Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
-Entender como inflúen os movementos políticos e culturais nas solucións adoptadas polos poderes públicos para previr e tratar os fenómenos criminais
-Ter unha opinión fundada, crítica e afastada de tópicos achega das diversas formulacións políticas de que foron obxecto a criminalidade e a súa prevención.
-Recoñecer aos axentes da política criminal e identificar o papel que cumpre cada un deles. O coñecemento do rol dos diversos axentes formais e informais que interveñen no ciclo de decisións político-criminais permitirá ao criminólogo e criminóloga ser consciente das mediacións necesarias para poder transformar os postulados teóricos en políticas aplicables.
-Coñecer as diferentes estratexias político-criminais empregadas polos poderes públicos para enfrontar a criminalidade no Estado de Dereito.
-Comprender os procedementos de elaboración da lexislación penal e os factores que inflúen nela.
-Tomar coñecemento dos sectores de criminalidade máis importantes nas sociedades occidentais
- Coñecer os principais discursos político-criminais da actualidade e os conceptos básicos de política criminal comparada e a política criminal alternativa
LECC. 1º.- CONCEPTO DE POLÍTICA CRIMINAL: Precisión conceptual. A Política criminal como actividade política. A Política criminal como actividade científica. Política criminal e Dereito Penal. Política criminal e Criminoloxía. Política criminal e Victimoloxía. Política criminal e Análise económica do delito.
LECC. 2º.- SISTEMA PUNITIVO E POLÍTICA CRIMINAL : Sistema Punitivo e Política criminal. Función e fins da pena. Referencia especial á pena de morte, prisión e outras alternativas. Sistema penitenciario e Política criminal. Sistema de axuiciamento e Política criminal. Tendencias da Política criminal contemporánea: o paradigma restaurador
LECC. 3ª.- CONCEPCIÓNS DO DELITO E MODELOS DE POLÍTICA CRIMINAL: O abolicionismo penal. Modelo de intervención penal da resocialización ou resocializador. Modelo de intervención penal garantista. Crítica e crise das propostas garantistas. Retorno do Dereito penal da perigosidade : o delincuente perigoso
LECC. 4ª.- OS LÍMITES DA POLÍTICA CRIMINAL NUN ESTADO DEMOCRATICO SOCIAL E DE DEREITO: O modelo penal da Constitución española de 1978. Principios penais, orientacións e directrices punitivas. Consecuencias para a Política criminal: intervención mínima e última ratio. A protección das vítimas.
LECC. 5º.- A POLíTICA CRIMINAL ACTUAL: Política criminal e sociedade do risco. Política criminal, seguridade cidadá e populismo punitivo. Dereito penal de risco p. Dereito penal preventivo. Dereito penal do inimigo.
LECC. 6º.- POLÍTICA CRIMINAL E OS SEUS AXENTES: Os axentes da Política Criminal. Actores primarios: a) O poder executivo, b) O poder lexislativo, c) O poder xudicial, d) Os axentes da execución penal. e) O Tribunal Constitucional. Actores secundarios: a) Grupos de presión, b) Medios de comunicación, c) O papel das vítimas na política criminal. A asignación de recursos públicos para a prevención da delincuencia.
LECC. 7º- GLOBALIZACIÓN E POLÍTICA CRIMINAL: Globalización e loita contra novas formas de criminalidade transnacional. Harmonización do Dereito penal e eficacia da Política Criminal. Xurisdición extraterritorial e ciberespazo.
LECC. 8º.- POLÍTICA CRIMINAL COMUNITARIA E INFLUENCIA NO ORDENAMENTO XURÍDICO ESPAÑOL : Cooperación xurídica penal a través do Consello de Europa. A Convención Europea de Dereitos Humanos e o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. O Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza. Cooperación xudicial en materia penal: principio de aproximación normativa no ámbito penal procesual (art. 82 TFUE). Os Eurocrimes. Instrumentos legais para a harmonización e achegamento dos dereitos materiais dos Estados membros: Directivas. Recoñecemento mutuo das decisións xudiciais. Referencia especial á Orde Europea de Detención e Entrega. Actores do Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza. A Cooperación policial.
LECC. 9º.- POLÍTICA CRIMINAL E DIVERSIDADE CULTURAL: Emigración e sociedades multiculturais. Modelos de xestión da diversidade cultural. Multiculturalismo e Dereito penal: accións contra o racismo e a discriminación. Os delitos culturalmente motivados (cultural crimes).
LECC. 10º.- TEMAS POLÍTICO- CRIMINAIS ACTUAIS: Evolución da política penal e estado actual do debate sobre: o aborto e a eutanasia, bioética, xénero e violencia sexual, en materia de saúde pública, delitos contra o patrimonio socioeconómico, protección do medio ambiente, política anticorrupción, en materia de delitos de seguridade e orden público, delitos de odio e liberdade de expresión, e en termos de execución de penas: prisión permanente revisable, control telemático, obtención de mostras biolóxicas e de ADN e outras políticas penitenciarias.
Bibliografía básica
BORJA JIMÉNEZ, E.: Curso de Política Criminal. 2ª Ed. Tirant lo Blanch. Valencia, 2011
LACELAY, NICOLA: Estudios críticos sobre responsabilidad penal y Política criminal. Marcial Pons. Madrid 2021
MELENDO PARDOS, M./CALLEJO GALLEGO, M. J./ LACRUZ LÓPEZ, J. M.: Apuntes de Política Criminal. Dykinson. Madrid, 2019.
SANZ MULAS, N. : Política Criminal 3ª ed. Ratio legis. Salamanca 2019
ORTS BERENGUER, E. /GONZALEZ CUSSAC, J.L.: Compendio de Derecho penal. Parte general. (8ª ed.), Tirant Lo Blanch, Valencia 2019.
Bibliografía complementaria
ARROYO ZAPATERO, L: Política criminal humanista para la sociedad contemporánea. Universidad de Castilla- La Mancha 2021.
ARANA GARCIA, E./ MERCADO PACHECHO, P./ PEREZ ALONSO, E./ SERRANO MORENO, J.L/STEFAN MAY: Derecho, globalización y medio ambiente. Tirant Lo Blanch. Valencia 2012
BERDUGO GÓMEZ DE LA TORRE, I./MUÑOZ CONDE, F: Viejo y nuevo derecho penal: principios y desafíos del Derecho penal de hoy. Iustel. Madrid, 2012.
BLANCO LOZANO, C.: Tratado de Política Criminal. Bosch JM. Barcelona, 2007.
BENITO SÁNCHEZ, D.: Evidencia empírica y populismo punitivo: el diseño de la política criminal. Bosch. Barcelona 2020.
BRANDARIZ GARCIA, J.A.: El modelo gerencial-actuarial de penalidad: Eficiencia, riesgo y sistema penal. Dykinson. 2016
CARBONELL MATEU, J.C., Derecho penal: concepto y principios constitucionales.Tirant Lo Blanch. Valencia, 1995.
CEREZO DOMINGUEZ, A.I.: Política Criminal y Exclusión Social. Tirant Lo Blanch. Valencia 2021
CISNEROS AVIAL F.A. Derecho penal y diversidad cultural. Tirant lo Blanch. Valencia 2018.
CORRAL MARAVER, N.: La política criminal de la Unión Europea: especial referencia a su influencia en el derecho español. Ed. Reus 2020
CORRAL MARAVER, N.: Racionalidad legislativa y Elaboración del Derecho penal de la Unión Europea. Tirant Lo Blanch. Valencia 2020
CORRECHER MIRA, J.: Principio de legalidad penal. Ley formal vs Law in action. Tirant Lo Blanch 2018
DÍEZ RIPOLLÉS, J. L: La racionalidad de las leyes penales, Ed. Trotta, Madrid, 2003
DIEZ RIPOLLÉS, J. L.: Política Criminal y Derecho Penal. Estudios. (3ª ed.) Tirant Lo Blanch. Valencia, 2020
GARCÍA-PABLOS DE MOLINA, A.: Introducción al Derecho penal, 4ª ed. Editorial Universitaria Ramón Areces. Madrid, 2006.
GARLAND, D.: La cultura del control. Crimen y orden social en la sociedad contemporánea. Gedisa, Barcelona, 2005
GUANARTEME SÁNCHEZ LÁZARO, F.: Política criminal y técnica legislativa. Prolegómenos a una dogmática de "lege ferenda". Comarés .Granada, 2007.
HASSEMER, W./ MUÑOZ CONDE, F.: Introducción a la Criminología y a la Política Criminal. Tirant Lo Blanch. Valencia 2012.
HASSEMER, W.: ¿Por qué castigar?. Razones por las que merece la pena la pena. Tirant Lo Blanch. Valencia 2016.
HERRERO HERRERO, C.: Política Criminal integradora. Madrid, 2007.
JIMÉNEZ LÓPEZ, M.N.:/FONTESTAD PORTALES, L.: La transformación digital de la cooperación jurídico penal internacional. Aranzadi. Navarra 2021.
MIR PUIG, S. (Dir.)/CORCOY BIDASOLO, M. (Dir.)/GÓMEZ MARTÍN, V. (Coord.): Política Criminal y reforma penal. Madrid, 2007.
MIR PUIG, S.: Bases constitucionales del derecho penal. Iustel, Madrid 2011.
MIR PUIG, S/QUERALT, J.J. (dirs.): Constitución y principios del derecho penal: algunas bases constitucionales. Tirant Lo Blanch. Valencia 2010.
MIR PUIG, S/QUERALT, J.J. (dirs.): La seguridad pública ante el derecho penal. Edisofer, Madrid 2011.
PÉREZ CEPEDA, A. I. (Dir.): Política Criminal ante el reto de la delincuencia transnacional. Universidad de Salamanca, 2016.
POZUELO PÉREZ, L.: La política Criminal mediática: génesis, desarrollo y costes. Madrid. Madrid, 2013.
QUINTERO OLIVARES, G.: El problema penal. La tensión entre teoría y praxis en Derecho penal. Iustel Madrid, 2012;
RÍOS MARTÍN, J. C.: Cuestiones de política criminal: funciones y miserias del sistema penal, Granada, 2017.
RIVERA BEIRAS, I.: (coord..) Política Criminal y sistema penal. Viejas y nuevas racionalidades punitivas. 2º ed. Anthropos. Barcelona 2011.
RIVERA BEIRAS, I.: (coord..): La sociología del control penal en España y Latinoamérica. Homenaje a Roberto Bergalli. Bosch J.M. Barcelona 2021.
ROCA DE AGAPITO, L. (Dir.): Un sistema de sanciones penales para el siglo XXI, Valencia, 2019.
ROXIN, Claus: Política criminal y sistema de Derecho penal. Traducido por MUÑOZ CONDE, Francisco; Barcelona, 1972.
SÁNCHEZ-OSTIZ GUTIÉRREZ, P./SILVA SÁNCHEZ, J.-M.: Fundamentos de Política Criminal: un retorno a los principios, Madrid, 2012.
SANZ MULAS, N.: Los delitos culturalmente motivados. Tirant lo Blanch. Valencia 2018
SILVA SÁNCHEZ, J. M.: La expansión del Derecho Penal. Aspectos de política criminal en las sociedades postindustriales. Madrid, 2011.
VIVES ANTÓN, T. S.: Pensar la libertad. Últimas reflexiones sobre el Derecho y la Justicia. Tirant Lo Blanch, Valencia 2019.
VIVES ANTÓN, T.S., Fundamentos del sistema penal, 2ªed. Ed. Tirant lo Blanch, Valencia, 2010.
ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, L.: Nociones de Política Criminal, Salamanca, 2010
As competencias específicas que deben adquirir os e as alumnas da materia son:
CE1, Capacidade para identificar e comprender cuestións relativas aos dereitos fundamentais de quen son obxecto dun procedemento penal, así como, en xeral, de quen se ven afectados polas respostas ante o delito e a desviación.
CE6, Capacidade para explicar problemas sociais complexos en términos de teoría Criminolóxica, así como para aclarar as representacións do delito, do delincuente, da victimización, das respostas ante o delito e da desviación a partir das teorías e dos conceptos criminolóxicos.
CE15, Coñecemento das novas formas de criminalidade, en especial do crime organizado, afondar nas novas técnicas de investigación criminal e nos seus límites.
CE16. Coñecer e comprender a diversidad de formas en que se constitúe, represéntase e trátase o delito e analizar críticamente as distintas respostas ao problema da criminalidade desde unha tripla perspectiva: explicativo-empírica, decisional e instrumental.
CE17. Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e gestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estructural e individual.
CE18. Capacidade para aplicar os conceptos básicos do Dereito penal (as súas fontes, a lei penal no tempo e no espazo, os elementos do delito) a unha cuestión criminológica concreta
CE20. Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
Preparación dos contidos da materia a través dos materiais bibliográficos recomendados, e asistencia en titorías nos casos en que persistan dúbidas.
As dúbidas e consultas dos estudantes resolveranse nas titorías correspondentes, que poden ser presenciais ou en liña, pero sempre dentro do horario establecido. As horas de titoría pódense consultar no Web da facultade .
Para concertar unha cita, os estudantes deben enviar previamente un correo electrónico
Non se resolven dúbidas académicas ou burocráticas a través do correo electrónico
TRATANDOSE DUNHA MATERIA EN VÍA DE EXTINCIÓN, O SISTEMA DE AVALIACIÓN NON PODE SER OUTRO QUE O SEGUINTE:
EXAME FINAL ESCRITO: O 100% da cualificación procederá dun exame final teórico sobre os contidos da materia. A modalidade de exame pode consistir nunha proba obxectiva tipo test ou nunha modalidade de 5 preguntas curtas, nas que se ponderará o coñecemento dos e das alumnas sobre o contido do programa. No caso de probas tipo test, introducirase unha puntuación de corrección para a puntuación final relacionada co número de respostas falsas ou sen respostas.
ESTE EXAME FINAL TERÁ UN VALOR DE DEZ PUNTOS, xa que non se poderán valorar nin as actividades prácticas nin a asistencia ás clases do Curso académico 2021/2022.
Estímase que o tempo de estudo que os e as alumnas deben dedicar para superalo é, como mínimo, de dúas horas por cada unha de docencia, pois, teño en conta que se trata de 4,5 créditos, estímase en 80 horas de estudo.
María Inmaculada Valeije Álvarez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Penal
- Teléfono
- 881814692
- Correo electrónico
- inma.valeije [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade