Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1.1. Descritor: Identificación e análise dos procesos de produción (recollida, escolma e edición) da comunicación xornalística a través de medios escritos, audiovisuais e electrónicos. Incidencia das rutinas produtivas no papel que desempeñan fontes e xornalistas no proceso de produción informativa dos medios de masas.
1.2. Obxectivos concretos da materia:
Identificación e análisis dos procesos de produción (recollida, escolma e edición) da comunicación e información periodística a través de medios escritos, audiovisuais e electrónicos. Incidencia das rutinas produtivas no papel que desempeñan fontes e xornalistas no proceso de produción informativa dos medios de masas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Os contidos da materia realizan unha revisión de procesos e factores que determinan a recollida, exclusión e xerarquización dos contidos informativos. Realiza unha introdución ao proceso de construción do temario dos medios de comunicación, así como a identificación dos mecanismos de produción programada e busca de formas de estimulación da produción non homoxeneizada. Por mor da situación do xornalismo actual, cómpre adicar un apartado relevante dentro da materia ao tratamento das fontes informativas e ao uso que realizan estas das súas propias rutinas produtivas co fin de intervir activamente no procedemento de construción do temario informativo e de elaboración das informacións nos diferentes medios de comunicación.
2.1.-Contidos teóricos.
Os contidos da materia están distribuídos en tres grandes bloques. O primeiro deles, funciona como unha dobre introdución: á materia e ós contidos da mesma (tema 1). O segundo bloque, inclúe os elementos fundamentais da produción da información: os procedementos de realización de pezas informativas diarias ou non e as rutinas produtivas (temas 2-4). Finalmente, abordaranse as tendencias e os retos da produción da información na actualidade (tema 5).
Programa
1. Introdución aos conceptos básicos do xornalismo.
1.1. O sistema mediático e o rol do xornalista.
1.2. A importancia e responsabilidade do xornalismo na sociedade actual.
1.3. A construción social da realidade.
1.4. Introdución ás teorías da comunicación de masas.
2. A orixe da información xornalística.
2.1. Os temas informativos. Realidade, acontecemento e acontecemento xornalístico.
2.2. Os valores noticia.
2.3. Condicionantes de publicación.
2.4. As canles de acceso ao temario.
3. As fontes de información.
3.1. As fontes de información, instrumento básico do xornalista.
3.2. A importancia das fontes de información e a súa relación cos xornalistas.
3.3. As fontes institucionais e da súa influenza na información xornalística.
3.4. A cidadanía como fonte e como emisor de información.
4. A edición.
4. 1. Definición e función da edición.
4. 2. O lector como elemento da información
5. O xornalismo de calidade.
5.1. Pistas para un xornalismo de calidade.
5.2. A produción de información en situacións excepcionais.
5.3. Produción con internet e para os medios electrónicos
5.4. Tendencias: As redes sociais e os blogs na produción informativa
2.2.-Contidos prácticos.
Elaboraranse ao longo do curso unha serie de prácticas e seminarios nos que se traballarán os seguintes contidos:
1. Análise da realidade próxima e do seu tratamento nos medios de comunicación.
2. Análise dos diferentes procesos de produción da información.
3. As fontes de información institucionalizada: o seu traballo e as súas incidencia no temario.
4. A produción informativa das fontes de información. Planificación, implementación e avaliación.
5. A produción informativa en momentos excepcionais.
6. A influenza das novas tecnoloxías na produción da información.
7. Análise da produción de información actual nos medios de comunicación
(axencias de comunicación, prensa, radio, televisión e internet).
As prácticas estarán vinculadas á actualidade informativa e intentará que os alumnos cubran acontecementos programados e libres.
Básica.
FISHMAN, M. (1980), Manufacturing the news: the Social Organitation of Media News Production, Universidad de California, Santa Barbara. Traducción de Leandro
WOLF, M., La fabricación de la noticia, 1985, Buenos Aires, Ediciones Tres Tiempos.
GARCÍA OROSA, B. (2005), Los altavoces de la actualidad. Radiografía de los gabinetes de comunicación, A Coruña, Netbiblo.
RODRIGO ALSINA, M. (2005), La construcción de la noticia, Barcelona, Paidós.
SIGAL, L. V. (1973), Reporters and Officials:The Organization and Polítics of Newsmaking, Lexintong, Mass., D.C., Heat and Co.
TÚÑEZ, M. (1999), Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística, Santiago de Compostela, Tórculo.
VERÓN, E. (1995), Construir el acontecimiento: los medios de comunicación masiva y el accidente de la central nuclear de Three Mile Island. Barcelona, Gedisa.
Complementaria.
ARCEO VACAS, J.L., (2004), Las relaciones públicas en España, Madrid, McGrawHill.
BARQUERO CABRERO, J. D. (2005), Comunicación estratégica: relaciones públicas, publicidad y marketing, Madrid, McGrawHill.
BERNSTEIS, C.; WOODWARS, R. (1977), Todos los hombres del presidente. El escándalo Watergate, Argos Vergara S.A., Barcelona.
BORRAT, H. (1989), El periódico, actor político, Gustavo Gili S.A., Barcelona.
BREED, W. (1955), Social Control in the Newsroom: A Functional Analysis, en Social Forces, Vol. 33. Recogido por TRAQUINA, N. (1993) en Jornalismo: Questoes teorías e “estórias”, compilación.
CESAREO G., (1981), Fa notizia, Roma, Editori Riuniti.
GALTUNG, J.; RUGE, M.H. (1980), La struttura delle notizie dall’estereo, en P. Balchi (comp.) Il giornalismo come professione, Milán, Il Saggiatore.
GARBARINO, A (1985), Sociologia del Giornalismo. Professione, organizzazione e produzione di notizie, Torino (Italia), Edizioni RAI.
GOMIS, L. (1991), Teoría del periodismo. Como se forma el presente, Barcelona, Paidós.
GRUNIG, J. E.; HUNT, T., (2003), Dirección de las relaciones públicas, Barcelona, Gestión 2000.
HALL, S. et al.(1993), “The Social Production of News: Mugging in the Media”, publicado en COHEN, S. e YOUNG, J., The Manufacture of News, Beverly Hills, Ca: Sage Publications. Traducido íntegro en Traquina (1993), compilación.
LÓPEZ, M. (1995), Cómo se fabrican las noticias, Fuentes, selección y planificación, Barcelona, Paidos.
MARTIN SERRANO, M. (1986), La producción social de comunicación, Madrid.
MCCOMBS, M. E.;DONALD, Shaw (1972), “The Agenda-setting function of Mass media”, en The Public Opinion Quartely, vol 36, 2. Pags 176-187.
MOLOTCH, H.; LESTER, M. (1974), “News as Purposive Behaviour: On the Strategic Use of Routine Events, Accidents and Scandals”, en American Sociological Review, Vol 39.
RAMÍREZ, T. (1995), Gabinetes de Comunicación. Funciones, disfunciones e incidencia, Barcelona, Bosch Comunicación.
ROSITI, F. (1982), I modi dell’argomentazione e l’opinione pubblica, Turin, ERI.
RUSHKOFF, D. (2001), Coerción. Por qué hacemos caso a lo que nos dicen. Barcelona.
SCHLENSIGER, P. (1977), “Newsmen and Their Time Machine”, en British Journal of Sociology, vol. 28, Nº 3.
TÚÑEZ, M. (1996), Da teoría á práctica. Perfil do xornalista galego, Santiago, LEA.
Competencias específicas da materia:
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñocer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha correcta organización da información.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2021-2022 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos matriculados non teñen dereito á docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará segundo os contidos do programa que se impartíu no curso 2020-2021.
O alumno debe adicar 60 horas ao traballo en aulas presenciais e 90 horas de preparación e realización do programado.
A materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas ás achegas da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
Plan de Continxencia
Escenario 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. En caso de non ser posible realizar a proba final de forma presencial, realizarase de modo telemático.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
Escenario 3. Peche das instalacións
a) Metodoloxía da ensinanza: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021.
b) Sistema de avaliación da aprendizaxe: Os alumnos/as matriculados non teñen dereito a docencia por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame, que se realizará cos contidos do programa que se impartiu no curso 2020-2021. A proba final realizarase de xeito telemático.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Berta Garcia Orosa
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
13.01.2022 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
11.07.2022 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |