Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer os principais feitos históricos que contribuíron ao desenvolvemento científico das enfermidades infecciosas.
• Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía utilizada no estudo das enfermidades infecciosas.
• Comprender o papel que os axentes infecciosos, o hospedador e o medio ambiente xogan como factores determinantes da enfermidade infecciosa.
• Comprender a importancia económica e sanitaria das enfermidades infecciosas.
• Coñecemento e aplicación dos estudos epidemiolóxicos no estudo das enfermidades infecciosas.
• Realizar unha historia clínica adecuada (obtención de información sobre unha enfermidade).
• Recollida de mostras convenientes e envío correcto ao centro de diagnóstico correspondente, coa finalidade de lograr o diagnóstico dunha enfermidade infecciosa concreta.
• Poder determinar a orixe dunha enfermidade cuxa causa é coñecida e investigar e controlar unha enfermidade cuxa causa se descoñece inicialmente.
• Coñecer as técnicas de laboratorio máis habitualmente empregadas no diagnóstico das enfermidades infecciosas, poder empregalas, saber interpretalas e poder valoralas na súa utilidade práctica.
• Recoñecer as enfermidades infecciosas máis importantes nos cans, gatos, coellos, porcos, peces e cabalos desde o punto de vista diferencial e baseándose en datos epidemiolóxicos, síntomas e lesións.
• Establecer os tratamentos e as medidas máis correctas de profilaxe médica, vacunal, de bioseguridade e de manexo, acordes co sistema de explotacións, para evitar a chegada de enfermidades infecciosas do exterior, ou impedir a diseminación das xa existentes e diminuír os seus efectos cando sexa posible.
• Seguimento e avaliación dos programas de control dunha enfermidade.
O obxectivo final será que o alumno se atope en perfectas condicións para exercer profesionalmente en base aos seus coñecementos específicos da materia, tendo en conta, sobre todo, o criterio e carácter aplicativo da disciplina.
O programa consta dos seguintes apartados:
• BLOQUE 1: CONCEPTOS XERAIS
o Tema 1.- Conceptos xerais.
• BLOQUE 2: ENFERMIDADES INFECCIOSAS DOS ÉQUIDOS:
o Tema 2.- Influenza. Outras infeccións respiratorias.
o Tema 3.- Rinoneumonite equina.
o Tema 4.- Metrite contaxiosa. Arterite vírica equina. Outras enfermidades reprodutivas de interese.
o Tema 5.- Encefalomielite equinas. Febre do Nilo Occidental. Outras enfermidades nerviosas.
o Tema 6.- Peste equina africana. Anemia infecciosa equina. Outras enfermidades de interese.
• BLOQUE 3: ENFERMIDADES INFECCIOSAS DE CANS E GATOS:
o Tema 7.- Complexo respiratorio cairo. Síndrome respiratoria felino.
o Tema 8.- Moquillo canino.
o Tema 9.- Parvovirose canina. Coronavirose canina. Infeccións bacterianas do aparello dixestivo. Panleucopenia felina.
o Tema 10.-. Peritonite infecciosa felina.
o Tema 11.- Rabia.
o Tema 12.- Leptospirose. Hepatite infecciosa canina. Outras enfermidades infecciosas de interese.
o Tema 13.- Enfermidade de Lyme. Ehrlichiose.
o Tema 14.- Leucemia felina. Inmunodeficiencia felina.
• BLOQUE 4: ENFERMIDADES INFECCIOSAS DOS SUIDOS:
o Tema15.- Enfermidade de Aujeszky.
o Tema 16.- Síndrome reprodutora e respiratoria porcina.
o Tema 17.- Complexo respiratorio porcino: Rinite atrófica. Bordetelose. Pasteurelose. Pneumonía enzoótica. Pleuropneumonía porcina. Influenza ou gripe porcina.
o Tema 18.- Enfermidades entéricas: Colibacilose. Gastroenterite transmisible. Diarrea epidémica porcina. Enterite necrosante. Infeccións por rotavirus. Disentería porcina. Espiroquetose intestinal. Ileíte. Salmonelose.
o Tema 19.- Enfermidades da reprodución: síndrome de descarga vaxinal. Síndrome de disgalaxia postparto. Outras enfermidades da reprodución: Parvovirose porcina. Síndrome S. M.E.D.I. Outras infeccións do aparello reprodutor: leptospirose, brucelose.
o Tema 20.- Enfermidades nerviosas: enfermidade dos edemas. Estreptococias porcinas. Enfermidade de Glässer.
o Tema 21.- Enfermidades hemorráxicas do porco: Mal vermello. Peste porcina clásica. Peste porcina africana.
o Tema 22.- Circovirose porcina: síndrome multisistémico de desmedro postdestete.
• BLOQUE 5: ENFERMIDADES INFECCIOSAS DOS COELLOS E ANIMAIS DE PELETERIA:
o Tema 23.- Enfermidade vírica hemorráxica.
o Tema 24.- Mixomatose.
o Tema 25.- Complexo rino- neumónico: pasteurelose, bordetelose.
o Tema 26.- Colibacilose. Enterotoxemias. Outros procesos dixestivos. Meliodose. Tularemia. Yersiniose. Enfermidade aleutiana do visón.
o Tema 27.- Enfermidades infecciosas que cursan con patoloxías da pel.
Duración aproximada: 38 horas (1 h bloque 1, 8 h bloque 2, 10 h bloque 3, 13 h bloque 4 e 6 h bloque 5).
Prácticas clínicas:
Realizaranse 18 horas de prácticas divididas en 5 sesións. O contido destas prácticas clínicas versará sobre diferentes aspectos prácticos das enfermidades infecciosas das especies de animais incluídas no temario:
• Valoración de factores de risco
• Valoración da situación sanitaria dunha explotación/colectivo
• Tratamento e control de enfermidades infecciosas
• KAHN C.M., LINE S. 2012. Manual Merck de Veterinaria, 6ª edición. Océano, Barcelona, España.
• CONTRERAS A.; SÁNCHEZ A.; CORRALES J. C. (2001). Epidemiología veterinaria. Universidad de Murcia. Murcia.
• OIE. Manual of standards for diagnostic test and vaccines: list A and B diseases of mammals, birds and bees. OIE. Paris. http://www.oie.int/es/normas-internacionales/manual-terrestre/acceso-en…
• MACLACHLAN N.J. ET AL. 2017. Fenner´s Veterinary Virology, 5th edition. Academic Press, London, UK.
• MARKEY B. ET AL. 2013. Clinical Veterinary Microbiology. Mosby Elsevier, St. Louis, USA.
• QUINN ET AL. (2017). Microbiología y enfermedades infecciosas veterinarias (2017). 2º edición. Editorial Acribia.
• RADOSTIS O. M. (2000). Examen y diagóstico clínico en veterinaria. Mc Graw-Hill. México.
• ROSELL PUJOL J.M. (2000). Enfermedades del conejo. Vol II. Ed. Mundi-Prensa.
• SMITH W.J.; TAYLOR D.J.; PENNY R.H.C. (1990). A colour atlas of diseases and disorders of the pig. Ed. Wolfe Publishing Ltd. Ipswich.
• STRAW, B.; D´ALLAIRE, S.; MENGELING, W.; TAYLOR, D. (2000). Enfermedades del cerdo. Tomo I. Ed. Inter-Médica. Buenos Aires.
• EICH. K.O. (1990). Manual de enfermedades del cerdo. E. Grünland. Barcelona.
• SYKES J., GREENE C. 2012. Infectious Diseases of the Dog and Cat, 4th edition. Elsevier Saunders, St. Louis, USA.
• SYKES J. 2014. Canine and Feline Infectious Diseases, 1st edition. Elsevier Saunders, St. Louis, USA
• VAN DER KOLK, J.H. ET AL. (2013)- Infectious diseases of the Horse. Ed. Manson Publishing.
WEBS DE INTERESE:
http://www.ivis.org/home.asp
https://www.merckvetmanual.com
http://www.oie.int/es/normas-internacionales/codigo-terrestre/
https://wsava.org/global-guidelines/vaccination-guidelines/
http://www.abcdcatsvets.org
http://www.neurovideos.vet.cornell.edu/index.aspx
http://www.vetresponsable.es/vet-responsable/espanol/inicio_55_1_ap.html
http://www.cfsph.iastate.edu/
http://www.cfsph.iastate.edu/?lang=es
Competencias xenéricas:
• Capacidade de análise e síntese ( GVUSC-02).
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica ( GVUSC-05).
• Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo ( GVUSC-06).
Competencias disciplinares:
• Principios básicos e aplicados da resposta inmune ( CEDVUSC-05).
• Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonosis e nas enfermidades de declaración obrigatoria ( CEDVUSC-08).
Competencias profesionais:
• Realizar a historia e a exploración clínica dos animais (D1 VUSC-01).
• Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe (D1 VUSC-02).
• Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico (D1 VUSC-04).
• Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonosis (D1 VUSC-05).
Competencias académicas:
• Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a ( CEAVUSC-01).
• Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia ( CEAVUSC-05).
Competencias transversais:
• Capacidade para o razoamento e a argumentación ( CTVUSC-01).
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica ( CTVUSC-02).
• Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible ( CTVUSC-03).
• Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa ( CTVUSC-04).
• Habilidade no manexo das TICs. ( CTVUSC-05).
• Utilización de información en lingua estranxeira ( CTVUSC-06).
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos ( CTVUSC-07).
Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a) Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas; non debemos esquecer que nesta disciplina deberán adquirirse unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
b) Promover a constante procura de nova información: esta non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumno aprenda a buscar nova información, analizándoa desde unha posición crítica.
As actividades formativas con presenza do profesor serán:
• Clases maxistrais (grupo grande; 35 h): lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non os necesitan manexar en clase.
• Prácticas de encerado (grupo grande; 3 h): clase teórico-práctica na que os alumnos recibirán formación sobre aspectos prácticos relacionados co exercicio da profesión, discutíndose devanditos aspectos polo conxunto dos alumnos.
• Seminarios (grupo grande; 3 h): clase teórico-práctica na que os alumnos recibirán formación sobre aspectos concretos relacionados coas diferentes especies animais estudadas. Na medida do posible, tentarase convidar a profesionais de recoñecido prestixio de cada un destes sectores.
• Prácticas clínicas (grupos reducidos/moi reducidos; 18 h): prácticas manuais (“ hands on training”) nas que o estudante leva a cabo en por si procedementos e técnicas clínicas sobre animais vivos ou os seus cadáveres, en visitas a granxas ou establecementos nas que o estudante desenvolve un traballo activo, non como mero observador.
• Titorías (grupos moi reducidos ou individuais; 1 h): titorías programadas polo profesor ou a solicitude do alumno en horarios establecidos, dedicadas á proposición e supervisión de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, problemas, exercicios, programas, lecturas ou outras tarefas propostas, debate ou comentario de traballos.
Non procede a dispensa a clase en ningunha actividade.
Dentro desta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
A.- Traballo teórico: o profesor expoñerá os temas incluídos no programa da materia, e o alumno deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumno deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos. Inclúense dentro deste grupo as clases maxistrais, as prácticas de encerado, os seminarios e as titorías.
Estas actividades realizaranse:
Escenario 1: de forma presencial en aulas coas medidas establecidas pola USC.
Escenario 2: de forma virtual.
Escenario 3: de forma virtual.
En todos os casos facilitarase ao alumnado os resumos das clases teóricas, e no caso de docencia virtual as clases impartiranse por medio de vídeos ou sesións na plataforma Teams.
B.- Traballo en grupos de 4-5 alumnos: 3 supostos prácticos das diferentes especies que terán que resolver de maneira autónoma e presentar por escrito. Os alumnos deberán indagar ata establecer un protocolo de actuación e responder as cuestións expostas baseándose nos coñecementos adquiridos a través das clases teóricas, da bibliografía recomendada e das ferramentas de procura de información dispoñibles. Estes supostos prácticos facilitaranse e terán que ser entregados resoltos a través da aula virtual.
C.- Traballo Práctico: ao longo de todo o curso, o alumno deberá participar nas prácticas clínicas da materia, para poder desenvolver as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional.
Esta actividade realizarase:
Escenario 1: de forma presencial en granxas coas medidas establecidas pola USC. No caso de que a empresa/granxa non permitan a realización da práctica realizaranse como no escenario
Escenario 2: de forma presencial segundo a situación e instrucións da USC.
Escenario 3: de forma virtual.
No escenario 2 as prácticas realizaranse mediante actividades en espazos adecuados da facultade (presencial) segundo a recomendación sanitaria do momento (laboratorios, seminarios, aulas). Neste caso manteríanse os mesmos horarios, pero en caso necesario subdivirase cada grupo de prácticas en dous subgrupos con metade do horario. A outra metade do horario complementarase mediante vídeos e traballo individual do alumno que serán facilitados mediante a aula virtual da materia.
No escenario 3 as prácticas realizaranse mediante vídeos e traballo individual.
As prácticas clínicas son obrigatorias.
Apoios ao curso:
Durante todo o curso os alumnos dispoñerán dun apoio presencial, podendo realizar consultas aos distintos profesores da materia, nas horas de titoría indicadas. Tamén dispoñerán dun apoio virtual, podendo facer as consultas a través do correo electrónico.
Ademais, no curso de “Enfermidades Infecciosas I” do CAMPUS VIRTUAL da USC o alumno atopará diversas ferramentas de contidos e de comunicación. A finalidade deste curso é integrar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na docencia da materia.
Con independencia do escenario, a cualificación de cada estudante farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. Segundo o escenario, este exame final realizarase:
• Escenario 1: de xeito presencial
• Escenario 2: de xeito presencial ou telemático segundo as recomendacións sanitarias nese momento.
• Escenario 3: de xeito telemático.
A avaliación continua farase por medio dos traballos entregados e/ou presentados, participación do estudante na aula, titorías ou outros medios recolleitos na programación da materia.
Para a avaliación final do alumno, tomarase en conta todos os labores e actividades realizadas ao longo do curso, así como os coñecementos adquiridos e as habilidades prácticas desenvolvidas.
Así, a avaliación final do alumno terá en conta os seguintes aspectos:
1. Realización obrigatoria das prácticas clínicas.
2. Supostos Prácticos: os alumnos desenvolverán en grupos de 4-5 persoas un total de 3 supostos prácticos ao longo do curso, que entregarán sempre dentro do prazo establecido. Valorarase a resolución destes e os coñecementos da materia demostrados.
3. Exame Escrito: neste apartado valorarase os coñecementos teórico-prácticos alcanzados polo alumno. Realizarase un exame final nas datas establecidas na Programación Académica da Facultade de Veterinaria.
O exame final será unha proba que constará de:
• No caso de proba presencial:
o 40-50 preguntas tipo test de reposta múltiple cunha soa certa. Cada 2 respostas mal descontará unha ben.
o 3 preguntas curtas a desenvolver de forma esquemática.
• No caso de proba telemática:
o 40-50 preguntas tipo test con resposta múltiple (5 opcións; 1-5 correctas).
o Puntuación:
Pregunta correcta (completa)=1 punto.
Pregunta correcta (incompleta): Cada opción acertada puntuará proporcionalmente ao número de respostas correctas (1=100%; 2=50%; 3=33,3%; 4=25%; 5= 20%)
Pregunta incorrecta (1 ou máis fallos)= 0 puntos.
En calquera de ambos os casos, na proba final incluiranse ata 10 preguntas relacionadas coas prácticas clínicas entre as preguntas tipo test.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tras a publicación das notas provisionais de cada exame, o alumno poderá revisar o seu exercicio e expor as dúbidas, suxerencias ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar das revisións, será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
Cualificación Final da Materia:
A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
• Supostos prácticos: 45% da cualificación final (15% cada un).
• Exame escrito: 55% da cualificación final. Para superar a materia terá que superarse o exame final cunha nota igual ou superior ao 50% do seu valor (5/10 puntos).
Recomendacións para a Avaliación:
É moi recomendable participar na realización dos supostos prácticos xa que supoñen o 45% da cualificación final, e por tanto facilitará a superación da materia. Tamén é de destacar que deben realizarse as prácticas clínicas para poder superar a materia.
En canto ás recomendacións á hora de enfrontarse a un exame final, é importante lembrar aos alumnos que é imprescindible ler detidamente os enunciados de cada pregunta e de todas as posibles respostas. Nas preguntas curtas o alumno deberá axustarse ao preguntado e responder con claridade e esquematicamente.
Non procede dispensa a clase en ningunha actividade.
Recomendacións para a Recuperación:
É importante ter en conta unha serie de aspectos no caso de que o alumno non supere a materia nunha convocatoria determinada:
• Non se manteñen as cualificacións dos exames, polo que o alumno deberá novamente examinarse do contido teórico da materia.
• Gardaranse as cualificacións obtidas nos supostos prácticos para as convocatorias do curso seguinte.
• Os exames de todas as convocatorias terán un formato similar e a nota final calcularase de igual modo.
PRESENCIAIS:
• Clases maxistrais 35 h
• Prácticas clínicas 18 h
• Seminarios 3 h
• Prácticas de encerado 3 h
• Titorías 1 h
Total horas presenciais (10x Nº ECTS) 60 h
NON PRESENCIAIS:
• Estudo individual 49 h
• Revisión bibliográfica, uso de biblioteca, etc 12 h
• Resolución de supostos prácticos 26 h
• Realización de exames 3 h
Total horas de traballo (15x Nº ECTS) 90
Para o estudo do contido da disciplina teranse en conta as seguintes consideracións:
• Diagnóstico diferencial entre as diferentes enfermidades infecciosas que afectan a unha determinada especie animal é fundamental. Para o seu estudo e comprensión aconséllase elaborar cadros sinópticos que inclúan os principais datos epidemiolóxicos, signos clínicos e lesións características de cada unha das enfermidades obxecto de estudo e realizar un estudo comparativo do mesmo en base aos datos similares e excluíntes de cada unha delas
• Para a aprendizaxe das técnicas de diagnóstico de laboratorio de cada enfermidade é conveniente clasificar as diferentes enfermidades infecciosas polo axente etiológico, independentemente da especie animal afectada e o sistema orgánico afectado. Posteriormente anotaranse as principais técnicas de laboratorio aplicadas para cada enfermidade e poderase comprobar a súa analogía segundo as etiologías de cada enfermidade:
o Técnicas analíticas para bacterias e segundo o tipo de bacterias, algunhas máis específicas
o Técnicas analíticas para virus e segundo o tipo de virus, algunhas máis específicas, etc….
• Para o estudo das medidas de prevención, control e erradicación de diversas enfermidades é conveniente realizalo en bloques de enfermidades que teñan en común as medidas xerais ( ex.: enfermidades respiratorias do gando ovino e caprino, etc…) e posteriormente estudar as medidas específicas dalgunhas das enfermidades.
• Para o coñecemento das diferentes pautas de vacinación fronte a cada enfermidade infecciosa sempre é de gran utilidade ter en conta en que época do ano, idade de animais afectados ou fase de produción onde con maior frecuencia aparece a enfermidade e, por tanto, cando interesa utilizar a vacinación.
En conclusión, é esencial a aprendizaxe da disciplina desde un punto de vista diferencial e comparativo entre as diferentes enfermidades infecciosas obxecto de estudo e non o estudo independente de cada unha delas
Por último, para a aprendizaxe, estudo e comprensión dos supostos prácticos é esencial que o alumno non perda en ningún momento o sentido práctico que hai que darlle no seu desenvolvemento, aplicando os coñecementos teóricos aprendidos, pero cunha visión lóxica, económica, factible, segundo mentalidade do gandeiro, etc.
Materiais:
Facilitaranse, con anterioridade ao seu desenvolvemento en clase, os resumos das presentacións que serán utilizadas nas sesións teóricas en pdf no curso da materia no Campus Virtual.
Este material débese completar cos apuntamentos e notas tomadas en clase.
Método de traballo aconsellado e actividades a realizar:
O alumno debe completar a presentación dos temas coas notas e aclaracións realizadas nas clases teóricas.
Aconséllase revisar os sistemas de produción que se vexan reflectidos segundo a especie estudada.
Tamén é importante o revisar os materiais de cada especie antes de realizar as prácticas correspondentes para poder obter un mellor aproveitamento destas.
Plan de continxencia:
Metodoloxía do ensino
• Traballo teórico: clases maxistrais, prácticas de encerado, seminarios e titorías.
Estas actividades realizaranse:
Escenario 2 y 3: de forma virtual.
En todos os casos facilitarase ao alumnado os resumos das clases teóricas, e no caso de docencia virtual as clases impartiranse por medio de vídeos ou sesións na plataforma Teams.
• Traballo Práctico: prácticas clínicas.
Estas actividades realizaranse:
Escenario 2: de forma presencial segundo a situación e instrucións da USC.
Escenario 3: de forma virtual.
No escenario 2 as prácticas realizaranse mediante actividades en espazos adecuados da facultade (presencial) segundo a recomendación sanitaria do momento (laboratorios, seminarios, aulas). Neste caso manteríanse os mesmos horarios, pero en caso necesario subdivirase cada grupo de prácticas en dous subgrupos con metade do horario. A outra metade do horario complementarase mediante vídeos e traballo individual do alumno que serán facilitados mediante a aula virtual da materia.
No escenario 3 as prácticas realizaranse mediante vídeos e traballo individual.
Sistema de avaliación
Exame teórico: no caso do escenario 2, o exame realizarase de maneira telemática se as recomendacións sanitarias nese momento así o esixisen, mentres que no caso do escenario 3 sempre será de maneira telemática.
O exame constará de 40-50 preguntas tipo test con resposta múltiple (5 opcións; 1-5 correctas). A puntuación destas preguntas obterase da seguinte maneira:
Pregunta correcta (completa)=1 punto.
Pregunta correcta (incompleta): Cada opción acertada puntuará proporcionalmente ao número de respostas correctas (1=100%; 2=50%; 3=33,3%; 4=25%; 5= 20%)
Pregunta incorrecta (1 ou máis fallos)= 0 puntos.
Coordinador: Alberto Prieto Lago
Gonzalo Fernández Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- gonzalo.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Prieto Lago
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- alberto.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Díaz Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- pablo.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Susana Remesar Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- susana.remesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Cynthia Lopez Novo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- cynthia.lopez.novo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Espello |
31.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
31.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
31.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
29.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |