Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos xerais sobre o nacemento e a evolución da linguaxe cinematográfica e a súa evolución histórica e estética no ámbito da ficción. Coñecer en profundidade os elementos que conforman o traballo do cineasta ou posta en escena (iluminación, encadre, movementos de cámara, dirección artística, montaxe e espazo sonoro). Aproximación aos mecanismos de análise da posta en escena, con incidencia nas achegas da semioloxía e a análise textual da obra audiovisual. Aproximación aos fluxos de traballo da dirección de ficción en diferentes medios, soportes e modelos de produción. Coñecer e comprender o proceso creativo na dirección de actores e a interpretación nos medios audiovisuais. Coñecer as posibilidades expresivas do intérprete na linguaxe audiovisual.
Utilización dos recursos estéticos e técnicos dos que dispón o director cinematográfico. Análise e valoración razoada da posta en escena dun filme. Aproximación ao mundo da interpretación audiovisual e da dirección de actores, e a súa posta en escena. A relación entre a cámara e o intérprete, e entre este e os diversos axentes que interveñen no proceso de creación dunha obra audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A POSTA EN ESCENA CINEMATOGRÁFICA
1.1 A figura e o labor do director
1.2 O punto de vista
1.3 O guión dende a perspectiva do director
1.4 A proposta estética
1.5 A posta en escena e a posta en cámara
1.6 A acción dramática e a súa coreografía espacial
1.7 Composición interna do plano: función expresiva e narrativa
1.8 Planos fixos, coreografía dentro do cadro e movementos de cámara
1.9 A articulación do tempo e a atmosfera dramática
1.10 Fragmentación espacial e plano secuencia
TEMA 2. A CONSTRUCIÓN DO PERSONAXE
2.1 Inspiración e nacemento do personaxe
2.2 O personaxe por fóra: caracterización psíquica, física e sociolóxica
2.3 O personaxe por dentro: emoción e conflito
2.4 Evolución e desenvolvemento do personaxe: que quere e que necesita
2.5 O universo do personaxe
2.6 As relacións do personaxe
2.7 O arco do personaxe
TEMA 3. A ENCARNACIÓN DOS PERSONAXES
3.1 A selección do elenco
3.2 Actor fronte a personaxe
3.3 Punto de vista do director, do personaxe e do actor
3.4 Dirección de actores: conflito, estado emocional e cambios de rexistro
3.5 Ensaios: repetición, modulación, improvisación
3.6 Accións físicas, texto, memoria dos sentidos e memoria emotiva
3.7 Afinar e harmonizar o guión
3.8 O actor e a cámara
TEMA 4. A MATERIALIZACIÓN DAS IMAXES
4.1 Planificación e pre-produción
4.2 Roles e funcións do equipo de rodaxe
4.3 Relación e colaboración co equipo técnico e artístico
4.4 A localización: factor decisivo
4.5 A rodaxe: técnicas, estratexias e dinámicas
CONTIDOS PRÁCTICOS
Práctica 1: Valor pictórico, expresivo e emocional do encadre
Práctica 2: Coreografía espacial e planificación estética
Práctica 3: Posta en escena dunha secuencia xa escrita
Práctica 4: Realización dunha peza orixinal de curta duración
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bresson, R. (1993). Notas sobre o cinematógrafo. Edicións Positivas.
Katz, S. (2000). Plano a plano: De la idea a la pantalla. Plot Ediciones.
Lumet, S. (1999). Así se hacen las películas. Rialp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Binimelis, M. (2016). Perspectivas teóricas en torno a la representación de las mujeres en el cine: una breve aproximación histórica / Theoretical Perspectives on Women’s Cinema Representations: A Brief Historical Approximation. Secuencias, (42). https://doi.org/10.15366/secuencias2016.42.001
Cruz, C. (2014). Imágenes Narradas: Cómo hacer visible lo invisible en un guión de cine. Laertes.
Dardenne, L. (2006). Detrás de nuestras imágenes (1991-2005). Plot Ediciones.
Tarkovski, A. (2017). Atrapad la vida: Lecciones de cine para escultores del tiempo. Errata Naturae.
Tirard, L. (2010). Lecciones de cine: Clases magistrales de grandes directores. Ediciones Paidós.
Truffaut, F. (2010). El cine según Hitchcock. Alianza.
Weston, J. (2004). La dirección de actores. Fluir Ediciones.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas produción audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
- Clases teóricas para a adquisición dos conceptos fundamentais e da terminoloxía específica, nas que terán un peso relevante o debate público e o intercambio de ideas.
- Visionado colectivo e análise en común de secuencias cinematográficas que estimulen a capacidade crítica e o ímpeto creativo dos nosos estudantes.
- Elaboración de proxectos e pezas audiovisuais en grupo, a fin de que o alumnado aplique os coñecementos teóricos adquiridos e se adestre de maneira crítica e creativa.
- Elaboración de pezas audiovisuais individuais que poñan a proba todos os niveis de aprendizaxe e creatividade do alumno.
- Levaranse a cabo prácticas de dirección de actores no Plato de Cine da facultade.
- Fomentaremos o uso do Campus Virtual, onde realizaremos actividades en remoto e poderemos partillar de xeito bidireccional (docente – estudante) materiais que axuden a complementar a docencia presencial.
EXAME FINAL: Ponderación mínima 50.0 / Ponderación máxima 50.0
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Ponderación mínima 50.0 / Ponderación máxima 50.0
Levaranse a cabo exercicios prácticos de carácter obrigatorio, tanto individuais como en grupo. Sen estas prácticas a materia non se considerará superada.
Valorarase a asistencia, a participación activa na aula e a implicación na materia.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
• Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas.
• Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas
• Traballos con textos: análises, sínteses e discusión: 4 horas
• Prácticas: 20 horas
• Titorías de traballos de curso: 1.5 horas
• Actividades de avaliación: 1.5 horas
• Exame final: 2 horas
• Estudio autónomo individual o en grupo: 40 horas
• Lecturas recomendadas: 12 horas
• Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
• Participación activa no “Club de Cine Facom”, organizado polos alumnos e alumnas no Auditorio da propia facultade, fomentando así o debate, a análise e o intercambio de ideas entre os nosos e nosas estudantes.
• Asistencia a espectáculos audiovisuais de interese artístico, especialmente os celebrados na cidade: Cineuropa, Curtocircuíto, Cineclube Compostela, Numax, MICE, Amal, Escenas do Cambio, USCénica, WOS, etc.
• Visionado analítico de filmes dispoñibles na biblioteca da facultade.
• Realización dos exercicios en grupo propostos na aula adoptando de cada vez un rol técnico e artístico diferente, co gallo de adquirir un maior coñecemento das especificidades de cada función dentro dunha equipa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Jose Luis Castro De Paz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816546
- Correo electrónico
- joseluis.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eloy Dominguez Seren
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- eloy.dominguez.seren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
03.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
03.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
08.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |