Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 80 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clínicos EEES: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.
- Acadar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para realizar radiodiagnóstico en medicina veterinaria.
- Proporcionar ao estudante os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a aplicación da ecografía na clínica veterinaria.
- Coñecer os principios e as técnicas avanzadas de diagnóstico por imaxe (Tomografía computarizada, Resonancia Magnética, Gammagrafía).
- Coñecer a aplicación das radiacións ionizantes para a realización de certos tratamentos en medicina veterinaria (Radioterapia, Medicina Nuclear).
- Coñecer os protocolos e a utilidade de combinar diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe.
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
PARTE I: RADIOLOXÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS, TÉCNICAS XERAIS. RADIOPROTECCIÓN. - 4 horas -
- RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- INSTALACIÓNS E EQUIPOS. Sala de raios X. Sala de revelado. Equipos de raios X. Material complementario.
- OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOLÓXICA. Factores de exposición. Calidade radiográfica. Revelado. Medios de contraste.
- RADIOBIOLOXÍA E RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación.
SECCIÓN 2: TÓRAX EN PEQUENOS ANIMAIS. - 5 horas -
- TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO TÓRAX. PAREDE TORÁCICA E DIAFRAGMA.
- MEDIASTINO E ESPAZO PLEURAL. Presenza de gas, fluídos e masas no mediastino e no espazo pleural. ESÓFAGO. Dilatacións, corpos estraños e perforacións. TRÁQUEA. Colapsos, hipoplasias.
- PULMÓN. Patróns pulmonares. CORAZÓN E GRANDES VASOS. Lesións conxénitas e adquiridas.
SECCIÓN 3: ABDOME EN PEQUENOS ANIMAIS. - 5 horas -
- CAVIDADE ABDOMINAL. Técnica radiográfica. Anatomía radiográfica. TRACTO GASTROINTESTINAL. Tránsito gastrointestinal. Radiodiagnóstico.
- FÍGADO. BAZO. PÁNCREAS. LINFONODOS. CAVIDADE PERITONEAL.
- APARATO URINARIO E REPRODUTOR. Técnicas de contraste. Radiodiagnóstico do aparato urinario. Radiodiagnóstico do aparato reprodutor.
SECCIÓN 4: SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Lesións óseas. Alteracións do esqueleto inmaturo. Radioloxía articular.
- CABEZA E COLUMNA VERTEBRAL. Técnicas radiográficas. Cranio, cavidade nasal e seos. Columna vertebral. Técnicas de contraste.
SECCIÓN 5: RADIOLOXÍA EN GRANDES ANIMAIS. - 2 horas -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Extremidade anterior. Extremidade posterior. CABEZA E COLUMNA.
- SISTEMA RESPIRATORIO.
PARTE II: ECOGRAFÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS E TÉCNICAS XERAIS. - 2 h -
- Principios físicos, equipos e material utilizado en ecografía. Modos de imaxe.
- Interpretación e control da imaxe ecográfica. Terminoloxía utilizada. Artefactos.
- Técnicas xerais.
SECCIÓN 2: ECOGRAFÍA ABDOMINAL. - 8 horas -
ECOGRAFÍA ABDOMINAL EN PEQUENOS ANIMAIS - 7 horas -
- Protocolo xeral de exploración.
- FÍGADO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións do parénquima hepático. Vesícula biliar e sistema biliar. Lesións vasculares.
- BAZO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións esplénicas.
- TRACTO GASTROINTESTINAL. Técnica de exploración ecográfica e preparación do paciente. ESTÓMAGO. Imaxe ecográfica normal. Lesións gástricas. INTESTINO DELGADO E GROSO. Imaxe ecográfica normal. Lesións.
- PÁNCREAS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións pancreáticas.
- APARATO URINARIO: RILES E URÉTERES. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO URINARIO: VEXIGA E URETRA. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- GLÁNDULAS ADRENAIS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DO MACHO: PRÓSTATA E TESTÍCULOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DA FEMIA: ÚTERO E OVARIOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións. DIAGNÓSTICO DE XESTACIÓN.
- CAVIDADE PERITONEAL. Técnica de exploración ecográfica. Lesións.
ECOGRAFÍA ABDOMINAL EN GRANDES ANIMAIS – 1 hora –
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO ABDOME. Equipo e técnica de exploración. Anatomía ecográfica. Lesións.
SECCIÓN 3: EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO. - 2 horas -
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN GRANDES ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
PARTE III: OUTROS MEDIOS FÍSICOS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE. - 2 horas -
- TOMOGRAFÍA COMPUTARIZADA
- RESONANCIA MAGNÉTICA
- MEDICINA NUCLEAR
PARTE IV: RADIOTERAPIA. - 1 hora -
- RADIOTERAPIA. Principios físicos e técnicos. Equipos. Radioterapia en pequenos e grandes animais.
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. - 13 horas - (DPI C1G1-18, no HVU-RC)
- Interpretación radiográfica. Valoración de placas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético. - 12,5 horas - (DPI C1G1-18, no HVU-RC)
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can - 2,5 horas – DPI C1G1-18, no HVU-RC
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos - 2 horas - (DPI C1G1-18, no HVU-RC)
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante - ver Metodoloxía da ensinanza - (DPI T1-5 G1-13)
Bibliografía básica
AGUT GIMÉNEZ A. Diagnóstico por imagen en pequeños animales. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2014.
BARR F, GASCHEN L. BSAVA Manual of Canine and Feline Ultrasonography. British Small Animal Veterinary Association. 2011.
BUTLER JA, COLLES ChM, DYSON SJ, KOLD SE, POULOS PW. Clinical Radiology of the Horse, 4ª edition, Wiley Blackwell. 2016.
COULSON A, LEWIS N. An Atlas of Interpretative Radiographic Anatomy of the Dog and Cat. 2th. Edition. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2008.
DENNIS R, KIRBERGER RM, BARR F, WRIGLEY RH. Handbook of Small Animal Radiology and Ultrasound. Techniques and Differential Diagnoses. 2th edition. Saunders Elsevier. 2010.
KIDD JA, LU KG, FRACER ML. Atlas of Equine Ultrasonography. Wiley Blackwell. 2014.
MATTOON JS, NYLAND TG. Diagnóstico Ecográfico en Pequeños Animales. 3ª Ed. Multimédica Ediciones Veterinarias. Barcelona. 2016.
PENNINCK D, D'ANJOU MA. Atlas de ecografía en pequeños animales. Segunda edición. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2017.
SCHEBITZ H, WILKENS H. Atlas of Radiographic Anatomy of the Horse. 4th. Edition. Parey Verlag. 2008.
THRALL DE. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 6th Ed. W. B. Saunders Elsevier. Philadelphia. 2013.
Bibliografía complementaria
BUSHBERG JT, SEIBERT JA, LEIDHOLD EM, BOONE JM. The Essentials Physics of Medical Imaging. 3th. Edition. Lippincott Williams and Wilkins. 2011.
DANIEL GB, BERRY CR. Textbook of Veterinary Nuclear Medicine. American College of Veterinary Medicine. 2006.
DYSON SJ, PILSWORTH RC, TWARDOCK AR, MARTINELLI MJ. Equine Scintigraphy. Equine Veterinary Journal Ltd. 2003.
ELLIOTT I, SKERRITT G. Handbook of Small Animal MRI. Wiley Blackwell. 2013.
GAVIN PR, BAGLEY RS. Practical Small Animal MRI. Wiley Blackwell. 2009.
KIRBERGEN RM, McEBOY F. BSAVA Manual of Canine and Feline Musculoskeletal Imaging. 2th. Edition. British Small Animal Veterinary Association. 2016.
NOVELLAS TORROJA R, DOMÍNGUEZ MIÑO E, ESPADA GERLACH Y, MARTÍNEZ PEREIRA Y, TOBÓN RESTREPO M. Diagnóstico ecográfico en el gato. Editorial Servet. 2016.
O`BRIEN R, BARR FJ. BSAVA Manual of Canine and Feline Abdominal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2009.
SCHWARZ T, JOHNSON V. BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. 2008.
SCHWARZ T, SAUNDERS J. Veterinary Computed Tomography. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2011.
WISNER E, ZWINGENBERGER A. Atlas of Small Animal CT and MRI. Wiley Blackwell. 2015.
Páginas WEB:
- American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/).
- European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/).
- Veterinary Radiology and Ultrasound (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1111/(ISSN)1740-8261).
- Equine Veterinary Journal/ EVEducation (http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1001/(ISSN)2042-3306).
Recoméndase a utilización dos recursos de internet tanto básicos como complementarios especificados no apartado de Bibliografía, así como aquela bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC “reBUSCa” (https://rebusca.usc.gal/inicio). Tamén, a través de Pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) xestionado por BUGalicia, poderanse realizar buscas de revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais da USC).
Competencias xenéricas do grao en veterinaria:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares:
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A.- SESIÓNS EXPOSITIVAS
Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos co emprego sistemático do Campus Virtual como apoio á docencia (ver Sesións expositivas en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
B.- SESIÓNS INTERACTIVAS
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. - 13 horas -
No Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC os estudantes familiarízanse coa instalación, cos equipos e co material necesario para a exploración radiográfica, ecográfica e con técnicas avanzadas (Tomografía Computarizada, Resonancia Magnética). Aprenden a manexar os pacientes que chegan ao Servizo e tamén o trato cos seus donos. Nas exploracións radiográficas, aplican as medidas de radioprotección necesarias e realizan o posicionamento, o cálculo dos parámetros de exposición e a interpretación das imaxes obtidas. Os estudantes seguen as exploracións ecográficas que diariamente se levan a cabo no Servizo, e colaboran na realización de tomografías computarizadas e resonancias magnéticas.
- Interpretación radiográfica. - 12,5 horas -
Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os estudantes coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e os posibles diagnósticos diferenciais.
- Realización dun protocolo de exploración ecográfica no can - 2,5 horas -
Establécese un protocolo de exploración ecográfica que de forma individualizada realizará cada estudante baixo a supervisión do profesor.
- Exploración radiográfica e ecográfica básica en équidos - 2 horas -
Baixo a supervisión do profesor os estudantes participarán activamente na exploración radiográfica e ecográfica do cabalo.
C.- TITORÍAS
Contémplanse 5 horas de titorías por estudante (ver calendario oficial do Centro). Na primeira sesión (primeiro día de clase) informarase aos estudantes das características da materia e da programación. Nas seguintes sesións efectuarase un seguimento da materia, os estudantes resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán de forma individualizada, mediante probas curtas, a súa evolución. As titorías realizaranse de forma presencial na aula.
A valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante AVALIACIÓN CONTINUA e con unha PROBA FINAL. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 5/10 puntos, e a proba final con un total de 5/10 puntos.
Para a AVALIACIÓN CONTINUA (5/10 puntos) teranse en conta as notas de catro probas curtas realizadas nas titorías (4 puntos, 1 punto por proba) xunto coa puntuación obtida nas sesións interactivas (1 punto).
As probas curtas realizadas nas titorías utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL, consistirán en 20 preguntas de tipo test de modalidade verdadeiro/falso (V/F) ou de resposta múltiple. Nas preguntas de modalidade V/F as respostas acertadas suman e as erróneas restan na mesma contía. Nas preguntas de opción múltiple, que terán unha ou varias respostas correctas, a suma de todas as respostas correctas equivalerá ao valor completo da pregunta, e no caso de non sinalalas todas, sumarán a porcentaxe correspondente; isto mesmo ocorrerá coas respostas erróneas, solo que en sentido negativo. As probas curtas conforman no seu conxunto unha única avaliación, sumándose as catro cualificacións obtidas para o cálculo da cualificación final.
Nas sesións interactivas valorarase a actitude e destrezas dos estudantes. (integración no grupo, grao de participación, dinámica de traballo, elaboración de informes…).
A realización das catro probas de avaliación continua e a asistencia á totalidade das sesións interactivas é obrigatoria para poder superar esta materia. Os estudantes repetidores ou con dispensa de asistencia a clase poderán de forma voluntaria validar as sesións interactivas (clases prácticas) coas realizadas unicamente no curso anterior, sendo preceptivo que o comuniquen con antelación ao inicio das mesmas. A cualificación obtida nas probas de avaliación efectuadas nas titorías (catro probas curtas) non se garda en ningún caso para anos sucesivos.
A PROBA FINAL (5/10 puntos), que se realizará utilizando as ferramentas da AULA VIRTUAL, consistirá nun exame cunha parte de tipo test de modalidade V/F con 20 preguntas (2 puntos), e doutra de interpretación que constará de 10 imaxes con preguntas de resposta múltiple (3 puntos). Nesta proba o criterio de valoración para as preguntas V/F ou de resposta múltiple será o mesmo que o aplicado nas probas curtas da avaliación continua.
Para aprobar a materia será obrigatorio superar cada unha das partes da PROBA FINAL, polo tanto, haberá que obter 1 ou máis puntos na parte de tipo test (V/F) e 1,5 ou máis puntos na de interpretación de imaxes.
A todos aqueles estudantes que non superaran a materia na primeira oportunidade (oportunidade ordinaria do semestre), manteráselles para a segunda oportunidade (recuperación) a cualificación obtida na AVALIACIÓN CONTINUA, debendo repetir unicamente a PROBA FINAL, que terá as mesmas características e á que se lle aplicará o mesmo criterio de valoración que á proba final da primeira oportunidade.
Naqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas presenciais: 70 horas - sesións expositivas (35 h), sesións interactivas (30 h), titorías (5 h) -
Horas non presenciais: 80 horas - estudo individual (45 h), revisión bibliográfica (15 h), resolución de casos clínicos (15 h), presentacións orais (2 h), exame final (3 h) -
Volume de traballo total: 150 horas.
Os estudantes deberán participar activamente nas sesións expositivas, nas sesións interactivas e nas titorías. Recoméndase consultar regularmente os textos e as páxinas web propostas.
No "CAMPUS VIRTUAL" da USC, os estudantes disporán da “AULA VIRTUAL da materia Diagnóstico por Imaxe en Veterinaria” para dar apoio á docencia, e que o estudante deberá utilizar de forma asidua, accedendo aos contidos e participando nos foros.
Seguindo os protocolos de integración da USC para atención á diversidade, os profesores desta materia garantiremos a integración e igualdade de oportunidades aos estudantes con necesidades educativas especiais.
Para realizar as PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA e a PROBA FINAL da materia será necesario dispoñer de ordenador ou tableta con acceso a internet, que permita conectarse ao CAMPUS VIRTUAL e acceder á proba correspondente na aula.
Monica Vila Pastor
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- monica.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Andres Barreiro Lois
Coordinador/a- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- andres.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Daniel Barreiro Vazquez
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Ciencias Clínicas Veterinarias
- Correo electrónico
- josedaniel.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán, Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Galego, Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS13 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Galego, Castelán | HCVRC-Servizo de Diagnóstico por Imaxe |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
09:00-14:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán, Galego | HCVRC-Servizo de Diagnóstico por Imaxe |
19.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.01.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |