Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 67.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 28 Clínicos EEES: 15 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos específicos da Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria I son os seguintes:
1) Coñecer o significado e a aplicación da Anatomía Patolóxica en Veterinaria e o método anatomopatolóxico.
2) Saber identificar e describir as lesións que afectan ao aparato circulatorio e aos sistemas linfoide, respiratorio, dixestivo e urinario, empregando unha terminoloxía precisa e axeitada.
3) Comprender a causa das lesións que afectan a eses aparatos e sistemas, a súa patoxenia e a súa relación cos síntomas observados no animal.
4) Coñecer a técnica da necropsia nas diferentes especies, ser capaz de diferenciar lesións antemortem de alteracións postmortem, e tomar as mostras axeitadas tanto para estudos histopatolóxicos coma bacteriolóxicos, parasitolóxicos, virolóxicos, toxicolóxicos e serolóxicos.
5) Ser capaz de relacionar as lesións observadas na necropsia coas enfermidades máis comúns nos animais.
6) Redactar informes de necropsia, nos que debe figurar unha descrición axeitada das lesións de interese observadas e realizar un diagnóstico anatomopatolóxico.
7) Relacionar e aplicar os coñecementos a outras materias, valorando a importancia que ten a materia dentro do Grao en Veterinaria.
8) Coñecer e usar de forma crítica as fontes bibliográficas.
Xunto cos obxectivos específicos da materia, os alumnos deben aprender unha serie de valores e adquirir unha serie de capacidades xerais,
1) Capacidade de aprendizaxe, adaptación, análise, síntese e de planificación do traballo.
2) Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica e á resolución de problemas.
3) Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipos multidisciplinares fomentando o uso das fontes de información actuais.
4) Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes mediante un proceso de formación permanente.
5) Achegamento á realidade profesional, potenciando as visións interdisciplinarias dos problemas aos que haberán de enfrontarse.
6) Ser consciente da adquisición dun compromiso ético e de asunción de responsabilidades.
CAPÍTULO 1: SISTEMA RESPIRATORIO
A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas de clase
Tema 1. Introdución á morfopatoloxía, mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Cavidade nasal e senos nasais. Exploración macroscópica. Alteracións conxénitas. Alteracións circulatorias: conxestión, hiperemia e hemorraxias. Rinite e sinusite: tipos, principais lesións por especie animal. Lesións por presenza de parasitos. Neoplasias.
Tema 2. Farinxe, bolsas guturais, larinxe, traquea. Anomalías do desenvolvemento. Parálise larínxea. Hemorraxias. Edema. Inflamación. Lesións causadas por parasitos. Neoplasias.
Tema 3. Pulmón (I). Particularidades por especie. Lesións dos bronquios: bronquite, bronquiolite e bronquiectasias. Anomalías conxénitas. Alteracións distróficas: pigmentacións e calcificación pulmonar (calcinose).
Tema 4. Pulmón (II). Alteracións do enchido de aire: atelectasias e enfisemas. Alteracións circulatorias: conxestión, hemorraxias, edema pulmonar, embolias e infartos.
Tema 5. Pneumonías: clasificación. Patoxenia, fases, evolución. Broncopneumonía. Pneumonía intersticial. Pneumonía embólica. Pneumonía granulomatosa. Lesións parasitarias.
Tema 6. Consideracións e principais pneumonías das especies domésticas. Neoplasias.
Tema 7. Principais lesións da pleura e cavidade torácica: calcificación pleural, contidos anormais, pleurite. Neoplasias.
CAPÍTULO 2: SISTEMA DIXESTIVO, FÍGADO, PÁNCREAS EXOCRINO, PERITONEO
A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas de clase
Tema 8. Mecanismos de defensa do aparello dixestivo e a súa relación coa lesión. Boca e farinxe. Exame da cavidade oral. Malformacións. Disciclias. Estomatites e xinxivites superficiais e profundas. Hiperplasias e neoplasias.
Tema 9. Glándulas salivares. Cálculos. Ránula. Sialoadenites. Neoplasias. Dentes e alvéolos dentarios. Mal oclusións. Anomalías do desenvolvemento. Pigmentacións. Enfermidade periodontal. Neoplasias. Tonsilas. Inflamacións. Lesións hiperplásicas e tumorais. Esófago. Megaesófago. Parasitoses. Hipertrofia muscular idiopática. Dilatación das glándulas esofáxicas. Obstrucións. Esofaxites. Neoplasias. Boche. Ingluvitis.
Tema 10. Preestómagos dos rumiantes. Exame e alteracións post-mortem. Timpanismo ruminal. Lactoacidose. Paraqueratose. Corpos estraños. Parasitismos. Neoplasias. Estómago e abomaso. Exame e alteracións cadavéricas. Desprazamentos. Dilatacións. Roturas. Corpos estraños. Úlceras. Disciclias. Gastrites inespecíficas e específicas. Neoplasias. Proventrículo das aves. Moega.
Tema 11. Intestino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Fallos do tránsito intestinal: obstrución, oclusión e íleo paralítico. Enfisema intestinal. Enterites inespecíficas: catarral, fibrinosa, hemorráxica e granulomatosa.
Tema 12. Principais enterites das distintas especies. Neoplasias.
Tema 13. Fígado I. Estrutura e función. Portas de entrada e mecanismos de defensa. Modelos de dexeneración e necrose hepatocelular. Clasificación morfolóxica dos danos hepáticos. Resposta hepática ao dano. Fallo hepático. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Pigmentacións. Disciclias.
Tema 14. Fígado II. Alteracións metabólicas. Hepatose dietética. Hepatites víricas, bacterianas e parasitarias. Lesións proliferativas: hiperplasia e neoplasias.
Tema 15. Vesícula e vías biliares. Colelitiases. Colecistites. Páncreas exocrino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Necroses pancreática. Pancreatites. Neoplasias. Peritoneo. Contidos anormais. Peritonites. Neoplasias.
CAPÍTULO 3: SISTEMA CARDIOVASCULAR
A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas de clase
Tema 16. Mecanismos de defensa do sistema cardiovascular, vías de entrada e mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Corazón. Alteracións postmortem. Malformacións. Pericardio. Alteracións do contido. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
Tema 17. Miocardio. Cardiomiopatías. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
Tema 18. Endocardio. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias cardíacas. Lesións parasitarias cardíacas.
Tema 19. Vasos sanguíneos y linfáticos. Aneurismas e rupturas. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias. Lesións parasitarias do sistema vascular.
CAPÍTULO 4: SISTEMA URINARIO
A este capítulo está previsto adicarlle 3 horas de clase
Tema 20. Ril (I). Alteracións cadavéricas. Malformacións. Disciclias: Hiperemia, hemorraxias e infartos. Distrofias: glomerulonefroses y tubulonefroses.
Tema 21. Ril (II). Nefrites: Glomerulonefrites. Nefrite tubulointersticial: clasificación e consecuencias. Nefrites granulomatosas. Ril terminal. Fallo renal e uremia.
Tema 22. Vías urinarias. Hidronefrose. Urolitiase. Inflamacións. Tumores do sistema urinario. Lesións parasitarias.
CAPÍTULO 5: ÓRGANOS LINFOHEMATOPOIÉTICOS
A este capítulo está previsto adicarlle 5 horas de clase
Tema 23. Alteracións da medula ósea. Toma de mostras e indicacións para o seu exame. Trastornos cuantitativos. Leucemias. Alteracións visibles macroscópicamente.
Tema 24. Timo. Lesións asociadas ao desenvolvemento tímico. Resposta inflamatoria. Neoplasias. Principais lesións da bolsa de Fabricio. Bazo. Atrofia e lesións do desenrolo. Esplenomegalia e rotura. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias.
Tema 25. Nódulos linfoides e formacións linfoides asociadas a mucosas. Distrofias. Disciclias. Hiperplasias. Linfadenites. Lesións parasitarias.
Tema 26.Linfomas. Aspecto macroscópico. Citoloxía e Histoloxía. Comportamento biolóxico e histoloxía. Linfomas nas distintas especies de animais domésticos.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Coñecer a técnica de necropsia en diferentes especies
Aprender a distinguir o san do patolóxico e das alteracións post-mortem
Aprender a describir e a elaborar informes anatomopatolóxicos
Realizar unha correcta toma de mostras.
Bibliografía básica
TEXTOS
- JUBB, K.V.F.; KENNEDY, P.C. & PALMER,N. (2016). 3 tomos. Pathology of Domestic Animals. Ed. M Grant Maxie. 5th ed. Ed. Saunders Elsevier.
- MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
- ZACHARY, J.F. (2017). Pathological basis of Veterinary Disease. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
ATLAS
- BUERGELT, C. D.; CLARK, E. G.; DEL PIERO, F. (2017). Bovine Pathology. A text and color atlas. Ed Cabi, Boston, USA.
- MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
- SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.
- BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
- HERENDA, D. C.; & FRANCO, D. A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
- LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
- RANDALL, C.J. (1989). Atlas en color das enfermidades das aves domésticas e de corral. INTERAMERICANA-McGRAW-HILL. Madrid.
- RANDALL, C.J. (1996). 2nd edition. A Colour Atlas of Diseases and Disorders of Domestic Fowl and Turkey. Mosby, London.
- RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
- VAN DIJK. J. E.; GRUYS, E.; & MOUWEN, J. (2007): Color Atlas of Veterinary Pathology: General Morphological Reactions of Organs and Tissues. Saunders.
RECURSOS EN INTERNET
- http://seapv.org/index.asp
- http://w3.vet.cornell.edu/nst/
- http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atl…
- http://www3.unileon.es/personal/wwdmavpp/Casos2002.htm
- http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
- http://people.upei.ca/lopez/
- http://www.uch.ceu.es/anatomia_patologica/
- http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology…
Bibliografía complementaria
- DAHME, E. & WEISS, E. (1989). Anatomía Patológica Especial Veterinaria. Ed. ACRIBIA, S.A. Zaragoza.
- JONES, T.C., HUNT, R.D. KING, N.W. (1997). Veterinary Pathology. 6th Edition. Ed. WILLIAMS & WILKINS. Baltimore. USA.
Recoméndase o emprego dos recursos de internet especificados no apartado de Bibliografía, así coma aquela bibliografía de aceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “A BUSC en liña” ( https://busconline.gal). Tamén, a través do pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) y EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html), xestionados por BUGalicia, poderanse realizar procuras de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC). Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de aceso aberto ou recomendarán a procura a través de PubMed ou Google Schoolar.
Concretamente, tanto o Jubb, Kennedy & Palmer como o Zachary están dispoñibles en liña.
COMPETENCIAS XENÉRICAS
•GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
•GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
•GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
•GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
•GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
•GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
•GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
•GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
COMPETENCIAS DISCIPLINARES:
•CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
•CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
•CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfases nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
COMPETENCIAS PROFESIONALES:
•D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
•D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
•D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante y postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
•D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
COMPETENCIAS ACADÉMICAS:
•CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
•CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
•CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de xeito fluído, oral e escrito, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
•CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
•CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
•CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
•CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
•CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
•CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
•CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
•CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
•CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e escueto.
•CTVUSC 05 Habilidade no manexo de las TICs.
•CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
•CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante la aplicación integrada dos seus coñecementos.
Escenario 1: Normalidade adaptada
100% de presencialidade coas medidas hixiosanitarias que establezan as autoridades sanitarias.
Esta materia, como se pode ver, abrangue os sistemas e aparellos de maior peso na Anatomía Patolóxica Especial. E por elo que as "clases maxistrais" comprenden a maior parte das horas presenciais do/a estudante, con 28 horas na aula. Estas horas repartiranse en 2 ou 3 horas á semana ao longo de todo o semestre. Non obstante, estas clases non serán puramente teóricas, xa que sempre basearanse na proxección de imaxes das lesións.
As clases prácticas abranguerán 3 horas diarias durante 5 días na sala de necropsias. Incrementáronse en media hora os tempos nos horarios, xa que a ocupación dos vestiarios ten que ser limitada para facilitar a distancia de seguridade, polo que consideramos que ese tempo verase incrementado, non así a duración real das prácticas. Aínda que xa de seu as medidas de bioseguridade e os equipos de protección individual son importantes na sala de necropsias, estes incrementarán co uso obrigatorio de máscara, ademais da pantalla facial. A rotación será de 1 día (APEV1 C1), 2 días (APEV1 C2) e 2 días (APEV2 C3). Xunto á realización das necropsias, levaranse a cabo prácticas de pezas comisadas de matadoiros, que facilitará aos alumnos o achegamento ás principais lesións que mostran os animais de renda. Ao finalizaren as clases prácticas, os alumnos deberán entregar un informe anatomopatolóxico da necropsia que realizaron, o que lles axudará a aprender non so a elaborar eses informes, recompilando toda a información obtida da historia clínica e a necropsia, senón tamén a describir o que ven. Ademais, nalgúns casos deberán resolver os casos que se lles formulen, acudindo ás fontes bibliográficas.
Ao comezo do curso impartiráse unha clase de práctica de pizarra, na que se lles explicará pormenorizadamente a técnica de necropsia. Impartiranse así mesmo unha hora de titoría en grupos reducidos ao final do semestre, que servirá de repaso e para solventar as dúbidas que puideran xurdir.
Por último, o Campus Virtual da USC é unha plataforma importante de apoio á docencia, que servirá para propor distintos casos para traballar sobre eles, así como tests e autoavaliacións que facilitarán o estudo da materia.
No caso de que a situación sanitaria da rexión o requira, deberán observarse as modificacións da metodoloxía da ensinanza contempladas no epígrafe “Plan de continxencia”, recollido no apartado de “Observacións” ao final desta guía.
A nota da parte teórica da materia suporá o 80% da nota final. A avaliación dos contidos teóricos terá lugar do seguinte xeito:
Avaliación Continua do alumnado ao longo do curso, que recollerá o traballo persoal do estudante mediante diferentes probas (exercicios escritos –programados ou non-, participación activa en clase, traballos propostos a través da USC virtual de revisión de artigos científicos sinxelos, casos clínicos, etc). Esta avaliación continua suporá o 30% da nota teórica total.
Exame Teórico: As probas finais serán presenciais. Os exames teóricos consistirán na resposta a preguntas que sobre o temario e desenvolvemento das clases se realicen mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os axeitados soportes gráficos. Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico. O exame teórico suporá o 70% da nota teórica total.
A avaliación dos contidos prácticos terá lugar de xeito continuado empregando unha rúbrica, tendo en conta factores como a atención, a dedicación, a participación, a aptitude e a aprendizaxe do estudante, así como a elaboración dos informes de necropsia. A avaliación das prácticas suporá o 20% da nota final da materia. Para superar a materia é imprescindible realizar as prácticas e ser avaliado positivamente. Esta nota de prácticas será conservada durante un curso académico, en caso de non superar a materia, sempre en cando se acade a lo menos un 6 na calificación das prácticas.
Lamentablemente, no momento actual a fraude á hora de realizar os exames e as diferentes probas están á orde do día, sen que os alumnos que o levan a cabo teñan sentimento de culpabilidade nin de estar a realizar algo ilícito. É intención do profesorado da materia perseguir activamente esas actitudes para conseguir maior xustiza nas cualificacións. En caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das diferentes probas (presenciais e telemáticas), será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases maxistrais: 28 horas
Prácticas clínicas: 15 horas
Prácticas de encerado: 1 hora
Titorías en grupos reducidos: 1 hora
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:
Estudio individual: 40 horas
Elaboración de traballos: 5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 6 horas
Elaboración memorias de prácticas: 5 horas
Realización de exames: 2 horas
Outras tarefas propostas polo profesor: 7,5 horas
Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS):45
Total horas de traballo persoal do estudante (15x Nº ECTS): 67,5
TOTAL HORAS DO ESTUDANTE: 112,5
É moi conveniente ter cursado previamente Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria para coñecer previamente a estrutura e a función normal dos tecidos e órganos, como paso previo para entender as lesións e as súas consecuencias funcionais no animal doente; e especialmente a Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria, que aportará as bases dos mecanismos que interveñen no desenvolvemento dos distintos tipos de lesións, as causas que as producen e as consecuencias das mesmas. Moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, polo que se recomenda un nivel aceptable neste idioma.
Ademáis, podemos facer unha serie de recomendacions que servirán para superar a materia:
- Asistencia ás clases teóricas.
- Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntes, Cds de imaxes, imaxes da páxina Web da asignatura. Son de especial utilidade as probas que se realizan na aula virtual, que sen contar para a nota do estudante, facilítanlle de forma importante o estudo da materia.
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web
- Uso regular das horas de titorías.
- Estudo constante ao longo de todo o curso, facilitado pola realización de probas de avaliación continua.
A espera da aprobación (por parte da Secretaría Xeral) dun criterio único de dispensa para todo o Grao en Veterinaria,a asistencia ás ses ions interactivas e seminarios é obrigatoria e a sua avaliación será continuada e non recuperable, polo que non procede a dispensa de asistencia ás mesmas.
Plan de continxencia
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 2: Distanciamento
Clases expositivas (teóricas), Seminarios e Titorías: Se as disposicións das autoridades sanitarias impediran a impartición das clases presenciais, éstas impartiranse de forma telemática, mantendo os horarios que foron aprobados, a través da plataforma que habilite a USC.
Clases prácticas: Dado que as dimensións da sala de necropsias permiten o distanciamento entre as persoas e que un dos principais obxectivos das prácticas é a aprendizaxe da técnica de necropsia, sempre que sexa posible manteranse tal e como están deseñadas. Se fose imprescindible reducir o número de alumnos por grupo, implementaríanse rotacións co 50% dos alumnos de cada grupo.
Escenario 3: Peche das instalacións
Clases expositivas (teóricas), Seminarios e Titorías: Impartiranse de forma telemática, mantendo os horarios que foron aprobados, a través da plataforma que habilite a USC.
Clases prácticas: Pasarían a impartirse de forma telemática, mantendo os horarios aprobados para o curso académico.
Sistema de avaliación
Escenario 2: Distanciamento
As probas finais serán obligatorias e complementarias da avaliación continua, coa mesma ponderación descrita no escernario de normalidade adaptada. Serán telemáticas se chegado o momento así o esixisen as normativas sanitarias, realizando a través da aula virtual e/ou de Microsoft Teams ou outras plataformas telemáticas de comunicación determinadas pola USC as probas establecidas na descrición xeral do sistema de avaliación. Esas probas levaránse a cabo simultáneamente por todos os alumnos. Todas as probas de avaliación continua se levarán a cabo na aula virtual. A avaliación dos contidos prácticos non variará con respecto ao descrito anteriormente.
Escenario 3: Peche das instalacións
A avaliación de todos os contidos será telemática e realizarase do mesmo xeito descrito anteriormente para o escenario 2. As probas teóricas serán simultáneas para todo o alumnado.
María Isabel Quiroga Berdeal
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- misabel.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sonia Vázquez Rodríguez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- sonia.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Monica Lopez Peña
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822329
- Correo electrónico
- monica.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bravo Moral
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- ana.bravo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Manuela De Azevedo Gomes
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- anamanuelade.azevedo [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Ana Paula Losada García
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Teléfono
- 982822343
- Correo electrónico
- anapaula.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
12:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Castelán, Galego | Sala de Necropsias |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
12:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLI_EEES05 | Galego, Castelán | Sala de Necropsias |
12:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES06 | Castelán, Galego | Sala de Necropsias |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
21.12.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
21.12.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
21.12.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.07.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |