Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
. Adquirir unha visión teórica e práctica da educación en valores e a práctica da cidadanía en sociedades multiculturais, e sobre todo observar como pode incorporarse esta tarefa formativa aos ámbitos profesionais propios da profesión docente
. Analizar as claves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento moral e cívico e para a construción da cidadanía.
. Aprender a fundamentar, deseñar, aplicar e avaliar proxectos de educación en valores e cidadanía apropiados ás diferentes idades e a distintos campos de intervención.
1. Conceptos introdutorios
2. Desenvolvemento moral do ser humano
3. Cidadanía, democracia e dereitos humanos
3.1 Tipos de cidadanía
3.2 Democracia
3.3 Dereitos humanos (concepto, fundamentación, historicidade, universalidade)
4. Cuestións de Educación en valores e cidadanía
4.1. Paz
4.2. Identidade, diversidade cultural e Interculturalidade
4.3. Cooperación e solidariedade
4.4. Desenvolvemento sostible
4.5. Democracia e Participación
4.6. Igualdade, xustiza, equidade
5. Estratexias metodolóxicas e escenarios de aprendizaxe
Bibliografía básica
Dolto, Françoise (1971): Psicoanálisis y pediatría, Siglo XXI, Madrid.
Dolto, Françoise (1984): Seminario de psicoanálisis de niños 1, Siglo XXI, México.
Dolto, Françoise (1986): La causa de los niños, Paidós, Barcelona.
Dolto, Françoise (1987): Seminario de psicoanálisis de niños 2, Siglo XXI, México.
Dolto, Françoise (1991): Seminario de psicoanálisis de niños 3. Inconsiente y destino, Siglo XXI, México.
Durkheim, Emile (2002): La educación moral, Ediciones Morata, Madrid.
Freud, Sigmund (1967): Tótem y tabú, Alianza Editorial, Madrid.
Kohlberg, Lawrence (2009): De lo que es a lo que debe ser. Como cometer la falacia naturalista y vencerla en el estudio del desarrollo moral, Prometeo Libros, Buenos Aires.
Kohlberg, Lawrence & Power, F. Clark & Higgins, Ann (1997): La educación moral según Lawrence Kohlberg, Gedisa, Barcelona.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel & Regueiro Tenreiro, Manuel (2011): Ser cidadán, Galinova Editorial, A Coruña.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel & Regueiro Tenreiro, Manuel (2011): Saber convivir, Galinova Editorial, A Coruña.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel (2019): Cidadanías. Lecturas e meditacións de filosofía política, Espiral Maior, A Coruña.
Noddings, Nel (2009): La educación moral. Propuesta alternativa para la educación del carácter, Amorrortu, Buenos Aires.
Peters, R. S. (1984): Desarrollo moral y educación moral, Fondo de Cultura Económica, México.
Piaget, Jean (1977): El criterio moral en el niño, Editorial Fontanella, Barcelona, 3ª ed.
Soto, Luís G. (2006): Paz, guerra y violencia, Espiral Maior, A Coruña.
Bibliografía complementaria
A bibliografía complementaria fica especificada por temas no apartado “4.3 Estrutura dos contidos” da Guía Docente. Non obstante, ao comezo da explicación oral de cada tema será facilitada ao alumnado por escrito ou a través da aula virtual.
G15. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación
G16. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G18. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G19. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G20. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
E80. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E81. Abordar e resolver problemas de disciplina.
E82. Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
E83. Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática.
E84. Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
E103. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E104. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
Metodoloxía xeral
. exposicións orais por parte do profesor (presenciais e/ou vía Teams)
. exposicións do alumnado (presenciais e/ou vía Teams e/ou aula virtual)
. sesións de discusión e debate (presenciais e/ou Teams e/ou aula virtual)
. reflexións en base a casos prácticos
. investigacións documentais de temas específicos
. traballos escritos
Consideracións xerais
A avaliación é continua, centrada nos traballos realizados e nunha proba teórica acerca do contido.
1) Que se avalía? Asistencia, participación activa, actitude reflexiva e crítica; lectura da documentación; elaboración, presentación e correción dos traballos escritos; presentacións orais claras, coherentes e creativas; práctica da escoita activa e aplicación práctica dos conceptos da materia. Canto? Porcentaxe: 40%; puntuación máxima: 4 puntos. Como? Nas aulas interactivas. Con que? Material escrito e documental que o alumnado entrega ao remate de cada aula interactiva
2) Que se avalía? Conceptos da materia: lectura, comprensión e asimilación dos conceptos e dominio das teorías e/ou paradigmas. Canto? Porcentaxe: 60%; puntuación máxima: 6 puntos. Como? Proba teórica tipo test de todos os contidos, conceptos e paradigmas. Con que? Exame proporcionado polo profesor.
3) A materia considérase superada cando se logran 5 puntos como mínimo.
O alumnado repetidor debe seguir o curso nas mesmas condicións e esixencias que o alumnado non repetidor.
Criterios específicos para o alumnado non asistente (con dispensa ou exención).
O alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias, ou á totalidade das sesións de clase, seguirá un sistema de titorización individualizada a partir de todo o exposto neste programa da materia. O sistema de titorización será concretado a principios de curso, debendo realizar un traballo que será entregado ao final do cuadrimestre, con data tope o día do exame da 1ª oportunidade.
Titorización
a) A titorización dos estudantes asistentes (presenciais) e non asistentes (con dispensa ou exención) realizarase individualizadamente e/ou grupalmente segundo as necesidades que presenten no proceso de ensino-aprendizaxe.
b) En función do desenvolvemento do aproveitamento, do curso e do progresivo rendemento do alumnado, se ofertarán sesións de titorías en grupo ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios, documentos e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A distribución dos 4,5 créditos ECTS desta materia é a seguinte:
Horas expositivas: 18.
Horas interactivas: 18.
Horas de titoría: 3.
Total horas presenciais: 39.
Hora de traballo dos estudantes: 73,5
Total horas de dedicación á materia: 112,5
Seguimento da secuencia progresiva dos conceptos éticos e morais traballados nas aulas expositivas e interactivas. Consulta presencial de dúbidas.
Miguel Angel Martinez Quintanar
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- ma.quintanar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU