Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Como disciplina formativa debe fomentar no alumno unha nova forma de observar e comprender os fenómenos relacionados co seu ámbito, abordándoos cunha actitude aberta, analítica e crítica.
Como disciplina informativa debe ofrecer ao alumno a infraestrutura suficiente para adquirir un coñecemento adecuado sobre:
- a terminoloxía básica empregada en Nutrición e Alimentación Animal
- as materias primas utilizadas en alimentación animal e a súa valoración nutricional
- a valoración das necesidades nutricionais apropiadas á especie e estado do animal
Estes 3 alicerces, xunto coa aplicación dos coñecementos de fisioloxía dixestiva e metabolismo previamente adquiridos, deben proporcionar ao alumno as bases adecuadas para o obxectivo final que é a formulación de racións e fabricación de pensos. Ao final do semestre o alumno debe ser capaz de identificar, calcular e valorar os puntos ou elementos craves para a formulación de racións adecuadas a cada tipo de animal.
DOCENCIA EXPOSITIVA (27 horas)
Bloque temático I: Introdución á Nutrición e Alimentación Animal. (9 horas)
Tema 1.- Conceptos, evolución e perspectivas da nutrición e alimentación animal
Tema 2.- Composición e dixestibilidade do alimento
Tema 3.- Valoración enerxética e proteica dos alimentos
Tema 4.- Necesidades de nutrientes dos animais
Tema 5.- Inxestión voluntaria de alimentos
Bloque temático II: Bromatoloxía zootécnica. (6 horas)
Tema 6.- Introdución. A auga de bebida
Tema 7.- Valor nutritivo das forraxes
Tema 8.- Valor nutritivo dos cereais gran e os seus subprodutos
Tema 9.- Valor nutritivo das fontes proteicas vexetais e de orixe animal
Tema 10.- Valor nutritivo de outros alimentos fibrosos
Tema 11.- Valor nutritivo de raíces, tubérculos, froitos e os seus subprodutos
Tema 12.- Valor nutritivo de graxas, aceites e glicerol
Tema 13.- Valor nutritivo dos minerais, aditivos e pre-mesturas
Tema 14.- Valor nutritivo dos pensos. Proceso de fabricación. Lexislación
Bloque temático III: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en monogástricos. (6 horas)
Tema 15.- Alimentación do gando porcino
Tema 16.- Alimentación do polo de carne
Tema 17.- Alimentación de poliñas e poñedoras comerciais
Tema 18.- Alimentación de coellos
Tema 19.- Alimentación do cabalo
Tema 20.- Alimentación do can e do gato
Tema 21.- Alimentación de peixes
Bloque temático IV: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en ruminantes. (6 horas)
Tema 22.- Alimentación do vacún leiteiro
Tema 23.- Alimentación do vacún de carne
Tema 24.- Alimentación do gando ovino
Tema 25.- Alimentación do gando cabrún
DOCENCIA INTERACTIVA. (35 horas)
Práctica 1, 2 e 3 (9 horas): Valoración de alimentos: Composición química. Valoración enerxética e proteica. Interpretación de táboas de composición. Identificación materias primas (I)
Práctica 4, 5 e 6 (9 horas): Identificación materias primas (II). Valoración calidade ensilados. Lexislación sobre etiquetado de pensos. Avaliación nutricional de alimentos para animais de compañía. Valoración necesidades do animal
Práctica 7, 8 e 9 (9 horas): Formulación de pensos e racións. Programación lineal
Práctica 10 (4 horas): Visita a unha fábrica de pensos (prácticas de campo)
Visitas activas (4 horas): Control da alimentación en vacún de leite na granxa experimental Gayoso Castro
Bibliografía básica:
FEDNA (Fundación Española para el Desarrollo de la Nutrición Animal). [sitio web]. Tablas FEDNA de composición de alimentos. Normas FEDNA para la formulación de piensos. Control de calidad de materias primas. Dispoñible en: http://www.fundacionfedna.org/
I.N.R.A. (1990). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
I.N.R.A. (2010). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos: necesidades de los animales, valores de los alimentos. Tablas INRA 2007. Ed. Quae, Versailles Cedex; Ed. Acribia, Zaragoza.
RUEDA, V. y ROLDÁN, C. (2013). Guía didáctica de Nutrición y Alimentación Animal: Bromatología y Monogástricos Ed. Unicopia A.G.S.L., Lugo.
Bibliografía complementaria:
BACH, A. y CALSAMIGLIA, S. (2002). Manual de racionamiento para el vacuno lechero. Ed. Servet, S.L
CHURCH, D.C., et al. (2002). Fundamentos de nutrición y alimentación de animales. Ed. Limusa, México.
CASE, L. (2001). Nutrición canina y felina. Ed. Harcourt, Madrid.
DE BLAS, C., GONZÁLEZ, G., ARGAMENTERIA, A. (1987). Nutrición y alimentación del ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
JARRIGE, R. et al. (1995). Nutrition des ruminants domestiques. Ed. I.N.R.A., París.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
Mc L. Dryden (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI. Cambridge, Massachussets
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (1996). Nutrient requirements of beef cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2001). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2006). Nutrient requirements of dog and cats. Ed. National Academy Press, Washington.
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. (2004). Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero : cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
ZEA, J., DÍAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible en la Biblioteca de la USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais de la USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto ou recomendarán la busca a través de PubMed ou Google Schoolar.
Como competencias xenéricas do grao en Veterinaria, o alumno debe adquirir:
- Capacidade de análise e síntese. (GVUSC02)
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. (GVUSC05)
- Compromiso ético e asunción de responsabilidades. (GVUSC10)
Como competencias específicas disciplinares, o alumno debe adquirir coñecementos sobre:
- A cría, mellora, manexo e benestar dos animais. (CEDVUSC 03)
- As bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente. (CEDVUSC 11)
- As Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio. (CEDVUSC 14)
- Os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos. (CEDVUSC 15)
- As técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Como competencias específicas profesionais, o alumno debe ser capaz de:
- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos. (D1VUSC 03)
- Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal. (D1VUSC 10)
- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización. (D1VUSC 11)
- Realizar traballos de asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade. (D1VUSC 15)
- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias. (D1VUSC 17)
Como competencias específicas académicas, o alumno debe:
- Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a. (CEAVUSC 01)
- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade. (CEAVUSC 02)
- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente. (CEAVUSC 08)
Por último, dentro das competencias transversais, o alumno debe adquirir:
- Capacidade para o razoamento e a argumentación. (CTVUSC1)
- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. (CTVUSC03)
- Habilidade no manexo das TICs. (CTVUSC05)
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. (CTVUSC 07)
Escenario 1 (normalidade adaptada):
A docencia expositiva consta de 27 sesións de 50 minutos de duración, cunha distribución en horas que se aproximará o máximo posible á que se mostra no apartado Contidos, facendo un uso sistemático do campus virtual e das TICS como apoio de estas sesións.
A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
As sesións interactivas de prácticas de laboratorio estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As actividades prácticas no laboratorio e aula de informática están encamiñadas á formulación de racións e pensos. O alumno dispón de unha Guía de Prácticas para desenvolver o traballo. Empezase fixando os obxectivos da práctica e seguidamente dáse paso ao traballo que deben realizar os alumnos.
As prácticas de campo en empresas relacionadas coa alimentación animal, fábricas de penso ou explotacións gandeiras permiten ao alumno clarificar conceptos, resolver dúbidas e coñecer os problemas máis frecuentes neste sector, facilitando así a súa aprendizaxe.
Nas visitas activas á granxa docente Gayoso Castro, os alumnos deben completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia. A práctica consiste en analizar e/ou medir distintos parámetros co fin de valorar a ración que se subministra aos animais e elaborar un informe final sobre a ración.
A titoría, ben presenciais ou telemáticas, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
Á entrada do laboratorio figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe observar no recinto. Adicionalmente, manteranse ou implementaranse as medidas hixiosanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc…).
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidad adaptada):
Avaliáranse os coñecementos adquiridos tanto nas clases expositivas como nas sesións interactivas. A cualificación final da materia estará formada por:
- un 50% de avaliación continua, a través da realización de traballos, informes e/ou probas, durante o desenvolvemento das prácticas e outras actividades contempladas dentro da avaliación continua. Valorarase a participación con actitude positiva e participativa nas distintas actividades realizadas.
- un 50% do exame final da materia completa. Nesta proba final son avaliables os coñecementos adquiridos tanto nas sesións expositivas como nas sesións interactivas. O formato constará de frases para identificar como verdadeiras ou falsas, preguntas tipo test de elección múltiple e/ou preguntas de contestación curta. Aplicarase unha penalización sobre as preguntas mal contestadas. É necesario obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) para proceder a calcular a nota media final
Os problemas ou casos prácticos propostos nas probas de avaliación non serán necesariamente similares aos realizados en clase, senón que poden presentar situacións novas ás que aplicar os conceptos e as habilidades adquiridas, para poder avaliar incluso as opinións persoais e a linguaxe técnica empregada.
A asistencia ás sesións interactivas é obrigatoria e a súa avaliación será continuada. A nota das actividades prácticas poderase gardar durante un ano.
Á entrada do laboratorio figuran as normas básicas de bioseguridade que o alumnado debe observar no recinto. Adicionalmente, manteranse ou implementaranse as medidas hixiosanitarias en función das recomendacións sanitarias do momento (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial cando non sexa posible garantir a distancia mínima de seguridade, etc…).
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
As 63 horas de traballo presencial de esta materia repártense en:
- 27 horas de sesións expositivas
- 35 horas de sesións interactivas:
27 h de laboratorio/ordenador
4 h de visitas activas
4 h de prácticas de campo
- 1 hora de titorías en grupo
A pesar de que existe unha gran variabilidade na capacidade de aprendizaxe dos alumnos, o cal determina o tempo de estudo e de traballo persoal do estudante, tendo en conta a metodoloxía e o temario da materia, estimamos que un estudante “medio” precisa dedicar:
- 58 horas de estudo individual
- 12 horas para a elaboración de traballos
- 12 horas para resolución de casos/problemas
- 5 horas para a realización de exames
Por tanto:
Horas non presenciais: 87 + Horas presenciais: 63
Total horas: 150
Para obter os mellores rendementos persoais, o alumno debería:
1- Facer un seguimento constante da materia.
2.- Ordenar, analizar e pensar semanalmente sobre a materia impartida.
3.- Beneficiarse das titorías para resolver e/ou propor cuestións ou temas más amplos.
4.- Acudir sempre á revisión de exames, incluso cando o teñan superado.
5.- Ter presente que o profesor mantén una actitude positiva fronte ao alumno e as súas propostas.
Ao inicio de cada exame comunicáselle por escrito ao alumno que “Unha parte importante de este exame consiste na comprensión e interpretación dos enunciados e preguntas propostas, así como na selección dos datos que debes utilizar. Por tanto o profesor non contesta preguntas durante a realización do exame. Calquera dato que falte ou consideres dubidoso podes supoñelo ou contrastalo a partir da documentación da que dispós. Non se permite desgrampar o exame, nin se recollen follas adicionais”. O tipo de preguntas ou cuestións propostas no exame non se presta nunca á divagación, pero aínda así recoméndase que o alumno sexa conciso, concreto y ordenado.
Plan de Continxencia
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2 (distanciamento):
Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mesmas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obrigatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade, etc.).
No caso das visitas activas e prácticas de campo, senón é posible realizalas, serán substituídas por outras actividades dentro da docencia interactiva.
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías, unicamente telemáticas.
Escenario 3 (peche de instalacións):
• Todas as actividades docentes realizaranse de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
No caso das visitas activas e prácticas de campo serán substituídas por outras actividades dentro da docencia interactiva.
Sistema de avaliación
Escenario 2 (distanciamento):
- Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas, tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas.
- A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas, tanto síncronas como asíncronas.
- O exame final da materia realizarase de forma telemática ou, se as circunstancias o permitiran, de forma presencial adoptando as medidas hixiénico-sanitarias pautadas.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3 (peche de instalacións):
- Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
- A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas, tanto síncronas como asíncronas.
- O exame final da materia realizarase de forma telemática síncrona
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Margarita Rico Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- marga.rico.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ruth Rodríguez Bermúdez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ruth.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Espello |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Espello |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Espello |
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula Norvet |
Mércores | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula Norvet |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula Norvet |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula Espello |
16:00-19:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula Norvet |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
30.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |