Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Xerais
a. Que o alumnado, futuros docentes de Educación Infantil, adquira formación literaria e coñecemento da Historia da Literatura Infantil, valorando o estudo dos “clásicos” no contexto da literatura infantil europea, hispánica e galega.
b. Que o alumnado adquira os coñecementos básicos sobre o proceso de adquisición e aprendizaxe da Literatura Infanto-Xuvenil (LIX), integrando o coñecemento da literatura de tradición oral canto á súa incorporación ao sistema.
c. Que o alumnado recoñeza a importancia da Literatura Infantil no desenvolvemento da competencia e da educación literaria, e na formación integral do alumnado, valorando e asumindo a presenza das TICs no seu proceso de ensino/aprendizaxe nas aulas.
2. Coñecementos
a. Recoñecer a Literatura Infantil como arte verbal, como texto literario de valor, con entidade propia e non como Triviallitteratur, recoñecendo a necesidade dunha crítica seria e precisa que, aínda que considere concretos aspectos sociolóxicos, rexeite a súa instrumentalización.
b. Acadar o coñecemento dos conceptos fundamentais manexados no campo da didáctica da literatura infantil, da literatura de tradición oral e do teatro e dramatización, así como coñecer e dominar o corpus bibliográfico pertinente.
c. Desenvolver e adquirir a competencia literaria necesaria para o estudo e elaboración de materiais didácticos e selección e programación de prácticas creativas susceptíbeis de seren integradas na aula, coa información precisa sobre a fundamental achega das novas tecnoloxías.
3. Procedementos
a. Asumir o desenvolvemento de experiencias que posibiliten a avaliación e selección de textos, a antoloxización e conformación dun corpus escolar no que se integre o texto interactivo e contorno multimedia.
b. Analizar, avaliar e desenvolver a literaturización e incorporación da literatura de tradición oral no sistema LIX como actividade para os talleres literarios.
c. Aplicar técnicas didácticas para o desenvolvemento das actividades de dramatización, escenificación e posta en escena dun texto dramático a fin de valorar a importancia da interacción no desenvolvemento de ditas practicas.
4. Actitudes
a. Recoñecer o texto literario como realización plena da lingua e a importancia da recepción e produción textual para o desenvolvemento da competencia literaria e lingüística no contexto da competencia comunicativa.
b. Ser consciente da transcendencia do coñecemento e dominio da Literatura Infantil a fin de valorar a súa incorporación a distintas áreas de coñecemento e concienciarse das singularidades dun contexto educativo plurilingüe para o desenvolvemento da competencia intertextual.
c. Percibir a necesidade dunha formación continua que permita afrontar e adaptarse ás esixencias do ensino da Literatura Infantil no ciclo de educación infantil, dado a fundamental achega das novas tecnoloxías e contorno multimedia.
1.- Concepto de literatura infanto-xuvenil: dilucidación teórica.
1.1. Os estudos de literatura infanto-xuvenil: as achegas interdisciplinares.
1.2. O canon da LIX: escritores e obras clásicas universais.
1.3. Criterios de selección das obras infanto-xuvenís.
2.- A LIX desde a didáctica: a competencia literaria e a literatura infantil.
2.1. O tratamento da LIX nos libros de texto.
2.2. A creación de hábitos lectores e a animación á lectura.
2.3. A potenciación da creatividade a partir da LIX.
3. A LIX e o tratamento dos valores: enfoque comparatístico.
3.1. O pulo pola igualdade de xénero: a denuncia do sexismo.
3.2. A defensa da interculturalidade: o rexeitamento do racismo.
3.3. O protagonismo da diversidade funcional: a loita contra a uniformidade.
4.- A narrativa infanto-xuvenil: devir histórico, tematoloxía e compoñentes fundamentais.
4.1. Trazos definitorios do xénero. Breve historia da narrativa infanto-xuvenil.
4.2. Función formativa do conto infantil: das narracións populares á narrativa de autor/a.
4.3. A tematoloxía e tipoloxía dos personaxes. O heroe e a heroína.
5.- O teatro infanto-xuvenil: modalidades e trazos característicos.
5.1. Elementos definitorios do xénero: texto dramático e espectacular. Breve historia do teatro infanto-xuvenil.
5.2. A creación de textos teatrais a partir doutros xéneros: recursos e técnicas.
5.3. A práctica da dramatización na escola: técnicas para o xogo e a representación teatral.
6.- A poesía infanto-xuvenil: da lírica tradicional ás composicións actuais.
6.1. A heteroxeneidade do xénero: panorámica das modalidades líricas para público infantil.
6.2. A lírica tradicional.
6.3. As creacións actuais. A lírica e as artes plásticas e musicais.
Bibliografía básica
COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil, Madrid: Síntesis.
MÍNGUEZ, X. (2015). "Una definición altamente problemática: la literatura infantil y sus ámbitos de estudio". Lenguaje y Textos, 41, 95-106.
Bibliografía complementaria
BORDA CRESPO, I. (2002). Literatura Infantil y Juvenil. Teoría y didáctica, Granada: GEU..
BRAVO VILLASANTE, C., (1988). Historia y Antología de la Literatura Infantil Universal, Valladolid: Miñón.
CERRILLO, P., LARRAÑAGA, E. & YUBERO, S. (2002). Libros, lectores y mediadores. La formación de los hábitos lectores como proceso de aprendizaje, Cuenca: UCLM.
CERRILLO, P. & SÁNCHEZ ORTIZ, C. (2008). La palabra y la memoria (Estudios sobre Literatura Popular Infantil), Murcia: UCLM.
COLOMER, T. (1998). La formación del lector literario: narrativa infantil y juvenil actual, Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
GARCÍA PADRINO, J. (2003). Formas y colores: la ilustración infantil en España. Cuenca: UCLM.
GARCÍA PADRINO, J. (1992). Libros y Literatura Infantil en la España contemporánea, Madrid: FGSR.
GARRALÓN, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil, Madrid: Anaya.
GÓMEZ, N., NÚÑEZ, G. & PEDROSA, J.M. (2003). Folclore y literatura oral. Ensayo de historia, poética y didáctica, Madrid: GEU.
LLUCH,G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles, Cuenca: UCLM.
LLUCH, G. [coord.] (2007). Invención de una tradición literaria, Cuenca: UCLM..
MAESTRO, J.G. (1996). Didáctica y teoría del teatro. Signo y método. Oviedo: SPPA.
MENDOZA FILLOLA, A. (2004). La educación literaria. Bases para la formación de la competencia lecto-literaria lectora, Málaga: Aljibe.
MENDOZA FILLOLA, A. (2001). El intertexto lector. El espacio de encuentro de las aportaciones del texto con las del lector, Cuenca: UCLM.
MENDOZA FILLOLA, A. (coord.) (2012). Leer hipertextos: la formación del lector literario, Barcelona: Octaedro.
MOLINA MORENO, M. (coord.) (2020). Didáctica de la literatura infantil y juvenil. Madrid: Paraninfo.
PASCUAS FABLES, I. (1998). La adaptación en la traducción de la literatura infantil, Las Palmas:ULPGC.
PENA PRESAS, M. e SAMPEDRO MARTÍNEZ, P. (coords.) (2010). Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria II, Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Igualdade.
PENNAC, D. (1993). Como una novela, Barcelona: Círculo de Lectores.
RODARI, G. (1989). Gramática de la fantasía, Madrid: Aliorna.
RODRÍGUEZ ALMODÓVAR, A. (1989). Los cuentos populares o la tentativa de un texto infinito, Murcia: SPUM..
SPANG, K. (1991). Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona: EUNSA
TABERNERO SALA, R. (2005), Nuevas y viejas formas de contar, Zaragoza: UZ.
TEJERINA, I. (1994). Dramatización y teatro infantil, Madrid: Siglo Veintiuno
VVAA (2002). Siete llaves para valorar las historias infantiles, Madrid: FGSR.
Xerais
G.2.- Promover e facilitar na primeira infancia as aprendizaxes, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e os dereitos humanos.
G..5.- Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emociones, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Específicas
E.45.- Coñecer a tradición oral e o folclore
E.50.-Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
E.51.- Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
Básicas
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos e conceptos máis básicos da disciplina atendendo ás posíbeis dificultades iniciais na aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da docente e será implementada polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, tras a presentación e estudo de textos varios, de modo que se desenvolva a participación activa do/a estudante e do grupo. Así, procúrase tanto favorecer o desenvolvemento de competencias varias como acadar o dominio do discurso expositivo e argumentativo, o pensamento crítico, a análise e a confrontación e respecto por opinións alleas, etc así como as competencias xa sinaladas para a materia.
No traballo persoal do alumnado vai prestarse especial atención á lectura, comentario, e debate de documentos e textos, así como á exposición e defensa dos seus estudos e traballos a fin de potenciar a competencia expositiva oral á vez que a aprendizaxe autónoma e, por suposto, a valoración do traballo cooperativo.
O estudantado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido, con obxecto de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal. Non se admitirá a entrega de ningún estudo ou traballo que non fose orientado e dirixido pola profesora. Será fundamental que a presentación do traballo responda aos parámetros e esixencias dun estudo universitario ou traballo de investigación. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
O emprego da aula virtual da materia será habitual, dado que a docente facilitará ao alumnado textos que se consideran básicos para a materia, así coma outros recursos artísticos. A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final presencial.
Estas sesións e actividades adaptaranse aos diferentes escenarios que poidan xurdir por mor da COVID-19 (máis información en "Observacións").
Esta materia e a súa docente participan no Proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia e observación da actitude do alumnado na aula e da súa participación nas actividades propostas.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación e colaboración na actividade realizada na aula. Será preciso asistir como mínimo ao 80% das sesións interactivas. O alumnado que teña 4 ou máis faltas de asistencia non xustificadas (é dicir, o 20% do total das sesións presenciais) non será cualificado neste apartado
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumento de avaliación: exame escrito.
- Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade. A súa cualificación suporá ata un 50% da cualificación da materia.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
- Orientacións para a avaliación: é recomendábel ter hábito de lectura e capacidade crítica. Esixirase unha correcta redacción e ortografía, condicións indispensábeis para superar a materia.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
1.CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA. Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá cumprir dúas condicións:
a.Obter como mínimo a metade da cualificación máxima no exame final (2,5 puntos de 5)
b.Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos como resultado da suma das puntuacións obtidas nos elementos A, B, C, D.
2.AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA CONCEDIDA OFICIALMENTE POLA XUNTA DE FACULTADE. Este alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo e o sistema de avaliación que se lle aplicará.
3.ALUMNADO QUE NON SUPERE A ASIGNATURA NA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (PERÍODO ORDINARIO). Os estudantes que non superen a materia no mes de maio teñen unha segunda oportunidade no mes de xullo. Os instrumentos de avaliación desta segunda oportunidade serán dous:
a.Presentación de traballos, actividades, prácticas e demais producións escritas realizadas ao longo do curso.
b.Exame escrito sobre os contidos das sesións expositivas e interactivas.
4. ALUMNADO REPETIDOR. Deberá poñerse en contacto coa profesora da materia nos primeiros quince días de clase do segundo semestre para concretar o plan de traballo ao que deberá aterse e o sistema de avaliación ao que se someterá.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS DE INTERESE:
Á parte das indicacións específicas sobre avaliación, son criterios a ter en conta para avaliar o rendemento académico do alumnado:
1.- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos.
2.- A participación activa nas clases e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais e a distancia.
3. -A competencia para saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de casos prácticos.
4.- A calidade dos traballos que, aparte dunha correcta organización e presentación textual, deberán aterse na súa entrega aos prazos sinalados.
5.- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresivas, e na coherencia, cohesión e adecuación propias dun discurso académico.
6.- O coñecemento e dominio da teoría e métodos da materia e a capacidade para estabelecer relación e incorporar e integrar o coñecemento de outras materias cursadas no grao.
INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Como consta na Memoria da Titulación, está previsto que nesta materia o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións xa asinaladas, remitimos ao seguinte apartado sobre recomendacións.
Aconsellamos:
- A asistencia ás clases e titorías, xa sexan estas virtuais ou/e presenciais, e cumprimento do ritmo de traballo programado acorde coa avaliación continua.
- Ter en conta as orientacións da profesora canto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito .
- Respectar as datas e prazos de entrega das prácticas, actividades e estudo ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
- Ter en conta a Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo) que estabelece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio, proba ou estudo implicará cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesíbeis ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citar aos autores e fontes”.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas, dispensa concedida pola Xunta de Facultade (art. 126.3 dos Estatutos da USC, 2004), deberá estar ao tanto do desenvolvemento da materia no curso e manter, desde o comezo deste, contacto e comunicación coa profesora así como asistir ás titorías. A profesora poderá estabelecer un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas do/da estudante, mais sempre que se respecten e se garantan para todo o alumnado desta disciplina os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades.
PLAN DE CONTINXENCIA
Con motivo da situación provocada pola pandemia da COVID-19 e conforme o establecido no protocolo da USC "Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura”, este programa contén un plan de continxencia con información sobre metodoloxía e avaliación en cada un dos tres escenarios posíbeis. Os detalles deste plan son os expostos a continuación:
ESCENARIO 1. NORMALIDADE ADAPTADA
A) Metodoloxía
Neste escenario a docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual. No Campus Virtual serán dispoñibilizados os recursos necesarios para acompañar a materia. A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final presencial.
B) Avaliación
O sistema de avaliación estará baseado nos elementos A, B, C e D explicados en apartados previos.
ESCENARIO 2. DISTANCIAMENTO
A) Metodoloxía
Seguindo coas directrices metodolóxicas pautadas, a docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. Ademais da aula virtual da materia, será empregada a ferramenta Microsoft Teams. A participación na aula sería valorada a partir das sesións presenciais, pero tamén grazas a ferramentas específicas (foros, entre outras) do campus virtual. As lecturas e os recursos básicos serían facilitadas pola docente.
Valoraríase, dependo da situación de distanciamento pautada, a realización dunha saída de campo, sempre de acordo co que dispoñan as autoridades competentes. A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final que poderá ser de carácter telemático.
B) Avaliación
O sistema de avaliación contempla os seguintes elementos adaptados:
A. PARTICIPACIÓN NA AULA. 5%
-Instrumentos de avaliación: observación da actitude do alumnado nas aulas presenciais e da súa participación nas actividades propostas, pero tamén a súa participación en foros artellados na aula virtual.
- Orientacións para a avaliación: avaliarase positivamente a asistencia, a actitude e boa disposición e a participación na aula (presencial e virtual), que se considerará fundamental.
B. PROBAS ESPECÍFICAS
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumento de avaliación: exame escrito, que poderá ser realizado de forma telemática.
- Orientacións para a avaliación: será obriga para todo o alumnado matriculado realizar un exame final na data fixada pola secretaría da Facultade.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumentos de avaliación: estudos e traballos individuais e/ou en grupo.
- Orientacións para a avaliación: realizaranse tarefas que vencellen as diferentes artes a partir da literatura de diferente lonxitude.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS
- Peso na cualificación: 5%
- Instrumentos de avaliación: exposición oral de traballos e estudos. Se é preciso, realizaranse de maneira telemática.
- Orientacións para a avaliación: esixirase competencia expositiva e calidade discursiva. O alumnado deberá respectar o tempo e duración na exposición e defensa dos estudos.
A casuística para o alumnado que se contempla nos puntos 2, 3 e 4 do apartado de avaliación mantense igual que no escenario 1.
ESCENARIO 3. PECHE DE INSTALACIÓNS
A) Metodoloxía
A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos. Ademais da aula virtual da materia, empregarase a ferramenta Microsoft Teams. A participación sería valorada a partir de ferramentas específicas do campus virtual. As lecturas e os recursos básicos serían facilitados pola docente a través da aula virtual. A saída de campo prevista quedaría suspendida. A avaliación continua formativa combinarase cunha proba final de carácter telemático.
B) Avaliación
As porcentaxes de avaliación son as mesmas que rexen para o escenario 2, coa excepción de que a realización de todas as actividades será virtual. A casuística para o alumnado que se contempla nos puntos 2, 3 e 4 do apartado de avaliación mantense igual que nos escenarios 1 e 2.
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", en calquera dos escenarios contemplados.
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros