Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento das bases biolóxicas nas que se basea a explotación polo home dos diferentes grupos animais, en particular dos invertebrados.
- Estudo de diferentes aspectos de interese protagonizados por animais (pragas, transmisores de enfermidades, velenosos e urticantes).
PROGRAMA TEÓRICO
1. - Explotación de poboacións animais naturais: Marisqueo, pesca e caza.
Marisqueo.- Especies comerciais de Moluscos, Crustáceos e Equinodermos. Sistemas de captura e explotación. Pesca. - Especies comerciais de Condrictios e Osteictios. Sistemas de captura e explotación. Caza. - Especies cinexéticas. Sistemas de caza. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h)
2. - Bases biolóxicas da explotación de Moluscos (Caracol, Mexillón, Ostra, Ameixa).
Helicicultura.- Definición. Historia. Especies que se cultivan. Bioloxía do caracol común. Requirimentos ambientais. Depredadores. Enfermidades. Sistemas de cultivo. O sistema mixto. Mitilicultura.- Definición. Historia. Bioloxía do mexillón. Técnicas de explotación en Galicia. Control sanitario. Depuración. Ostricultura.- Definición. Historia. Especies que se cultivan. Bioloxía das ostras. Sistemas de cultivo e explotación. Cultivo de ameixas.- Especies utilizadas. Bioloxía das ameixas. Sistemas de cultivo e explotación. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1:30 h).
3. - Bases biolóxicas da explotación de Anélidos (Miñoca).
Lumbricultura.- Definición. Ecoloxía das lombrigas de terra: Modos de vida. Importancia ecolóxica. Historia do seu coñecemento. Especies de interese. Características das especies cultivables. Sistemas de compostaxe e vermicompostaxe. Produtos que se obteñen do cultivo. A "miñoca vermella de californiana". (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h).
4. - Bases biolóxicas da explotación de Crustáceos (Cangrexos de río).
Astacicultura: Definición. Bioloxía do cangrexo de río: Modo de vida. Especies presentes na Península Ibérica. Ameazas sobre a especie autóctona: enfermidades. Cultivo: historia. Tipos de cultivo. Cultivos extensivo, semiextensivo e intensivo. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h).
5. - Bases biolóxicas da explotación de Insectos (Abella, Verme de seda).
Apicultura.- Definición. Bioloxía da abella: Castas; Modo de vida. Cultivo: Técnicas de cultivo; Produtos que se obteñen. Enfermidades. Sericicultura.- definición. Bioloxía do verme da seda: Morfoloxía xeral; Ciclo vital; Fases do desenvolvemento. Cultivo: Historia da sericicultura; Fases do cultivo; A seda. (Clase expositiva. Duración aprox.: 2 h).
6. - Bases biolóxicas da explotación de Peixes.
Piscicultura.- Definición; Historia. Especies que se cultivan; vantaxes da produción no medio acuático. Tipos de cultivo de peixes; Ciclo do cultivo e as súas fases. Exemplos de cultivos mariño e doceacuícola. (Duración aprox.: 1:30 h).
7. - Bases biolóxicas da explotación de Anfibios (Ra).
Ranicultura.- Definición. Especies de interese: ra touro, ra temporaria e ra perezi. Cultivo: requisitos; ciclo do cultivo; factores a ter en conta. (Clase expositiva. Duración aprox.: 30 min).
8. - As pragas: especies parasitas de plantas. Control biolóxico.
Praga. - Definición. Animais que poden ser praga: Nematodos; Moluscos gasterópodos; Insectos (Ortópteros; Hemípteros; Lepidópteros; Coleópteros; Dípteros); Vertebrados (Aves e Mamíferos). (Clase expositiva. Duración aprox.: 45 min).
9. - Animais transmisores de enfermidades. Animais velenosos ou urticantes.
Animais transmisores de enfermidades. - Moluscos gasterópodos; Artrópodos. Animais velenosos ou urticantes.- Cnidarios; Anélidos; Moluscos; Artrópodos (escorpións, arañas, insectos); Equinodermos; Vertebrados (peixes, anfibios, réptiles, aves, mamíferos). (Clase expositiva. Duración aprox.: 45 min).
PROGRAMA PRÁCTICO
1. - Observación e estudo de especies de interese económico de invertebrados.
Expoñeranse exemplares de 68 especies de invertebrados (pertencentes a 6 Filos) con interese comercial (a meirande parte son mariscos). Se aportará información sobre as súas características distintivas, bioloxía, talla mínima comercial e artes de marisqueo para a súa captura. (Sesión práctica de 2 h).
2. - Observación e estudo de especies de interese económico de vertebrados.
Expoñeranse exemplares de 65 especies de peixes doceacuícolas, anfibios, réptiles, aves e mamíferos con valor comercial (a meirande parte pódense cazar ou pescar), e algunhas son especies protexidas. Se aportará información sobre as características distintivas, bioloxía e tallas. (Sesión práctica de 2 h).
3.- Identificación con chaves, de especies de peixes mariños con valor comercial.
Se exercitará cunha clave dicotómica para la identificación de exemplares de peixes mariños con interese comercial (Sesión práctica de 2 h).
4.- Identificación con chaves de especies de insectos praga.
Exercitaranse con unha chave dicotómica para la identificación da Orden ao que pertencen varios exemplares de insectos e, posteriormente, se expoñerán os procedementos para identificar a aqueles que poida ser pragas para los cultivos (Sesión práctica de 2 h).
5.- Montaxe no laboratorio dun sistema de cría de miñocas e outro de caracois.
Se prepararán caixas de cultivo de miñocas (Eisenia andrei) e caracois (Cornu aspersum) para observar as fases dos seus ciclos vitais, e para experimentar co ritmo de crecemento dos exemplares. Os datos recollidos servirán para a elaboración dun traballo (1 sesión práctica de 2h + 10 sesións prácticas de 30 min ao longo de 5 semanas, para o mantemento e control do peso dos animais).
BÁSICA
- PADILLA, F. & Cuesta López, A. 2003. Zoología Aplicada. Díaz de Santos, D.L., Madrid, 462 pp.
- PADILLA, F. 2009. Fundamentos de acuicultura. Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba, 189 pp.
COMPLEMENTARIA
- BARNABÉ, G. 1996. Bases biológicas y ecológicas de la acuicultura. Acribia, Zaragoza.
- BUXADÉ, C. 1997. Zootecnia. Bases de la producción animal. Tomo XII. Producciones cinegéticas, apícolas y otras. Mundi-Prensa, Madrid.
- CABELLO, T.; TORRES, M. y BARANCO, P. 1997. Plagas de los cultivos: guía de identificación. Servicio de Publicaciones, Universidad de Almería, Manuales, 1, 163 pp.
- DE LIÑÁN, C. 1998. Entomología agroforestal. Ácaros e insectos que dañan montes, cultivos y jardines. Agrotécnica, Madrid, 1309 pp.
- HARWOOD, R.F. y JAMES, M.T. 1987. Entomología médica y veterinaria. Limusa, México, 615 pp.
- HICKMAN, C.P.; ROBERTS, L.S y LARSON, A. 2009. Principios integrales de Zoología. Mc Graw Hill-Interamericana, Madrid, 917 pp.
- ILLESCAS, J.L. 2008. Pescados y mariscos : guía práctica. Empresa Nacional Mercasa, Madrid, 211 pp.
- RAMONELL, R. 1985. Guía dos mariscos de Galiza. Galaxia, Vigo, 293 pp.
- RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. Galiza. Natureza. Tomos XXXVII, XXXVIII, XXXIX e XL. Hércules Edicións, A Coruña.
- TELLERÍA, J.L. 1991. Zoología evolutiva de los vertebrados. Síntesis, Madrid.
- VALLEDOR DE LOZOYA, A. 1994. Envenenamientos por animales. Animales venenosos y urticantes del mundo. Díaz de Santos, Madrid, 340 pp.
Competencias xerais:
- GVUSC01.- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
- GVUSC02.- Capacidade de análise e de síntese.
- GVUSC03.- Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
- GVUSC04.- Planificación e xestión do traballo.
- GVUSC05.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
- GVUSC06.- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
- GVUSC09.- Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
- GVUSC10.- Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Competencias específicas disciplinares (saber):
-CEDVUSC 11.- Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
Competencias específicas profesionais (saber facer):
- D1VUSC 03.- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- D1VUSC 16.- Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
Competencias específicas académicas (querer facer):
- CEAVUSC 03.- Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
- CEAVUSC 04.- Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
- CEAVUSC 05.- Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
- CEAVUSC 06.- Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
- CEAVUSC 08.- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
- CTVUSC 01.- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02.- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03.- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 04.- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
- CTVUSC 05.- Habilidade no manexo das TICs.
- CTVUSC 06.- Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07.- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1: Normalidade adaptada
As clases maxistrais consistirán na explicación dos contidos da materia, por parte do profesorado, axudándose da plataforma dixital e dos medios audiovisuais. Os seminarios son actividades complementarias para a exposición de aspectos relacionados coas prácticas de laboratorio e do traballo que terá que presentar o alumnado. Para todo iso, tomaranse as medidas hixiénico-sanitarias que se prescriban ( hidroxel e obrigatoriedade de máscara).
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o alumnado adquira habilidades e experiencia práctica. Levaránse a cabo no laboratorio coas medidas hixiénico-sanitarias que se prescriban.
Todas as actividades do alumnado (estudo, traballos, lecturas) estarán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría presenciais, ou a través dos medios da USC-virtual.
Docencia teórica:
- Explicación estilo lección maxistral, apoiada na proxección de presentacións.
- Os contidos teóricos de cada lección, acompañados dunha selección gráfica, poranse a disposición do alumnado na páxina Web da materia.
Docencia práctica:
- Iniciaranse cunha breve introdución por parte do profesor.
- A práctica será realizada polo alumnado seguindo as directrices marcadas por un guión, baixo a supervisión do profesor.
- Os guións de prácticas estarán a disposición do alumnado na Web da materia.
USC-virtual:
- Utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para prover ao alumnado do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, cuestionarios, vídeos, bibliografía, etc.), e para establecer unha comunicación fluída co profesor.
Escenario 1: Normalidade adaptada
A cualificación da materia obterase a partir dos resultados dun exame teórico (60% da nota final) e unha avaliación continua (40% da nota final). Dentro da avaliación continua inclúese o aproveitamento das clases prácticas (10% da nota final), a elaboración e presentación dun traballo sobre os resultados da práctica 5 e seguintes (20% da nota final), e a asistencia, participación e aproveitamento das clases e seminarios (10% da nota final). As prácticas serán obrigatorias e a non asistencia a elas supón o ter que presentarse a un exame práctico ao final do curso.
O exame consistirá en 20 preguntas de resposta curta, cuxa temática serán as leccións teóricas da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames, será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Trátase dunha materia de 3 créditos, polo que o traballo máximo do alumnado non lle debe ocupar mais de 75 horas totais.
Traballo presencial na aula:
- Clases Expositivas: 10 h
- Clases Interactivas: 15 h de prácticas de laboratorio + 1 h práctica de pizarra + 1 h seminario.
- Horas de Titorías: 3 h
Total traballo presencial= 30 horas.
Traballo persoal do alumnado:
- Estudo individual: 30 h (25 h estudo teoría + 5 h revisión bibliográfica).
- Elaboración de traballos: 10 h (8 h traballo + 2 h presentacións orais).
- Realización de exames: 3 h
- Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 2 h
Total horas traballo persoal do estudante= 45 h
Total horas presenciais + non presenciais: 75 h
- Asistencia a clase.
- Traballo diario de fixación de conceptos, polo menos unha vez finalizada a explicación de cada lección.
- Actualización dos conceptos adquiridos na materia Ciencias Fundamentais (Zooloxía), xa cursada.
Plan de continxencia
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento da docencia durante o curso académico 2020-2021, e a fin de minimizar o impacto dun posible rebrote do COVID-19, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
Escenario 2. Distanciamento.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
A docencia práctica distribuirase do seguinte modo: o 50% das prácticas desenvolveranse no laboratorio (cos grupos reducidos á metade dos alumnos) e o outro 50% completarase con actividades telemáticas cuxa temática estará relacionada coas mesmas prácticas.
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación manterá a mesma ponderación de notas descrita para o escenario 1 (Normalidade adaptada).
O exame final será presencial se as normativas sanitarias o permíten. Nese caso, consistirá en 20 preguntas de resposta curta, para as que haberá que coñecer os contidos das leccións teóricas.
Se non é posible o exame presencial, este será telemático. Consistirá nun cuestionario elaborado na plataforma dixital con preguntas tipo test e preguntas tipo ensaio curto, cuxa temática serán as leccións teóricas da materia.
As prácticas e o traballo que se esixirá ao alumnado avaliaranse seguindo as mesmas pautas que no escenario 1 (normalidade adaptada).
Escenario 3. Peche das instalacións.
Docencia:
Neste escenario as clases expositivas e seminarios serán telemáticas, preferentemente síncrona, aínda que se contempla a posibilidade de incluír retransmisións asíncronas.
As prácticas substituiranse por actividades virtuais que incluirán retransmisións asíncronas asociadas á realización de cuestionarios na plataforma da materia (Prácticas 1 e 2), e actividades que manteñan un carácter formativo práctico e poidan realizarse desde o lugar de residencia do alumnado (Prácticas 3, 4 e 5).
As titorías realizaranse por vía telemáticas síncrona (videoconferencia), ou a través do correo, foros ou o chat da plataforma dixital.
Sistema de avaliación:
O sistema de avaliación manterá a mesma ponderación de notas descrita para o escenario 1 (Normalidade adaptada).
O exame final de teoría será telemático. Consistirá nun cuestionario elaborado na plataforma dixital con preguntas tipo test e preguntas ensaio curto, cuxa temática serán as leccións teóricas da materia.
As prácticas avaliaranse a partir de cuestionarios específicos (prácticas 1 e 2), e na exposición por escrito dos resultados a través da plataforma dixital (prácticas 3, 4 e 5).
A natureza do traballo que se esixirá poderá sufrir modificacións en función das limitacións que se teñan para o seu desenvolvemento e elaboración.
Adolfo Manuel Outeiro Rodriguez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- adolfo.outeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 |
30.04.2021 09:15-11:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
23.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |