNEZ PEREIRA, Y.; TOBÓN RESTREPO, M. Diagnóstico ecográfico en el gato. Editorial Servet. 2016.
O`BRIEN, R.; BARR, F.J. BSAVA Manual of Canine and Feline Abdominal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2009.
SCHMIDT, M.J.; KRAMER, M. MRT-Atlas ZNS-Befunde bei Hund und Katze. Enke bei Thieme (Verlag) 2015.
SCHWARZ, T.; JOHNSON, V. BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2008.
SCHWARZ, T.; SAUNDERS, J. Veterinary Computed Tomography. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2011.
WISNER, E.; ZWINGENBERGER, A. Atlas of Small Animal CT and MRI. Wiley Blackwell. 2015.
Páginas WEB:
- American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/).
- European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/).
- Veterinary Radiology and Ultrasound (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/(ISSN)1740-8261).
- Equine Veterinary Journal/ EVEducation (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1001/(ISSN)2042-3306).
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “A BUSC EN LIÑA” https://busconline.gal. Tamén, a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendar a busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Competencias xenéricas do grao en veterinaria:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares:
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
o
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
EN CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 QUE SE DESCRIBE, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO “OBSERVACIÓNS”.
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada)
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia. As clases presenciais requirirán a aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, máscara, distancia de seguridade…). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual hasta un 10% das horas totais da materia. (ver Sesións expositivas en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. – 18 horas -
No Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC os estudantes familiarízanse coa instalación, cos equipos e co material necesario para a exploración radiográfica, ecográfica e con técnicas avanzadas (Tomografía Computarizada, Resonancia Magnética). Aprenden a manexar os pacientes que chegan ao Servizo e tamén o trato cos seus donos. Nas exploracións radiográficas, aplican as medidas de radioprotección necesarias e realizan o posicionamento, o cálculo dos parámetros de exposición e a interpretación das imaxes obtidas. Os estudantes seguen as exploracións ecográficas que diariamente se levan a cabo no Servizo, e colaboran na realización de tomografías computarizadas e resonancias magnéticas. Os estudantes dispoñen dun cuestionario de prácticas para reforzar os coñecementos adquiridos nesta actividade.
- Interpretación radiográfica. – 7,5 horas -
Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os estudantes coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e cheguen a establecer os posibles diagnósticos diferenciais.
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can – 2,5 horas –
Establécese un protocolo de exploración ecográfica que de forma individualizada realizará cada estudante baixo a supervisión do profesor.
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos – 2 horas –
Baixo a supervisión do profesor os estudantes participarán activamente na exploración radiográfica e ecográfica do cabalo.
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante (ver calendario oficial do Centro). Na primeira sesión (primeiro día de clase) informarase aos estudantes das características da materia e da programación. Nas seguintes sesións efectuarase un seguimento da materia, os estudantes resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán de forma individualizada, mediante probas curtas, a súa evolución. As titorías realizaranse principalmente de forma presencial, non obstante, poderanse programar sesións virtuais a través da plataforma MS TEAMS, respectando a franxa horaria establecida.
EN CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 QUE SE DESCRIBE, VER AS MODIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO “OBSERVACIÓNS”.
ESCENARIO 1 (normalidade adaptada)
A valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante AVALIACIÓN CONTINUA (con probas curtas nas sesións de titoría, resolución de casos clínicos, presentacións orais ou seguimento do cuestionario de prácticas), e con unha PROBA FINAL complementaria á avaliación continua, que consistirá nun exame con unha parte de preguntas de tipo test (V/F) e outra de interpretación de imaxes (radiografías ou ecografías) con preguntas de resposta múltiple. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 6/10 puntos, e a proba final con un total de 4/10 puntos.
Para a AVALIACIÓN CONTINUA (6/10 puntos) teranse en conta as notas de catro probas curtas realizadas nas titorías (4 puntos) xunto coa puntuación obtida nas sesións interactivas (2 puntos).
As probas curtas realizadas nas titorías consistirán en 20 preguntas de tipo test, de modalidade verdadeiro/falso ou de resposta múltiple. Nas preguntas de modalidade verdadeiro/falso as respostas acertadas suman e as erróneas restan na mesma contía. Nas preguntas de opción múltiple, que terán unha ou varias respostas correctas, a suma de todas as respostas correctas equivalerá ao valor completo da pregunta, e no caso de non sinalalas todas, sumarán a porcentaxe correspondente; isto mesmo ocorrerá coas respostas erróneas, solo que en sentido negativo.
Nas sesións interactivas valorarase a actitude e destreza dos estudantes.
La PROBA FINAL (4/10 puntos) consistirá nun parte de tipo test (2 puntos), de modalidade verdadeiro/falso, e outra de interpretación de imaxes (2 puntos), de resposta múltiple, onde se seguirá o mesmo criterio de valoración que nas probas curtas. Será obrigatorio superar cada unha das partes da proba final, polo tanto, haberá que obter uno ou máis puntos sobre dous tanto na parte de tipo test como na de interpretación de imaxes.
A todos aqueles estudantes que no superaran a materia na primeira oportunidade, manteráselles para a segunda oportunidade a cualificación obtida na avaliación continua, debendo repetir unicamente a proba final telemática, que terá as mesmas características e criterio de valoración que a realizada na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: 70 horas - sesións expositivas (35 h), sesións interactivas (30 h), titorías (5 h) -
Horas non presenciais: 80 horas - estudo individual (45 h), revisión bibliográfica (15 h), resolución de casos clínicos (15 h), presentacións orais (2 h), exame final (3 h) -
Volume de traballo total: 150 horas.
Os estudantes deberán asistir e participar nas sesións expositivas, nas sesións interactivas e nas titorías. Recoméndase consultar regularmente os textos e as páxinas web propostas.
No "CAMPUS VIRTUAL" da USC, os estudantes disporán da “AULA VIRTUAL da materia Diagnóstico por Imaxe en Veterinaria” para dar apoio á docencia, e que o estudante deberá utilizar de forma asidua, accedendo aos contidos e participando nos foros.
Seguindo os protocolos de integración da USC para atención á diversidade, os profesores desta materia garantiremos a integración e igualdade de oportunidades aos estudantes con necesidades educativas especiais.
PLAN DE CONTINXENCIA QUE SE APLICARÁ EN CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3.
ESCENARIO 2 (distanciamento)
Metodoloxía da ensinanza
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia (ver Sesións expositivas en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
Tendo en conta as recomendacións sanitarias, as sesións expositivas impartiranse de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. – 18 horas –
Nesta actividade os estudantes familiarízanse coa instalación, cos equipos e co material necesario para a exploración radiográfica, ecográfica e con técnicas avanzadas (Tomografía Computarizada, Resonancia Magnética). Aprenden a manexar os pacientes que chegan ao Servizo e tamén o trato cos seus donos. Nas exploracións radiográficas, aplican as medidas de radioprotección necesarias e realizan o posicionamento, o cálculo dos parámetros de exposición e a interpretación das imaxes obtidas. Os estudantes seguen as exploracións ecográficas que diariamente se levan a cabo no Servizo, e colaboran na realización de tomografías computarizadas e resonancias magnéticas.
Para garantir o distanciamento de seguridade durante o desenvolvemento desta actividade no Servizo de Diagnóstico por Imaxe, o número de estudantes en cada grupo reducirase á metade. Os estudantes serán convocados dentro da franxa horaria programada para participar nesta actividade con un menor número de horas (50%).
- Interpretación radiográfica. Valoración de placas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético. – 7,5 horas –
Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os estudantes coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e cheguen a establecer os posibles diagnósticos diferenciais.
Esta actividade levarase a cabo de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS. Realizaranse tres talleres de 2,5 horas de duración (radioloxía torácica, radioloxía abdominal, e radioloxía do sistema musculoesquelético).
Cada taller estará estruturado en TRES FASES:
1- Exposición por parte do profesor do protocolo establecido para a valoración sistemática de unha placa de tórax, de abdome e do sistema musculoesquelético, segundo proceda. (30 minutos).
2- Traballo en grupo, valorando as placas dos casos clínicos proporcionados (1,5 h).
3- Labor individual, redactando un informe dun caso clínico, que se entregará ao finalizar o taller (30 minutos).
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can - 2,5 horas -
Establécese un protocolo de exploración ecográfica que de forma individualizada realizará cada estudante baixo a supervisión do profesor.
Para garantir o distanciamento de seguridade durante o desenvolvemento desta actividade, o número de estudantes en cada grupo reducirase á metade. Os estudantes serán convocados dentro da franxa horaria programada para participar nesta actividade con un menor número de horas (50%).
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos – 2 horas –
Baixo a supervisión do profesor os estudantes participarán activamente na exploración radiográfica e ecográfica do cabalo.
Para garantir o distanciamento de seguridade durante o desenvolvemento desta actividade, o número de estudantes en cada grupo reducirase á metade. Os estudantes serán convocados dentro da franxa horaria programada para participar nesta actividade con un menor número de horas (50%).
Para compensar a redución no número de horas presenciais, cada estudante deberá realizar unha tarefa asíncrona (cuestionario de prácticas) a través da AULA VIRTUAL, cuxa elaboración requirirá un número de horas equivalente ás horas reducidas.
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante (ver calendario oficial do Centro). Na primeira sesión (primeiro día de clase) informarase aos estudantes das características da materia e da programación. Nas seguintes sesións efectuarase un seguimento da materia, os estudantes resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán de forma individualizada, mediante probas curtas, a súa evolución. As titorías impartiranse de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
Sistema de avaliación
A valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante AVALIACIÓN CONTINUA (probas curtas periódicas do temario impartido, grao de participación nas sesións interactivas, puntuación dos informes realizados nos talleres e do cuestionario de prácticas), e con unha PROBA FINAL TELEMÁTICA complementaria á avaliación continua, que consistirá nun exame con unha parte de preguntas de tipo test (V/F) e outra de interpretación de imaxes (radiografías ou ecografías) con preguntas de resposta múltiple. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 6/10 puntos, e a proba final con un total de 4/10 puntos.
Para a AVALIACIÓN CONTINUA (6/10 puntos) teranse en conta as notas de catro probas curtas que se realizarán de forma virtual síncrona nas sesións programadas de titoría utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL e a plataforma MS TEAMS (4 puntos), ás que se sumarán as puntuacións obtidas nas sesións interactivas (2 puntos).
As probas curtas realizadas nas titorías consistirán en 20 preguntas de tipo test, de modalidade verdadeiro/falso ou de resposta múltiple. Nas preguntas de modalidade verdadeiro/falso as respostas acertadas suman e as erróneas restan na mesma contía. Nas preguntas de opción múltiple, que terán unha ou varias respostas correctas, a suma de todas as respostas correctas equivalerá ao valor completo da pregunta, e no caso de non sinalalas todas, sumarán a porcentaxe correspondente; isto mesmo ocorrerá coas respostas erróneas, solo que en sentido negativo.
Nas sesións interactivas valorarase a actitude e destreza dos estudantes, os informes realizados nos talleres e o cuestionario de prácticas.
Na PROBA FINAL TELEMÁTICA (4/10 puntos) a parte de tipo test de modalidade verdadeiro/falso terá 20 preguntas (2 puntos), e a de interpretación constará de 10 imaxes con preguntas de respostas múltiple (2 puntos), sendo o criterio de valoración o mesmo que nas probas curtas. Será obrigatorio superar cada unha das partes da proba final, polo tanto, haberá que obter uno ou máis puntos na parte de tipo test (V/F) e na de interpretación de imaxes. Esta proba realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL e a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
A todos aqueles estudantes que no superaran a materia na primeira oportunidade, manteráselles para a segunda oportunidade a cualificación obtida na avaliación continua, debendo repetir unicamente a proba final telemática, que terá as mesmas características e criterio de valoración que a realizada na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ESCENARIO 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos co emprego sistemátic o do Campus Virtual como apoio á docencia (ver Sesións expositivas en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
Tendo en conta as recomendacións sanitarias, as sesións expositivas impartiranse de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. – 18 horas –
Ante a imposibilidade de levar a cabo esta actividade de forma presencial no Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, esta será substituída por una tarefa asíncrona (cuestionario de prácticas) que se realizará a través da AULA VIRTUAL, cuxa realización requirirá un número de horas equivalente.
- Interpretación radiográfica. Valoración de placas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético. – 7,5 horas –
Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os estudantes coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e cheguen a establecer os posibles diagnósticos diferenciais.
Esta actividade levarase a cabo de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS. Realizaranse tres talleres de 2,5 horas de duración (radioloxía torácica, radioloxía abdominal, e radioloxía do sistema musculoesquelético).
Cada taller estará estruturado en TRES FASES:
1- Exposición por parte do profesor do protocolo establecido para a valoración sistemática de unha placa de tórax, de abdome e do sistema musculoesquelético, segundo proceda. (30 minutos).
2- Traballo en grupo, valorando as placas dos casos clínicos proporcionados (1,5 h).
3- Labor individual, redactando un informe dun caso clínico, que se entregará ao finalizar o taller (30 minutos).
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can - 2,5 horas -
Ante a imposibilidade de levar a cabo esta actividade de forma presencial no Servicio de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, esta será substituída por un TALLER DE ECOGRAFÍA que se realizará de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS, na franxa horaria programada.
Este taller estará estruturado en TRES FASES:
1- Exposición por parte do profesor do protocolo establecido para a exploración ecográfica no can. (30 minutos).
2- Traballo en grupo, valorando diferentes imaxes ecográficas (1,5 h).
3- Labor individual, redactando un documento no que se describirán as imaxes ecográficas proporcionadas, que se entregará ao finalizar o taller (30 minutos).
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos – 2 horas –
Ante a imposibilidade de levar a cabo esta actividade de forma presencial no Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, esta será substituída por una tarefa asíncrona (cuestionario de prácticas) que se realizará a través da AULA VIRTUAL, cuxa realización requirirá un número de horas equivalente.
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante (ver calendario oficial do Centro). Na primeira sesión (primeiro día de clase) informarase aos estudantes das características da materia e da programación. Nas seguintes sesións efectuarase un seguimento da materia, os estudantes resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán de forma individualizada, mediante probas curtas, a súa evolución. As titorías impartiranse de forma virtual síncrona mediante a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
Sistema de avaliación
A valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante AVALIACIÓN CONTINUA (probas curtas periódicas do temario impartido, grao de participación nas sesións interactivas, puntuación dos informes realizados nos talleres e do cuestionario de prácticas), e con unha PROBA FINAL TELEMÁTICA complementaria á avaliación continua, que consistirá nun exame con unha parte de preguntas de tipo test (V/F) e outra de interpretación de imaxes (radiografías ou ecografías) con preguntas de resposta múltiple. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 6/10 puntos, e a proba final con un total de 4/10 puntos.
Para a AVALIACIÓN CONTINUA (6/10 puntos) teranse en conta as notas de catro probas curtas que se realizarán de forma virtual síncrona nas sesións programadas de titoría utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL e a plataforma MS TEAMS (4 puntos), ás que se sumarán as puntuacións obtidas nas sesións interactivas (2 puntos).
As probas curtas realizadas nas titorías consistirán en 20 preguntas de tipo test, de modalidade verdadeiro/falso ou de resposta múltiple. Nas preguntas de modalidade verdadeiro/falso as respostas acertadas suman e as erróneas restan na mesma contía. Nas preguntas de opción múltiple, que terán unha ou varias respostas correctas, a suma de todas as respostas correctas equivalerá ao valor completo da pregunta, e no caso de non sinalalas todas, sumarán a porcentaxe correspondente; isto mesmo ocorrerá coas respostas erróneas, solo que en sentido negativo.
Nas sesións interactivas valorarase a actitude e destreza dos estudantes, os informes realizados nos talleres e o cuestionario de prácticas.
Na PROBA FINAL TELEMÁTICA (4/10 puntos) a parte de tipo test de modalidade verdadeiro/falso terá 20 preguntas (2 puntos), e a de interpretación constará de 10 imaxes con preguntas de respostas múltiple (2 puntos), sendo o criterio de valoración o mesmo que nas probas curtas. Será obrigatorio superar cada unha das partes da proba final, polo tanto, haberá que obter uno ou máis puntos tanto na parte de tipo test (V/F) como na de interpretación de imaxes. Esta proba realizarase de forma virtual síncrona utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL e a plataforma MS TEAMS, respectando os horarios establecidos.
A todos aqueles estudantes que no superaran a materia na primeira oportunidade, manteráselles para a segunda oportunidade a cualificación obtida na avaliación continua, debendo repetir unicamente a proba final telemática, que terá as mesmas características e criterio de valoración que a realizada na primeira oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Andres Barreiro Lois
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- andres.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
15.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
08.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |