Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Clínicos EEES: 6 Total: 118.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Produción Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Mellora Xenética é a aplicación da ciencia xenética aos rendementos dos animais domésticos. O estudante de Veterinaria debe adquirir coñecementos sobre:
- A natureza xenética dos caracteres de importancia económica, ademais da definición dun obxectivo de selección que tenderá a maximizar a rendibilidade económica mediante a contribución ao incremento da eficiencia produtiva. Un dos primeiros pasos dentro da organización dun programa de mellora xenética debe ser a toma de datos necesarios para alcanzar os obxectivos programados e coñecer os parámetros xenéticos de interese da poboación que se deben mellorar.
- A predición do valor xenético dun individuo a partir dos seus datos ou dos seus parentes. A finalidade da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán aos seus descendentes.
- A definición do esquema de selección que pretenderá a difusión dos mellores animais en toda a poboación mediante o uso de novas tecnoloxías reprodutivas.
- A base xenética da resistencia en hospedes e nos parasitos e patóxenos e utilización desa variación para seleccionar artificialmente animais para unha menor propensión a calquera enfermidade.
- A conservación de recursos xenéticos animais coñecendo as motivacións xenético-produtivas, científicas e culturais que a xustifican.
PROGRAMA TEÓRICO:
TEMA 1.- INTRODUCIÓN. 1h.
TEMA 2.- ESTIMACIÓN DE PARÁMETROS XENÉTICOS. 1h.
TEMA 3.- FARMACOXENÉTICA. 1h.
TEMA 4.- RESISTENCIA A ENFERMIDADES. 1h.
TEMA 5.- CONTROL XENÉTICO E AMBIENTAL DAS ENFERMIDADES HEREDITARIAS. 1h.
TEMA 6.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE LEITE. 2h.
TEMA 7.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE CARNE. 2h.
TEMA 8.- MARCADORES XENÉTICOS MOLECULARES. 1h.
TEMA 9.- BIOTECNOLOXÍA E MELLORA XENÉTICA ANIMAL: SELECCIÓN XENÓMICA. 1h.
TEMA 10.- A CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS 1h.
TEMA 11.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO OVINO E CAPRINO. 2h.
TEMA 12.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO PORCINO. 1,5h.
TEMA 13.- MELLORA XENÉTICA DE AVES. 1,5h.
TEMA 14.- MELLORA XENÉTICA DE COELLOS. 1h.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
PRÁCTICA 1: G_a
Cálculo de coeficientes de consanguinidade e de matrices de parentesco. Supostos prácticos sobre o control da consanguinidade. Introdución ao BLUP e a súa utilización para predicir valores xenéticos. 4h.
PRÁCTICA 2: G_b
Aplicación práctica dos distintos modelos de predición dos valores xenéticos. Modelo animal simple e de repetibilidade, Modelo animal de ambiente común e efecto materno. 4h.
PRÁCTICA 3: G_c
Programas de acoplamento. Utilización de ferramentas informáticas en mellora xenética. 4h.
PRÁCTICA 4: G_d
Interpretación de cartas xenealóxicas e catálogos de sementais.
Búsqueda e interpretación de información sobre valores xenéticos e índices de selección multicarácter. 4h.
PRÁCTICA 5: C_a
Cualificación morfolóxica, toma de datos para as avaliacións xenéticas, práctica a desenvolver na Granxa Campus Terra. 4h.
PRÁCTICA 6: C_b
Probas de testaxe de sementais bovinos de aptitude láctea e cárnica. Visita ao Centro de Testaxe e Laboratorio de Xenética molecular. 4h.
Básica
CABALLERO-RÚA, A.2017. “Genética cuantitativa”. Ed.Síntesis SA.
CHAPMAN AB. 1985. General and quantitative genetics, Amsterdam: Elsevier Science, 1985
DALTON, C. 1980. "Introducción a la Genética Animal Práctica". Ed. Acribia.
FALCONER, D.S. y T.F.C. MACKAY. 2001. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
FONTDEVILA, A.; MOYA, A. 1999. “Introducción a la Genética de poblaciones”. Síntesis.
LASLEY, J.F. 1991. "Genética del Mejoramiento del Ganado". Ed. Limusa.
LEGATES, J.E. y E.J. WARWICK. 1992. "Cría y Mejora del Ganado". Ed. Interamericana.
LOPOLD R. 2009. “Animal genetics (Animal Science, Issues and Professions)”. Nova Science Pub.
MINVIELLE, F. 1990. "Principes d'Amélioration Génétique des Animaux Domestiques". INRA, París.
NICHOLAS, F.W. 1998. “Introducción a la Genética Veterinaria”. Ed. Acribia.
VAN VLECK L, POLLAK EJ, OLTENACU EA. 1987. Genetics for the animal sciences, USA: Feeman.
Complementaria
BASELGA, M. y A. BLASCO. 1989. "Mejora Genética del Conejo de Producción de Carne". Ed. Mundi-Prensa.
FRIES, R. y A. RUBINSKY. 1999. “The genetics of cattle”. CABI Publising.
GALL, C. 1981. "Goat Production". Academic Press.
GJIEDREM, T. 2005. “Selection and Breeding Programs in Aquaculture”. Springer.
Khatib. H. 2014. “Molecular and Quantitative Animal Genetics”. Wiley-Blackwell
LOPEZ-FANJUL, C. y M.A. TORO. 1990. "Mejora Genética de Peces y Moluscos". Ed. Mundi-Prensa.
NUSSBAUM RL, MCINNES RR, WILLARD HF. 2008. Genética en medicina, Barcelona: Elsevier Masson.
OROZCO, F. 1991. "Mejora Genética Avícola". Ed. Mundi-Prensa.
OWEN, J.B. y R.E.F. AXFORD. 1991. “Breeding for disease resistance in farm animals”. CAB International.
OWLING AT. 1996. Horse genetics, Wallingford: CAB International.
PIPER, L. y A. RUBINSKY. 1997. "The genetics of Sheep". CAB International.
RICO, M. 1999. "Los modelos lineales en la mejora genética animal”. Ed. Marcos Rico Gutiérrez.
ROBINSON R. 1984. Genética para criadores de perros, Barcelona: Bellaterra, 1984
ROTHSCHILD, M.F. y A. RUBINSKY. 1998. "The genetics of pig". CAB International
YOUNG LD. 1990. Genetics of swine, Nebraska: Technical Committee of the North Central Regional Research Project NC-103.
Recursos Web:
- European Federation of Animal Science. http://www.eaap.org/
- FAO. http://www.fao.org/
- ICAR (International Committee for Animal Recording) www.icar.org
- Xenética de Poboacións. http://158.109.215.191/base/base.asp?sitio=geneticapoblaciones&anar=ini…
- Goatmap database. http://locus.jouy.inra.fr/cgi-bin/lgbc/mapping/common/intro2.pl?BASE=go…
- Manexo de caprinos. http://www.capritec.com.br/
- Quantitative Genetic Resources. http://nitro.biosci.arizona.edu/zbook/book.html
- Software Tools for Animal Gene Mapping. http://animalgene.umn.edu/
- National Center of Biotechnology Information. www.ncbi.nlm.nih.gov/
- CONAFE. Confederación nacional de frisona española.
http://sinbad.conafe.com/IndicesGen/Docs/evaluaciones_Metodologia_y_req…
http://sinbad.conafe.com/IndicesGen/Docs/evaluaciones_Metodologia_Genom…
- OMIA: Online Mendelian Inheritance in Animals. https://omia.org/home/
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible en la Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Tamén, a través de pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) y EZproxy (https://ezbusc), xestionados por BUGalicia
XENÉRICAS (GVUSC):
GVUSC01. - Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. - Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. - Coñocementos xerales sobre a área de traballo.
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
DISCIPLINARES (CEDVUSC):
CEDVUSC01. - Coñocementoto xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
CEDVUSC03. - Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluindo aquelas con influencia directa sobre a saude animal e humana.
CEDVUSC 11. Coñecimiento das bases do funcionamiento e optimización dos sistemas de producción animal e vexetal y as suas repercusions sobre o medio ambiente.
PROFESIONAIS (D1VUSC):
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade.
D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
ACADÉMICAS (CEAVUSC):
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades diante da profesión veterinaria e da sociedade.
CEAVUSC03 Divulgar a información obtendo durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS (CTVUSC):
CTVUSC01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
No caso de causa sobrevida que provoque o cambio do escenario 1 descrito, ver as mofificacións que se especifican no plan de continxencias do apartado final de observacións
Escenario 1 (normalidade adaptada):
1. Sesións expositivas (18 clases expositivas de 50 minutos de duración) con apoio das TIC e con emprego sistemático do Campus Virtual como soporte da docencia. A presencialidade requirirá da aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas pola autoridade competente. De forma excepcional, a docencia presencial poderá combinarse coa docencia virtual ata un 10% das horas totais da materia.
2. Sesións Interactivas: 100% de presencialidade con aplicación das medidas hixiosanitarias determinadas pola autoridade competente. Visitas activas (10 horas) e prácticas de ordenador (16 horas).
Ademais das medidas de hixiene establecidas polas autoridades, son obrigatorias as normas da materia para as súas prácticas.
3. Titorías: As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2021-22.
A aprendizaxe da materia divídese en cinco compoñentes:
- Teoría: clases expositivas e participativas de explicación dos principais conceptos da materia.
- Supostos prácticos: clases participativas coa finalidade de interpretar informes.
- Visitas activas a desenvolver na Granja Campus Terra e no Centro de Testaxe, cunha explicación práctica das actividades que alí se desenvolven e realización de prácticas sobre os contidos impartidos.
- Prácticas na aula de informática: clases prácticas co uso do ordenador para ter acceso ás fontes de información e utilización de ferramentas informáticas.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías formularanse cuestións relacionadas cos contidos de teoría e cos supostos prácticos.
Os contidos teóricos fundamentais desenvolveranse en clases expositivas, complementando a docencia con sesións interactivas, donde se ampliarán de forma práctica as materias descritas no apartado de Contidos da presente Guía.
É importante que o alumnado elabore o seu propio propio caderno de apuntes sobre a materia, con toda a información dispoñible (material didáctico que se facilitará de cada tema, apuntes recollidos nas clases e ampliados coa información complementaria, así como información obtida das clases prácticas).
As sesións interactivas de prácticas estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados nas clases expositivas, así como o traballo e a discusión no grupo. As prácticas iniciaranse fixando os obxectivos da práctica, dando as directrices para o seu seguimento.
Na visita activa á granxa docente Campus Terra, a práctica consistirá na avaliación morfolóxica de animais, co fin de obter datos para a estimación dos valores xenéticos. Na visita activa ao Centro de testaxe/Laboratorio de Xenética molecular realizarase unha explicación das actividades ali desenvolvidas, cun seguimento dos procedementos de produción e distribución de material xenético e análise xenómico.
A titoría, ben presenciais ou telemáticas, é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza, tanto para a resolución das dúbidas que o alumno ten sobre a materia, como para a orientación sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
O material didáctico utilizado ponse a disposición do alumno a través do Campus Virtual da USC.
A efectos de potenciar a avaliación contínua estableceranse unha serie de test de autoavaliación ao longo do curso, en función dos bloques temáticos impartidos, a criterio do profesor que imparte a materia. De igual modo, o aproveitamento de cada sesión práctica comprobarase coa realización dunha proba de avaliación (proba tipo test, con respostas múltiples ou verdadeiro/falso, ou resolución de problemas prácticos ou unha combinación de ambos). En todos os casos, a avaliación contínua realizarase dentro do horario da actividade docente, con entrega dos traballos ou probas realizadas ao remate da sesión.
No caso de prácticas onde o alumno teña que realizar un traballo autónomo, avaliarase o produto individual da devandita actividade, podendo incluír na avaliación a exposición de resultados. No caso de probas ou supostos prácticos a desenvolver en grupo, a nota do traballo presentado será a mesma para todos os compoñentes do grupo.
O conxunto de probas de avaliación contínua terán un peso do 30% da nota final.
Ao remate das sesións teórica e prácticas, realizarase un exame final.
Para asistir ao mesmo é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas. En casos excepcionais, e a criterio do profesorado da materia, poderase convalidar esta premisa, axustando o traballo a desenvolver en función de cada caso.
A materia impartida, tanto en clases teóricas como en prácticas, é susceptible de entrar no exame final.
O exame final constará dunha proba mixta con preguntas de respostas múltiples ou preguntas curtas de desenvolvemento. Terá un peso do 70% da nota final. Este exame aprobarase superando o 50% do valor do exame. Nese caso, sumarase a nota da avaliación contínua. Se non se aproba o exame final, a nota que se aplicará será a obtida neste exame, relativizada a dez e non se fará sumatorio coas outras cualificacións.
A cualificación da avaliación contínua conservaranse para a 2ª oportunidade pero non para convocatorias posteriores.
As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan dispensa de asistencia segundo a instrucción 1/2017 da Secretaría xeral, poderán ser substituidas por traballos encomendados aos alumnos, que terán unha ponderación similar á da práctica que substitúen.
Traballo presencial no Aula:
- Clases maxistrais: 18h
- Visitas Activas: 10h
- Prácticas de ordenador: 16
- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 1h
- Total de horas de traballo presencial: 45h
Traballo persoal d@ estudante
- Estudo individual: 47h
- Resolución de casos/problemas 11h
- Presentacións orais: 6h
- Realización de exames: 3,5h
- Total de horas de traballo persoal d@ estudante: 67,5h
Total Traballo d@ Estudante: 112,5horas
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar as titorías para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Facer uso das novas tecnoloxías dispoñibles: USC Virtual ou correo electrónico que axudan a mellorar a docencia.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada contido de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso do resto das ferramentas de consulta (webs, revistas) para ampliar coñecementos nos temas tratados durante o curso.
- Participar activamente no desenvolvemento das actividades docentes, plantexando dúbidas e facendo comentarios construtivos sobre as materias impartidas.
-Revisar os contidos teóricos impartidos antes da realización das prácticas correspondentes, a fin de a docencia práctica sexa máis eficiente.
Plan de continxencias no caso de causa sobrevida que provoque o cambio aos escenarios 2 ou 3
Tanto os test de autoavaliación, como a proba de avaliación das prácticas como o exame final, poderán ser presenciais como telemáticos, tanto no escenario 1 de normalidade adaptada como nos otros dous escenarios.
Escenario 2 (distanciamento)
Metodoloxía da ensinanza
Clases maxistrais impartidas telemáticamente mediante Ms Teams ou calquera outra plataforma aprobada para tal fin. Estas sesións contarán co Campus Virtual como apoio á docencia.
Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor. O tempo de presencialidade en prácticas poderá ser reducido ata un 50%, en función das recomendacións sanitarias, de modo que permita potenciar as medidas de seguridade e mantéñense as mesmas franxas horarias para cada grupo de prácticas. Neste caso, a docencia interactiva será complementada con actividades formativas telemáticas. Serán de obrigada aplicación, e reforzaranse, as medidas hixiosanitarias en función das recomendacións da autoridade competente.
Estudo independente de cada alumno.
Titorías, únicamente telemáticas.
Sistema de avaliación:
A asistencia regular ás sesións teóricas telemáticas é imprescindible para a correcta realización das actividades prácticas programadas. Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas –tanto o traballo presencial como o realizado de forma telemática a través das plataformas habilitadas–. En casos excepcionais, e a criterio do profesorado da materia, poderase convalidar esta premisa.
Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas. En casos excepcionais, e a criterio do profesorado da materia, poderase convalidar esta premisa.
O exame final da materia realizarase de forma síncrona vía telemática ou presencial, e terá un peso do 70% da nota global, sendo necesario aprobalo para poder acceder ao sumatorio das restantes avaliacións. Os test de autoavaliación, probas e tarefas de prácticas realizaranse de forma telemática ou presencial se as circunstancias o permiten de forma síncrona e/ou asíncrona. Si a situación sanitaria o permite podería facerse de forma presencial
A avaliación continua das sesión telemáticas e da actividade práctica aportará o 30% restante da cualificación global.
Advertencia sobre o emprego de ferramentas telemáticas
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Escenario 3 (peche de instalacións)
Metodoloxía da ensinanza
Todas as actividades docentes se realizaran de forma telemática mediante as plataformas habilitadas para tal fin, complementadas co uso do Campus Virtual e respectando os horarios establecidos no calendario académico 2020-21.
Mantense o requisito de asistencia regular para as sesións teóricas telemáticas, e obrigatoria para as actividades prácticas virtuais programadas.
A docencia interactiva presencial (prácticas) será substituida por actividades formativas telemáticas.
Sistema de avaliación:
Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas. En casos excepcionais, e a criterio do profesorado da materia, poderase convalidar esta premisa
O exame final da materia realizarase de forma síncrona vía telemática, e terá un peso do 70% da nota global, sendo necesario aprobalo para poder acceder ao sumatorio das restantes avaliacións.
A avaliación continua das sesión telemáticas e das probas e tarefas prácticas realizarase vía telemática de forma síncrona e/ou asíncrona, aportará o 30% restante da cualificación global.
Advertencia sobre o emprego de ferramentas telemáticas
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Angel Luis Ceular Villace
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- angelluis.ceular [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandro Fernandez Fernandez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- alejandro.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ramiro Antonio Fouz Dopacio
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ramiro.fouz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ruth Rodríguez Bermúdez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Produción Animal
- Correo electrónico
- ruth.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
26.05.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
26.05.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
26.05.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |