Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Preténdese afianzar e ampliar os coñecementos de lingua adquiridos na materia de curso
"Idioma Extranjero Técnico-Jurídico I (lengua Alemana)".
O nivel de lingua, que segundo o marco de referencia europeo, debe alcanzar o alumnado é en todo caso o B2.1.
O curso baséase na progresión dos libros de texto: "Sicher! Deutsch als Fremdsprache. B2.1". Os contidos máis destacados son os seguintes:
1. Vocabulario relacionado con contextos a vida persoal e cotía
2. Estruturas elementais a gramática alemá
3. Lectura selectiva e global de textos
4. Redacción de textos descritivos e narativos
5. Exercicios de comprensión auditiva
6. Compoñentes a fonética alemá
7. Recursos e técnicas de aprendizaxe
8. Aspectos socio-culturais os países de fala alemá alemana
Ademais utilizaranse distintos tipos de texto, incluíndo extractos de textos xornalísticos da actualidade e textos específicos ou técnicos para examinar o léxico e sintaxe da linguaxe xurídica e a tradución técnico-xurídica.
a) bibliografìa bàsica:
Braun-Podeschwa Julia (2014): MENSCHEN. Deutsch als Fremdsprache. B1. Libro de alumno, Hueber. ISBN: 9783191019037.
Braun-Podeschwa Julia (2014): MENSCHEN. Deutsch als Fremdsprache. B1. Libro de exercicios, Hueber. ISBN: 9783191119034
Perlmann-Balme Michaela (2014): Sicher! Deutsch als Fremdsprache. B2.1. Libro de texto e exercicios, Hueber. ISBN: 9783195012072.
b) complementaria:
Axel Hering / Magdalena Matussek, Michaela Perlmann-Balme (Hrsg.): Übungsgrammatik. Deutsch als Fremdsprache. Editorial Hueber. ISBN: 3-19-001657-7.
Dreyer, Hilke / Schmitt Richard (2001): Lehr- und Übungsbuch der deutschen Grammatik, Neubearbeitung, Deutsch-Spanisch, Prácticas de gramática alemana. Ismaning: Hueber. ISBN 978-3-19-307255-9
Fandrych, Christian / Tallowitz, Ulrike (2012): Klipp und Klar. Gramática práctica de alemán. Barcelona: Difusion. ISBN: 9788415620679
Diccionario grande: español-aleman aleman-español.
Editorial Langenscheidt, ISBN: 3468978022
Handwörterbuch Spanisch. Spanisch-Deutsch/Deutsch-Spanisch. Wörterbuch mit Grammatik. Editorial Langenscheidt, ISBN: 3-468-05345-2
Véxanse as descripcións do Marco común europeo de referencia con respecto ó nivel B2.
O desenvolvemento da materia centrarase ante todo na aplicación práctica das estruturas adquiridas, tendo en conta as catro destrezas: ler, falar, escoitar e escribir. A estrutura e planificación do curso rexerase polos principios do ensino da lingua desde un punto de vista comunicativo e centrada nos estudantes. Traballarase co libro de texto "Sicher! Deutsch als Fremdsprache B2.1", ademais con materiais auténticos de Alemaña, Austria e Suíza.
A participación regular e activa do alumnado nas clases e a realización regular de exercicios fóra do horario presencial serán elementos fundamentais para obter unha nota final positiva.
1. Asistencia e participación activa nas clases e titorías y realización dunha serie de traballos que lle serán encargados ao alumnado ao longo do curso: 20% da nota final.
2. Realización de dos probas ao longo do curso: 20% da nota final.
3. Un exame final que consistirá nunha proba escrita e noutra oral: 60 % da nota final (a proba escrita: 40%; a proba oral: 20%).
A avaliación da participación continua e activa basearase no control da asistencia e nas anotaciones do profesor/a.
Aprobar o exame final é obrigatorio para aprobar a materia. Aqueles alumnos que fan a avaliación continua pero logo non se presentan ao exame váiselles poñer un 'non presentado'.
Para a segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clases a avaliación baséase nun exame final: 100% da nota final. (66,66% exame escrito, 33,33 % exame oral)
4 horas semanais presenciais.
Como mínimo 4 horas semanais de traballo individual.
Participar con regularidade e de maneira activa nas clases.
Aproveitar as titorías para aclarar dúbidas individuais.
Buscar o contacto directo coa lingua alemá a través da lectura e dos medios de comunicación (prensa, televisión, cine, internet, etc.).