Créditos ECTS Créditos ECTS: 7.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 94.5 Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 37 Clínicos EEES: 6 Total: 187.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Obxectivos específicos:
- Estudio dos axentes naturais ou de síntese que poden producir intoxicación aguda ou crónica en animais.
- Identificación, mecanismo de acción, diagnóstico clínico ou experimental da toxicidade e tratamento.
- Resolución de casos clínicos.
- Coñecemento de residuos en productos alimenticios con posible risco para a saúde pública e os contaminantes ambientais: Avaliación toxicolóxica da exposición a tóxicos.
- Bases toxicolóxicas e legais para asegurar a inocuidade de fármacos e aditivos.
- Capacidade para poder discriminar científicamente sobre o balance beneficio/risco.
2.- Obxectivos complementarios:
- Descubran a importancia da disciplina no Grao de Veterinaria e no seu futuro profesional.
- Adquiran un vocabulario e terminoloxía toxicolóxica específica.
- Ter inquedanza por temas de interese xeral e/ou social en relación á toxicoloxía (ex.: catástrofes ecolóxicas, repercusións na saúde humana).
- Utilicen de forma crítica as fontes bibliográficas.
En definitiva, a adquisición por parte do alumno dunha cultura toxicolóxica.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS:
A) Toxicoloxía Xeral. (13 horas)
1.- Introducción: desenvolvemento e evolución da Toxicoloxía. Conceptos. Clasificación das intoxicacións. (2 horas)
2.- Avaliación toxicolóxica. (2 horas)
3.- Toxicocinética: absorción, distribución, metabolismo e eliminación. Toxicodinamia. (2 horas)
4.- Biotransformacións: resposta do organismo ante a presencia do tóxico. (1 hora)
5.- Carcinoxénese, mutaxénese e teratoxénese. (3 horas)
6.- Atención clínica en intoxicacións de animais I: Procedementos e Diagnóstico clínico. (2 horas)
7.- Atención clínica en intoxicacións de animais II: Terapéutica antitóxica e Servicios de Toxicoloxía. (1 hora)
B) Toxicoloxía Especial. (25 horas)
8.- Intoxicación por urea e nitróxeno non proteico (NNP). (1 hora)
9.- Intoxicación por sodio: cloruro sódico e privación de auga. (1 hora)
10.- Praguicidas: concepto e clasificación. Importancia do seu uso. Mecanismos de acción dos praguicidas. (3 horas)
11.- Intoxicación por Insecticidas Organoclorados. (1 hora)
12.- Intoxicación por Insecticidas Organofosforados e Carbamatos. Insecticidas de orixe vexetal: nicotina e piretroides. (2 horas)
13.- Intoxicación por Herbicidas: clasificación. Herbicidas inorgánicos e orgánicos de síntese. (1 hora)
14.- Intoxicación por Fungicidas: clasificación. Derivados dinitro, ditiocarbamatos, hexaclorobenceno e outros. (1 hora)
15.- Intoxicación por Rodenticidas: clasificación. Derivados da urea (ANTU). Fluoroacetato sódico. Estricnina. Rodenticidas anticoagulantes. (3 horas)
16.- Intoxicación por fungos macroscópicos (cogomelos) hepatotóxicos: detección de Amatoxinas. (1 hora)
17.- Micotoxinas: concepto e clasificación. Intoxicación por micotoxinas. (1 hora)
18.- Micotoxinas do xénero Aspergillus: Aflatoxinas e Ocratoxinas. (1 hora)
19.- Micotoxinas do xénero Penicillium. Micotoxinas do xénero Fusarium. (1 hora)
20.- Ecotoxicoloxía: conceptos. Ciclos ecolóxicos dos contaminantes ambientais. Parámetros de inocuidade. Concepto de tolerancia cero. (1 hora)
21.- Toxicoloxía de metais pesados: Plomo e outros. (1 hora)
22.- Efectos adversos dos medicamentos. Interaccións medicamentosas. Relación Beneficio/Risco. Toxicidade de antibióticos. Toxicidade de antihelmínticos. Toxicidade de esteroides anabolizantes. (2 hora)
23.- Intoxicación por plantas cardiotóxicas. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema hemático.(1 hora)
24.- Intoxicación por plantas nefrotóxicas. Intoxicación por oxalatos. (1 hora)
25.- Intoxicación por plantas que afectan ó sistema nervioso e/ou musculoesquelético. Latirismo. (1 hora)
26.- Intoxicación por plantas hepatotóxicas e fotosensibilizantes. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema dixestivo.
(1 hora)
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS
1.- Avaliación toxicolóxica experimental: animalario e determinación da DL50 en ensaios de toxicidade aguda. (Toxicología OR) (4 horas).
2.- Avaliación de acordo coa Normativa vixente da perigosidade de Productos químicos. (Toxicología LB1) (4 horas).
3.- Análise toxicolóxica de herbicidas en mostras biolóxicas: paraquat y diquat. (Espectrofotometría VIS). (Toxicología LB2) (4 horas)
4.- Práctica Clínica non asistencial I: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servizo de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria SATVe). (Toxicología C1) (4 horas)
5.- Práctica Clínica non asistencial II: Diagnóstico de intoxicación por Paracetamol en pequenos animais. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible. (Toxicología C2) (4 horas)
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS DE ENCERADO (Toxicología PE) (17 horas)
- Resolución de casos clínicos.
- Exposición de traballos monográficos polos estudantes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
BUCK, W.B. OSWEILER, G.D.; VAN GELDER, G.A. Toxicología Veterinaria Clínica y Diagnóstica. Ed. Acribia, Zaragoza, 1981
HUMPHREYS, D.J. Veterinary Toxicology. Ed. Baillière Tindall. 3ª ed., London, 1988
JURADO COUTO, R. Toxicología Veterinaria. Ed. Salvat. 2ª ed., Madrid, 1989
KLAASSEN, C.D.; WATKINS, J.B. Casarett y Doull. Fundamentos de Toxicología. Edición en español revisada por M. López-Rivadulla. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid. 2005.
LOOMIS, T.A. Fundamentos de Toxicología. Ed. Acribia. Zaragoza, 1982
MELGAR RIOL, M.J., NÓVOA VALIÑAS, M.C., GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A., PÉREZ LÓPEZ, M., Atención clínica en intoxicaciones de animales, Ed. USC, editora manuais, Santiago de Compostela, 2012.
REPETTO, M. Toxicología fundamental. Ed. Científico-Médica. 4ª ed. Barcelona, 2009
RODER, J. Manual de Toxicología Veterinaria. Ed. Multimédica S.A., Barcelona, 2002. http://www.rednacionaldeveterinarias.com.uy/articulos/farmacologia%E2%8…
https://silo.tips/download/toxicologia-veterinaria.
https://www.researchgate.net/publication/297217743_Principios_de_Toxico…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ABOU-DONIA, M. Mammalian toxicology. John Wiley and Sons, Ltd. New Delhi, 2015.
ANDERSON, D.; CONNING, D.M. Experimental Toxicology: The Basic Issues. 2nd Edition. Royal Society of Chemistry. Cambridge, 1993
ARIËNS, E.J.; LEHMAN, P.A.; SIMONIS, A.M. Introducción a la Toxicología General. Ed. Diana. México, 1968
CABRERA FORNEIRO, J. Los antídotos y otros productos antitóxicos. Ed. Ela, Madrid, 1994
CAMEÁN, A; REPETTO, M. Toxicología Alimentaria. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2006.
CAPÓ MARTÍ, M. Principois de Ecotoxicología: Diagnóstico, Tratamiento y Gestión del Medio ambiente. McGraw-Hill Profesional. Madrid, 2002
DUFFUS, J. H. Toxicología Ambiental. Ed. Omega, Barcelona, 1983
FAN, A.M.; CHANG, L.W. Toxicology and risk assessment. Principles, methods, and applications. Ed. Marcel Dekker, Inc., Nueva York, 1996
GFELLER, R.W.; MESSONNIER, S.P. Hanbook of Small Animal Toxicology. Ed. Mosby, Baltimore, 1998
GUITART, R. Tóxicos, los enemigos d la vida. Edicions UAB. Barcelona, 2014
GUPTA, R. Veterinary Toxicology: Basic and clinical principles. 2nd. Elsevier-Academic Press. Amsterdam, 2012.
HODGSON, E. A Textbook of Modern Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2004
HODGSON, E.; SMART, R.C. Introduction to Biochemical Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2001
KLAASSEN, C.D. CASARETT & DOULL'S TOXICOLOGY: THE Basic Science of Poisons. Ed. McGraw-Hill. 9ª ed. New York, 2018.
LORGUE, G.; LECHENET, J.; RIVIÈRE, A. Clinical Veterinary Toxicology. Ed.. Blackwell Science, London. 1996
MARRUECOS, L.; NOGUÉ, S.; NOLLA, J. Toxicología clínica. Ed. Springer-Verlag Ibérica, Barcelona, 1993
NIESINK, R.J.M; DE VRIES, J.; HOLLINGER, M.A. Toxicology: Principles and Applications. CRC Press, Boca Raton, 1996
PETERSON, M.E.; TALCOTT, P.A. Small Animal Toxicology. Ed. Saunders Company, Londres. 2001
REPETTO, M. Toxicología Avanzada. Ed. Díaz de Santos. Madrid, 1995.
STAHR, H.M. Analytical Methods in Toxicology. John Wiley & Sons, Inc. New York, 1991
VALLEDOR DE LOZOYA, A. Envenenamientos por animales. Ed. Díaz de Santos, Madrid, 1994
VILLANÚA FUNGAIRIÑO, L. Toxicología: Toxicología General y Análisis Toxicológico. Universidad Complutense. 2ª ed. Madrid, 1982.
VILLAR D. y ORTIZ JJ. Plantas Tóxicas de interés veterinario. Edt. Elsevier-Masson. Barcelona, 2006.
- Competencias xerais do Título en Veterinaria:
*GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
*GVUSC02. Capacidade de análise e síntesis.
*GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o eido de traballo.
*GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
*GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
*GVUSC06. Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo.
*GVUSC010. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
- Competencias específicas disciplinares (saber):
*CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal.
*CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermedades animais, individuais e colectivas, e a súas medidas de prevención, con especial énfasis nas zoonosis e nas enfermedades de declaración obrigatoria.
*CEDVUSC09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
*CEDVUSC016. Coñocer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
- Competencias Específicas Profesionais (saber facer):
*D1VUSC02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
*D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
- Competencias Específicas Académicas (querer facer):
*CEAVUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
*CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
*CEAVUSC08- Ser consciente de la necesidad de mantener actualizados los conocimientos, habilidades y actitudes de las competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
- Competencias transversais:
*CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
*CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
*CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. *CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e conciso.
*CTVUSC05. Habilidade no manexo das TICs.
*CTVUSC06. Emprego de información en lingua extranxeira.
*CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A docencia poderá ser presencial ou non presencial de acordo co "Plan de continxencia para ou desenvolvemento dá docencia" no curso 2021-22.
TOTAL HORAS DO ALUMNO 187,5: 78 horas traballo presencial e 109,5 horas traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA: 78 h.
ESCENARIO 1 (traballo presencial 100 %):
Distribución temporal presencial:
- 38 horas de Clases Expositivas.
- 8 horas de Clases Interactivas de Laboratorio (Toxicología LB)
- 4 horas de Clases Interactivas de Computador (Toxicología OR)
- 8 horas de Clases Prácticas clínicas non asistenciais (Toxicología C)
- 17 horas de Clases Interactivas de Prácticas de encerado (Toxicología PE)
- 3 horas de Titorías en grupos (Toxicología T).
- Traballo complementario de Ensinanza virtual: Plataforma no Campus virtual USC.
Nas clases expositivas utilizaranse medios audiovisuais xunto coas explicacións orais do profesor. Esporádicamente o profesor poderá interrelacionarse cos alumnos realizando preguntas para a súa contestación inmediata, e periódicamente (mensual) pediranse por escrito as respostas a todos os alumnos.
*Práctica interactiva con computador (Toxicología OR):
Título: Avaliación toxicolóxica experimental: determinación da DL50 en ensaios de toxicidade auga. (4 h).
Actividades que se realizan na aula de informática adxudicada. Consta de 3 partes.
1ª Os alumnos visitarán o Animalario de experimentación animal de manera virtual.
2ª Na aula de informática (capacidade para 20 alumnos) explicarase o Protocolo da práctica, iniciado un estudo bibliográfico acerca dun ensaio de toxicidade aguda proposto e baseado na determinación da DL50 dunha substancia. Segundo este protocolo, aplicaranse os datos de 20 doses administradas dunha substancia e do número de animais mortos resultantes. Procederase á resolución do problema de forma individualizada, empregando un ordenador e mediante a aplicación do programa Excel: cálculos e representacións gráficas conducentes á determinación do valor da DL50.
3ª Exercicios propostos para resolver in situ de forma individualizada.
*Prácticas interactivas de Laboratorio (Toxicología LB):
Toxicología LB1. Normativa estatal e europea sobre o manexo e uso de substancias químicas perigosas. (4 h).
As actividades realízanse no laboratorio de Toxicoloxía:
Clasificación das substancias segundo a súa perigosidade, tendo en conta a lexislación vixente. Aplicacións destes conceptos no Laboratorio (etiquetas, pictogramas de perigo, frases H e frases P, fichas dos datos de seguridade, FDS).
Toxicología LB2. Análisis cualitativo de herbicidas bipiridílicos en mostras biolóxicas. (4 h).
As actividades realízanse no laboratorio de Toxicoloxía:
Realízase un test colorimétrico cualitativo útil para a detección deste tipo de herbicidas en mostras biolóxicas. Aínda que na práctica se adoita aplicar sobre mostras de ouriños, tamén é posible utilizalo noutras mostras biolóxicas. Todo iso coméntase e discútese, así como a utilidade tanto diagnóstica coma pronóstica do test empregado.
Estas prácticas, ademais da parte laboratorial de carácter instrumental, compleméntanse habitualmente con exercicios encamiñados a reforzar os coñecementos sobre cálculos e metodoloxía para preparar axeitadamente distintas disolucións que se manexan, formulándose diferentes condicións. Refórzase, de forma transversal en todas as prácticas, a adquisición de hábitos de traballo seguros no laboratorio. Así mesmo, as prácticas relaciónanse con situacións reais nas cales os coñecementos adquiridos son aplicativos. Para iso propóñense buscas na bibliografía científica de distintos casos de intoxicación.
*Prácticas clínicas non asistenciais (Toxicología C):
Toxicología C1.- Título: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servizo de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria (SATVe). (4h).
As actividades que se realizan: No aula-Seminario de Toxicoloxía, e consta de 2 partes diferenciadas.
1ª Preséntanse os Protocolos necesarios para axudar a un bo diagnóstico toxicolóxico na súa parte analítica. Toma de mostras: tipo (biolóxicas, auga de bebida, alimento, e outro tipo de materiais), material axeitado que debe de utilizarse, cadea de custodia, conservación en frío, formas de envío ao laboratorio, etc. Metodoloxía analítica aplicada: mostras orgánicas, inorgánicas, gases, etc. Interpretación de resultados polo clínico. Identificación de tóxicos. Proposta de resolución individualizada e/ou grupo de casos prácticos: diagnóstico e tratamento, para iso o alumno manexará unha Táboas elaboradas no departamento.
2ª Presentación aos alumnos dunha base de datos desenvolvida polo noso departamento para o seu uso por un Servizo de Atención Toxicolóxica Veterinaria. A través da navegación polas súas distintas partes, o alumno vai descubrindo as súas utilidades e aplicacións no ámbito clínico. Básicamente dispón de dúas partes, que están conectadas entre si. Por unha banda, trátase dunha base de datos de información, contidos ou coñecementos toxicolóxicos clínicos veterinarios. Por outra, dispón dun ficheiro de casos. Cando se crea unha ficha con ocasión dun caso que se consulta ao SATVe, dende ésta pódese recorrer á información recollida na primeira parte, o que pode resultar de grande axuda.
Toxicología C2.- Título: Diagnóstico de intoxicación por Paracetamol en pequenos animais. Análise cuantitativa mediante espectrofotometría visible. (4 h).
As actividades desenvolveranse na aula-Seminario de Toxicoloxía e no Laboratorio, e consta de 2 partes:
1ª Preséntanse varios casos clínicos de intoxicación por paracetamol en gatos e cans. En base aos signos clínicos e/ou necrolóxicos descritos, e facendo uso da información fornecida nas clases expositivas, discútese cos alumnos os principais achados atopados nas intoxicacións causadas por este fármaco, así como o seu mecanismo de acción.
Comentaranse as posibles técnicas instrumentais para levar a cabo a análise cualitativa que nos permita confirmación da intoxicación, así como a análise cuantitativa.
2ª Mediante a análise de laboratorio, confirmarase a sospeita diagnóstica dun posible caso de intoxicación por paracetamol. Para iso, os alumnos realizarán a análise cuantitativa de paracetamol mediante espectrofotometría visible. Posteriormente, realizarase a interpretación dos resultados en función da concentración obtida na mostra problema.
ESCENARIO 2 (traballo telemático-presencial):
- Clases Expositivas, P. Encerado e Titoría: Docencia telemática.
- Clases Prácticas: Redución do tempo de asistencia ao 50% e redución do número de estudantes ao 50% (máx. 10).
ESCENARIO 3 (traballo telemático):
- Todas as actividades terán un desenvolvemento virtual mantendo os horarios previstos.
- Para SUPERAR a materia, no sistema de avaliación continuada, é obrigatoria a asistencia e participación activa en:
* Asistencia participativa mediante controis nas Clases expositivas como "avaliación continua" para obter unha puntuación máxima do 10% da cualificación.
* Clases Interactivas de Laboratorio e Clínicas non asistenciais (Prácticas), incluíndo a presentación dunha Memoria de Prácticas en tempo e forma (10 %). Así mesmo, ao finalizar todas as prácticas realizarase un control de todas elas (10%).
* Exame final teórico tipo test e/ou conceptual (60 %)
NON SUPERARÁN a materia os alumnos que non se presenten ao Exame Final ou obteñan neste unha cualificación inferior a 3 puntos.
Tampouco se aprobará a materia en caso de non superar ás Prácticas, o que require como mínimo a asistencia a todas as Clases Interactivas e a entrega no prazo previsto da Memoria de Prácticas. A superación das prácticas será para sempre.
- Valorarase a participación e asistencia ás Titorías en grupos (2 primeiras) e a elaboración-presentación dun Traballo Monográfico (10%), así como a asistencia as Prácticas de Encerado (PE). Ao final realizarase un control sobre os resumos.
- Soamente os estudantes que non realizasen ningunha actividade avaliable, figurarán en ACTAS: Non presentado (NP).
* CALIFICACIÓN FINAL: CLASES EXPOSITIVAS (10 %) + PRÁCTICAS (20 %) + TRABALLO MONOGRÁFICO (10 %) + EXAME FINAL (60 %)
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DOCENTES: http://www.usc.gal/gal/centro/facultade-veterinaria/calendarios
ESCENARIO 2 (telemático-presencial):
- As prácticas de encerado implicadas no Traballo Monográfico -TM- (de xeito voluntario) poderían substituírse, se non hai asistencia, por controis de avaliación telemáticos sobre o contido do traballo realizado polos estudantes, en resumos extensos dos mesmos. A avaliación dependerá da participación do estudante nos TM.
- Exame final obrigatorio (60%) de forma telemática ou presencial segundo a normativa sanitaria, estea permitido ou non.
ESCENARIO 3 (telemático):
Todas as probas de avaliación continua serán telemáticas (clases expositivas, prácticas interactivas – encerado e exame final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…
RESUMO: Proba final, cunha ponderación do 60%, que pode ser presencial ou non presencial, segundo os escenarios contemplados nas "Directrices para o desenvolvemento dunha docencia segura. Curso 2020-2021 "e as" Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial. Curso 2020-2021"
Avaliación continua, cunha ponderación do 40%.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudio individual: 66 h
- Elaboración de memorias de prácticas: 8 h
- Elaboración de traballos: 20 h
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 6 h
- Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 2 h
- Resolución de casos/problemas: 2 h
- Presentacións orais: 3 h
- Realización de exámenes: 2,5 h
Total horas de traballo persoal do alumno: 109,5 h
- Asistencia a clases teóricas expositivas
- Consulta da Bibliografía básica
- Completar as clases expositivas e interactivas con Bibliografía complementaria
- Contar coa axuda de tutorías individuais para resolver cuestións
- Estudio personalizado ó día
- Estudio, atención e retención de conceptos, ideas,... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase
- Conectar e consultar coa materia a través da Plataforma USC-virtual.
Horario de Tutorías individuais:
As horas de tutoría das profesoras figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).
Profesoras Horario
M Julia Melgar Riol *Coordinadora: Martes, xoves e venres: 11-13 h
M. Ángeles García Fernández: Luns, mércores e xoves: 11-13 h
Ana de Castro Ríos: Mércores (10-12 h) e venres (11-15 h)
PLAN DE CONTINXENCIA 21-22:
A docencia poderá ser presencial ou non presencial de acordo co "Plan de continxencia para ou desenvolvemento dá docencia" no curso 2021-22.
Metodoloxía de ensinanza:
ESCENARIO 2 (traballo telemático-presencial):
- Clases Expositivas, P. Encerado e Titoría: Docencia telemática.
- Clases Prácticas: Redución do tempo de asistencia ao 50% e redución do número de estudantes ao 50% (máx. 10).
ESCENARIO 3 (traballo telemático):
- Todas as actividades terán un desenvolvemento virtual mantendo os horarios previstos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
ESCENARIO 2 (telemático-presencial):
- As prácticas de encerado implicadas no Traballo Monográfico -TM- (de xeito voluntario) poderían substituírse, se non hai asistencia, por controis de avaliación telemáticos sobre o contido do traballo realizado polos estudantes, en resumos extensos dos mesmos. A avaliación dependerá da participación do estudante nos TM.
- Exame final obrigatorio (60%) de forma telemática ou presencial segundo a normativa sanitaria, estea permitido ou non.
ESCENARIO 3 (telemático):
Todas as probas de avaliación continua serán telemáticas (clases expositivas, prácticas interactivas – encerado e exame final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Angeles Garcia Fernandez
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mangeles.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Julia Melgar Riol
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- mj.melgar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana De Castro Rios
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ana.decastro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
11.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
11.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
11.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
06.07.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |