Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 22 Clínicos EEES: 35 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Co estudo da Propedéutica Clínica o alumno coñecerá as técnicas exploratorias nas diferentes especies animais e iniciarase na interpretación dos resultados das mesmas. A través do contacto co animal enfermo, e servíndose de diferentes métodos de exploración e técnicas de recollida de mostras, o alumno interpretará os signos de enfermidade e os agrupará en síndromes, para así poder realizar un diagnóstico certeiro da enfermidade que padece o animal.
Sesións expositivas (22 horas): A materia estrutúrase nos seguintes bloques temáticos:
1. Manexo e exploración xeral do animal: Métodos de exploración (1 hora). Comportamento Plan xeral de exploración e historia clínica (1 hora). Termometría clínica e exploración do sistema linfático (1 hora). Exploración da capa, pel e mucosas (1 hora).
2. Exploración da cabeza: Semioloxía e semiotecnia da exploración da cabeza (orellas, nariz, ollos, boca, glándulas salivares, seos paranasais) e métodos complementarios de explotación: recolleita de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas).
Exploración do pescozo. Semioloxía e semiotecnia da exploración do pescozo: exploración da farinxe, larinxe, traquea, bolsas guturais, glándulas tiroides, esófago, venas xugulares e táboas de pescozo (1 hora).
3. Exploración do aparello respiratorio: Semioloxía e semiotecnia do aparello respiratorio e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas)
4. Exploración do aparello cardiovascular: Semioloxía e semiotecnia do aparello cardiovascular e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (3 horas)
5. Exploración do aparello dixestivo: Semioloxía e semiotecnia do aparello dixestivo e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (4 horas).
6. Exploración do aparello xenitourinario: Semioloxía e semiotecnia do aparello urinario, xenital e mamario, e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas. (3 horas)
7. Exploración do aparello locomotor e nervioso: Semioloxía e semiotecnia do aparello locomotor e sistema nervioso (ósos, músculos, articulacións, SNC e Neurona Motora): métodos complementarios; recollida de mostras; análise laboratorial; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas. (2 horas)
8. Biopatoloxía clínica estudo da hematoloxía e o urianálisis en veterinaria. (1 hora).
Prácticas Clínicas (37 h). Os contidos prácticos estrutúranse en 11 sesións, cinco en vacas (16 horas) , dúas en cabalos (6 horas) e cinco en cans (15 horas), abordando os seguintes contidos:
1. Manexo e exploración xeral e da cabeza e pescozo en bovino
2. Exploración do aparello cardiorrespiratorio en bovinos
3. Manexo e exploración xeral e da cabeza e do tórax en cabalo.
4. Exploración do aparello dixestivo en bovinos
5. Exploración do aparello xenitourinario, mamario e locomotor en bovinos
6. Exploración do aparello dixestivo, mamario e locomotor en cabalo
7. Manexo e exploración xeral de pequenos animais
8. Exploración da cabeza e pescozo en pequenos animais
9. Exploración do aparello cardiorrespiratorio en pequenos animais
10.Exploración do aparello locomotor e nervioso en pequenos animais
11. Exploración do aparello dixestivo e xenitourinario en pequenos animais
12.-Exploración na granxa do gando vacún.
Titorías (1 hora): Introdución ao método de estudo da Propedéutica Clínica.
Seminarios (2 horas):
1. Aproximación electrocardiográfica no paciente(1 hora).
2. Biopatoloxía clínica: Hematoloxía e o urianálisis (1 hora).
Birchard, S.J., Sherding, R.G. (2002) Manual clínico de procedimientos en pequeños animales. Mcgraw.Hill-Interamericana, Madrid.
Burk, R., Ackerman, N. (1996) Small animal radiology and ultrasonography: A diagnostic atlas and text. 2nd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Cebrián, LM.; Pastor, J.; Ramos, JJ., Ferrer, LM. (2005). La exploración clínica del ganado vacuno. Editorial Servet, Zaragoza.
Fernández Casanovas, A.; Conde, T, y Fondevila, J. (2011). La exploración clínica del caballo. Ed. Servet, Zaragoza.
García Partida, P., Prieto Montaña, F., Gutiérrez Panizo, C., Mayer Valor, R. (1999). Exploración clínica veterinaria. Ed. Universidad de León, León.
Goddard, P.J. (2000) Ecografía veterinaria. Acribia, Zaragoza.
Gómez Piquer, J., y col (1992) Manual Práctico de Análisis Clínicos en Veterinaria. Mira, Zaragoza.
Jaksch, W., Glawischnig, E. (1978) Propedéutica clínica de las enfermedades internas de la piel de los animales domésticos. Acribia, Zaragoza.
Kaneko, J.J., Harvey J, Bruss, M. (2008) Clinical biochemistry of domestic animals.6th ed. Academic Press, San Diego.
Kittleson, M.D., Kienle, R.D. (2000) Medicina cardiovascular de pequeños animales. Multimédica, Barcelona.
Liste, F (2010) Atlas veterinario de diagnóstico por imagen. Ed. Servet. Zaragoza.
Locke, P.H., Harvey, R.G., Mason, I.S. (2001) Manual de dermatología en pequeños animales. Colección BSAVA. Ediciones S, Barcelona.
Martin, M. (2001) ECG en Pequeños Animales. Una guía introductoria Ed. Inter-Médica, Buenos Aires
McCurnin, D.M., Bassert, J.M. (2001) Clinical textbook for veterinary technicians. 5th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
McCurnin, D.M., Poffenbarger, E.M. (1991) Small animal physical diagnosis and clinical procedures. WB Saunders Co., Philadelphia.
Pastor Meseguer, J. (1999). Manual de Propedéutica y Biopatología Clínicas Veterinarias. 2ª ed. Mira Editores, Zaragoza.
Radostits, O.M., y col. (2002) Examen y diagnóstico clínico en veterinaria. Harcourt. Madrid.
Reagan, W.J., Sanders, T.G., De Nicola, D.B. (1999) Hematología Veterinaria. Ed., Barcelona.
Rijnberk, A., Vries, H.W. (1997) Anamnesis y exploración corporal de pequeños animales. Acribia, Zaragoza.
Rosenberger, G. (1994) Exploración clínica de los bovinos. 3ª ed. Hemisferio Sur, B. Aires.
Salvat (1992) Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. 13ª ed. Salvat, Barcelona.
Smith, BP (2009) Large animal internal medicine. 4th ed. Mosby, St. Louis.
Sodikoff, CH. (2002) Pruebas diagnósticas y de laboratorio en pequeños animales. Una guía para el diagnóstico de laboratorio. 3ª ed. Harcourt, Madrid.
Speirs, V.C., Wrigley, R.H., Mueller, G.E. (1997) Clinical examination of horses. WB Saunders Co., Philadelphia.
Tams, T.R. (1999) Small animal endoscopy. 2nd ed. Mosby, St. Louis.
Thrall, D.E. (1998) Textbook of veterinary diagnostic radiology. 3rd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Tilley, L. P. (1992) Essentials of canine and feline electrocardiography. 3rd ed. Lea & Febiger, Philadelphia.
Ynaraja, E. y Montoya, J.A. (2012) Manuel de electrocardiográfica clínica canina. 2ª edición Ed. Grupo Asís Biomedia, S.L. Zaragoza
ENLACES URL DE INTERÉS
http://www.ivis.org
http://argos.portalveterinaria.com/
http://albeitar.portalveterinaria.com/
http://www.rvc.ac.uk/Review/ocular_reflexes/
http://www.rinderskript.de
http://en.wikivet.net/Veterinary_Education_Online
http://www.usc.es/es/servizos/pfid/gruinodoc/propevet/index.html
http://www.consultavet.org/
Competencias xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias disciplinares:
CEDVUSC01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
CEDVUSC02. Estrutura e funcións dos animais sans.
CEDVUSC03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC16. Coñecer las técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias profesionais:
D1VUSC01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondinte informe.
D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17: Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas:
CEAVUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral y escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
CTVUSC05. Habilidade o manexo das TICs.
CTVUSC06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Sesións expositivas: Para o escenario 1, na primeira parte de cada sesión teórica (correspondente a cada bloque temático) presentarase a estrutura didáctica a seguir en cada bloque temático, analizando os contidos a desenvolver de forma práctica nas distintas especies domésticas (grandes e pequenos animais). Na segunda parte de cada sesión abordarase o estudo das técnicas complementarias que non se van a tratar de forma práctica co animal, mediante o emprego de material audiovisual. Nos escenarios 2 e 3, o desenvolvemento do contido será similar ao anterior, pero se realizará vía telemática, por decisión adoptada pola Facultade de Veterinaria no primeiro caso (escenario 2) e por confinamento no segundo, con docencia virtual síncrona mediante a utilización da plataforma Microsoft Teams. Ao final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final da avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Prácticas clínicas: En todos os escenarios, o alumno dispoñerá dunha guía con todos los contidos necesarios para iniciarse á exploración clínica dos distintos sistemas orgánicos en grandes e pequenos animais. O alumno deberá traballar de forma autónoma en dita guía con antelación á práctica, de forma que cada sesión práctica se centrará fundamentalmente na aprendizaxe da realización sobre o animal dos distintos procesos ou mecanismos exploratorios. Ao final de cada sesión clínica o alumno terá que demostrar o grado de aproveitamento da mesma mediante a realización práctica dos procedementos aprendidos, así como a estratexia ou protocolo de exploración a seguir en base a distintos supostos prácticos. No caso do escenario 2, ou ben no escenario 1 no cal as condicións de distancia social non poidan ser garantidas polas instalacións onde se desenvolven as actividades prácticas, os grupos verán reducida a súa composición á metade no número de alumnos, e a duración da práctica para cada novo subgrupo distribuirase en 50 % presencial, e o 50% restante do tempo deberán realizar actividades telemáticas, con aprendizaxe mediante vídeos ou actividades relacionadas co contido das clases prácticas. No caso de escenario 3 (peche das instalacións e docencia virtual síncrona) a estrutura será a mesma mediante a utilización da plataforma Microsoft Teams, analizando e valorando tanto os procedementos como os resultados obtidos, para obter o enfoque clínico o máis parecido á realidade. Ao final de cada sesión poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. Non procede a dispensa á clase.
Titoría: Na titoría farase unha presentación da materia, dos obxectivos e metodoloxía de traballo, dos mecanismos de avaliación e bibliografía.
No escenario 1 a titoría será presencial, e nos escenarios 2 e 3, o desenvolvemento do contido será similar ao anterior, pero todo será realizará vía telemática, por decisión adoptada pola Facultade de Veterinaria no primeiro caso (escenario 2) e por confinamento no segundo, con docencia virtual síncrona mediante a utilización da plataforma Microsoft Teams.
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán as guías teóricas e prácticas para cada bloque temático, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademais, crearanse foros para la resolución de dúbidas e suxestións.
A avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (40% da cualificación) e un exame final (60% dá cualificación final).
Na avaliación continua o alumno terá que demostrar as habilidades adquiridas na exploración física dos animais. Para iso en cada guía de cada práctica facilitarase unha listaxe das habilidades que o estudante debe adquirir na devandita práctica. Ao comezo da seguinte práctica da mesma especie, o estudante será avaliado mediante un Exame Clínico Obxectivamente Estruturado. Os resultados de cada unha desta proba daranse nunha escala de tipo Likert de 5 puntos; 0 = Mal; 1 = Regular; 2 =Ben; 3 = Moi Ben; 4= Excelente Os resultados reflectiranse nunha ficha de prácticas que o alumno deberá custodiar durante todo o semestre e presentala en cada práctica para ser asinada polo profesor. Ao final das sesións prácticas os estudantes deberán entregar ao profesorado a devandita ficha e computaranse os resultados obtidos ao longo do semestre e calcularase a nota global da avaliación continua, a cal será facilitada de forma individualizada a cada estudante mediante o curso virtual antes da realización do exame final escrito. A aqueles estudantes que tiveran superado a avaliación continua en cursos académicos previos, gardaráselle a cualificación obtida.
A proba de exame final consistirá en 50 preguntas tipo test, ou de resposta curta (definición de conceptos, completar frases ou relacionar conceptos), ou con imaxes/vídeos/sons onde se avaliarán os coñecementos teóricos adquiridos tanto nas sesións teóricas (na aula) como nas sesións prácticas (sala de exploración/corte/laboratorio). No caso de poñer preguntas de desenvolvemento, cada unha delas equivalería a 10 preguntas tipo test ou de resposta curta.
O alumno superará a disciplina se a suma das cualificacións obtidas da avaliación continua e no exame escrito é superior a 5 sempre que na proba escrita obteña unha puntuación de polo menos o 40% da posible nota máxima. Para os escenarios 1 e 2 (se a situación sanitaria o permite), o exame será presencial na aula, e para os escenarios 2 (se a situación sanitaria o demanda) e 3 utilizaranse as plataformas Microsoft Teams ou Moodle.
.
Para os escenarios 1 (presencial) e 2 (parcialmente presencial), ao final de cada actividade poderán facerse preguntas para avaliar a progresión da aprendizaxe do alumno de cada un dos contidos impartidos durante a mesma, e que contribuirá á nota final de avaliación continua. No caso de actividades non presenciais do escenario 2 ( teoría, examen escrito, e titorías) e para o escenario 3 (peche das instalacións e docencia virtual síncrona) a estrutura será a mesma mediante a utilización das plataformas Microsoft Teams. ou Moodle.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
O calendario de exames aprobado polo pleno da Xunta dá Facultade de Veterinaria na súa sesión do 03 de xullo de 2020, poderase consultar (data, hora e lugar) na seguinte páxina web institucional:http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/exgrado.html.
Na convocatoria de xullo, dispoñible na seguinte web institucional: http://www.usc.es/gl/centros/veterinaria/ExGrado.html, só será posible presentarse ao exame final, manténdose a nota da avaliación continua obtida.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60h)
Sesións expositivas: 22h
Prácticas clínicas: 35h
Seminarios 2h
Titorías: 1h
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE (90h)
Estudo individual: 35h
Elaboración das memorias de prácticas: 40h
Revisión bibliográfica: 4h
Resolución de casos/problemas: 6h
Realización de exames: 5h
TOTAL: 150h
Coñecementos básicos de disciplinas como Anatomía, Etnoloxía e Fisioloxía e outras disciplinas de primeiro ciclo, que axudarán ao alumno a acelerar a aprendizaxe e comprensión de esta materia. Recoméndase un coñecemento básico de inglés, posto que gran parte da bibliografía.
Plan de Continxencia:
En aplicación das Directrices para o “Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021” elaborado pola Comisión para a Planificación Docente, que completa o documento chamado “Bases para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura” elaboradas polo Comité para a Seguridade Sanitaria e aprobadas polo Consello de Goberno, procedeuse a diferenciar as actividades englobadas dentro da metodoloxía da ensinanza, dos sistemas de avaliación e das recomendacións para o estudo. Así, para o escenario 2, mantense a presencialidade nas clases prácticas, aínda que se reducirán os grupos ao 50% no seu número para garantir a distancia de seguridade, á vez que se tratará de adiantar os contidos das clases prácticas, deixando o resto de actividades (clases expositivas, exames e titorías con docencia telemática síncrona) mentres que para o escenario 3, todas as actividades programadas serán de forma síncrona, respectando os calendarios e os horarios aprobados pola Xunta de centro. se así o permiten as autoridades sanitarias, e se non o permiten as autoridades sanitarias, o escenario 2 sera telemático como no caso do escenario 3.
Cristina Castillo Rodríguez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- cristina.castillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Marta López Alonso
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- marta.lopez.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Joaquin Ricardo Hernandez Bermudez
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joaquin.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Benedito Castellote
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseluis.benedito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Victor Pereira Lestayo
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- victor.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade