Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir competencias específicas naqueles aspectos máis estratéxicos e de planificación dos contidos audiovisuais. Discernir a diferenza que introduce o modo de pensar a obra cinematográfica como responsabilidade autoral e a súa relación coa construción do cinema moderno e das políticas cinematográficas nacionais. Capacidade analítica e crítica das principais propostas autorales e o seu papel na cultura cinematográfica contemporánea.
Reflexionar pausadamente, dende a teoría e a historiografía cinematográficas e a análise fílmica, sobre o problemático pero ineludible concepto de autoría, poñendo sobre a mesa algunhas das particularidades que se dan ao seu redor no ámbito do cine, como o feito de que —en grao máis acusado que noutras disciplinas artísticas— nin sequera a sinatura (visible, neste caso, nos créditos) constitúe unha garantía de paternidade, entendida como asignar a autoría dunha película a un suxeito concreto. E todo isto porque unha película é froito dun esforzo colectivo no que todos os seus participantes (desde o director ata os actores, pasando por guionistas, directores de fotografía, responsables de iluminación, escenógrafos, músicos, etc.) deixan unha inscrición, en niveis ás veces difíciles para dilucidar, a súa pegada. Malia iso, a tradición crítica e historiográfica centrouse e segue facéndoo maiormente no estudo do cineasta-autor-director.
Características e contexto do autor cinematográfico. Propostas intelectuais, concepción estética, crítica de arte e debate social. Estudo dos principais directores-autores de cinema.
Estudo detallado de exemplos en diversos períodos históricos e contextos de produción.
TEMA 1. O CONCEPTO DE AUTORÍA NO CINE. EVOLUCIÓN HISTÓRICA DUN COMPLEXO DEBATE: UNHA VISIÓN PANORÁMICA (O DIRECTOR-AUTOR NO CINE MUDO; VANGARDAS HISTÓRICAS E AUTORÍA; O AUTOR EN HOLLYWOOD; A CAMÉRA-STYLO, A POLÍTICA DE AUTORES E A NOUVELLE VAGUE; O AUTOR-DIRECTOR HOXE; OS FESTIVAIS DE CINE). A AUTORÍA COMO PEGADA NO DISCURSO FÍLMICO: CUESTIÓNS DE FORMA E ESTILO.
TEMA 2. CHARLES CHAPLIN: AUTOR TOTAL. INTERPRETE, DIRECTOR, GUIONISTA, MÚSICO.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Kid Auto Races at Venice (1914)
The Inmmigrant, (1917)
Luces de la ciudad (City Lights, 1931)
El gran dictador (The Great Dictator, 1940)
TEMA 3. LUIS BUÑUEL E O SURREALISMO. JEAN EPSTEIN E O IMPRESIONISMO FRANCÉS. FRITZ LANG EN ALEMAÑA E ESTADOS UNIDOS.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Un perro andaluz (Un chien andalou, Luis Buñuel, 1929)
Viridiana (Luis Buñuel, 1961)
Cœur fidèle (Jean Epstein, 1923)
M, el vampiro de Düsseldorf, (M, Fritz Lang, 1931)
Furia (Fury, Fritz Lang, 1936)
TEMA 4. ALFRED HITCHCOCK: DE GRAN BRETAÑA A HOLLYWOOD. A AUTORÍA E OS LÍMITES DO SISTEMA DE ESTUDOS. ¿UN AUTOR NA TELEVISIÓN DOS ANOS 50?: FORMA E FÓRMULA.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Inocencia y juventud (Young and Innocent, 1937)
Encadenados (Notorious, 1946)
Colapso (Breakdown, 1955, TV)
Psicosis (Psycho, 1960)
TEMA 5. ROBERTO ROSSELLINI E O NEORREALISMO ITALIANO.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Roma, ciudad abierta (Roma città aperta, 1945)
Paisà (1946)
Te querré siempre (Viaggio in Italia, 1954)
TEMA 6. FRANÇOIS TRUFFAUT, JEAN-LUC GODARD E A NOUVELLE VAGUE. A CREACIÓN DO HITCHCOCK “FRANCÉS”.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Los cuatrocientos golpes (Les quatre cents coups, François Truffaut, 1959)
La habitación verde (La chambre verte, François Truffaut, 1978)
Dos o tres cosas que se de ella (2 ou 3 choses que je sais d'elle, J.-L. Godard, 1967)
Historia(s) del cine (Histoire[s] du cinéma, J.-L. Godard, 1988-1998)
TEMA 7. YASUJIRO OZU E A AUTORÍA NO CINEMA XAPONÉS.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Primavera tardía (晩春, Banshun, 1949)
Historias de Tokio (東京物語, Tōkyō monogatari, 1953)
TEMA 8. O CASO ESPAÑOL: FERNANDO FERNÁN-GÓMEZ. CARLOS SAURA. VICTOR ERICE. PEDRO ALMODÓVAR.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
La vida por delante (Fernando Fernán Gómez, 1958)
La caza (Carlos Saura, 1965)
El espíritu de la colmena (Víctor Erice, 1973)
Los abrazos rotos (Pedro Almodóvar, 2009)
TEMA 9. A AUTORÍA CINEMATOGRÁFICA NAS DECÁDAS FINAIS DO SÉCULO XX E A PRINCIPIOS DO XXI
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Yi-Yi (Edward Yang, 2000)
Mulholland Drive (David Lynch, 2001)
Spider (David Cronenberg, 2002)
Annette (Leox Carax, 2021)
Titane (Julia Ducournau, 2021)
BÁSICA
Aumont, Jacques & Marie, Michel. (1990). Análisis del film. Barcelona: Paidós.
Aumont, Jacques. (2002). Las teorías de los Cineastas. Barcelona: Paidós.
Bazin, André. (1996). ¿Qué es el cine? Madrid: Rialp.
Baecque, Antoine de (comp.). (2003). La política de los autores. Barcelona: Paidós.
Casetti, Francesco. (2000). Teorías del cine 1945-1990, Madrid, Cátedra.
Elsaessser, Thomas & Hageber, Malte (2015) Introducción a la Teoría del Cine. Madrid: UAM.
Garnies, René (ed.). (2024). Comprender el cine y las imágenes. Buenos Aires: La Marca.
COMPLEMENTARIA
Bazin, André. (2002). Charlie Chaplin. Barcelona: Paidós.
Bogdanovich, Peter, (2004). ¿Quién diablos la hizo? Entrevistas con directores legendarios. Barcelona: T&B,
Balázs, Bela (1978). El Film. Evolución y esencia de un arte nuevo. Barcelona: Gustavo Gili.
Castro de Paz, José Luis, (2000). Alfred Hitchcock. Madrid: Cátedra.
Castro de Paz, José Luis (2010). Fernando Fernán Gómez. Madrid: Cátedra.
Deleuze, Gilles. (1984). La imagen-movimiento. Estudios sobre cine 1. Barcelona: Paidós.
Deleuze, Gilles. (1987). La imagen-tiempo. Estudios sobre cine 2. Barcelona: Paidós.
Guarner, José Luis. (2006). Roberto Rossellini. Madrid: Fundamentos.
Hovald, Patrice G. (1962). El neorrealismo y sus creadores. Barcelona: Rialp.
Lagny, Michele. (1997). Cine e historia. Problemas y métodos en la investigación cinematografíca. Barcelona: Bosch Comunicación.
Ledo, Margarita. (2020). El cuerpo y la cámara. Madrid: Cátedra.
Stam, Robert (2001). Teorías del cine. Una introducción. Barcelona: Paidós.
Truffaut, François (1974). El cine según Hitchcock. Madrid: Alianza. (Última edición, 2010).
Viota, Paulino. (2022), Jean-Luc Godard. 60 años insumiso. Sevilla: Athenaica..
Zunzunegui, Santos. (2001). Robert Bresson. Madrid: Cátedra..
CG1 - Aprender e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das diferentes liñas de comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razonados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción, tanto na
definición e plantación de problemas como na búsqueda das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúen as
competencias que suelen demostrarse polo medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de
a zona de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio)
for emitting juicios que incluyan unha reflexión sobre relevant topics of social indole, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializada
CB5 - Que os han desarrollado aquellas habilidades de estudiantes necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade para xestionar a información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciación e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
5.5.1.5.3 ESPECIAIS
CE17 - Coñecer as técnicas de análise de produtos televisivos e cinematográficos
CE18 - Capacitar para a dirección de documentais audiovisuais
CE19 - Coñecer o marco histórico no que se déroulleu os medios audiovisuais
Dúas sesións semanais de contido teórico con complementos prácticos puntuais. Unha sesión semanal destinada ao visionado dalgún dos filmes incluídos entre os modelos para analizar, posible recapitulación analítica sobre o visionado. Realización de exercicios analíticos periódicos de cada película visionada por parte dos alumnos co obxectivo de incorporar unha reflexión activaS sobre a materia. Facilitarase ao alumno bibliografía sobre aspectos específicos non incluída nos listados previos. Existirá unha lectura obrigatoria de entre a bibliografía básica recomendada. A asistencia ás clases expositivas e interactivas será obrigatoria. Están previstas actividades en remoto, a través da plataforma Teams e do campus virtual.
A cualificación final dependerá dunha proba teórica e analítica da materia, oral ou escrita, a partir das explicacións facilitadas en clase e as achegas bibliográficas seleccionadas polo profesor, e baseado na análise de fragmentos de filmes. A puntuación deste apartado significará o 50 % da nota final. O 50 % restante dependerá da avaliación dos exercicios analíticos obrigatorios desenvolvidos ao longo do período lectivo. Como norma básica para obter unha cualificación de aprobado, deberase conseguir unha nota mínima de 5 puntos no exame teórico, solo así se terá en conta a nota obtida nos traballos analíticos de carácter obrigatorio. Para poder presentarse á proba será necesario realizar todos e cada un dos exercicios de análises, segundo os criterios expostos en clase. No caso de que o/a alumno/a non materialice esa esixencia, deberá presentar un traballo especial atendendo ás directrices marcadas durante o período lectivo Segunda oportunidade: Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia, que deberá realizar os traballos igualmente e facer un exame baseado na bibliografía esencial (cada parte supoñerá o 50% da nota).No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15
Exame final: 3
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60
Lecturas recomendadas: 2
Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5
Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.: 12
O alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián da materia a medida que esta vai sendo abordada na aula, sesión a sesión. 14/5/23, 7:20 Historia do cinema | Universidade de Santiago de Compostela about:blank 10/10 Recoméndase tamén desenvolver con asiduidade os exercicios de análises dos filmes visionados, así como emprender pausada e regularmente as lecturas obrigatorias e recomendadas.
Jose Luis Castro De Paz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816546
- Correo electrónico
- joseluis.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 7 |
19:00-20:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 7 |
22.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
22.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
26.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |