Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Microbioloxía Clínica Veterinaria ten como obxectivo principal revisar os principais aspectoas a ter en conta á hora de traballar en un laboratorio de microbioloxía clínica, así como manexar as principais técnicas do diagnóstico microbiolóxico.
Os obxectivos específicos son:
1.-Aplicar as medidas de Bioseguridade necesarias ó axente/s biolóxicos con que se prevé traballar.
2.-Seleccionar as mostras biolóxicas adecuadas en relación á sospeita etiolóxica e as técnicas de elección.
3.-Xestionar de forma adecuada o seu embalaxe, transporte e envío.
4.-Manexar algunhas das principais técnicas de microbioloxía clínica
5.- Interpretar os resultados emitidos polo laboratorio de microbioloxía clínica.
6.- Elexir só os antimicrobianos máis axeitados e evitar o incremento de resistencias ós mesmos.
PROGRAMA TEÓRICO (16 horas)
Tema 1. Revisión de conceptos: Microbioloxía e microorganismos. Taxonomía. Interacción microorganismos-hospedador. Patoxenicidade bacteriana.
Tema 2. Seguridade biolóxica nos laboratorios de microbioloxía clínica: Clasificación dos microorganismos. Medidas e niveis de contención. Normas e procedementos estándar. Xestión e tratamento de residuos.
Tema 3. Recollida, transporte e procesamento inicial das mostras no laboratorio de microbioloxía: Consideracións clínicas. Recollida e transporte das mostras. Recepción e avaliación das mostras: criterios xerais de admisión ou rexeitamento de mostra.
Tema 4. Métodos fenotípicos de identificación bacteriana: Cultivo. Características macroscópicas e microscópicas. Probas bioquímicas e de resistencia. Sistemas comerciais manuais e automatizados.
Tema 5. Técnicas inmunolóxicas en microbioloxía clínica: Diagnóstico directo mediante a detección de antíxenos. Diagnóstico indirecto mediante a detección de anticorpos. Valoración da resposta inmune celular.
Tema 6. Métodos moleculares de identificación e caracterización microbiana: Revisión das principais técnicas de identificación molecular. Xenes empregados como dianas moleculares para a identificación de bacterias. Tipificación e caracterización molecular con fins epidemiolóxicos.
Tema 7. Casos clínicos y elaboración de informes
PROGRAMA PRÁCTICO (10 horas)
Sempre que o número de alumnos o permita, se simultanearán os contidos teóricos e prácticos nas sesións dobres (50 minutos cada sesión) da materia, de acordo co calendario oficial. Tamén en función do tamaño do grupo, e a dispoñibilidade dos centros externos, se contempla a posibilidade de realizar prácticas en laboratorios de microbioloxía clínica externos. De calquera maneira, os contidos prácticos serán os seguintes:
Sesión 1. Identificar microorganismos mediante mediante técnicas fenotípicas
Sesión 2. Determinar sensibilidade antimicrobiana
Sesión 3. Identificar microorganismos mediante técnicas inmunolóxicas
Sesión 4. Identificar microorganismos mediante técnicas xenotípicas e tipificación molecular con fins epidemiolóxicos
Sesión 5. Analizar casos clínicos
- FORBES AB, SAHM D, WEISSFELD A. Bailey & Scott Diagnóstico microbiológico 12ª edición. Editorial Médica Panamericana. 2009.
- MARKEY BK, LEONARD FC, ARCHAMBAULT M, CULLINANE A, MAGUIRE D. Clinical Veterinary Microbiology 2nd edition. Mosby-Wolfe. 2013.
- PRATS G. Microbiología y Parasitología Médicas. Editorial Médica Panamericana. 2013.
- SONGER JG, POST KW. Veterinary Microbiology. Bacterial and fungal agents of animal disease. Elsevier Saunders. 2005.
-TRUANT A.L. Manual of commercial methods in Clinical Microbiology. Wiley Online Library Online Books. 2016.
- VERSALOVIC J, CARROLL KC, FUNKE G, JORGENSEN JH, LANDRY ML, WARNOCK DW. Manual of Clinical Microbiology 10th edition. American Society for Microbiology. 2013.
- WINN WC, ALLEN SD, JANDA WM, KONEMAN EW, PROCOP GW, SCHRENCKENBERGER PC, WOODS GL. Koneman. Diagnóstico microbiológico. Texto y Atlas en color. Editorial Médica Panamericana. 2008.
Páxinas Web de interese:
SEIMC. Procedimientos en microbiología clínica. http://www.seimc.org/documentoscientificos.php?mn_MP=3&mn_MS=358
1. COMPETENCIAS XERAIS:
-GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
-GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
-GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
-GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (saber):
-CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (saber facer):
-D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
-D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (querer facer):
-CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
-CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
-CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
-CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
-Clases teórico-prácticas con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Seminarios.
-Titorías programadas.
-Estudo independiente de cada alumno.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en sesión dobres de aproximadamente 50 minutos cada unha. Sempre que o número de alumnos o permita, se simultanearán os contidos teórico e prácticos. O material didáctico exposto nas clases poñerase a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual.
De forma xeral, os contidos teórico-prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria e, no seu caso, no centro externo correspondente. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria.
Os seminarios están orientados a desenvolver temas complementarios ao programa teórico e práctico de especial interese ou actualidade. O profesor realizará unha exposición oral do tema con apoio TIC. Terase facilitado previamente a través da aula virtual un resumo do tema a tratar ou algún artigo científico de especial interese no tema. Estimularase o debate dos alumnos.
Para o estudo independente o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e o material recompilado durante as sesións teórico-prácticas e seminarios.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais), ou ben vía teams ou email. O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
A. AVALIACIÓN CONTINUA
Supón ó menos o 40% da nota final, que poderá chegar ó 100% sempre que os alumnos participen en >= 80% das sesións con bon aproveitamento. A valoración farase en base ós seguintes apartados:
-Asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios
-Traballo individual e colectivo en base á resolución de problemas ao longo das sesións prácticas
-Memorias de prácticas
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita, de precisarse, será na data e hora acordadas en Xunta de Facultade. O exame escrito incluirá preguntas do programa teórico e práctico. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón un máximo de 60% da nota final.
C. AVALIACIÓN GLOBAL
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua + Nota Avaliación Escrita
A nota para superar a materia será maior o igual a 5 en todos os casos.
TRABALLO PRESENCIAL:
- Sesións teórico-prácticas: 26 horas
- Seminarios: 2 horas
- Titorías programadas: 2 horas
- TOTAL horas de traballo presencial: 30
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 30 horas
- Elaboración de memoria de prácticas: 4 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 4 horas
- Resolución de casos /problemas: 2
- Presentacións orales:2
- Realización de exámenes: 2
- Outras tarefas propostas polo profesor: 1
- TOTAL horas de traballo persoal do estudante: 45
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 75
Recoméndase ao alumno asistir ás sesións teórico-prácticas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É importante que o alumno posúa unha boa base das materias previas de Microbioloxía Veterinaria, Inmunoloxía e enfermidades infecciosas para poder seguir con comodidade os contidos teóricos e prácticos da materia.
É recomendable que previamente á asistencia ás clases teóricas e seminarios, os alumnos realicen unha lectura comprensiva do material docente dispoñible na aula virtual. Anímase os alumnos a que realicen unha busca complementaria de información sobre os supostos formulados en clase e os temas tratados nos seminarios, para poder participar nos debates.
Dada a actual situación derivada da CRISE DO COVID-19, contemplanse escenarios docentes alterativos, ao arriba indicado (100% presencialidade). A ter en conta, nesta asignatura optativa, que o número de alumnos é reducido, polo que permite de forma axeitada manter a distancia de seguridade necesaria no laboratorio. De xeito xenérico:
Escenario 1.
Presencialidade.
Escenario 2.
Docencia expositiva: os contidos teóricos impartiranse totalmente por Teams (modalidade síncrona).
Docencia interactiva: prácticas de laboratorio e seminarios (presenciais).
Tutorías vía telemática (Teams) e Foro Campus Virtual.
Escenario 3.
Docencia expositiva: impartirase totalmente por Teams (modalidade síncrona).
Docencia interactiva: a través de Teams e Campus Virtual (modalidade síncrona)
Tutorías vía telemática (Teams) e Foro Campus Virtual.
Horario de titorías:
Luns, mércores, venres de 09:00-11:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria. Alternativamente, vía telemática (Teams) ou email.
Azucena Del Carmen Mora Gutierrez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- azucena.mora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dafne Díaz Jiménez
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- dafne.diaz [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luz Leston Cambeiro
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- luz.leston [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
23.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio de Microbioloxía |