Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir unha visión global da complexidade e as fases de desenvolvemento da produción deun filme cinematográfico. Comprender a importancia e incidencia do/a produtor/a, desde un punto de vista técnico e creativo, na realización dunha película de cortometraxe ou longametraxe. Coñecer e aprofundar na análise das fases da produción dun proxecto (financiamento do mesmo, orzamento, recursos humanos, preprodución, rodaxe, montaxe e posprodución). Aproximación teórica e práctica ás particularidades da produción dun filme de non ficción. Propostas de reflexión teórica e práctica sobre a necesaria e fluída conexión das decisións de posta en escena e planificación adoptadas polo/a cineasta e as posibilidades da produción.
Capacidade profesional para a produción dun filme cinematográfico. Análise e valoración razoada do traballo do produtor e do labor de produción en xeral nun filme.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS
CONTIDOS TEÓRICOS
BLOQUE I. A INDUSTRIA CINEMATOGRÁFICA E O TRABALLO DE PRODUCIÓN
Tema 1. A industria cinematográfica
1. O sistema económico cinematográfico. Produción e mercado
2. Funcións básicas da produción executiva
4. As fases da produción executiva: desenvolvemento, produción e difusión
5. A dirección de produción
6. Novos mercados e soportes do cine
Tema 2. As fases do proxecto cinematográfico
1. A preprodución
2. A rodaxe
3. A posproducción
BLOQUE II. A PREPRODUCIÓN
Tema 3. Valoración de proxectos e captación de recursos
1. O guión e a produción
2. O pitching
3. O produtor como xestor de dereitos
3. A captacion do talento
4. A captación de financiamento
Tema 4. O Financiamento
1. Orzamento estimativo
2. O financiamento. Fondos públicos, televisión, coprodución e outras fontes
3. A explotación
Tema 5. Recursos para a produción cinematográfica
1. Os desagregamentos e as listaxes
2. O plan de traballo
3. Localizacións e casting
4. Recursos humanos e empresas de servizos
5. O plan de rodaxe
BLOQUE III. A RODAXE, A POSPRODUCIÓN E A COMERCIALIZACIÓN
Tema 6. A rodaxe e a posprodución. Equipos humanos e tarefas especializadas
1. Relacións laborais, relacións de equipo
2. Produción
3. Dirección
4. Dirección de Fotografía
5. Dirección de arte
6. Deseño Sonoro
7. Montaxe e posprodución
Tema 7. A Comercialización da obra cinematográfica
1. A Distribución e a exhibición
2. Márketing e Comunicación
3. Os festivais de cinema
3. O Video on Demand e o futuro da comercialización do cinema
CONTIDOS PRÁCTICOS
Contidos prácticos do bloque II: Realización dun pitching no que cada alumno/a presentará un proxecto que será a base para a práctica final da materia (Tema 3). Elaboración dun desagregamento, listaxes e plan de rodaxe conforme a un guión proposto polo profesorado da materia (temas 4 e 5).
Contidos prácticos do bloque III: Elaboración dun dossier e orzamento detallado dun proxecto de curta cinematográfica suxeitos á convocatoria para axudas ao talento de AGADIC (temas 6 e 7).
Bibliografía básica y complementaria
Básica
Cancho García, Nuria E. ; García Torres, Marco A. (2018). Planificación de proyectos audiovisuales. Barcelona: Altaria.
Fernández Díez, Federico (2014). Producción cinematográfica. Madrid: Ed. Díaz de Santos
Light Honthaner, Eve (2010). The Complete Film Production. Boston: Focal Press
Rea, Peter (2002). Producción y dirección de cortometrajes y vídeos. Madrid: IORTV
Subirós, Pau. (2015) El productor accidental. Barcelona: Anagrama.
Fernández Jiménez, César (2014). Profesións de cine. A Coruña: Escola de Imaxe e Son
Complementaria
Chabrol, Claude e François Guérif (2004). Cómo se hace una película. Madrid: Alianza Editorial
Chion, Michel (2009). El cine y sus oficios. Madrid: Cátedra
Corman, Roger (1992). Como hice cien films en Hollywood y nunca perdí ni un céntimo. Barcelona: Ed. Laertes
Guth, Paul (2012). Sombras de un sueño: Diario de rodaje de «Las damas del Bois de Boulogne». Madrid: Contra.
Herzog, Werner (2018). Conquista de lo inútil. Barcelona: Blackie Books
Herrera, Joan; Linares, Rafael; Neira, Helena (coord.) (2016). Márketing cinematográfico. Barcelona: UOC
Jacoste, José (1996). El productor cinematográfico. Madrid: Editorial Sintesis
Linde, Enrique y Vidal, José María (2003). Derecho audiovisual. Madrid: Ed. Constitución y Leyes
Lumet, Sidney (1999). Así se hacen las películas. Madrid: Rialp
Monteagudo, Ana (2016). Un día de rodaxe. A Coruña: Escola de Imaxe e Son
Pons Alorda, Jaume C. (2015). Apocalipsis uuuuuuuaaaaaaa. Diario de rodaje de Historia de mi muerte. Barcelona: Alpha Decay.
Poveda, Miguel Angel (2016). Producción de ficción. Madrid: Ed. Fragua
Sánchez-Escalonilla, Antonio (2016). Del guión a la pantalla. Barcelona: Ariel
Yager, Fred; Yagger, Jan (2009). Career opportunities in the film industry. NY: Ferguson
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas pólas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e presentación de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas produccións audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
O ensino da materia combinará lección maxistrais, nas sesións teóricas, con resolución de exercicios e problemas e aprendizaxe orientada a proxectos. Así, as prácticas consistirán na elaboración dun proxecto de produción no que se realizarán/entregarán as seguintes prácticas: pitching, desagregamento e listaxes, plan de rodaxe, orzamento e dossier de produción.
Ademais, os/as alumnos/as terán unha lectura obrigatoria que se determinará no inicio do curso.
A materia podría propor unha práctica de campo fóra da facultade para asistir a algún evento ou formación relacionada co cinema ou incorporar actividades con profesionais do sector realizadas de xeito presencial ou telemático.
A cualificación final da materia consistirá nun exame final, que será ol 50% da nota final, e as prácticas de laboratorio, que serán o outro 50% da materia. A avaliación das prácticas será continua e consistirá nunha serie de exercicios prácticos dos que se indica porcentaxe da nota: pitching (5%), desagregamento, listaxes e plan de rodaxe (15%), orzamento e dossier de produción (30%).
A materia non se considerará superada se algunha das partes -teórica ou práctica- está suspensa.
Valorarase positivamente a participación dos/as alumnos/as nas clases, tanto teóricas como prácticas.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase a materia nunha proba específica segundo a parte suspensa ou se non está superada a materia completa. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 4 horas
Prácticas: 20 horas
Titorías de traballos de curso: 1.5 horas
Actividades de avaliación 1.5 horas
Exame final: 2 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación do seminario. Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
Para o estudo desta materia recomendase a participación en proxectos de produción audiovisual dentro e fóra do ámbito universitario, así como a asistencia a foros e eventos académicos sobre diversos aspectos recollidos no programa.
Marta Perez Pereiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Calviño Tato
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816538
- Correo electrónico
- pablo.calvino.tato [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
| Mércores | |||
|---|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
| Xoves | |||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
| Venres | |||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
| 28.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |