Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais dificultades da aprendizaxe e os distintos trastornos do desenvolvemento na etapa da educación primaria, identificando as súas características clínicas e educativas diferenciais.
Desenvolver unha actitude analítica e reflexiva no ámbito da avaliación e intervención psicoeducativa nas dificultades da aprendizaxe e os trastornos do desenvolvemento.
Desenvolver ferramentas de avaliación e pautas de intervención educativa para a optimización dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento na etapa da educación primaria.
Obter coñecementos mediante a procura, organización e análise crítica de bibliografía e fontes documentais relacionadas cos contidos da materia.
Habituarse á metodoloxía de traballo en equipo a través da participación, a colaboración cos compañeiros/as e a exposición correcta das propias ideas e formulacións.
Bloque I: INTRODUCIÓN ÁS DIFICULTADES DE APRENDIZAXE E AOS TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
Tema 1. Introdución ao estudo das dificultades de aprendizaxe e aos trastornos do desenvolvemento.
Bloque II: DIFICULTADES DA APRENDIZAXE
Tema 2. As dificultades na lectura, a escritura e nas matemáticas.
Tema 3. Dificultades de aprendizaxe relacionadas con procesos socioafectivos, socioculturais e comportamentais.
Bloque III: TRASTORNOS DO DESENVOLVEMENTO
Tema 4. Os trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala e a voz.
Tema 5. A discapacidade intelectual.
Tema 6. Os déficits sensoriais: a discapacidade visual e auditiva.
Tema 7. As discapacidades motóricas.
Tema 8. Os Trastornos do espectro autista (TEA).
Tema 9. Os trastornos por déficit de atención e comportamento perturbador.
Bibliografía básica
Fiuza, M. J. e Fernández, M. P. (2013). Dificultades de Aprendizaje y Trastornos del Desarrollo. Manual Didáctico. Madrid: Pirámide.
López M. D. e Polo, M. T. (Coords.) (2014). Trastornos del desarrollo infantil. Madrid: Pirámide.
Marchesi, A., Coll, C. e Palacios, J. (Comp.) (2007). Desarrollo psicológico y educación III. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales (2ª ed.). Madrid: Alianza.
Marchesi, A.; Coll, C. e Palacios, J. (2007). Desarrollo psicológico y educación III. Trastornos del desarrollo y necesidades educativas especiales. Madrid: Alianza.
Bibliografía complementaria
Castejón, J.L. e Navas, L. (2007). Unas bases psicológicas de la educación especial. Alicante: ECU.
García Sánchez, N. (2007). Dificultades del desarrollo. Evaluación e intervención. Madrid: Pirámide.
Lou, M.A. e López, N. (2005). Bases psicopedagógicas de la Educación Especial. Madrid: Pirámide.
Miranda Casas, A., Vidal-Abarca Gámez, E., e Soriano Ferrer, M. (2000). Evaluación e intervención psicoeducativa en dificultades de aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Salvador Mata, F. (2005). Bases psicopedagógicas de la educación especial. Málaga: Aljibe.
Alcantud, F. (Coord.) (2003). Intervención psicoeducativa en niños con trastornos generalizados del desarrollo. Madrid: Pirámide.
Competencias Xerais:
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios
científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á
igualdade de xénero, á equidad e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os
valores da formación cidadá.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de tutoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo ás singulares necesidades educativas dos
estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir
hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo entre os
estudantes.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas:
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
Competencias Básicas:
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral e adoita atoparse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais:
T1. Coñecemento instrumental dunha lingua estranxeira.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía do proceso ensino-aprendizaxe empregará unha combinación de clases expositivas e metodoloxías activas e participativas, xunto co traballo autónomo e o autoaprendizaje. As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte do alumnado.
As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse materiais de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións ppt, material audiovisual, recursos en rede…).
As sesións en grupo mediano (grupo interactivo) inclúen sesións nas que se trata de afondar nos aspectos concretos das sesións expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, o propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo. Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información.
Nas sesións de grupo pequeno (grupo de tutorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo, así como ao seguimento na elaboración dos traballos.
As sesións de tutoría ordinarías dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan adaptala a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
O sistema de avaliación tomará en consideración os seguintes elementos:
a) Actividades de carácter individual. Inclúense aquí as presentacións orais, a resolución de determinadas tarefas previamente programadas, as lecturas de textos, as probas de autoavaliación…A calificación máxima será dun 5 e será preciso obter un mínimo dun 2,5 para superar a materia.
b) Actividades de carácter grupal. Este apartado da avaliación comprende todas aquelas actividades que se realizan en pequeno grupo como, por exemplo, os traballos ou tarefas a desenvolver entre varios compañeiros/as e a exposición desas actividades ou tarefas ante o grupo clase.
Teranse en conta a participación activa nas clases presenciais en relación cós contidos do programa. Igualmente, valorarase a calidade da actividade autónoma (informes, traballos,) en canto ao seu contiido e competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresiva.
É importante ter presente que:
- Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar a metade da puntuación total de cada un dos apartados.
- A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada (se as houbese).
- Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
- Os aspectos relacionados coa avaliación na segunda oportunidade, así como do alumnado de convocatorias anteriores e con dispensa de asistencia serán concretados oportunamente a inicios do semestre.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan adaptalo a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Nº de horas presenciais………………………. Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo……………24………………………………35
Actividades en grupo mediano…...24……………………………...45
Actividades en pequeno grupo…….3……………………………...19
Total…………………………………………….51……………………………...99
Total horas (25 h por nº crédt)....51…………………………...99 = 150 horas
Recoméndase que o alumnado dispoña de ordenador personal e conexión á rede. Se esto no é posible, pódense utilizar as infraestructuras que ofrece o centro (aula de informática, usuarios, conexión WIFI).
É importante que o alumnado se implique activamente dende o principio na dinámica da materia, realizando unha abordaxe comprensiva e significativa para lograr superala con éxito.
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
O alumnado con Necesidades Educativas Especiais deberá ser avaliado polo servicio correspondente (SEPIU) con obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Plan de continxencia
- Metodoloxía da ensinanza:
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte ou todos os contidos da materia poderían ser impartidos con recursos telemáticos sincrónicos e/ou asincrónicos, do que sería debidamente informado o alumnado a través da aula virtual da materia.
- Sistema de evaluación:
O sistema de avaliación podería sufrir modificacións á consecuencia das circunstancias sanitarias.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
María Campos Magdaleno
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- maria.campos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU