Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Sentido da materia na mención:
Esta materia forma parte da mención de Educación artística, e para poder obtela, debe cursarse coas outras materias que conforman ese itinerario. A finalidade da mención é reforzar un dos aspectos básicos da profesionalidade das mestras e mestres en educación infantil que fai referencia a educación dos sentidos e o desenvolvemento das capacidades estéticas e artísticas dos nenos pequenos, da súa capacidade de expresión conforme ás súas diferentes linguaxes.
A mención, no seu conxunto, confórmana catro materias que, ademais desta, cada estudante tería que escoller: educación estética, literatura e arte, o debuxo como medio e proxectos artísticos. Tamén os alumnos teñen tres materias obrigatorias que están vinculadas a esta mención: Educación visual e plástica, Música na Educación Infantil e Literatura Infantil.
Esta materia está impartida pola área de Educación Visual e Plástica.
Obxectivos:
O debuxo é un medio que permite transmitir e plasmar ideas, esbozar proxectos e crear un imaxinario persoal. Os nenos e nenas utilizan este medio de forma natural. É despois, por unha serie de factores, moitas veces relacionados coa falta de formación dos mestres que impoñen modelos de debuxo realizados por adultos, cando as crianzas abandonan este medio e se senten incapacitadas, porque non son capaces de alcanzar ese modelo imposto e sintan vergoña das súas propias creacións.
A materia ten polo tanto os seguintes obxectivos:
1. coñecementos (saber)
a. Interiorizar e incorporar o debuxo como unha verdadeira ferramenta de expresión en todas as súas dimensións
b. Percibir o valor educativo do debuxo como xerador de proxectos e ideas, ademais de coñecer e valorar as obras e proxectos artísticos contemporáneos que teñen como base o debuxo
2. procedementos (saber facer)
a. Desenvolver actividades con nenos que impliquen o debuxo como núcleo das actividades de creación e expresión, e que permitan a elaboración dun imaxinario persoal significativo para os nenos
b. Potenciar o uso de diferentes técnicas (experimentación, proceso) e a súa documentación.
c. Utilizar, no futuro labor docente, criterios de valoración, promoción e uso do debuxo na aula.
3. actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade de expresións e producións plásticas e visuais.
b. Fomentar unha actitude reflexiva e crítica ante a produción artística contemporánea e ante o ensino da expresión plástica na escola.
A materia é teórico-práctica; traballando en proxectos individuais onde cada alumno levará a cabo o seu proceso persoal de busca e experimentación. Tendo isto en conta os principais contidos da materia son:
1.- O debuxo na arte contemporánea.
2.- O debuxo como proceso, unha búsqueda dun imaxinario propio: materiais, técnicas, soportes, dimensión espacial, aspectos narrativos,
3.- A ilustración na literatura infantil, estratexias para ilustrar textos e ideas, deixando espazo ao imaxinario do neno.
4.- Criterios de valoración e promoción do debuxo na escola.
Desglose de contidos:
Conceptuais: Procurarase formar ao alumnado na diversidade de expresións persoais (o modelo produtivo) fronte a imposición dos diferentes modelos reprodutivos establecidos na escola ou nos medios de comunicación e a cultura de masas.
Procedimentais: Destrezas para desenvolver unha actitude reflexiva e critica ante a sua realidade sociocultural e a dos outros. Destrezas pra planificar, executar, documentar e expoñer un proxecto.
Actitudinais: Contidos relativos á valoración da diversidade cultural, social, e individual
Bibliografía básica:
Blanco,V.; Cidrás,S. (2021) Debuxar o mundo. Editorial Galaxia
Fontán del Junco, M., Bordes, J. y Capa, A. (2019). El juego del arte. Pedagogías, arte y diseño. Catálogo de la exposición. Madrid: Fundación Juan March.
Lowenfeld, V., Brittain, L. (2008) Desarrollo de la capacidad intelectual y creativa, Madrid: Síntesis
Bibliografía complementaria
Dexter, E. (2005). Vitamin D: New Perspectives in Drawing. New York: Phaidon.
Mathews, John (2003) Drawing and Painting: Children and Visual Representation. London: SAGE Publications.
Rattemeyer, C.(2013). Vitamin D2: New Perspectives in Drawing. New York: Phaidon.
Schröder, K. A. y Lahner E. (2015). Drawing Now. Viena: Hirmer.
Vigotski, L. (2016) A imaxinación e a expresión artística na infancia, Pontevedra: Kalandraka
Competencias xerais
G1 Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos diversos que aborden as necesidades educativas únicas do alumnado, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto polos dereitos humanos..
G4 Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles
G11 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas
E53 Coñecer os fundamentos musicais, plásticos e de expresión corporal do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
E56 Elaborar propostas didácticas que fomenten a percepción e expresión musicais, as habilidades motoras, o debuxo e a creatividade.
E58 Promover a sensibilidade relativa á expresión plástica e á creación artística.
Competencias básicas
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
Competencias transversais
T2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 Coñecemento instrumental das TIC
Proposta metodolóxica baseada en procesos artísticos.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para elo combínanse sesións expositivas con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tamén se realizarán sesións programadas de titoría dirixidas á orientación e supervisión das actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual como en grupo.
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
- A docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) desenvolverase en lingua galega e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito.
A asistencia a clase configúrase como un dereito e un deber do estudantado. O sistema de avaliación establecido nesta materia –de acordo co Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e mestrado da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado polo Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024)– é o seguinte:
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é obrigatoria para superar a materia. A porcentaxe mínima de presencialidade necesaria para poder presentarse aos exames é do 80 %, o que permite un máximo de tres faltas.
MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación será de carácter continuo e terá en conta os seguintes apartados:
a. Participación e implicación na aula: Avaliarase positivamente a asistencia regular, a actitude e a boa disposición para aprender, así como a participación activa e interesada nas actividades da aula. Este apartado poderá supoñer ata un 15 % da cualificación final da materia. Será necesario asistir, como mínimo, ao 80 % das sesións teóricas e/ou prácticas e participar de forma activa e comprometida para acadar a puntuación máxima neste criterio.
b. Portafolios: O portafolios é unha colección de evidencias de diversa natureza que permite tanto ao docente como ao alumnado reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe. Trátase dun instrumento centrado na avaliación dos procesos. O alumnado deberá elaborar un portafolios que recolla todas as producións desenvolvidas ao longo do curso. Este apartado suporá ata un 50 % da cualificación final da materia.
c. Documentación e outras producións: Inclúe os materiais que recollen e desenvolven as ideas principais dos contidos tratados, a metodoloxía de traballo e as conclusións derivadas da análise realizada. Ao longo do curso, cada alumno/a deberá presentar as súas producións resultantes do traballo realizado nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. O profesorado proporcionará as instrucións necesarias sobre a forma, contido e prazos de entrega. Este apartado poderá supoñer ata un 30 % da cualificación.
d. Presentacións orais: O alumnado deberá realizar, como mínimo, unha presentación oral na que demostre o dominio das competencias adquiridas. Este criterio poderá contar ata un máximo do 5 % da cualificación final.
Criterios xerais de avaliación
Ademais das indicacións concretas que se poidan establecer para cada tarefa, considéranse criterios xerais para avaliar o rendemento académico do alumnado os seguintes:
A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e integralos na formación docente.
A participación activa nas clases, en relación cos contidos do programa, e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
A iniciativa e autonomía na preparación de actividades (informes, traballos, etc.).
CASUÍSTICAS ESPECÍFICAS DA AVALIACIÓN:
O alumnado que teña recoñecida a exención de docencia poderá cursar esta materia unicamente se cumpre coa obrigatoriedade de asistencia. A asistencia tanto ás clases expositivas como ás interactivas é imprescindible para superar a materia, polo que non se poderá acollerse á exención para os efectos desta docencia.
INTEGRIDADE ACADÉMICA:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
IDIOMA:
O profesorado da materia impartirá as clases en galego e empregará todo o material de aula neste idioma, coa idea de poder avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito). As e os estudantes
normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Serán valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en galego.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 112 horas, das que 38 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Respecto ao traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. (Non é aconsellable confiar a preparación da materia para o final de curso).
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas establecidas para a entrega de traballos. Recoméndaselle que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e as plataformas virtuais, para facilitar o axeitado desenvolvemento da materia e a superación da mesma. Nalgúns casos, poderá establecerse un plan de traballo persoal, acorde coas circunstancias específicas de cada alumno, sempre que se respecten e se garantan os mesmos principios de equidade na avaliación e de igualdade de oportunidades para todo o alumnado da materia.
-Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Salvador Cidras Robles
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- salvador.cidras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula de Plástica |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Plástica |
13.01.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |
29.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Plástica |