Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 0.5 Clase Expositiva: 14.5 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo fundamental desta materia é desenvolver as capacidades do alumnado do acordo cos obxectivos xerais e específicos do programa do Grao en Veterinaria, polo que, o estudio da lingua inglesa farase segundo as necesidades específicas desta titulación.
O alumnado desenvolverá o seu traballo no nivel B1.2 e B2.1, entendendo que xa obtiveron o nivel B1 ao longo da súa formación no ensino secundario.
Estes niveis veñen marcados polo Marco común europeo de referencia para as linguas (MARCO). Se describen a continuación:
Nivel B1: “Limiar ou intermedio”
O aprendiz é quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de ocio; sabe desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; é quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.
Nivel B2: “Avanzado ou intermedio alto”
O aprendiz e quen de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico, sempre que estean dentro do seu campo de especialización; pode relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación se realice sen esforzo por parte de ningunha das persoas interlocutoras, e pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións.
GRAMÁTICA
A parte teórica deste materia tense deseñado para proporcionarlle o alumnado un modo de revisar os aspectos mais importantes da gramática inglesa e a súa aplicación na construción do discurso.
1. TEMPOS VERBAIS 1: O PRESENTE
2. TEMPOS VERBAIS 2: O PASADO
3. TEMPOS VERBAIS 3: O FUTURO
4. TEMPOS VERBAIS 4: VERBOS TIPO "MODAL" E "AUXILIARY"
5. OS ADXECTIVOS E ADVERBIOS
6. A COMPARACION E GRADO
7. A VOZ PASIVA
8. A INTERROGACION
9. O USO DO ARTIGO
10. HABLA INDIRECTA
11. CLÁUSULAS RELATIVAS; CONDICIONAIS E OUTRAS CONSTRUCCIONS COMPLEXAS
VOCABULARIO
Outro propósito é o de proporcionarlle ao alumno unha revisión do vocabulario estándar propio deste nivel intermedio, así como a adquisición de novo vocabulario técnico e termos específicos do rexistro científico, e semi-técnicos, por exemplo termos non específicos pero de uso común en textos científicos e actuacións clínicas.
Gramática:
Leech, G. N. e J. Svartvik. 1993. A Communicative Grammar of English. Londres e Nova York: Longman.
McCarthy, M. & O’Dell, F. 1997. English Vocabulary in Use. Cambridge: C. U. P.
Murphy, R. 1994. English Grammar in Use. Cambridge: C.U.P.
Sinclair, J. (ed.). 1990. Collins Cobuild English Grammar. Londres: Williams Collins Sons & Co.
Swan, M. 1980. Practical English Usage. Oxford: Oxford University Press.
Swan, M. & C. Walter. 1997. How English works. Oxford: Oxford University Press.
Vince, M. 1996. First Certificate Language Practice. Oxford: Heineman.
Vince, M. 1994. Advanced Language Practice. Oxford: Heineman.
Vocabulario:
European Association for Animal Production (1985). Dictionary of animal productions terminology in English, Spanish, German and Latin. Amsterdam: Elsevier.
International Committee on Veterinary Gross Anatomical Nomeclature (2005): Nomina Anatomica Veterinaria. Hannover-Colombia-Gent-Sapporo: Ed. Committee. 5ª Ed.
http://www.wava-amav.org/downloads/nav_2012.pdf (23/04/2018).
Rodríguez Río, Xusto A. Coordinador. 2008. Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria (galego-español-inglés). Santiago de Compostela: USC, Servizo de Normalización Lingüística.
US National Library of Medicine /National Institute of Health: Medical Dictionary. http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/mplusdictionary.html (31/05/2013).
Páxinas web de interese:
http://www.thefreedictionary.com
http://netvet.wustl.edu/vetmed/img.htm
Xenéricas:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análises e sínteses.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
Profesionais:
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Académicas:
CEAVUSC 07. Ter Coñecemento básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados cas Ciencias Veterinarias.
Transversais:
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As sesións teóricas desta materia basearanse en textos orais e escritos do campo da medicina veterinaria que nos permitan estudar a lingua en uso. As clases serán fundamentalmente prácticas, polo que a participación activa do alumnado será requerida e avaliada.
As sesións prácticas centraranse en poñer en práctica a información presentada nas sesións teóricas para utilizar e practicar a gramática, o vocabulario, e o uso xeral da lingua inglesa.
Esta metodoloxía aplicarase para o Escenario 1 das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura: Curso 2020/2021” No caso dun cambio de escenario a metodoloxía modificarase como se indica na sección “Observacións” no epígrafe “Plan de continxencia”.
A avaliación basearse na avaliación continua do alumnado ao longo do curso a que inclúe unha ou varias probas escritas e/ou orais.
I. CONVOCATORIA ORDINARIA (maio/xuño):
I.1 Alumnado con asistencia obrigatoria:
(a) Avaliación continua (30%)
- Participación activa (5%)
- Traballos e probas escritas/orais (25%)
(b) Proba final (70%)
- Proba escrita (50%)
- Proba oral (20%)
A proba final escrita realizarase na data establecida oficialmente polo centro. A data da proba oral anunciarase coa suficiente antelación. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado só un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo.
I.2. Alumnos con dispensa de asistencia
- Tarefas e traballos asignados (25%)
- Exame oral (20%)
- Exame escrito final (55%)
I.3. Alumnos repetidores
O sistema de avaliación será o mesmo que para os alumnos en I.1
II. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (Xullo)
II.1 Alumnado con asistencia obrigatoria
Aplicarase o mesmo sistema que para a convocatoria ordinaria de xaneiro. A nota da avaliación continua, así como cualquera outra parte da materia superada na convocatoria ordinaria de ese ano, se respetará nesta convocatoria. Si o alumno non ten superada a avaliación continua na primeira convocatoria, o exame final suporá o 100% da nota final (30% oral + 70% escrito)
II.2. Alumnos con dispensa de asistencia
O exame final terá un valor do 100% da nota final, repartido en 30% exame oral e 70% exame escrito
Este sistema de avaliación aplicarase para o Escenario 1 das “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura: Curso 2020/2021” No caso dun cambio de escenario a avaliación realizarase segundo o indicado na sección “Observacións” no epígrafe “Plan de continxencia”.
AVISO IMPORTANTE:
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A organización deste Grao establece que o alumnado deberá dedicar polo menos 45 horas de estudo persoal a esta materia. Obviamente, esta dedicación variará dependendo do nivel en lingua inglesa do alumno.
Horas presenciais: teoría 11 horas; práctica 15 horas; titorías 0,5 horas e outras tarefas propostas polo profesor 3,5 horas
Traballo autónomo: estudo individual 15 horas; elaboración de traballos 10 horas; revisión bibliográfica, biblioteca, etc. 10 horas e realización de exames 10 horas **.
**De acordo ca ficha orixinal do plan de estudos, dedícanse 10 horas á realización de exames, das que tres corresponden ao tempo real de exame final, e o resto á preparación específica do devandito exame.
TEMPORALIZACIÓN:
Todo o relacionado co horario de clases teóricas e prácticas atópase detallado no horario para o 8º semestre publicado pola Facultade de Veterinaria
Coñecemento previo de inglés: Nivel B1.2 (nivel de BAC)
Recomendase encarecidamente asistir as clases e participar activamente. O alumno deberá facer o traballo da aula ao longo do curso. Para promover isto aplicarase unha porcentaxe da nota á participación. Ademais, porase certo énfase no traballo oral na aula ao longo do ano académico; para a meirande parte dos alumnos, onde mellor se realiza este traballo oral é na aula. En calquera caso, como alumnos universitarios, cada quen é responsable da preparación dos traballos e tarefas asignados na clase, tanto se asiste coma se non.
PLAN DE CONTNXENCIA
Metodoloxía
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recorrendo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades orais e/ou escritas, de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS e/ou a aula virtual) dependendo do tipo de actividade.
Avaliación
Na modalidade de docencia semipresencial manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de non ser posible e no caso do escenario 3 as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas (síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
Antonio Alvarez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- antonio.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Keah Amy Dixon
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Venres | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Seminarios da materia |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Seminarios da materia |
07.05.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
21.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |