Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Sanidade Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da asignatura
Os OBXECTIVOS DE PARASITOLOXÍA deben incluir unha serie de coñecementos de base para outras disciplinas que se impartirán en cursos posteriores, fundamentalmente coas da Área de Sanidade Animal (Enfermidades parasitarias, Zoonoses e Medicina preventiva das mesmas).
- O alumno debe adquiri-los conceptos básicos que conforman a Parasitoloxía e coñecer-los principios biolóxicos que gobernan las complexas relacións que se establecen entre os parasitos, os seus hospedeiros e o medio ambiente.
- Coñece-los termos científicos que se empreñan en Parasitoloxía Veterinaria.
- Valora-la importancia da presenza e acción dos parasitos sobor das especies hospedeiras, incluido o home.
- Recoñecer e diferencia-las características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas dos axentes parasitarios, que afecten ós animais; así como, coñecer a qué grupos taxonómicos pertencen os diversos parasitos obxeto de estudio.
- Estudia-los principais ciclos biolóxicos dos parasitos que afectan ós animais e ó home (zoonoses).
- Determina-las posibilidades do laboratorio na identificación dos axentes parasitarios e as limitacións que ten na diagnose integral das infeccións parasitarias.
- Manexa-las principais fontes bibliográficas para que o alumno poida complementa-lo estudio da Parasitoloxía Veterinaria.
B. CONTENIDOS
B.1. Clases Expositivas
Bloque I. Parte Xeral
- Historia da Parasitoloxía: A Parasitoloxía na formación do Graduado en Veterinaria.
- O parasitismo no contexto das asociacións biolóxicas.
- Relacións parasito/hospedador.
- Propagación dos parasitos.
- Ecoloxía parasitaria.
- Sistemática, taxonomía e nomenclatura na parasitoloxía.
Bloque II. Protozoos:
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos SARCOMASTIGÓFOROS, APICOMPLEXA. CILIÓFOROS, MICROSPORIDIOS E MIXOSPORIDIOS de interese veterinario.
Bloque III. Trematodos
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos MONOGENEA. DIGENEA de interese veterinario.
Bloque IV. Cestodos
- Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímicas. Ciclos biolóxicos e características especiais dos PSEUDOFILIDEOS. CYCLOPHYLLIDEOS de interese veterinario.
Bloque V. Nematodos
-Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos principais nematodos de interese veterinario. CLASE ADENOPHOREA: ORDEN ENOPLIDA. CLASE SECERNENTEA: ORDENES SPIRURIDA, FILARIIDA, RHABDITIDA, STRONGYLIDA, ASCARIDIA, OXYURIDA.
Bloque VI. Acantocéfalos, Pentastómidos
- Características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas. Ciclos biolóxicos. Formas de transmisión.
Bloque VII. Artrópodos
- Características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas dos ARTRÓPODOS. Papel vectorial destes. Clasificación dos artrópodos de interese veterinario.
- Ciclos biolóxicos da CLASE INSECTA: ORDENES HETEROPTERA, PHTHIRAPTERA y APHANIPTERA y DIPTERA (con especial atención ás produtoras de miasis).
- Ciclos biolóxicos da CLASE ARACHNIDA: ORDEN ACARINA: SUBORDENES METASTIGMATA, MESOSTIGMATA, PROSTIGMATA y ASTIGMATA.
- Características xerais e ciclos biolóxicos da CLASE CRUSTACEA: SUBCLASES BRANCHYURA, COPEPODA e ISOPODA.
B.2. Clases Interactivas o Prácticas
- Fundamentalmente se realizará la identificación dos principais parasitos de interese veterinario.
- Se realizarán 6 prácticas:
- Práctica 1: Protozoos.
- Práctica 2: Cestodos y Trematodos.
- Práctica 3: Nematodos I.
- Práctica 4: Nematodos II.
- Práctica 5: Acantocéfalos, Pentastómidos y Artrópodos I.
- Práctica 6: Artrópodos II.
- BOWMAN, D. D. (2011). Georgis. Parasitología para veterinarios. (9ª edición). Editorial Elsevier España. Madrid.
- CORDERO, M. y ROJO, F.A. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill-Interamericana de España, S.A.U, Madrid.
- DEPLAZES, P.; ECKERT. J.; MATHIS, A.; SAMSON-HIMMELSTJERNA, G.; ZAHNER, H. (2016). Parasitology in Veterinary Medicine. Wageningen Academic Publishers. The Netherlands.
- GÁLLEGO BERENGUER, J. (2003). Manual de Parasitología. Morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. Ed. Universidad de Barcelona. 2ª Edición.
- HENDRIX, CH.M. (1999). Diagnóstico parasitológico veterinario. 2ª edición. Ed. Harcourt Brace. Madrid.
- KASSAI, T. (2002). Helmintología veterinaria. Ed. Acribia.S.A. Barcelona.
- KAUFMANN, J. (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals. Ed. Birkhäuser Verlag. Basel.
- MEHLHORN, H. y PIEKARSKI, G. (1993). Fundamentos de Parasitología: parásitos del hombre y de los animales domésticos. Ed. Acribia, Zaragoza.
- THIENPONT, D; ROCHETTE, F; VANPARIJS, O.F.J. (1979). Diagnostic de verminose par examen coprologique Ed. Janssen Research Foundation. Belgique.
- TAIRA, N; ANDO, Y.; WILLIAMS, J.C. (2003). A Color Atlas of Clinical Helminthology of Dometic Animals. Edit. Elsevier.
- TAYLOR, M.A.; COOP, R.L.; WALL. R.L. (2007). Veterinary Parasitology. Third Edition. Blackwel. Australia
- URQUHART.G.M., ARMOUR.J., DUNCAN.J.L., DUNN.A.M., JENNINGS.F.W.. (2001). Parasitología veterinaria. Ed. Acribia. Zaragoza.
- Principais paxinas na internet
- URL: http://www.parasitol.or.kr/
- URL: http://www.links2go.com/topic/Parasitology
- URL: http://parasitology.hallym.ac.kr/
- URL: http://paraserver.unibe.ch/
- URL: http://www.parasitology.org/homebase.htm
- URL: http://www.parasite.org.au/
- URL: http://www.bwfund.org/infectious_parasitology.htm
- URL: http://www.parasitologyindia.org/
- URL: http://www.cal.vet.upenn.edu/merial/
- URL: http://www.ivis.org
- A identificación das distintas fases de evolución dos parasitos que afectan ós animais útiles e de compañía é competencia do Graduado en Veterinaria, polo que as habilidades necesarias para a súa obtención e/ou illamento e cultivo é unha das destrezas que deben adquirir nesta disciplina. Ademáis, nas sesións desenvoltas no laboratorio o alumno adquirirá as habilidades específicas no manexo de equipos ópticos.
- Os alumnos deben adquirir as seguintes COMPETENCIAS:
- XERAIS: Das competencias xerais sinaladas no Libro Branco para o Título de Grado en Veterinaria e, en concreto, as sinaladas para ser desenvolvidas nesta materia, é preciso adquiri-las seguintes competencias:
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
- DISCIPLINARES
- CEDVUSC06. Coñece-los aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.
- ACADÉMICAS:
- CEAVUSC 04. Buscar e xestiona-la información relacionada coa actividade veterinaria.
- CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionai.
- CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
- TRANSVERSAIS:
- CTVUSC 02. Capacidade para obtener información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03. Elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-E. METODOLOXÍA DE LA ENSEÑANZA
E.1. ESCENARIO 1 (docencia presencial): coas medidas sanitarias que dispoña a USC.
As Clases Expositivas, serán presenciais e terán unha duración aproximada de 50 minutos, segundo o horario aprobado na Xunta de Facultade.
- O programa está ordenado por temas, pero isto non significa que cada un deles se correspondan exactamente no tempo á duración dunha clase.
- A cada un dos bloques temáticos dedicaránselles as seguintes horas de sesións expositivas:
- Bloque I. Parte Xeral: 6 Horas
- Bloque II. Protozoos: 8 Horas
- Bloque III. Trematodos: 3 Horas
- Bloque IV. Cestodos: 2 Horas
- Bloque V. Nematodos: 8 Horas
- Bloque VI. Acantocéfalos e Pentastómidos: 1 Hora
- Bloque VII. Artrópodos: 7 Horas.
- Os esquemas das clases expositivas e prácticas estarán dispoñibles no Campus Virtual.
- Terase en conta a asistencia como un baremo que nos indique o grao de interese do alumno
As Clases Interactivas ou Prácticas, serán presenciais e impartiranse 20 horas de prácticas, que se distribúen en 6 sesións regradas que se realizarán no Laboratorio de Parasitoloxía. Con todo, cada grupo de laboratorio de 20 alumnos se subdividirá en 2 subgrupos de 10 alumnos (p.e. Grupo 1, subgrupo a e Grupo 1, subgrupo b). A metade do tempo de cada práctica, un dos subgrupos estará no Laboratorio coa profesora e o outro irá á sala de estudos ou ao local habilitado pola Facultade para elaborar a Memoria de esa Práctica, transcorrido este tempo cada subgrupo cambiará de escenario.
- As 6 prácticas terán unha duración de:
- Práctica 1: Protozoos. 4 horas (1,5 horas no laboratorio+2,5 horas na sala de estudos).
- Práctica 2: Cestodos e Trematodos. 4 horas (1,5 horas no laboratorio+2,5 horas na sala de estudos).
- Práctica 3: Nematodos I. 3 horas (1,5 horas no laboratorio+1,5 horas na sala de estudos).
- Práctica 4: Nematodos II. 3 horas (1,5 horas no laboratorio+1,5 horas na sala de estudos).
- Práctica 5: Acantocéfalos, Pentastómidos e Artrópodos I. 3 horas (1,5 horas no laboratorio+1,5 horas na sala de estudos).
- Práctica 6: Artrópodos II. 3 horas (1,5 horas no laboratorio+1,5 horas na sala de estudos).
- A semana seguinte de finalizar cada unha das 6 prácticas, os estudantes entregarán a memoria correspondente á práctica que realizaron a semana anterior, a través do foro de actividades do Campus Virtual.
E.2. Nos ESCENARIOS 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións), as Clases Expositivas impartiranse de forma telemática, a través da modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual.
-Ademais dos esquemas das clases expositivas e prácticas, estes completaranse polas profesoras mediante as ferramentas informáticas do Campus Virtual.
- Realizarase un seguimento dos alumnos con probas que se propondrán e deberán contestar no horario das clases no Foro Virtual.
- Utilizarase o Foro de Novas do Campus Virtual para avisar aos alumnos das novidades que se vaian producindo ao longo do curso.
- No Escenario 2, as Clases Interactivas impartiranse como no Escenario 1 (subgrupos de 10 alumnos).
- No Escenario 3, as Clases Interactivas serán telemáticas, utilizando a modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual, impartíndose o mesmo programa que no caso do Escenario 1.
- En ambos os escenarios (2 e 3), a semana seguinte de finalizar cada unha das 6 prácticas, os estudantes entregarán a memoria correspondente á práctica que realizaron a semana anterior, a través do foro de actividades do Campus Virtual.
G. SEMINARIOS
G.1. ESCENARIO 1 (docencia presencial): Impartiranse en grupos de 40 alumnos.
- Durante o curso os alumnos deberán asistir a catro horas de seminario e neles poñerase especial énfase nos principais ciclos biolóxicos dos parasitos de importancia en medicina veterinaria, á vez que se incidirá nos conceptos básicos que os alumnos deben coñecer para superar a materia.
- Nestes seminarios valorarase a participación do alumno e servirán para que as profesoras valoren os coñecementos e competencias que os alumnos están a adquirir.
G.2. Nos ESCENARIOS 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións) impartiranse de forma telemática, utilizando a modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual, impartíndose o mesmo programa que no caso do Escenario 1.
H. TITORÍAS
H.1. ESCENARIO 1 (docencia presencial):
- A primeira Titoría será presencial para todos os estudantes, na que se darán as normas de funcionamento da materia, explicando a importancia da asistencia ás clases expositivas, prácticas, seminarios e titorías. Tamén se expoñerán as bases para a avaliación que permitirán superar a materia. Nembergantes as profesoras estarán nos seus respectivos despachos durante todo o curso para axudar aos estudantes á mellor comprensión desta materia. Os estudantes, deberán contactar, previamente por correo electrónico, coas profesoras para concertar a hora de titoría, con obxecto de resolver as dúbidas xurdidas na preparación da disciplina.
H.2. Nos ESCENARIOS 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións) as titorías impartiranse de forma telemática, utilizando a modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual, para iso os estudantes contactarán coas profesoras mediante o correo electrónico ou polo Campus Virtual.
F. SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
F.1. ESCENARIO 1 (docencia presencial):
- Para a valoración final dos alumnos, realizarase o seguinte:
- Durante as sesións expositivas realizaranse preguntas escritas e orais. A puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final.
- Valoración das clases interactivas ou prácticas: valorarase a participación activa do alumno nas devanditas sesións; así como a memoria de cada unha das prácticas que deben realizar.
- Efectuarase un exame de recoñecemento mediante imaxes proxectadas de 20 formas parasitarias que visen durante o desenvolvemento das sesións prácticas.
- Dita proba será presencial e a puntuación obtida supoñerá un 20% da cualificación final.
- Os alumnos que superen as prácticas (asistencia, memoria e exame) gardarase o aprobado nos cursos posteriores, eximíndolles de realizar esta parte os cursos posteriores. Con todo, os estudantes que non superasen o conxunto da materia, o próximo curso deberán asistir ás clases teóricas e realizar as correspondentes probas de avaliación.
- Valoración teórica final: efectuarase unha proba final presencial mediante a formulación de 8 preguntas de desenvolvemento, que corresponderán:
- 1 do bloque temático I (Xeneralidades).
- 2 do bloque temático II ( Protozoos).
- 1 do bloque temático III ( Trematodos) ou do bloque temático IV ( Cestodos).
- 2 do bloque temático V ( Nematodos).
- 2 dos bloques temáticos VI e VII ( Acantocéfalos / Pentastómidos e Artrópodos).
- Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar esta proba a nota mínima media debe ser de 5 sobre 10. Nas preguntas de cada un dos bloques é necesario obter unha puntuación mínima de 3 puntos para que compense co resto das puntuacións obtidas nesta proba. A puntuación obtida supoñerá o 70% da cualificación final. O 30% restante, corresponderá ao 20% da avaliación continua das clases expositivas e ao 10% das clases interactivas, polo que a avaliación continua supoñerá un 30% da nota final.
F.2. No ESCENARIO 2 (distanciamiento), para valorar os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas ao longo do semestre, realizaranse preguntas a través do Campus Virtual e a puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final.
- Para valorar os coñecementos adquiridos nas Clases Prácticas, terase en conta a participación activa do alumno nas devanditas sesións; así como a memoria de cada unha das prácticas que deben realizar.
- Efectuarase un exame telemático sincrónico, mediante as ferramentas informáticas do Campus Virtual, no que se realizará o recoñecemento mediante imaxes proxectadas de 20 formas parasitarias. A superación deste apartado supoñerá o 20% da cualificación final.
- Ao final do semestre, se as condicións hixiénico-sanitarias permíteno, o EXAME TEÓRICO SERÁ PRESENCIAL e se non é posible realizarase unha proba sincrónica e obxectiva de tipo tests a través da plataforma Teams.
- Para valorar as probas obxectivas realizadas antes ou despois das sesións expositivas, as Clases Prácticas e a Proba teórica final:
- Utilizarase a modalidade sincrónica mediante a ferramenta informática do Campus Virtual.
- O cuestionario realizarase cunha duración prefixada.
- A evidencia farase mediante o rexistro da proba.
- Os estudantes deberán identificarse entrando no sistema coas súas claves corporativas.
- Establecerase un tempo límite para a entrega da proba.
- En ambos os casos a valoración teórica final supoñerá o 70% da nota final.
- No ESCENARIO 3 (PECHE DE INSTALACIÓNS), tanto a valoración das clases expositivas e prácticas, se levará a cabo vía telemática segundo o descrito no Escenario 2.
- Nos 3 Escenarios (docencia presencial, distanciamento e peche das instalacións), nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación lo recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Horas presenciais: 60 h (35 h expositivas; 20 h de sesións interactivas (laboratorio, 4 h de seminarios e 1 h de titoría).
Horas non presenciais: 90 h ( Estudo individual,60h; elaboración de memoria de prácticas, 20 h; consultas bibliográficas, 7 h; realización de examéns, 3h)
- Volume total de traballo: 150 h
- A experiencia acumulada nos anos que dedicamos á docencia desta asignatura lévannos a recomendar ós alumnos o estudio continuado da materia, así como realizar esquemas e resumes que lles axuden a compara-las características dos distintos grupos parasitarios e os diferentes ciclos biolóxicos posibles. Deste xeito conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que surxen cando se intenta a memorización da asignatura co único fin de supera-lo exame final.
- É imprescindible o seguimiento das sesiones interactivas e a elaboración dun caderno de notas, para poder ter un coñecemento directo sobre os diferentes grupos e especies de parasitos, así como das súas respectivas fases de desenvolvemento. Esta enseñanza representa a participación directa do alumno e supón o afianzamento das nocións teóricas.
- Recoméndase a visita das diferentes páxinas Web indicadas na bibliografía, con obxeto de completa-los coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos personais.
- Recoméndase, asimesmo, que o alumno plantee as dudas que lle surxan e empregue con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.
K. OBSERVACIÓNS
- De acordo coas directrices da USC, establécese o seguinte PLAN DE CONTIGENCIA, relativo á Metodoloxía do Ensino e da Avaliación.
K.1. METODOLOXÍA DO ENSINO
- Nos ESCENARIOS 2 (distanciamento) e 3 (peche de instalacións), no suposto que se teña que interromper a docencia presencial, as Clases Expositivas impartiranse de forma telemática, a través da modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual.
-Ademais dos esquemas das clases expositivas e prácticas, estes completaranse polas profesoras mediante as ferramentas informáticas do Campus Virtual.
- Realizarase un seguimento dos alumnos que se “conectan” ao Campus Virtual, así como da súa participación nas clases e das avaliacións que se propoñan.
- Utilizarase o Foro de Novas do Campus Virtual para avisar aos alumnos das novidades que se vaian producindo ao longo do curso.
- No ESCENARIO 2, as Clases Interactivas impartiranse como no Escenario 1 (subgrupos de 10 alumnos). No ESCENARIO 3, as clases interactivas serán telemáticas, utilizando a modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual, impartíndose o mesmo programa que no caso do Escenario 1.
- A semana seguinte de finalizar cada unha das 6 prácticas, os estudantes entregarán a memoria correspondente á práctica que realizaron a semana anterior, a través do foro de actividades do Campus Virtual.
- Os Seminarios e as Titorías impartiranse de forma telemática, a través da modalidade sincrónica e mediante a ferramenta informática do Campus Virtual.
K.2. AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
Nos ESCENARIOS 2 e 3: para valorar os coñecementos adquiridos nas Clases Expositivas realizaranse probas obxectivas de tipo test.
- Durante ou despois das sesións expositivas realizaranse preguntas escritas e orais. A puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final.
- Para valorar os coñecementos adquiridos nas Clases Prácticas, terase en conta a participación activa do alumno nas devanditas sesións; así como a memoria de cada unha das prácticas que deben realizar.
- Efectuarase un exame telemático sincrónico, mediante as ferramentas informáticas do Campus Virtual, no que se realizará o recoñecemento mediante imaxes proxectadas de 20 formas parasitarias. A superación deste apartado supoñerá o 20% da cualificación final.
- Ao final do semestre realizarase a Valoración teórica final que tamén será mediante probas obxectivas de tipo test; sen embargo, si ás condicicións hixiénico-sanitarias o permiten, se realizará o exame teórico final de forma presencial. Nos dous casos, a cualificación supoñerá o 70% da nota final.
- Nos 3 apartados para valorar ás probas obxectivas realizadas antes ou despois das sesións expositivas, as Clases Prácticas e a Proba teórica final:
- Utilizarase a modalidade sincrónica mediante a ferramenta informática do Campus Virtual.
- O cuestionario realizarase cunha duración prefixada.
- A evidencia farase mediante o rexistro da proba.
- Os estudantes deberán identificarse entrando no sistema coas súas claves corporativas.
- Establecerase un tempo límite para a entrega da proba.
- A puntuación final será: 10% (probas durante ou despois das Clases expositivas), 20% (Clases prácticas), polo que a avaliación continua supoñerá o 30% e a 70% proba teórica final.
Rita Sánchez-Andrade Fernández
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- rita.sanchez-andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Patrocinio Morrondo Pelayo
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Sanidade Animal
- Correo electrónico
- patrocinio.morrondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
18.12.2020 17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.12.2020 17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
18.12.2020 17:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
11.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
11.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
02.07.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.07.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.07.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.07.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |