Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 23 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese formar o alumno nas bases nas que se asenta a inspección e o control dos produtos lácteos, produtos da pesca, ovos e ovoprodutos, mel e outros, para que no futuro da súa profesión poida colaborar na protección do consumidor. Para iso ten que coñecer todos os tipos de perigos que poden afectar estes alimentos e debe de coñecer as medidas de hixiene que se poden aplicar para previlos e controlalos. Ademais debe de coñecer o marco lexislativo que atinxe á produción destes alimentos para que sexan seguros.
Presentación da materia.
Tema 1: Mel e análise do mel. (1-2 horas)
Leite e productos lácteos (8-9 horas)
Tema 2: Leite. - Definición, condicións hixiénicas de recollida, composición química e propiedades físicas.
Tema 3: Calidade hixiénica, alteracións e adulteracións do leite.
Tema 4: Leites de consumo.
Tema 5: Produtos lácteos.
Tema 6: Análise de leite e produtos lácteos.
Tema 7: Ovos e ovoproductos. (1-2 horas)
Peixes e mariscos (8 horas)
Tema 8: Produtos pesqueiros
Tema 9: Aspectos higio-sanitarios da comercialización da pesca
Tema 10: Inspección e control dos produtos pesqueiros
Tema 11: Riscos sanitarios derivados do consumo de produtos pesqueiros
Tema 12: Inspección de moluscos, crustáceos e equinodermos comestibles. Outros alimentos de orixe animal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
*Prácticas de laboratorio:
Inspección de ovos.
Probas analíticas de leite e produtos lácteos.
Revisión de etiquetaxe dos alimentos.
Hixiene, Inspección e Control de Produtos da Pesca e relacionados
*Visitas activas (Voluntarias):
Empresa de produtos lácteos
Empresa relacionada con productos pesqueiros
Outras empresas de alimentos
O alumno examinarase das prácticas.
Básica:
- Legislación vigente.
- Alais Ch. (1985). Ciencia de la leche: Ciencia de la leche. Principios de la técnica lechera. Barcelona: Ed. Reverté D.L.
- Casado Cimiano P. Métodos de análisis de la leche y productos lácteos. (1987). Madrid: Industrias Lácteas Españolas, D.L.
- Guía de pescados y mariscos de consumo usual en España. De Juana, E. Barcelona : Ed. Omega (1987)
- Guía de pescados y mariscos. E. de Juana S. y J.R. de Juana A. Ed.: Ministerio de Sanidad y Consumo (1999)
Complementaria:
Nielsen S. Análisis de los alimentos (2009). Editorial Acribia S.A.
- Agenjo, C. Enciclopedia de la inspección veterinaria y análisis de alimentos. Ed. Espasa, Madrid (1980)
- Anonimo. Frutas-Hortalizas en España. Ed. Horticultura, Reus (1999)
- Astiasarán I. y Martínez J. A. (2000). Alimentos composición y propiedades. Madrid. McGraw-Hill-Interamericana de España, S.A.U.
- Casado Cimiano P. y García Alvarez J.A. (1986). La calidad de la leche y los factores que influyen en ella. Madrid: Industrias Lácteas Españolas, D.L.
- Belitz, H.D. e Grosch, W. Schieberle P. (2009). "Química de los Alimentos". 3ª edición Ed. Acribia, S.A. Zaragoza.
-- Cuéllar, MªC. Alteraciones y riesgos sanitarios de las frutas y hortalizas frescas. Alimentaria, marzo nº0: 26-37 (2005)
- Fehlhaber K., Janetschke P. (1992). Higiene veterinaria de los alimentos. Zaragoza. Editorial Acribia S.A.
- Fehlhaber, K. y Janetschke, P. Higiene veterinaria de los alimentos. Editorial Acribia, Zaragoza (1995).
- Kietzmann, U; Rakow, D; Reichstein, K y Priebe, K. Inspección veterinaria de pescados. Manual para la inspección de peces, crustáceos y moluscos como alimento. Ed. Acribia, Zaragoza (1974)
- Pescados y derivados. España. Ministerio de Sanidad y Consumo. Madrid: Subsecretariado de Sanidad y Consumo (1987)
- Pescados y derivados. España. Ministerio de Sanidad y Consumo. Madrid: Subsecretariado de Sanidad y Consumo (1987)
- Varios. Control e inspección de frutas y hortalizas frescas. Ministerio de Sanidad y Consumo. Madrid (1986).
- http://www.huevo.org.es
- http://www.institutohuevo.com/
- http://www.internationalegg.com/
XENÉRICAS :(GVUSC):
-GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
- GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
DISCIPLINARES (CEDVUSC):
- CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
- CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
- CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
- CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
PROFESIONAIS (D1VUSC):
- D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e post-mortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
- D1VUSC 13. Realizar o control sanitario dos distintos tipos de empresas e establecementos de restauración e alimentación.
- D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
ACADÉMICAS (CEAVUSC):
- CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
- CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
- CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
-CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS (CTVUSC):
- CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
De acordo ás directrices para o deselvomento dunha docencia presencial segura cara o curso 2020-2021, seguindo as instrucións recibidas, establécense tres escenarios:
Escenario 1: Nomalidade adaptada
As clases expositivas (teóricas), seminarios e titorías realizaranse de xeito presencial nos horarios indicados, dentro dos horarios previstos empregando medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de mascara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, e guías para a realización dos traballos.
As clases prácticas realizaranse de xeito presencial nos horarios previstos, empregando medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de máscara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).
As avaliacións realizaranse de xeito presencial
Escenario 2: Distanciamento
As clases expositivas (teóricas), seminarios e titorías realizaranse de xeito telemático, mediante a ferramenta corporativa que se determine, mantendo os horarios 2020-2021 que xa foron aprobados. Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos.
As clases prácticas reduciranse en tempo de presencialidade ó 50%, con grupos de prácticas reducidos ó 50%, mantendo os mesmos horarios aprobadas nos horarios. Para o restante 50%, a actividade práctica substituirase por actividade telemática. Cando se realice asistencia presencial, adoptaranse as medidas medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de mascara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).
A avaliación será ou ben presencial (preferentemente) ou ben por vía telemática segundo o esixan as normativas sanitarias vixentes no momento da realización das probas previstas. En caso de que realicen de xeito presencial, realizaranse seguindo as medidas hixiénico-sanitarias que sexan de aplicación en dito momento.
Escenario 3: Peche das instalacións
Todas as clases expositivas (teóricas), seminarios, titorías e clases prácticas realizaranse de xeito virtual nos horarios previstos. As probas finais tamén serán telemáticas mediante a aplicación Teams ou ferramenta corporativa análoga.
A superación das prácticas é obrigatoria para superar a materia.
- Avaliarase a asistencia e a actitude do alumno durante as sesión expositivas e interactivas: 10%. En virtude do escenario no que finalmente se imparta o curso, este apartado podería substituírse por probas telemáticas parciais, que serían anunciadas cun mínimo de 24 horas de antelación de cada unha delas.
- Avaliaranse as actividades desenvolvidas nas sesión expositivas: 10%
- Avaliarase o caderno de prácticas: 10%. Esta valoración manterase aínda que as prácticas pasen a ser virtuais, xa que deberase entregar un caderno de prácticas ou ben realizarse un exercicio sobre as mesmas.
- Realizarase un exame no que se avalíe o coñecemento sobre os contidos da materia: 70% (requisito dun 40% do exame para valorar o resto de méritos). O exame pode constar de preguntas test con resposta única ou múltiple, preguntas cortas, tema a desenvolver e resolución de problemas.
Na segunda oportunidade manterase a valoración alcanzada na avaliación continua.
Só se manterá dun curso para o seguinte a valoración acadada respecto da realización das clases prácticas, en ningún caso se manterá a correspondente ás sesións interactivas (seminarios) nin a de asistencia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e das cualificacións.
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente no aula ou ben en remoto mediante medios telemáticos dispoñibles na USC.
A materia consta de 4,5 créditos ECTS, que incluen as seguentes horas de sesións presenciais/alumno:
-Horas totais: 45.0
-Sesións expositivas: 20.0
-Prácticas de Laboratorio: 15.0
-Seminarios: 5.0
-Horas de tutorías/grupo reducido alumnos: 5.0
O número de horas de traballo persoal para os estudiantes desta materia estimase en 67,5 horas (45 h estudo individual, 10 h traballos, 5 h bibliografía, 4 h resolución casos/problemas, 1 h expresión oral, 2,5 h probas escritas/exame aproximadamente)
O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x nº ECTS, polo que para esta materia será de 112,5 horas totais.
- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.
- Aterse na revisión de exames ás actividades ás que o alumno ten dereito segundo a normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e das cualificacións.
- Para coñecer a nota da avaliación continua, se o alumno o desexa, pode facelo antes da proba final exclusivamente de xeito presencial, se o escenario o permite, solicitándoo previamente ó profesor coordinador na materia.
Idioma: castelán.
Plan de continxencia: ver as modificacións nos apartados correspondentes.
Para a impartición de docencia no escenario 2, o profesor precisa que a USC lle dote de cámara web e altavoces, dos que carece o seu equipo. Para a impartición de docencia no escenario 3, o profesor precisa un equipo informático portátil que inclúa os accesorios mencionados coma necesarios para o escenario 2.
Metodoloxía da ensinanza:
De acordo ás directrices para o deselvomento dunha docencia presencial segura cara o curso 2020-2021, seguindo as instrucións recibidas, establécense tres escenarios:
Escenario 1: Nomalidade adaptada
As clases expositivas (teóricas), seminarios e titorías realizaranse de xeito presencial nos horarios indicados, dentro dos horarios previstos empregando medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de mascara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, e guías para a realización dos traballos.
As clases prácticas realizaranse de xeito presencial nos horarios previstos, empregando medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de máscara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).
As avaliacións realizaranse de xeito presencial
Escenario 2: Distanciamento
As clases expositivas (teóricas), seminarios e titorías realizaranse de xeito telemático, mediante a ferramenta corporativa que se determine, mantendo os horarios 2020-2021 que xa foron aprobados. Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos.
As clases prácticas reduciranse en tempo de presencialidade ó 50%, con grupos de prácticas reducidos ó 50%, mantendo os mesmos horarios aprobadas nos horarios. Para o restante 50%, a actividade práctica substituirase por actividade telemática. Cando se realice asistencia presencial, adoptaranse as medidas medidas hixiosanitarias adecuadas (uso de hidroxel alcohólico, obrigatoriedade de mascara cando non sexa posible garantir a distancia mínima de 1,5 m).
A avaliación será ou ben presencial (preferentemente) ou ben por vía telemática segundo o esixan as normativas sanitarias vixentes no momento da realización das probas previstas. En caso de que realicen de xeito presencial, realizaranse seguindo as medidas hixiénico-sanitarias que sexan de aplicación en dito momento.
Escenario 3: Peche das instalacións
Todas as clases expositivas (teóricas), seminarios, titorías e clases prácticas realizaranse de xeito virtual nos horarios previstos. As probas finais tamén serán telemáticas mediante a aplicación Teams ou ferramenta corporativa análoga.
Evaluación:
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente da modalidade de docencia empregada (presencial ou virtual), coa única diferencia de que as actividades de avaliación realizaranse, segundo establezan as autoridades competentes, ou ben presencialmente no aula ou ben en remoto mediante medios telemáticos dispoñibles na USC.
Alberto Cepeda Sáez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822410
- Correo electrónico
- alberto.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Miranda Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- josemanuel.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
22.12.2020 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.12.2020 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
22.12.2020 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |