Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
CONCEPTUAIS.
1. Coñecer o proceso evolutivo dos 3-6 anos, considerando a continuidade no desenvolvemento e os fitos do desenvolvemento na etapa precedente.
2. Recoñecer as principais pautas evolutivas e as capacidades, habilidades e destrezas propias e emerxentes en cada momento madurativo da etapa 3-6 anos nos diversos ámbitos do desenvolvemento: psicomotor, sensoperceptivo, cognitivo, lingüístico, sociafectivo.
3. Recoñecer os requisitos de desenvolvemento e aprendizaxe como obxectivos educativos fundamentais nesta etapa.
4. Coñecer os diversos contextos de desenvolvemento natural do neno/a e a súa relación coa aprendizaxe.
5. Coñecer e comprender as funcións do proceso de actividade lúdica, a coordinación entre a familia e a escola infantil para o óptimo desenvolvemento nesta etapa evolutiva.
6. Recoñecer os factores persoais e/ou sociais que poden explicar a diversidade e as diferenzas no proceso de desenvolvemento dos nenos.
PROCEDIMENTAIS.
1. Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre as pautas evolutivas en distintos momentos da etapa 3-6 para adecuar programas educativos orientados a potenciar o desenvolvemento óptimo dos nenos, respectando o proceso de desenvolvemento e fomentando a consolidación de requisitos madurativos a través da aprendizaxe e a estimulación óptima.
2. Favorecer o desenvolvemento de estratexias e habilidades dentro do marco da creatividade para xerar e adecuar actividades e materiais didácticos que se axusten ás características propias da etapa evolutiva e do momento madurativo dos nenos.
3. Favorecer o desenvolvemento de habilidades cognitivas, persoais e sociais de análises, reflexión e organización da información.
4. Fomentar a capacidade de traballo cooperativo e o desenvolvemento de habilidades sociais en grupo.
5. Favorecer o desenvolvemento de hablidades de exposición e atención pública.
6. Fomentar o manexo de recursos bibliográficos e documentais e TICS dentro do marco da competencia informacional.
7. Fomentar o uso e manexo de plataformas virtuais como medio educativo que permite unha maior continuidade na comunicación profesor-alumno e un mellor seguimento da aprendizaxe.
ACTITUDINAIS.
1. Favorecer valores de tolerancia e respecto para as outras persoas.
2. Fomentar o desenvolvemento de actitudes abertas, flexibles, comunicativas, empáticas e asertivas na interacción e o traballo en equipo.
3. Desenvolver o respecto á diversidade funcional e das persoas no alumnado en canto persoas e profesorado.
A materia desenvólvese en 6 bloques temáticos, que diversifican os contidos para facilitar o seguimento dos contidos contemporáneos do desenvolvemento das persoas. Cada bloque condensa contidos de distinta natureza temática, primeiro, a relativa ao propio proceso de evolución en si mesmo, e segundo, a relativa ás influencias contextuais sobre o proceso de desenvolvemento e aprendizaxe.
BLOQUE 1: DESENVOLVEMENTO E EDUCACIÓN NA IDADE DE 3 A 6 ANOS
1.1.O desenvolvemento cognitivo: precisións, conceptualización e características.
1.2.Desenvolvemento e educación. As relacións entre o desenvolvemento e a educación. O papel activo e autónomo do neno na sua aprendizaxe escolar. A importancia da mediación e a organización no desenvolvemento e aprendizaxe. Ensinar e aprender como activividade directiva e facilitadora.
1.3.Aprender xuntos e da diversidade. A importancia da actividade do alumnado e da interactividade na educación escolar. O desenvolvemento de boas prácticas na educación infantil.
BLOQUE 2: DESENVOLVEMENTO COGNITIVO, CONSTRUCTIVISMO E APRENDIZAXE ESCOLAR
2.1. Factores e estadios do desenvolvemento cognitivo e/ou intelectual.
2.2 O desenvolvemento cognitivo no periodo preoperacional: os estadios de desenvolvemento.
2.2.1. Características do desenvolvemento intelectual do neno de 3 a 6 anos
2.3. O constructivismo, actividade e interactividade de aprendizaxe escolar.
2.4. Plasticidade cerebral, Modificabilidade cognitiva, enriquecemento, atención e estimulación cognitiva.
2.5. O xogo como actividade dominante no desenvolvemento cognitivo de 0 a 3 anos.
BLOQUE 3: DESENVOLVEMENTO AFECTIVO E PERSOAL.
3.1. Concepto de Personalidade, afectividade e dimensións que a comprenden.
3.2. A construcción da personalidade a través do autoconcepto, a identidade persoal e a construcción das normas e valores sociais.
3.3. Estadios de desenvolvemento na idade de 3 a 6 anos. A vontade, a independenza, a autonomía e a capacidade de comprender o mundo e as suas relacións
3.4. A educación da personalidade na educación e o desenvolvemento dos sentimientos nos nenos e nenas de 3 a 6 anos.
BLOQUE 4. O DESENVOLVEMENTO LINGÜÍSTICO E COMUNICATIVO NA IDADE ESCOLAR DE 3 A 6 ANOS.
4.1. O desenvolvemento da linguaxe de 3 a 6 anos: a importancia da linguaxe na idade de 3 a 6 anos: Bases e estadios de desenvolvemento.
4.2. Factores e características do desenvolvemento da linguaxe na idade de 3 a 6 anos: a etapa lingüística e da linguaxe socializadora.
4.3. A comunicación e a relación co mundo das persoas: o proceso e as funcións comunicativas.
4.4. Etapas do desenvolvemento da comunicación interpersoal e social: os distintos tipos de comunicación.
4.5. Educar a linguaxe e a comunicación: estimulación, estratexias e atención educativa.
BLOQUE 5. O DESENVOLVEMENTO DA INTERACCIÓN E HABILIDADES SOCIAIS DAS PERSOAS DE 3 A 6 ANOS.
5.1. A interacción social e as habilidades sociais: concepto e características.
5.2. O desenvolvemento da interacción social e habilidades sociais: características e factores.
5.3. Elementos e características do desenvolvemento da interacción social e as habilidades sociais de 3 a 6 anos.
5.4. A atención educativa e a estimulación da interacción e habilidades sociais na educación infantil de 3 a 6 anos.
BLOQUE 6. O DESENVOLVEMENTO DO COMPORTAMENTO E AS BOAS PRACTICAS EN EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 A 6 ANOS.
6.1. O comportamiento: concepto e elementos que o comprenden.
6.1.1. O desenvolvemento do comportamento funcional e adaptativo: factores e elementos que os definen.
6.2.Etapas e características no desenvolvemento do comportamento adaptativo e funcional de 3 a 6 anos
6.3. A natureza intencional do comportamento e a sua función comunicativa: a autodeterminación.
6.4. A educación do comportamento adaptativo e funcional: factores e elementos.
6.5. O comportamento na aula e o desenvolvemento de boas prácticas educativas e a estimulación e atención do alumnado capaz e independente para unha vida en comunidade.
BLOQUE 7. Boas Practicas sobre calidade de vida e calidade de vida escolar para o desenvolvemento da persoa de 0 a 3 anos.
Sentido dos bloques na materia
Nestes bloques apórtaselle ao alumnado unha descrición detallada dos principais aspectos do desenvolvemento do individuo nesta etapa. Ofréceselle un perfil evolutivo do neno nestas idades, de modo que o alumno coñeza as pautas evolutivas que caracterizan as persoas neste periodo do desenvolvemento, así como os indicadores de desenvolvemento neurotípico para poder abordar un labor de estimulación e atención educativa eficaz e rigurosa. Esta laboura resulta esencial nos mestres de educación infantil, posto que son os principais artífices da observación e estimulación do desenvolvemento en coordinación coa educación familiar, polo que é indispensable que coñezan as pautas de desenvolvemento en cada idade para educar en función e facilitando a aprendizaxe do alumnado.
Ao longo dos mesmos, a actividade irá enfocada a facilitar o desenvolvemento como persoas e como futuros profesionais realizando actividades para o desenvolvemento de hábitos e estratexias de calidade e boas prácticas para a vida das persoas. Nestes contidos, contemplanse a autodeterminación do alumnado, a vida de calidade educativa, a capacidade de desenvolvemento así como as posibilidades de enriquecemento no rigor e práctica profesional.
Dada a situación actual, os contidos poden adecuarse para adaptarse a realidade que salga, pode adaptarse os contidos sin perder o seu obxectivo e finalidade formativa
ÁLVAREZ, A. (1987). Hacia un curriculum cultural. La vigencia de Vygotsky en la educación. Madrid: Fundación Infancia y Aprendizaje.
BERGER, K.S. e THOMPSON, R.A. (1997)- Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
BERK, L.E. (1999). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice Hall.
BRUNER, J. (1976). Crecer y pensar. Barcelona: Laia.
COLE, M. Y SCRIBNER, S. (1977) Cultura y pensamiento. Relación de los procesos cognoscitivos con la cultura. México: Limusa.
COLL, C. (1985) Psicología genética y aprendizajes escolares. Barcelona: Siglo XXI
CORDOBA, A.I; DESCALS, A. E GIL, M.D. (Coords.) (2006): Psicología del Desarrollo en la Edad Escolar. Madrid: Pirámide.
CORRAL, A., GUTIERREZ, F. e HERRANZ, P. (1997): Psicología evolutiva. Tomo I. Madrid: UNED.
CRAIG, G.J. (2001): Desarrollo psicológico. México: Prentice Hall (8ª ed.).
CUBERO, M. y SANTAMARIA, A. (1992). Una visión social y cultural del desarrollo humano. Infancia y Aprendizaje, 35, 17-30.
DAVIDOD, V. (1988). La enseñanza escolar y el desarrollo psíquico. Moscú: Progreso.
DELVAL, J. (1994): El desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI
ELKONIN, A (1985) Psicología del Juego. Madrid: Visor.
FELMAN, R.S. (2008): Desarrollo en la infancia. México: Prentice Hall (4ª ed.)
FLAVELL, J (1982): El desarrollo cognitivo. Madrid: Visor.
GARCÍA MADRUGA, J.A. e LACASA, P. (Dirs.) (1990): Psicología evolutiva. 2 vols. Madrid: UNED.
GONZÁLEZ, E. (Coord.) (2000): Psicología del ciclo vital. Madrid: CCS
HERRANZ, P. e DELGADO, B. (Coords.) (2002): Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. 1: Psicología del desarrollo. Madrid: UNED.
HOFFMAN, L., PARIS, S. e HALL, E. (1995): Psicología del desarrollo hoy. Vol. 1. Madrid: McGraw Hill (6ª Ed.)
HUERTAS, J. A., ROSA, A. y MONTERO, I. (1991). La troika: un análisis del desarrollo de las contribuciones de la escuela sociohistórica de Moscú. Anuario de Psicología, 4 (51), 113-128.
LEONTIEV, A (1984). Actividad, conciencia y personalidad. México: Cártago.
MIETZEL, G. (2005): Claves de la psicología evolutiva. Infancia y juventud. Barcelona: Herder.
MIRAS, F.; SALVADOR, F. e ÁLVAREZ, J. (2001): Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario
MOLL, L. (1993). Vygotski y la educación. Connotaciones y aplicaciones de la psicología sociohistórica a la educación. Argentina: Aique.
MORALEDA, M. (1992): Psicología del desarrollo. Infancia, adolescencia, madurez y senectud. Barcelona: Boixareu Universitaria
MUJINA, M.(1985) Psicología de la edad preescolar. Madrid: Visor.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (1990): Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza Psicológica.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (2002): Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza. Psicología y Educación (2ª ed.)
PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005): Desarrollo humano. Madrid: McGraw-Hill (9ªed.)
PERINAT, A. (1998): Psicología del desarrollo. Un enfoque sistémico. Barcelona: EDHASA
PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia. Barcelona: UOC.
PIAGET, J (1975). Seis Estudios de Psicología. Buenos Aires: Paidós-
PIAGET, J. (1984): Psicología del niño. Madrid: Morata
RAMIREZ, J. D. (1996). Usos de la palabra y sus tecnologías...
A. COMPETENCIAS XERAIS
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e
integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
B. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
E.3. Coñecer os fundamentos de atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a
observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e
heurístico.
E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo no aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe diversificarase en tres tipos de traballo que implican sesións de distinta natureza, con grupos de distinta composición de acordo ao seu tamaño e, en consecuencia, ás posibilidades de desenvolver actividades de diferente índole.
Cada bloque será tratado ao longo de duas clases expositivas e duas interactivas nos que realizar as aproximacións por distintas vías aos contidos e bloques desta materia; de xeito específico:
a) Sesións expositivas en gran grupo: inclúen clases de natureza explicativa e expositiva, nas cales facilitaranse aos alumnos os conceptos fundamentais dos temas do programa, destacando os aspectos máis relevantes do contido de cada un dos temas. Empregaranse apoios didácticos como presentacións ppt, ou materiais audiovisuais que faciliten o seguimento e a comprensión do contido por parte dos alumnos. O seu fin último é a consecución de ideas e coñecementos básicos que o alumno necesitará para outro tipo de traballos posteriores na materia.
b) Sesións en grupo mediano (grupo interactivo): inclúen sesións de natureza comprensivo-significativa, nas cales tratarase de profundar nos contidos básicos dos temas, impartidos nas clases expositivas, a través de actividades de lectura persoal, reflexión e formulación de dúbidas, ou cuestionamiento da información. Por outra banda, utilizaranse estes tempos de sesións con grupos interactivos para organizar e orientar as directrices para a elaboración dos diversos traballos prácticos daqueles temas ou aspectos do temario que o requiran. Tamén se realizarán nestas sesións as presentacións ou exposicións dos traballos en grupo ou individualmente, segundo indíqueo o profesor para cada traballo. Finalmente, nestas sesións facilitaranse aos alumnos instrucións para o desenvolvemento da competencia informacional, en canto a uso de recursos BUSC (bibliográfico-documentais) ou da plataforma virtual empregada para o desenvolvemento da materia.
c) Sesións en pequeno grupo (grupo de tutorías). Organizaranse os alumnos en pequenos grupos a partir dos grupos de traballo establecidos nas sesións interactivas. Nestas sesións realizarase o seguimento e tutorización dos traballos, e estableceranse as pautas de reorientación necesarias para a elaboración oportuna dos mesmos. Tratando de reservar as tutorías ordinarias para a atención de necesidades individuais.
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de
maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia”
Neste caso, seguirase o Plan exposto previamente no que as exposicións serán reemplazadas por acceso ao campus virtual desenvolvéndose o mesmo programa de contidos e presentándose todo o traballo na plataforma de moddle da universidade; neste caso, as exposicións poden ser modificadas en formato video ou presentación das materias.
No Escenario 2: Distanciamento. levarase a cabo unha docencia semipresencial, con docencia presencial con grupos reducidos e docencia telemática. As adaptacións estableceranse en función das decisións que adopte a Facultade a través da súa Xunta. Neste caso, seguindo a mesma distribución horaria e de localización independente das aulas de cada curso, tomaríanse as seguintes medidas:
a)Dividir os grupos de expositivas en dous e impartir presencialmente a metade dos contidos con asistencia alterna dos grupos (A1/A2; B1/B2/B3) no día da semana que corresponda. Os restantes contidos impartiríanse mediante actividades non presenciais coma vídeos demostrativos gravados, lecturas, e recursos colgados para todos e todas na aula virtual independentemente do tipo de escenario.
b) Os grupos de interactivas non se subdividen si as aulas contan con espazo suficiente e impártense presencialmente, cando menos, o 50%. As restantes substitúense por actividades non presenciais coma vídeos demostrativos gravados, descricións narradas, casos a analizar, ensaios a realizar... para tódolos escenarios cos mesmos recursos colocados na aula virtual da USC.
No Escenario 3: Peche das instalacións. Mantense as horas e días contemplados para cada materia, toda a docencia, expositiva e interactiva realizándose de xeito virtual. Os recursos serían os mesmos dos outros escenarios incorporando gravacións e contactos a través dos recursos audiovisuais e TIC da USC para todos e todas
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, a metodoloxía poderá ser modificada en función dos escenarios contemplados, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia” (ver apartado de Observacións).
ELEMENTOS DE AVALIACIÓN E PORCENTAXE DE CUALIFICACIÓN
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A) PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES DE ENSINO E APRENDIZAXE: 10%---------------Control de asistencia e rexistro de participación
B) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%---------------Proba obxectiva tipo test
C) INFORMES ESCRITOS E
OUTRAS PRODUCIÓNS 30%--------------Actividades didácticas e traballo académico
D) PRESENTACIÓNS ORAIS 10%--------------Exposicións en aula
A) Observación da participación nas actividades de aula (presencial/virtual). Avaliarase positivamente o seguimento, participación, a actitude e boa disposición para aprender e con interese nas actividades realizadas na aula virtual e/ou presencial. Contará ata un 10% da cualificación da materia. Será necesario presentar e seguir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado (1 punto). O alumnado que falte ou non sega sen xustificación a máis dun 20% das sesións presenciais e/ou virtuais (4 faltas), non terá puntuación neste apartado. O alumnado que, polas razóns que sexan, non acade a un mínimo do 50% das sesións, non poderá presentar traballos, nin actividades, nin participar nas presentacións orais, polo tanto, será avaliado unicamente polo exame final, mantendo a proporcionalidade antes indicada.
B) Probas específicas. O alumnado deberá superar unha proba específica ou exame final ao final do período lectivo. Consistirá nun exame tipo test de 40 preguntas con resposta verdadeiro-falso corrixida a través da fórmula A-E/2. Suporá ata un 50% da cualificación da materia. É condición necesaria para a superación da materia ter un aprobado nesta proba. Unha vez superado este requisito, sumaranse as puntuacións do resto de apartados da avaliación. Neste caso, a nota que figurará nas actas será a nota do exame.
C) Informes e outras producións escritas. Durante o curso cada alumna/deberao presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriales . O profesorado da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia (3 puntos). Neste apartado tamén se terá en conta a actividade desenvolvida polo alumnado na plataforma virtual
D) Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 10% da cualificación da materia. Esixirase un traballo académico e a súa exposición en formato PPT utilizando recursos e metodoloxías virtuais.
Ademais destas indicacións específicas, son tamén criterios para avaliar o rendemento académico do alumnado:
- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Infantil.
- A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
- O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos cas demais materias do curso
- A habilidade para integralos no saber do alumno/a, futuro profesorado de Educación Infantil.
- A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
- A calidade da actividade autónoma (informes, traballos,...) que inclúe, ademais do contido, a presentación ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
- A competencia comunicativa e lingüística oral e escrita, manifestada no rigor e corrección expresiva.
IMPORTANTE
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar a metade da puntuación total de cada un dos apartados.
Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.
A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Durante a primeira semana do curso, todos os alumnos/as matriculados na materia teñen que rexistrarse na plataforma virtual da USC. Un alumno/a non matriculado, non será avaliado nos apartados de informes e outras producións escritas, nin no apartado de presentacións orais.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e preséntase en xullo, manterá todas as puntuacións acumuladas nos diferentes apartados da avaliación, tendo que facer unicamente ao exame e superalo nas mesmas condicións da primeira oportunidade común. Se non tivo puntuacións nalgún dos apartados, participará igualmente do ata exame, pero neste caso a puntuación máxima que se poderá conseguir é un.
Ao alumnado de 2ª e sucesivas convocatorias, é dicir, alumnado repetidor, aplicaráselle este mesmo criterio: Unicamente terá que facer o exame teórico e terá unha puntuación máxima de 7 puntos, excepto os alumnos repetidores que se integren no curso común, para os que se seguirán os mesmos criterios que para o resto do alumnado matriculado nese curso.
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de
maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia” de xeito que de non poder ser realizada de forma presencial, os traballos, probas e realizacións de prácticas procederanse a entrega no campus virtual nos recursos abertos e pechados en tempo e prazo non podendo ser entregado fora do mesmo. Para ilo, contarase co apoio e axuda do profesorado a través dos foros, correo e contacto remoto das plataformas virtuais da Universidade.
Nos escenarios 2 e 3 seguirase o mesmo procedemento de avaliación, no que as actividades de avaliación continua teñan o mesmo peso e contémplase a posibilidade da proba non presencial que se colgará e abrirá na aula virtual e corrixirase da mesma forma especificada previamente. Contarase con tempo restrinxido para ilo e informarase ao alumnado dos acertos e erros unha vez finalice o tempo da proba por tempo reducido. A calificación que se obteña non ten peso algún dado que se aplicará a fórmula especificada previamente. As actividades continuas contaràn cunha rúbrica e recursos así como un foro onde consultar, plantexar ou sinalar o que se considere en función da necesidade de axuda e apoio. Non incrementarán o tempo de aprendizaxe e esforzo que se especifica nas actividades posteriores aínda que demandarase mais participación e traballo autónomo por parte do alumnado ao non contar coa aula presencial.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
“En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
Nº de horas presenciais------------------------------Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo-------24--------------------------------------------------35
Actividades en grupo mediano--24--------------------------------------------------45
Actividades en pequeno grupo---3--------------------------------------------------19
Total horas (25h x nº crédt)----51--------------------------------------------------99= 150 horas
Recoméndase ao alumnado:
1. A organización e secuencialización do traballo segundo os criterios establecidos polo profesor; para ilo, a solicitude de demanda de apoio e axuda é básico polo que recoméndase asegurarse da información directa e nunca a través do alumnado dos criterios, pautas e recursos a ter en conta e realizar nesta materia
2. O mantemento dunha comunicación continuada co profesor que garanta o seguimento oportuno da materia, e a consulta de todas aquelas cuestións que lle poidan expor dúbida ou conflito para a máxima comprensión do contido.
3. A disponibilidade dun ordenador con acceso a rede, ou na súa falta a posibilidade o uso dos ordenadores en función de cada posibilidade e recurso son imprescindibles, mais neste tempo que vivimos. Este requisito é indispensable para o seguimento da materia a través da plataforma virtual que se utilizará como recurso didáctico na materia.
Dada a situación actual de incertidume, os cambios na maneira e xeito de levar a cabo a asignatura poden orixinarse polo que se levaría a cabo información con marxe de tempo asi como todo o apoio e explicacións que se soliciten para que o proceso educativo non perda capacidade
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia e seguimento de un mínimo do 80% das sesións de clase presencial e/ou virtual, cumprimento e seguimento das actividades de ensino e aprendizaxe é obrigatorio.
No caso de que o alumnado presente unha ausencia ou un seguimento non xustificado a máis dun 20% das sesións terá un 0 neste apartado, e no caso de que por algunha razón non asista a un 50% ou máis das sesións, o alumnado non terá opción a entregar traballos ou outras producións escritas.
O alumnado con dispensa de docencia deberá manter, desde o principio, contacto e comunicación co profesor, o cal informaralle da canle máis oportuna para o seguimento da materia no seu caso, así como dos traballos que terán oportunidade de realizar, e que, por razóns obvias, poden ser de distinta natureza á dos traballos dos alumnos presenciais. Neste sentido, deberán respectarse, igualmente, as datas de entrega e os criterios establecidos polo profesor en canto a forma e contido do traballo.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Os cambios que terían lugar na metodoloxía de ensinanza, sistema de avaliación, tempo de estudo e traballo persoal e recomendacións para o estudio da materia en función dos escenarios previstos serán informados por este medio así como a través da aula virtual da materia
Neste sentido, informarase:
a. Para a metodoloxía de ensino, contémplase a posibilidade de que parte dos contidos sexan impartidos con recursos telemáticos asíncronos (presentacións narradas, textos, cuestionarios de autoavaliación...) e, incluso, que parte deste contido non sexa obxecto de avaliación. Utilizaranse os recursos e tecnoloxía aportada pola propia USC que permita o acceso a información e a procura de actividades para a aprendizaxe do alumnado para o que se posibilitará a axuda e apoio que se demande.
Ademáis, utilizaranse ferramentas como a aula virtual e o teams en caso de requirirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva) sin menoscabo da utilización doutras ferramentas que se requiran para a aprendizaxe e a interacción co alumnado; o sistema de seguimento das actividades non presenciais (programación de entregas, listaxes de participación etc.) será realizado a través da aula virtual. A carga de traballo para o alumnado será sempre a mesma e proporcionada aos créditos da materia.
b. A avaliación será a mesma en tódolos escenarios para os que se abrirán os recursos na aula virtual así como facilitarase a información para desenvolvelos a través de rúbricas e instrumentos. En todo caso, co tempo suficinte para o seu desenvolvemento e cumprimento.
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, a metodoloxía e o sistema poden ser obxeto de cambio, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia”.
Bibliografía Complementaria:
RICE, F.P (2000): Desarrollo humano. Estudo del ciclo vital. México: Prentice- Hall.
RUBIO, R. (1992): Psicología del desarrollo. Madrid: CCS.
SANTROCK, J.W. (2003): Psicología del desarrollo en la infancia. Madrid: McGraw-Hill (7ª ed.).
SCRIBNER, S. y COLE, M. (1981) The psychology of literacy. Cambridge, MA: Harvard University Press.
SILVESTRE, N. e SOLE, M.R. (1993): Psicología evolutiva. Infancia, preadolescencia. Barcelona: CEAC
TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (1998): Psicología de la educación y del desarrollo. Madrid: Pirámide.
TRIANES, M.V. e GALLARDO, J.A. (Coords) (2004): Psicología de la educación y del desarrollo en contextos escolares. Madrid: Pirámide.
VYGOTSKI, L.S. (1978). Pensamiento y lenguaje. Teoría del desarrollo cultural de las funciones psíquicas. Barcelona: Critica.
VYGOTSKI, L.S. (1972). El problema de la periodización por etapas del desarrollo del niño. Problemas de Psicología, 2, 114-123.
VYGOTSKI, L.S. (1979) El desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Barcelona: Grijalbo.
VYGOTSKI, L. S. (1982) Obras escogidas (Vol. 2). Madrid:Visor Distribuciones
WERSCHT, J. V. (1985) Vygotsky y la formación social de la mente. Barcelona: Paidós.
WERSCHT, J. V. (1989) Los mecanismos semióticos en la actividad cognitiva conjunta. Infancia y aprendizaje, 47, 2-22.
WERSCHT, J. V. (1991) Voces de la mente. Un enfoque sociocultural para el estudio de la acción mediada. Madrid: Visor Distribuciones.
WERSCHT, J.V. y SOHMER, R. (1995). Vygotsky on learning and development. Human Development, 38, 332-337.
WERSCHT, J. V. y STONE, C.A. (1985) The concept of internalization in Vygotsy's account of the genesis of higher mental functions. En J. Wertsch (Ed.), Culture, communication and cognition: Vygotskian perspectives (pp. 162-179). Cambridge, MA: Cambridge University Press.
ZICHENKO, V.P. (1985). Vygotsky' s ideas about units of analysis of mind. En J. Wertsch (Ed.), Culture, communication and cognition: Vygotskian perspectives (pp. 94-118). Cambridge, MA.: Cambridge University Press
Manoel Baña Castro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- manoel.bana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade