Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecemento e comprensión dos principios do material hereditario (natureza, expresión, transmisión, variación, manipulación e evolución) cara a súa aplicación na producción animal e na conservación da diversidade.
Clases expositivas
Introdución: A Xenética como base da Bioloxía. Aplicación dos principios xenéticos nas áreas de produción, saúde e farmacéutica. Historia e campos da Xenética. (1h)
Bloque I: Transmisión do material hereditario.
Tema 1: Base cromosómica da herdanza: O cromosoma eucariótico. Mitose. Meiose. Cariotipo. Haploidía e diploidía. (4h)
Tema 2: Xenética Mendeliana: Estudo da herdanza dun carácter. Cruzamento proba. Herdanza de varios caracteres. Teoría cromosómica da herdanza. Análise de xenealoxías. (4h)
Tema 3: Extensións do mendelismo: Variacións na dominancia: escala fenotípica. Alelismo múltiple. Alelos letais. Enfermidades debidas a un xen. Pleiotropía. Interacción xénica. Penetrancia e expresividade. (3h)
Tema 4: Herdanza e sexo: Determinación do sexo. Herdanza de xenes localizados en cromosomas sexuais. Herdanza influída polo sexo. Herdanza limitada polo sexo. (3h)
Bloque II: Variación do material hereditario.
Tema 5: Ligamento e mapas xenéticos: Herdanza de xenes localizados no mesmo cromosoma. Grupo de ligamento. Entrecruzamento xenético. Frecuencia de recombinación. Mapa xenético. Coeficiente de coincidencia e interferencia xenética. (5h)
Tema 6: Mutación: Tipos de mutacións. Taxa de mutación. Mutáxenos. O test de Ames. Mutacións cromosómicas: Variacións no número de e na estrutura cromosómica. Aplicacións da mutación na produción animal. (5h)
Bloque III: Os xenes nas poboacións.
Tema 7: Xenética Cuantitativa: Variación continua. Varianza fenotípica. Herdanza polixénica. Partición da varianza xenética. Herdabilidade ampla e estrita. Métodos de estimación da herdabilidade. Resposta á selección. (5h)
Tema 8: Xenética de Poboacións: Poboación mendeliana. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Estimadores da diversidade xenética poboacional. A lei de Hardy-Weinberg. Frecuencia de portadores. Apareamento clasificado. Apareamento consanguíneo. Axentes evolutivos. (5h)
Prácticas de laboratorio
Son tres as prácticas a realizar na materia:
Diagnóstico do freemartinismo en bovinos mediante PCR (Reacción en Cadea da Polimerasa). Amplificaranse secuencias específicas do cromosoma Y para facer unha identificación de tenreiras intersexuales (freemartins).
Estudo xenético de caracteres cualitativos. Determínase o modelo de herdanza de diferentes caracteres empregando mazorcas de millo.
Análise do cariotipo. Profúndase no significado de cromosomas homólogos e cariotipo diploide.
As dúas primeiras realizaranse no laboratorio de prácticas do departamento, e a terceira nun aula de informática da facultade. Cada unha ten un guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes.
Bibliografía básica e complementaria
- Benito Jiménez, C. 2002. “360 problemas de Genética: resueltos paso a paso”. Síntesis.
- Brooker, RJ. “Genetics Analysis and principles”. 2012. McGraw-Hill.
- Griffiths, AJF; Wessler, SR; Lewontin, RC; Carroll, SB. 2008. “Genética”. McGraw-Hill Interamericana.
- Griffiths, AJF; Wessler, SR; Carroll, SB; Doebley, J. 2012. “Introduction to Genetic Analysis”. W.H. Freeman and Company.
- Falconer, DS. 1996. “Introduction to Quantitative Genetics”. Longmans Green, Harlow.
- Klug, WS; Cummings, MR; Spencer, CA. 2008. “Conceptos de Genética”. Pearson-Prentice Hall, D.L.
- Klug, WS; Cummings, MR; Spencer, CA; Palladino MA. 2012. “Concepts of Genetics”. Pearson.
- Hartl, DL; 2014. "Essential Genetics. A genomic perspective". Jones and Bartlet Publisers.
- Hartl DL; Jones EW. 2009. “Genetics. Analysis of genes and genomes”. Jones and Bartlett Publishers.
- Hood, L; Goldberg, ML; Reynolds, AE; Silver, LM; Veres LC; Hartwell, LH. 2008. “Genetics: from genes to genomes” McGraw-Hill.
- Mensua Fernández JL. 2003. “Genética: problemas y ejercicios resueltos”. Síntesis.
- Nicholas, FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.
- Pierce, BA. 2016. “Genética. Un enfoque conceptual. Médica Panamericana.
Recursos en internet
- Xenómica e Xenética, recursos multimedia e información de interese para estudantes e profesores: geneed.nlm.nih.gov
- Páxina web do Instituto Nacional de Investigación do Xenoma Humano (NHGRI): www.genome.gov
- The Cytogenetics Gallery (Cromosomas e mutacións estruturais): http://www.pathology.washington.edu:80/Cytogallery
- Animación sobre o descubremento da estrutura do DNA (Universidade Autónoma de Barcelona): http://bioinformatica.uab.es/genomica/swf/dna.htm
- Recursos da revista Nature do 50 aniversario do artígo de Watson y Crick sobre a estrutura do DNA: http://www.nature.com/nature/dna50/index.html
- MendelWeb: Introducción á Xenética Mendeliana: http://www.mendelweb.org/
- Versión comentada do artígo orixinal de Mendel: http://www.esp.org/graphics/main3.html
- Problemas de mendelismo: http://www.biologia.arizona.edu/mendel/mendel.html
- Pea Soup (Cruce virtual entre variedades de chícharos e análise das descendencias): http://www.sonic.net/~nbs/projects/anthro201/exper/
- DNA Learning Center: biology animation library (Animación de técnicas de Bioloxía Molecular): http://vector.cshl.org/resources/BiologyAnimationLibrary.htm
- Biotecnology and Genetic Engineering News (Noticias de divulgación relacionadas coa biotecnoloxía e a enxeñaría xenética): http://www.genengnews.com
Competencias Xenéricas
- GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
- GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Disciplinares
- CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
- CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias Profesionais
- D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias Académicas
- CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
- CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo o medicamento baseado na evidencia.
Competencias Transversais
- CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Clases expositivas e interactivas
Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa, para seu desenvolvemento farase uso de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, lousa,…). A aplicación de estes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas, simulacións por ordenador e casos prácticos.
Boletíns de problemas
Os estudantes dispoñerán de boletíns de problemas de complexidade crecente relacionados cos conceptos tratados o longo do semestre, algúns deles resolveranse na aula.
De acordo coas Directrices dea USC para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura e co acordado en Xunta de Facultade do 3 de Xullo de 2020, se aplicará unha metodoloxía diferente adaptada ós posibles cambios de situación e as normas indicadas polas autoridades competentes. Se contemplan tres escenarios posibles:
Escenario 1: Normalidade adaptada
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Ó teren as aulas da facultade un aforo suficiente, o 100% desta docencia será de xeito presencial e se han seguir as medidas hixiénico-sanitarias que sean obrigatorias (hidroxel, obrigatoriedad de mascarilla, …).
- Clases prácticas: Docencia tamén 100% presencial e coas mesmas medidas hixiénico-sanitarias, ademais os alumnos/as deberán asistir obrigatoriamente con bata de laboratorio e luvas.
Escenario 2: Distanciamento
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Toda a docencia pasará a ser telemática e se utilizarán as ferramientas institucionais proporcionadas pola USC, tanto o Campus Virtual como a plataforma MS Teams. Esta docencia manterá os mesmos horarios que a docencia presencial. Como ferramienta para a comunicación co estudantado (tutorías, novas ou consultas relacionadas coa materia) se empregará a ferramienta foro da USC Virtual. Excepcionalmente se utilizará o correo electrónico institucional.
- Clases prácticas: Das tres prácticas programadas, só se impartirá de forma presencial a de Diagnóstico do Freemartinismo (DF), reducindo ó 50% o número de alumnos de cada grupo e tamén a súa duración. Antes de ir ó laboratorio, os alumnos/as deberán ver a sesión titorial relacionada que estará nal aula virtual. As outras dúas prácticas se realizarán de forma telemática.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Clases expositivas, seminarios, titorías e clases prácticas: A totalidad de la docencia se abordará de forma telemática aplicando a metodoloxía detallada para o Escenario 2 e mantendo tamén os horarios programados. Se cancelará a práctica DF, deixando unicamente dispoñible só a súa sesión titorial.
O mesmo que acontece co resto de materias do Grao en Veterinaria, o sistema de avaliación de Xenética Veterinaria non pretende determinar exclusivamente que nivel de coñecementos dos contidos específicos da disciplina ten o estudante. O método de avaliación deseñouse tamén para coñecer si adquiriu algunhas das competencias que figuran na memoria do Grao en Veterinaria. O método de avaliación tamén foi deseñado para determinar se o alumno adquiriu algunhas das competencias que aparecen na memoria do Grao en Veterinaria e están asociadas a esta materia.
ALUMNADO DE PRIMEIRA MATRICULA
O sistema de avaliación combina avaliación continua (50% da nota) e un exame final ou proba (o 50% restante). A metodoloxía empregada adaptarase ós mesmos escenarios mencionados anteriormente:
Escenario 1: Normalidade adaptada
A avaliación continua de cada alumno farase de xeito presencial e basearase igualmente nos resultados obtidos nos controis parciais, na resolución de problemas e casos prácticos que se deben responder, a súa asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Cando o material que se poida avaliar pode ser presentado por escrito (problemas e casos prácticos resoltos, por exemplo) ningún texto impreso vai puntuar.
O exame final será presencial.
Escenario 2: Distanciamento
Xa que nesta situación só se realizará unha das prácticas de laboratorio (DF), para determinar parte da súa avaliación continua considerarase a súa participación nela. Para o resto da docencia, que será esencialmente telemática, valorarase a participación nas sesións de Teams, a actividade significativa nos foros da aula virtual, así como a resolución e entrega de boletíns de problemas e casos prácticos. Cando o material que se poida avaliar pode ser presentado por escrito (problemas e casos prácticos resoltos, por exemplo) ningún texto impreso vai puntuar.
A última proba será presencial. Chegado o caso de que as disposicións sanitarias non o permitan, o exame farase electronicamente mediante o uso de cuestionarios de Moodle no Campus Virtual ou calquera outro sistema que os profesores responsables da materia consideren apropiado.
Escenario 3: peche das instalacións
Tanto a avaliación continua como a proba final levaranse a cabo de forma electrónica nos termos avanzados do Escenario 2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…
ALUMNADO REPETIDOR
Tamén se combinan a avaliación continua e un exame final para a súa cualificación.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A avaliación continua suporá o 20% da nota final e corresponderá á puntuación desta sección que o alumno obtivo no curso no que se matriculou por primeira vez. O 80% restante corresponderá á nota final da proba. A metodoloxía empregada será a mesma que se aplica aos estudantes de primeira matrícula.
Escenario 2: Distanciamento e Escenario 3: Peche das instalacións
Tanto a avaliación continua (50%) como a proba final (50%) realizaranse nos termos estipulados para os estudantes de primeira matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…
A materia Xenética Veterinaria está programada considerando un total de 150 horas de traballo do estudante (6 créditos ECTS) repartidas en:
- Clases expositivas e interactivas: 49horas (35 horas expositivas + 14 horas seminarios de problemas)
- Prácticas de laboratorio: 8 horas, Prácticas de computador: 2 horas
- Titorías personalizadas: 1 hora
- Considerase que o alumno debe adicar arredor de 55 horas de estudio individual, máis 27 horas á elaboración de traballos e casos prácticos (10 elaboración traballos + 17 resolución de problemas), e 5 horas á revisión bibliográfica. Por último, engádense outras 3 horas para la realización dos exames.
• Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases expositivas ou interactivas.
• As prácticas de laboratorio son un bo momento para refrescar ideas ou conceptos, así como para expor as dúbidas que aínda puideran quedar.
• Facer os boletíns de problemas ao mesmo tempo que vanse desenvolvendo os conceptos.
• Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.
• Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web,…) que enriquecerán a nosa perspectiva xa que abrangan moita mais casuística que a tratada durante o desenvolvemento das aulas.
O Dpto. de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física oferta un grupo de docencia en inglés para esta asignatura impartido polo Dr. Paulino Martínez (paulino.martinez [at] usc.es (paulino[dot]martinez[at]usc[dot]es)). Por limitacións de espazo só dispoñemos de 30 plazas que se asignaron por orden de solicitude.
Para solicitar a inclusión neste grupo haberá que enviar un correo electrónico (paulino.martinez [at] usc.es (paulino[dot]martinez[at]usc[dot]es)) antes do inicio do segundo semestre. Os alumnos admitidos neste grupo que desexen voltar a integrarse no seu grupo inicial, deberán comunicarllo ó profesor Dr. Paulino Martínez antes de rematadas as dúas semanas do comezo das clases, a partir de esa data, a inclusión dos alumnos ós grupos de docencia se fará efectiva.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía de ensinanza
Escenario 2: Distanciamento
- Clases expositivas, seminarios e titorías: Toda a docencia pasará a ser telemática e se utilizarán as ferramientas institucionais proporcionadas pola USC, tanto o Campus Virtual como a plataforma MS Teams. Esta docencia manterá os mesmos horarios que a docencia presencial. Como ferramienta para a comunicación co estudantado (tutorías, novas ou consultas relacionadas coa materia) se empregará a ferramienta foro da USC Virtual. Excepcionalmente se utilizará o correo electrónico institucional.
- Clases prácticas: Das tres prácticas programadas, só se impartirá de forma presencial a de Diagnóstico do Freemartinismo (DF), reducindo ó 50% o número de alumnos de cada grupo e tamén a súa duración. Antes de ir ó laboratorio, os alumnos/as deberán ver a sesión titorial relacionada que estará nal aula virtual. As outras dúas prácticas se realizarán de forma telemática.
Escenario 3: Peche das instalacións
- Clases expositivas, seminarios, titorías e clases prácticas: A totalidad de la docencia se abordará de forma telemática aplicando a metodoloxía detallada para o Escenario 2 e mantendo tamén os horarios programados. Se cancelará a práctica DF, deixando unicamente dispoñible só a súa sesión titorial.
Sistema de avaliación
O sistema de avaliación combina avaliación continua (50% da nota) e un exame final ou proba (o 50% restante). A metodoloxía empregada adaptarase ós mesmos escenarios mencionados anteriormente:
Escenario 2: Distanciamento
Xa que nesta situación só se realizará unha das prácticas de laboratorio (DF), para determinar parte da súa avaliación continua considerarase a súa participación nela. Para o resto da docencia, que será esencialmente telemática, valorarase a participación nas sesións de Teams, a actividade significativa nos foros da aula virtual, así como a resolución e entrega de boletíns de problemas e casos prácticos. Cando o material que se poida avaliar pode ser presentado por escrito (problemas e casos prácticos resoltos, por exemplo) ningún texto impreso vai puntuar.
A última proba será presencial. Chegado o caso de que as disposicións sanitarias non o permitan, o exame farase electronicamente mediante o uso de cuestionarios de Moodle no Campus Virtual ou calquera outro sistema que os profesores responsables da materia consideren apropiado.
Escenario 3: peche das instalacións
Tanto a avaliación continua como a proba final levaranse a cabo de forma electrónica nos termos avanzados do Escenario 2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
M Carmen Bouza Fernandez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- mcarmen.bouza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jaime Castro Alberto
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- jaime.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Eduardo San Miguel Salán
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- eduardo.sanmiguel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paulino Martinez Portela
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- paulino.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alba Pensado López
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- alba.pensado.lopez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Óscar Aramburu González
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- oscar.aramburu.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Álvaro Jesús Arana Díaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- alvaro.arana [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Manuel Vera Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 982822426
- Correo electrónico
- manuel.vera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Rodriguez Villamayor
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- paularodriguez.villamayor [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Sara Veiga Rua
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- saraveiga.rua [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Laila Al Soufi Novo
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- laila.alsoufi.novo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Auditorio |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 4 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Auditorio |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Auditorio |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_06 | Castelán | Aula 4 |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.05.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
28.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.06.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |