Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aproximación teórica ao guión (conceptos, formatos e transformacións históricas). Coñecer as distintas fases de elaboración do guión (sinopse, argumento, escaleta, tratamento e guión).
Comprender e aplicar métodos de análise do guión (guión clásico e non clásico, guión e xénero cinematográfico, o guión do documental, guión e adaptación) a partir do estudo de filmes relevantes.
Aproximación aos métodos formais para a construción de personaxes (tipoloxías, evolución dramática, aportación
da psicoanálise, personaxe e conflito, personaxe e actor) e escenas (escena e conflito, subtextos, técnicas de diálogo).
Coñecemento das razóns e os mecanismos da reescritura do guión (erros comúns, etc.)
Escritura de guións cinematográficos. Análise estética, histórica e narratolóxica de guións cinematográficos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. QUE É UN GUIÓN?
1.1. Definición
1.2. Labor do guionista
1.3. Formas de guión: longametraxe/curtametraxe
1.4. O nacemento da idea. O conflito
1.5. A estrutura clásica: o paradigma
1.6. Creación de personaxes
1.7. Fases do guión. Tratamento. Escaleta. Diálogos
1.8. A reescritura
TEMA 2. O GUIÓN ADAPTADO
2.1. A translación da linguaxe literaria á linguaxe audiovisual
2.2. A adaptación fiel e a adaptación libre
2.3. A adaptación da novela
2.4. A adaptación do relato curto
2.5. A adaptación da obra teatral
2.6. Estrutura do texto / estrutura do guión
TEMA 3. O GUIÓN PARA TELEVISIÓN
3.1. As series: por que facer unha serie e que serie facer
3.2. Clases de series
3.3. As fases da escritura de series. Biblia. Mapa de tramas. Piloto
3.4. Levar unha serie ao cine
3.5. As tv movies
3.6. Os programas de televisión
CONTIDOS PRÁCTICOS
Escritura (e reescritura) do guión dunha curta (estrutura e diálogos).
Comparación e análise dunha novela e a súa posterior adaptación a película ou serie de ficción.
Elaboración de escaletas e diálogo de secuencias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
McKee, R. (2002). El Guion. Alba.
Ríos San Martín, M. (coord.). (2012). El guion para series de televisión. Instituto RTVE.
Sanz Magallón, A. (2007). Cuéntalo bien. El sentido común aplicado a las historias. Plot.
Tubau, D. (2007). Las paradojas del guionista. Alba.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Edgard-Hunt, R.; Marland, J.; e Richards, J. (2010). Bases del Cine: Guion. Parramón.
Field, S. (1995). El libro del guion. Fundamentos de la escritura de guiones. Plot.
Golman, W. (2002). Las aventuras de un guionista en Hollywood. Plot.
López, N. (2008). Manual del guionista de comedias televisivas. T&B.
Mamet, D. (2006). Bambi contra Godzilla. Finalidad, práctica y naturaleza de la industria del cine. Alba.
Sánchez Noriega, J.L. (2000). De la literatura al cine. Paidós.
Seger, L. (1991). Cómo convertir un buen guion en un guion excelente. Rialp.
Tubau, D. (2011). El guion del siglo 21. El futuro de la narrativa en el mundo digital. Alba.
RECURSOS WEB
https://bloguionistas.wordpress.com/
http://www.sindicatoalma.es/
http://www.abcguionistas.com/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na
definición e presentación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05- Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual.
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais.
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais.
Lección maxistral.
Resolución de exercicios e problemas.
Aprendizaxe orientado a proxectos.
Trala explicación e fixación de conceptos básicos nas clases expositivas, aplicaranse os coñecementos adquiridos nelas á análise e escritura de guións (sinopses, escaletas, guión final) e ao diálogo de escenas en clases interactivas eminentemente prácticas, con posta en común, edición e reescritura constantes do traballo de cada alumno.
A metodoloxía de ensinanza contempla tamén o uso do Campus Virtual.
O sistema de avaliación contempla un exame final que representará o 50% da nota, e que inclúe teoría e lectura de textos.
O outro 50% evalúase coas prácticas de laboratorio, exercicios prácticos de carácter obrigatorio que o docente proporá durante o curso sobre a escritura e a análise de guións. Sen esta parte a materia non se considerará superada. O alumno deberá ter tódolos traballos entregados para poder realizar o exame teórico.
Para poder facer media entre a parte teórica e a práctica, o alumno deberá ter aprobadas as dúas partes de xeito individual.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas
Clases interactivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Estudo autónomo do alumnado: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 50 horas
Titorías de traballos de curso: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Exame final: 2 horas
Asistencia, con aproveitamento, ás clases teóricas e prácticas. Presentarlle ao docente tódalas dúbidas que poidan xurdir sobre os conceptos tratados, e tamén as dificultades que aparezan á hora de realizar os traballos prácticos.
Consultar a bibliografía recomendada e, ante todo, ver moito cine e moita televisión, facendo un visionado analítico centrado especialmente no guión.
Realizar os traballos propostos.
Marta Rodríguez Castro
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Roberto Gonzalez Mendez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roberto.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
15.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
17.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |