Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Clínicos EEES: 6 Total: 81
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición de coñecementos básicos, centrados na anatomía comparada, de peixes, anfibios, réptiles e aves, orientados á súa aplicación clínica e/ou de produción.
Completar a formación anatómica do estudante de veterinaria interesado nas especies que se indican
Desenvolvidos segundo o horario de clases aprobado para o curso académico.
PROGRAMA TEÓRICO: 22,5 sesións expositivas de 50 minutos
Capítulo I: Peixes (6 horas).
Tema-1. Introdución e xeneralidades. Clases de peixes.
Tema-2. Principais diferenzas entre peixes de auga doce e salgada.
Tema-3. Morfoloxía externa e interna.
Tema-4. Outros aspectos relacionados. Probas de diagnóstico rápido en ictiopatoloxía.
Capítulo II: Anfibios e Réptiles (7,5 horas).
Tema-5. Introdución e xeneralidades da Clase Amphibia. Ciclo vital.
Tema-6. Anfibios. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común. Sistema nervioso e órganos dos sentidos.
Tema-7. Introdución e xeneralidades da Clase Reptilia. Ciclo vital.
Tema-8. Tartarugas. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común (coiraza).
Tema-9. Lagartos. Aparello locomotor. Esplacnoloxía.
Tema-10. Serpes. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común e muda. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Mecanismos de defensa (produción de veleno).
Tema-11. Crocodilos. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común.
Capítulo III: AVES (9 horas).
Tema-12. Introdución e xeneralidades. Orixe e evolución das aves. Clasificación.
Tema-13. Integumento común. O pico. Plumas e plumaxes.
Tema-14. Aparello locomotor I. Osteoloxía e mioloxía.
Tema-15. Aparello locomotor II. As alas e o voo. Patas: estrutura e modificacións.
Tema-16. Aparello dixestivo e alimentación.
Tema-17. Sistema respiratorio e control da calor.
Tema-18. Aparellos urinario e xenital. Reprodución.
Tema-19. Sistema circulatorio.
Tema-20. Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
PROGRAMA PRÁCTICO: Prácticas de disección/laboratorio
P-a. PEIXES (4 horas). Observación e recoñecemento da anatomía externa. Disección de especies salmoniformes e observación e recoñecemento da anatomía interna. Toma de mostras e probas de diagnóstico rápido empregadas habitualmente en ictiopatoloxía. Observación ao microscopio de mostras de sangue, pel, branquia, ril anterior, bazo, timo e tractos dixestivo e xenital.
P-b. ANFIBIOS e RÉPTILES (4 horas). Identificación de espécimes de anfibios (anuros e urodelos) e réptiles (lagartos, serpes, tartarugas e crocodilo). Recoñecemento e topografía de órganos. Disección de espécimes dispoñibles. Proxección de vídeos e observación de diverso material de interese, relativo ás especies de estudo.
P-c. AVES (3 horas). Observación e recoñecemento de espécimes de aves silvestres. Estudo comparado do esqueleto e as súas adaptacións.
P-d. AVES (3 horas). Disección de aves e observación do aparello locomotor destinado ao voo, os sistemas viscerais e a cavidade corporal e os sacos aéreos. Determinación do sexo de cada exemplar.
Para estas especies animais pouco comúns, non recomendamos un texto básico. Serán os contidos da aula virtual os que sirvan de referencia fundamental. Para calquera outra consulta, os textos recomendados proporcionan –entre outros- a información complementaria.
PEIXES
• Brown L. 2000. Acuicultura para veterinarios. Ed. Acribia. Zaragoza.
• Roberts H.E. 2009. Fundamentals of ornamental fish health. Ed. Wiley-Blackwell. USA.
• Genten F., Terwinghe E., Danguy A. 2009. Atlas of fish histology. Ed. Science Publishers
• Ferguson H.W. 2006. Systemic Pathology of Fish. 2nd ed. Ed. Scotian Press.
• Noga E. J. 2003. Fish Disease. Diagnosis and Treatment. Ed. Wiley-Blackwell
ANFIBIOS E RÉPTILES
• Ackerman L. 1997. The Biology, Husbandry and Health Care of Reptiles. Vol I - The Biology of Reptiles. Ed. T.F.H. Publications, Inc. USA
• Bauchot R (editor). 1994. Snakes: A Natural History. Ed. Sterling Publishing Co., Inc. USA. Reimpresión 1997.
• Burnie D. (editor). 2002. Animal: la Definitiva e Impactante Guía Visual de la Vida Salvaje en Nuestro Planeta. Ed. Pearson Educación. Madrid.
• Halliday T.R., Alder K. (editores) 1991. Anfibios y Reptiles. Colección Animales del Mundo. Ediciones Folio. Navarra.
• Hofrichter R. 2000. The Enciclopedia of Amphibians. Ed. Key Porter Books Limited, Canada.
• Levy C. 2003. Crocodiles and Alligators. Colección Endangered Species. Ed. Eagle Editions Ltd. U.K.
• Martín Orti R., Marín García P., González Soriano J. 2004. Atlas de Anatomía de Animales Exóticos. Ed. Masson S.A.
AVES
• Farner D.S. & King J.R., editors. 1971-1975 Avian Biology. Vols. I-V. Ed. Academic Press (New York - London).
• Ghetie V., Chitescu S.T., Cotofan V. & Hillebrand A. 1981. Atlas de anatomía de las aves domésticas, Ed. Acribia.
• King A.S. & McLelland J. 1979-1985. Form and Function in Birds. Vols 1-4. Ed. Academic Press (London).
• König H.E. & Liebich H.G. 2001. Anatomie und Propädeutik des Geflügels. Ed. Schattauer.
• König H.E., Korbel, R. & Liebich H.G. 2016. Avian Anatomy. Textbook and colour atlas. 2nd ed. Ed.5M publishing, (UK)
• Lovette I.J. & Fitzpatrick J.W. editors. 2016. Handbook of bird biology 3rd ed. Ed. John Wiley & sons, (U.K).
• Nickel R., Schummer A. & Seiferle E. 1977. Anatomy of the domestic birds, Verlag Paul Parey.
• Scanes C.G. editor. 2014. Sturkie´s Avian Physiology. 6th ed. Ed. Academic Press (New York - London)
De forma xeral recoméndase a utilización daquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC: "A BUSC EN LIÑA" https://busconline.gal.
Ademais, é posible realizar procuras de revistas científicas e libros electrónicos xestionados por BUGalicia, utilizando as credenciais da USC, a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/utilidades/ezproxy.html).
Para temas concretos, os profesores poderán facilitar artigos de acceso aberto e/ou recomendar a procura a través de PubMed ou Google Schoolar entre outros.
Os alumnos adquirirán coñecementos básicos sobre a constitución e o manexo das especies estudadas.
Competencias Xenéricas do Grao en Veterinaria:
Adquirir:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares:
CEDVUSC02. (Adquirir o coñecemento sobre a) estrutura e función dos animais sans.
Competencias Específicas académicas
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada):
1. Sesións expositivas con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade). De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
A disciplina emprega 22,5 sesións expositivas de 50 minutos de duración; a asistencia ás mesmas é moi aconsellable para asimilar ben os contidos e conseguer o máximo aproveitamento das prácticas.
O reparto destas sesións é como segue:
• 6 dedicadas aos peces
• 7,5 dedicadas aos réptiles e anfibios
• 9 dedicadas ás aves
2. Sesións Interactivas: 100% de presencialidade con aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas polas autoridades (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia mínima de seguridade).
Realízanse rotacións curtas: 4 sesións de traballo práctico baixo a supervisión do profesorado, cada unha de 4 ou 3 horas de duración. Teñen lugar na sala de disección do pavillón 3, segundo o horario que establece o calendario académico.
Para a súa realización, o alumno necesitará a información que proporcionará o profesorado para cada bloque de prácticas, xunto coas notas tomadas nas clases expositivas e os contidos descargados da aula virtual. Os atlas (impresos ou en formato electrónico) son moi aconsellables para axudar a clarexar dúbidas concretas de xeito que o estudante se inicie no emprego de bibliografía especializada.
De acordo coas normas de bioseguridade que se poden consultar na aula virtual, ademais das medidas de hixiene establecidas polas autoridades, é obrigatorio o uso de mascarilla, bata branca de laboratorio, luvas desbotables e botas de goma para acceder á sala de prácticas; para desenvolver o traballo é necesario traer material básico de disección: bisturí, pinzas e tesoiras. É opcional pero recomendable usar lentes de seguridade. Á entrada da sala figuran tamén as regras básicas de bioseguridade que os alumnos deben adoptar no recinto; calquera dúbida a este respecto será resolta polo profesorado.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. A non asistencia –agás causa de forza maior debidamente xustificada– supón non realizar o exame final da parte (ou partes) da asignatura relacionadas coa dita ausencia.
No caso das actividades que se podan realizar de forma non presencial, a actividade “en remoto” será mediante as plataformas definidas a nivel institucional e de maneira síncrona respectando os horarios vixentes, agásque se especifique outra cousa.
A información relativa a súa definición, seguimento e avaliación indicaranse nas normas da materia publicadas na aula virtual ao comezo do curso.
3. Titorías
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2020-21.
Existen dous tipos de titoría no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida polo calendario académico, e será empregada para valorar o resultado da tarefa encargada durante as prácticas.
A segunda é o modelo tradicional, moi recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades podan xurdir durante o semestre. É necesario fixar una data co profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO DO ESCENARIO 1 DESCRITO, VER AS MOFIFICACIÓNS QUE SE ESPECIFICAN NO PLAN DE CONTINXENCIAS DO APARTADO FINAL DE OBSERVACIÓNS
Escenario 1 (normalidade adaptada)
A materia consta dunha proba final presencial realizada nas datas determinadas polo calendario de exames aprobado para cada curso académico, cuxa nota supón o 70% da cualificación global, que é complementaria da avaliación continua baseada no traballo práctico que representa o 30% restante.
Esta proba final consta dunha combinación de preguntas curtas, preguntas de tipo test con resposta única ou múltiple, frases para identificar como verdadeiras ou falsas, figuras para completar, listados de termos para relacionar segundo un determinado criterio, etc. Se nalgún destes modelos houbera respostas que descontan, faríase saber ao comezo do exame.
Neste exame, o total da materia divídese nos tres bloques dos que consta, cuxo peso na nota final varía en función da porcentaxe de horas dedicadas: 27,5 % peixes, 31,5% réptiles-anfibios e 41% aves.
É necesario obter un mínimo de cinco (5) puntos sobre dez para aprobar cada bloque e a materia en conxunto; no entanto, para que as tres notas se podan sumar de caraá nota media resultante desta proba, requirirase un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada bloque.
A materia apróbase completa, é dicir: a cualificación final debe superar a nota de 5 sobre 10. Se non se supera na primeira oportunidade de exame, a nota obtida nos bloques aprobados (5 ou máis puntos sobre 10 ) gardaríase para a segunda oportunidade
Na avaliación continua baseada no traballo das prácticas, terase en conta a implicación e actitude de cada alumno, a destreza adquirida co traballo manual e os coñecementos que se demostran durante as sesións. Ademais, cada ano pedirase unha tarefa relacionada co traballo práctico desenvolvido que debeerá completarse tras cada práctica e entregar antes do exame final, cuxas datas concretas e contido serán definidos mediante a aula virtual.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Ao tratarse dunha materia optativa, non procede a dispensa ás clases.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA... 37,5 Horas
---------------------------------------------
- Sesions expositivas .................. 22,5
- Sesions interactivas ................. 14
- Titorías ................................... 1
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE..... 37,5 Horas
---------------------------------------------------
- Estudo individual .......................... 31,5
- Outras actividades……………………......... 2
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc... 2
- Realización de exames ..................... 2
TOTAL HORAS DE TRABALLO DO ESTUDANTE : 75
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia.
Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
PLAN DE CONTINXENCIAS NO CASO DE CAUSA SOBREVIDA QUE PROVOQUE O CAMBIO AOS ESCENARIOS 2 OU 3
Escenario 2 (distanciamiento)
Metodoloxía da ensinanza:
• Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e se manteñan as mismas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. O seguimento destas actividades realizarase mediante listaxes de participación e, de ser o caso, a programación de entrega das tarefas propostas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función da recomendación das autoridades no momento (hidroxel, obligatoriedade de máscara facial, distancia de seguridade ou outras).
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías prioritariamente telemáticas.
No caso das actividades que se podan realizar de forma non presencial, o volume de información e tempo dedicado ten que ser
proporcionado á carga en créditos da materia. Serán realizadas mediante as plataformas definidas a nivel institucional e de maneira síncrona respectando os horarios vixentes, agás que se especifique outra cousa.
A información relativa a súa definición, seguimento e avaliación serán precisadas nas normas da materia publicadas na aula virtual.
Sistema de avaliación:
• Asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas, tanto do traballo presencial como do realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante a combinación de probas presenciais e telemáticas. A ponderación dunhas probas e outras será especificada cando o cambio de escenario e as súas condicións sexan unha realidade.
• O exame final da materia realizarase preferentemente de forma presencial.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza:
• Todas as actividades docentes –incluídas as titorías- realizaranse de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e de forma síncrona respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
• Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas. O seguimento destas actividades realizarase mediante listaxes de participación e, de ser o caso, a programación de entrega das tarefas propostas.
Sistema de avaliación:
• O exame final da materia realizarase exclusivamente de forma telemática síncrona.
• A avaliación continua da actividade práctica realizarase mediante probas telemáticas síncronas e /ou asíncronas.
O resto de condicións non cambia co respecto ao descrito no Escenario 1.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Patricia Fernandez Troconiz Revuelta
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- patricia.troconiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Matilde Lombardero Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Correo electrónico
- matilde.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roberto Bermudez Pose
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Teléfono
- 982822341
- Correo electrónico
- roberto.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Laboratorio de Anatomía Patolóxica |
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | Sala de Disección |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
28.03.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
28.03.2022 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 3 |
05.07.2022 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |