Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Interactiva: 1 Total: 3.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal, Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal, Sanidade Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ver Regulamento de Estancias Clínicas
Ver Regulamento de Estancias Clínicas
Competencias xerais
• GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
• GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
• GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
• GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
• GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
• GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares
• CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
• CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
• CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
• CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
• CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
• CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
• CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
• CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
• CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
• CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/o veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
• CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
• CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
• CEDVUSC18. Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, así como dos procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución dos problemas obstétricos.
Competencias profesionais
• D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
• D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
• D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
• D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
• D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
• D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
• D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
• D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
• D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
• D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambiental e de benestar, buscando a súa optimización.
• D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os ambiental
Ver Regulamento de Estancias Clínicas
O TITOR PROFESIONAL valorará o traballo e a actividade realizada polo estudante, así como o reflexo dese traballo na memoria realizada e autorizará a presentación da memoria ao titor académico Concretamente valorará os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas previstas no proxecto formativo. A cualificación será de 0 a 10 puntos:
1. Capacidade técnica e de aprendizaxe: (0 a 10)
2. Actitude e iniciativa de resolución: (0 a 10)
3. Habilidades de comunicación (oral e/ou escrita): (0 a 10)
4. Capacidade de traballo en equipo e relación na contorna laboral: (0 a 10)
5. Puntualidade: (0 a 10)
6. Reflexo da actividade realizada na memoria: (0 a 10)
TITOR ACADÉMICO
Cada estudante deberá presentarlle ao titor académico unha memoria de prácticas. A memoria deberá conter unha descrición das actividades desenvolvidas e incluír os seguintes apartados: (1) Introdución na que se describa detalladamente o centro no cal se realiza a práctica; (2) Descrición da actividade desenvolvida; (3) Desenvolvemento e discusión de , polo menos, 2 casos ou actuacións clínicas ou procedementos (laboratorio, protocolos de control, etc., dependendo da práctica realizada) cunha estrutura e discusión adecuada; e (4) Valoración persoal e conclusión final da experiencia desta práctica para a formación. A memoria debe ter un máximo de 25 páxinas (excluíndo anexos), DIN A4, escrita con tipografía New Roman ou similares, de tamaño 11 e entreliñado de 1,5. Terase en conta a redacción da mesma.
O titor académico deberá basear a súa avaliación na calidade da memoria presentada e no grao de aproveitamento da práctica e non no número de actividades realizadas, xa que isto depende do volume de traballo do centro e non do estudante. A cualificación será de 0 a 10 puntos.
A CUALIFICACIÓN FINAL será a media aritmética da cualificación do titor profesional e a do titor académico. Se a cualificación outorgada polo titor profesional ou polo titor académico é menor de 5 puntos a materia estará suspensa e a cualificación final será a mínima das dúas. Se a parte suspensa é a memoria valorada polo titor académico, o/a estudante poderá presentar unha nova memoria na segunda oportunidade; se a parte suspensa é o traballo de prácticas valorado polo titor profesional, o/a estudante deberá volver matricularse de novo da materia, e volver facer a prescrición na Facultade.
Traballo presencial (191 horas):
• Prácticas clínicas pre-profesionais: 191 horas
Traballo persoal do/a estudante (34 horas):
• Elaboración de memoria de prácticas: 34 h
Ver Regulamento Estancias Clínicas
Esta materia ten un regulamento propio na que se definen todos estes aspectos. Ver páxina web Facultade de Veterinaria. Link actual: http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/practicas_tuteladas.html
PLAN DE CONTINXENCIA en caso de causa sobrevinda que provoque o cambio aos escenarios 2 ou 3.
ESCENARIO 2: Non afectan a esta materia.
ESCENARIO 3
Duración e modalidade
1. Considéranse cursadas se o estudante completou o 50% do tempo (13 días).
2. Se a estancia foi interrompida e non é posible retomala no mesmo destino, este tempo recoñécese e acumúlase ao que queda por cumprir.
3. Se é necesario reprogramar ademais a materia Estancias non Clínicas e na Administración (ENCeA), ambas poderanse realizar nun único destino cunha duración mínima de 7 semanas. Se por razóns xustificadas non se poden completar as 7 semanas, consideraranse superadas cun 50% de finalización sobre a duración orixinal (4,5 semanas ou 23 días).
4. As estancias pódense dividir en varios períodos, segundo as necesidades dos alumnos (para facilitar a preparación de traballos, probas, exames ou TFG).
5. En casos moi excepcionais, debidamente xustificados, e previa solicitude e autorización do Comité de Prácticas Supervisadas e Prácticas Externas, as Estancias poderán ser substituídas por outra actividade equivalente.
Memorias
6. Valorarase a calidade da memoria , nunca o tempo de estancia.
7. Se as Estancias se realizasen nun único destino (segundo o punto 3), os estudantes tamén deben presentar dúas memorias, un para EC e outro para ENCeA. Neste caso, débese contactar cos coordinadores das materias para que indiquen como realizalas.
Nota: Os alumnos que tivesen que interromper as prácticas e non poidan continuar no mesmo destino, non están obrigados a realizar a memoria correspondente a ese centro (é opcional). Basta que presenten a memoria no destino onde terminan as Estancias. En caso de dúbida, contáctese co coordinador da materia.
Luís Ángel Quintela Arias
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- luisangel.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Marta López Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- marta.lopez.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Ines Miranda Castañon
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- marta.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosario Panadero Fontán
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rosario.panadero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ceferino Manuel Lopez Sandez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Teléfono
- 982822109
- Correo electrónico
- c.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Natalia Miño Fariña
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822634
- Correo electrónico
- natalia.mino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU