Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Distinguir e establecer as características concretas e específicas necesarias para a organización e dirección de xogos nos seus diferentes ámbitos de aplicación
- Seleccionar e secuenciar xogos infantís en función de intereses, necesidades e posibilidades do alumnado ao que van dirixidos.
- Coñecer e distinguir os recursos que ofrecen estas actividades no campo da recreación e do lecer escolar.
- Entender e comprender a vinculación que os xogos populares teñen cos intereses culturais e históricos dos pobos e comunidades, os seus desarraigamentos e a susceptibilidade que orixina a súa recuperación na sociedade actual.
BLOQUE TEMÁTICO I. Os XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
- Tema 1.- Os xogos e deportes populares: introdución, conceptos e clasificacións.
- Tema 2.- Os xogos populares e tradicionais na educación física escolar.
- Tema 4. Xogos e deportes de lanzamento, locomoción, loita e forza. Propostas prácticas.
- Tema 5. Propostas para a súa aplicación educativa e recreativa.
BLOQUE TEMÁTICO II: A INICIACIÓN DEPORTIVA E O DEPORTE ESCOLAR
- Tema 6.- Conceptos básicos. Clasificación dos xogos deportivos.
- Tema 7.- Os elementos pedagógicos do deporte. Os valores na iniciación deportiva. A igualdade de xénero no deporte.
- Tema 8.- A iniciación deportiva no contexto escolar.
Bibliografia Básica
Blazquez, D. (1982): “Iniciación a los deportes de equipo”. Martínez Roca. Barcelona.
Blázquez, D. (1995): “La iniciación deportiva y el deporte escolar”. INDE. Barcelona.
Camerino Foguet, O. (2000): “Deporte recreativo”. Inde. Barcelona.
Bibliografía Complementaria
Antón García, J.L. (coord.) (1989): “El entrenamiento deportivo en la edad escolar”Unispor Andalucía. Málaga.
Bayer, C. (1992): “La enseñanza de los juegos deportivos colectivos”. Hispano Europea. Barcelona
Blanco-García, T. (1993): “Para jugar, como jugábamos”. Diputación de Salamanca. Salamanca.
Castejón Oliva, F.J. (1995): “Fundamentos de iniciación deportiva y actividades físicas organizadas”. Dykinson. Madrid.
Devís Devís, J., e Peiró Velert, C. (1992): “Nuevas perspectivas curriculares en Educación Física: la salud y los juegos modificados”. Inde. Barcelona.
Graça, A e Oliveira, J. (1994): “O ensino dos jogos desportivos”. Universidad de Oporto. Oporto.
Gruppe, O. (1976): “Teoría pedagógica de la Educación Física”. INEF. Madrid.
Hernández Moreno, J. (1994): “Fundamentos del deporte: análisis de las estructuras del juego deportivo” INDE Publicaciones. Barcelona.
Hernández Moreno, J. (2000): “La iniciación a los deportes desde su estructura y dinámica” INDE Publicaciones. Barcelona.
Lasierra, G. e Lavega, P. (1993): “1015 juegos y formas jugadas de iniciación a los deportes de equipo”. Vol. 1, II. Paidotribo. Barcelona .
Navarro-Patón, R.; Alvarez-Fernández, M.; Basanta-Camiño, S. (2015). Los juegos y actividades tradicionales como reflejo de la sociedad. Estudio comparativo entre la población adulta y los escolares de educación secundaria obligatoria. EmasF, 6(33): 1-22
Navarro-Paton, R., Alvarez-Fernández, M., Basanta-Camiño, S, (2014). O xogo popular tradicional no concello de Xove, unha ollada á realidade lúdica. Revista Galega de Educación, nº59. Pp 80-83
Deben adquirir as competencias que oficialmente establécense na ficha correspondente á materia:
- Xerais: G2-G5-G7.
- Específicas: E56-E59-E60.
- Básicas: B2-B3.
- Transversais: T1-T3.
Será activa, colaborativa e participativa para que axude ao alumnado a recompilar e organizar a información e os seus coñecementos de tal forma que poida transmitir os conceptos dun contexto a outro, fomentando e reforzando unha aprendizaxe significativa.
A organización das sesións será en función do grupo de clase que se desenvolva e onde a vivencia persoal tanto individual como en grupo será un elemento fundamental para coñecer as particularidades desta materia e a súa posterior aplicación na escola.
Hay que ter en conta que debido á natureza da materia, poderanse realizar saídas de campo, sobre todo no bloque de contidos de xogos populares e tradicionais.
Existe a posibilidade de que o desenvolvemento da materia e a metodoloxía empregada poda basearse na metodoloía de Aprendizaxe Servizo.
Criterios de organización da docencia nos tres escenarios posibles por mor da COVID-19 segundo as DIRECTRICES PARA
O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021:
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación na clase) combinarase cunha proba final presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual podendo ser síncrona (chat, videoconferencia...) ou asíncrona (foros, wikis, correo electrónico...), de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación nos foros e taferas programadas, así coma as entregas parciais do/s traballo/s da materia) combinarase cunha proba final preferentemente de carácter telemático.

Escenario 3: peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos (chat, videoconferencia...) ou asíncronos (foros, wikis, correo electrónico...).
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación nos foros e taferas programadas, así coma as entregas parciais do/s traballo/s da materia) combinarase cunha proba final de carácter telemático.

Con carácter xeral e no marco das DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021, no ESCENARIO 1 a avaliación queda como segue:
1. Participación no aula; 20% do total da nota (Si a asistencia é ao 100% das sesións). Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio.
3. Informes escritos e outras producións; 65 % do total da nota. Traballo grupal final e actividades. (Poderá haber un traballo coordinado coas materias da Mención de Educación Física que se imparten no mesmo semestre)
4. Presentacións orais; 15% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.
Condicións para superar a materia.
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA NOS INFORMES ESCRITOS: Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima nos informes escritos que se soliciten. É dicir, os informes valoraranse sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no nos traballos, significa ter un 5 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 5 en cada uno dos informes escritos que se soliciten para que poida sumar coas demais cualificacións (Participación no aula e presentacións orais).
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciales, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir entregar os informes escritos da materia sen puntuar nos apartados anteriores.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na segunda oportunidade:
a. Si no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciales e ten cualificación en todos os apartados da avaliación, debe presentar únicamente os informes escritos da segunda oportun¡dade. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e o súa proporcionalidade.
b. Si no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos apartados de avaliciación, participará da mesma proba da segunda oportunidade que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na segunda oportunidade nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser evaluado segundo as condicións que se establecen no apartado a ou no apartado b. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores: a/o estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia
Alumnado con dispensa de asistencia (segundo a normativa da USC): estes alumnos ou alumnas deberán informar da súa situación ao docente correspondente na mesma semana en que soliciten a exención, a fin de concretar de inmediato o seu plan de traballo e a avaliación na materia para adaptalos ás súas particulares circunstancias. A asistencia de obrigado cumprimento será a exposición da sesión práctica cos compañeiros e a exposición da sesión práctica con escolares na práctica de campo (sen a asistencia a estas dúas sesións. o alumnado con dispensa de asistencia non terá dereito a avaliación).
Alumnado con diversidade funcional: calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC) a estes efectos6 e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas
Escenario 2: distanciamento
Tendo en conta que as probas de avaliación poden producirse de xeito presencial ou en remoto en base ás circunStancias que existan nese momento. A avaliación queda definida do seguinte xeito:
1. AVALIACIÓN CONTINUA (35%) da nota final da materia: Esta estará composta pola asistencia ás sesións que se leven a cabo de xeito presencial (15%) (como mínimo o 80% para poder puntuar no resto das partes da avaliación deste apartado); Actividades relacionadas cas clases expositivas e interactivas da materia (10%); participación en foros ou outras tarefas que sexan plantexadas (10%))
2. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÖNS: 65 % do total da nota. Traballo/s grupal/is final/is.
PARA SUPERAR A MATERIA EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE O ALUMNADO DEBE SUPERAR COA MITADE DA NOTA DE TODOS OS APARTADOS. PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE E SEGUINTES AS CONDICIÓNS DE SUPERACIÓN SERÁN AS MESMAS QUE NO ESCENARIO 1 (APARTADO D).
O alumnado con dispensa de asistencia á clase e/ou con diversidade funcional debe proceder do mesmo xeito que no escenario 1.
Escenario 3: peche das instalacións
Tendo en conta que as probas de avaliación se producirán en remoto, a avaliación queda definida do seguinte xeito:
1. . AVALIACIÓN CONTÍNUA (35%) da nota final da materia: Esta estará composta pola participación nas tarefas que se propoñan semanalmente relacionadas cos contidos teóricos e prácticos (15%) (como mínimo o alumnado debe participar no 80% para poder puntuar no resto das partes da avaliación deste apartado); Actividades coma participación en foros ou outras tarefas que que sexan plantexados (10%) e outras produccións (10%)

IMPORTANTE:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Actividades presenciais
- Clases expositivas, debates, prácticas en gran grupo e avaliación: (Total horas: 18)
- Actividades grupo mediano e prácticas específicas: (Total horas: 18)
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: (Total:horas; 2,5)
Tempo de estudo e de traballo persoal
- Actividades en gran grupo: 25 horas.
- Actividades en grupo mediano: 36 horas.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: 13 horas
A asistencia ás clases expositivas é un nexo de unión fundamental para a parte práctica e interactiva e onde o esforzo individual e en grupo debe ser determinante para acadar o seu coñecemento e o nivel adecuado de aprendizaxe.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase.
Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir a clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clase.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só teranse en conta a lestes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Plan de continxencia
Criterios de organización da docencia nos tres escenarios posibles por mor da COVID-19 segundo as DIRECTRICES PARA
O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021:
Escenario 1: normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación na clase) combinarase cunha proba final presencial.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual podendo ser síncrona (chat, videoconferencia...) ou asíncrona (foros, wikis, correo electrónico...), de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación nos foros e taferas programadas, así coma as entregas parciais do/s traballo/s da materia) combinarase cunha proba final preferentemente de carácter telemático.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Escenario 3: peche das instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos (chat, videoconferencia...) ou asíncronos (foros, wikis, correo electrónico...).
- A avaliación continua formativa (asistencia e participación nos foros e taferas programadas, así coma as entregas parciais do/s traballo/s da materia) combinarase cunha proba final de carácter telemático.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
AVALIACIÓN:
Con carácter xeral e no marco das DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA CURSO 2020-2021, no ESCENARIO 1 a avaliación queda como segue:
1. Participación no aula; 20% do total da nota (Si a asistencia é ao 100% das sesións). Rexistrarase a asistencia mediante firma en lista que se pasará nas sesións interactivas/laboratorio.
3. Informes escritos e outras producións; 65 % do total da nota. Traballo grupal final e actividades. (Poderá haber un traballo coordinado coas materias da Mención de Educación Física que se imparten no mesmo semestre)
4. Presentacións orais; 15% do total da nota. Presentacións orais dos traballos realizados.
Condicións para superar a materia.
A. ASISTENCIA: Como mínimo o alumno/a debe asistir ao 80% das sesións interactivas/laboratorio para poder puntuar neste apartado. Para recibir cualificación neste apartado, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, o/a estudante deberá implicarse activamente nas sesións.
B. PUNTUACIÓN MINIMA NOS INFORMES ESCRITOS: Para superar a materia, o alumno/a debe obter un mínimo da metade da cualificación máxima nos informes escritos que se soliciten. É dicir, os informes valoraranse sobre 10, de tal xeito que sacar un 10 no nos traballos, significa ter un 5 na nota final da materia, polo que para superar a materia, todo o alumnado debe alcanzar un 5 en cada uno dos informes escritos que se soliciten para que poida sumar coas demais cualificacións (Participación no aula e presentacións orais).
C. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciales, non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir entregar os informes escritos da materia sen puntuar nos apartados anteriores.
D. RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na segunda oportunidade:
a. Si no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciales e ten cualificación en todos os apartados da avaliación, debe presentar únicamente os informes escritos da segunda oportun¡dade. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e o súa proporcionalidade.
b. Si no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos apartados de avaliciación, participará da mesma proba da segunda oportunidade que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
c. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na segunda oportunidade nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser evaluado segundo as condicións que se establecen no apartado a ou no apartado b. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena de curso.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores: a/o estudante deberá pasar a falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia
Alumnado con dispensa de asistencia (segundo a normativa da USC): estes alumnos ou alumnas deberán informar da súa situación ao docente correspondente na mesma semana en que soliciten a exención, a fin de concretar de inmediato o seu plan de traballo e a avaliación na materia para adaptalos ás súas particulares circunstancias. A asistencia de obrigado cumprimento será a exposición da sesión práctica cos compañeiros e a exposición da sesión práctica con escolares na práctica de campo (sen a asistencia a estas dúas sesións. o alumnado con dispensa de asistencia non terá dereito a avaliación).
Alumnado con diversidade funcional: calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, debería xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC (Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU) da USC) a estes efectos6 e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas
Escenario 2: distanciamento
Tendo en conta que as probas de avaliación poden producirse de xeito presencial ou en remoto en base ás circunStancias que existan nese momento. A avaliación queda definida do seguinte xeito:
1. AVALIACIÓN CONTINUA (35%) da nota final da materia: Esta estará composta pola asistencia ás sesións que se leven a cabo de xeito presencial (15%) (como mínimo o 80% para poder puntuar no resto das partes da avaliación deste apartado); Actividades relacionadas cas clases expositiv as e interactivas da materia (10%); participación en foros ou outras tarefas que sexan plantexadas (10%))
2. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÖNS: 65 % do total da nota. Traballo/s grupal/is final/is.
PARA SUPERAR A MATERIA EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE O ALUMNADO DEBE SUPERAR COA MITADE DA NOTA DE TODOS OS APARTADOS. PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE E SEGUINTES AS CONDICIÓNS DE SUPERACIÓN SERÁN AS MESMAS QUE NO ESCENARIO 1 (APARTADO D).
O alumnado con dispensa de asistencia á clase e/ou con diversidade funcional debe proceder do mesmo xeito que no escenario 1.
Escenario 3: peche das instalacións
Tendo en conta que as probas de avaliación se producirán en remoto, a avaliación queda definida do seguinte xeito:
1. . AVALIACIÓN CONTÍNUA (35%) da nota final da materia: Esta estará composta pola participación nas tarefas que se propoñan semanalmente relacionadas cos contidos teóricos e prácticos (15%) (como mínimo o alumnado debe participar no 80% para poder puntuar no resto das partes da avaliación deste apartado); Actividades coma participación en foros ou outras tarefas que que sexan plantexados (10%) e outras produccións (10%)
2. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÖNS: 65 % do total da nota. Traballo/s grupal/is final/is.
PARA SUPERAR A MATERIA EN PRIMEIRA OPORTUNIDADE O ALUMNADO DEBE SUPERAR COA MITADE DA NOTA DE TODOS OS APARTADOS. PARA A SEGUNDA OPORTUNIDADE E SEGUINTES AS CONDICIÓNS DE SUPERACIÓN SERÁN AS MESMAS QUE NO ESCENARIO 1 (APARTADO D).
O alumnado con dispensa de asistencia á clase e/ou con diversidade funcional debe proceder do mesmo xeito que no escenario 1.
IMPORTANTE:
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Joaquín Lago Ballesteros
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821023
- Correo electrónico
- joaquin.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Garcia Marin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor