Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo dos procesos de converxencia entre as industrias culturais e o universo da creación artística. A emerxencia das denominadas industrias creativas nos actuais modelos da economía e a comunicación. Análise da figura da persoa autora, da autoría colectiva e do autor performativo nas estruturas organizativas. Comunicación, cultura e novas tecnoloxías.
1.- As industrias creativas no eixo da cultura e a comunicación. Conceptos e contextos das industrias creativas. As industrias culturais, da comunicación e creativas. Caracterización e clasificación das industrias creativas. As industrias creativas na sociedade da información e o coñecemento. Políticas públicas e gobernanza das industrias creativas. As industrias culturais na Axenda Europea 2020.
2.- A creatividade e a innovación como factores económicos, de desenvolvemento e sustentabilidade. Creatividade, emprendemento e innovación. A creatividade, a innovación e os ciclos económicos. A economía creativa como factor de desenvolvemento empresarial e territorial sustentable e ecolóxico. Fontes, estatísticas e indicadores de análise das industrias creativas. Mapas e observatorios das industrias creativas. Bens e servizos creativos.
3.- Modelos de organización e xestión da economía creativa. Redes de creatividade. innovación, eficiencia, mellora de resultados e de relacións cos clientes. As redes organizacionais dos stakeholders. Os cluster e as redes de xestión da innovación. Cidades e distritos creativos. As políticas públicas de creatividade e innovación para a investigación, o emprendimento e o turismo. Da marca país á marca cidade.
4.- As industrias creativas e a propiedade intelectual e industrial. A xestación e xestión dos procesos de creación e invención. Dereitos de autor, patentes, deseños industriais e marcas. A propiedade intelectual na sociedade dixital e os dereitos de autor en Internet. As licenzas dixitais europeas e as Creative Commons.
5.- As industrias creativas na punta dos novos perfís profesionais. As profesións creativas no novo ecosistema de valor da sociedade do coñecemento (de creación e xestión de contidos, de tecnoloxías habilitadoras e do interfaz dos usuarios). Especializacións das industrias creativas tradicionais así como da web social e da web semántica. Xestores de redes sociais creativas, creadores, analistas e investigadores de planificación das relaciones de información e comunicación.
6.- Os públicos, as audiencias, os consumos e os usos das prácticas e das industrias creativas. A interacción e a ciberparticipación. Cibercidadanía e novos movimentos sociais. Sistemas de avaliación da calidade e da confianza electrónica.
7.- Creatividade, novas formas de publicidade, marketing e comunicación comercial interactiva. Sistemas de análise e de xestión da comunicación e a conversación mediática. Buscadores de necesidades, lectores e analizadores de marketing, creadores e impulsores de comunicación on line.
8.- Arquitectura e artes plásticas. Decorados reais e virtuais. Localizacións de patrimonio, ambentes e paisaxes. Artes e antiguedades. Artesanías e artes manuais.
9.- Industrias creativas do deseño e a moda. Creatividade e estética. A moda e o deseño como tendencias sociais e representacións industriais. As principais industrias produtivas da moda e o deseño. Moda e estilismo. O estilo de época. Estilismo, perruquería e tendencias estéticas.
10.- Industrias creativas da representación, difusión, do audiovisual e a multimedia. Artes da representación e multimedia. A creatividade on line dos sistemas de publicación, cine, radio, fotografía, televisión, vídeo e multimedia. Novas formas e tendencias.
11.- A industria dos videoxogos. O concepto do lecer e a industria do entretemento. Creatividade, planificación e estratexia para a produción das distintas formas de videoxogos.
12.- A creación e a aplicación da industria do software na comunicación e nas industrias creativas. Sistemas de arquitectura e de hibridación das industrias creativas e da comunicación. Aplicación e xestión de sistemas de software e de intelixencia semántica ás industrias creativas e da comunicación.
Bibliografía básica:
Bustamante, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa
Delgado Porras, A. (2015): Propiedad intelectual. Madrid: Civitas
Florida, R. (2009): Las ciudades creativas: por qué donde vives puede ser la decisión más importante de tu vida. Barcelona: Paidós Ibérica
Freixanes, V. F, et Meixide, A. (eds). (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia
Howkins, J. (2001): The economy creative. N. York: Penguin Group USA
Bibliografía complementaria:
Cebrian Herreros et al (ed). (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Correa, A. (2010): Ciudades, turismo y cultura. Nuevas perspectivas para el desarrollo equitativo de las ciudades. Buenos Aires: La Crujía
De Bono, E. (2010): Más allá de la competencia. La creación de nuevos valores y objetivos de la empresa. Barcelona: Paidós
Florida, R. (2010): La clase creativa: la transformación de la cultura, del trabajo y el ocio en el siglo XXI. Barcelona: Paidós Ibérica
Florida, R. (2011): Gran reset: nuevas formas de vivir y trabajar para impulsar la prosperidad. Barcelona: Paidós Ibérica
Howkins, J. (2009): Creative Ecologies. N. York: Transaction Pub.
Lara, P., Martínez Usero, J. A. (2007): La organización del conocimiento en Internet. Barcelona: UOC
Lessing, L (2007): Cultura libre. Cómo los grandes medios usan la tecnología y las leyes para encerrar la cultura y controlar la creatividad. Documento electrónico con traducción de Antonio Córdoba
Linde Paniagua, E., Vidal Beltrán, J.M., Medina González, S. (2011): Derecho audiovisual. Madrid: Colex
López García, X., coord. (2006): Sistemas digitales de información. Madrid: Pearson Prendice Hall
Miró, F. (2005): Internet y delitos contra la propiedad intelectual. Madrid: Fundación Autor
Ponti, F. (2009): La empresa creativa. Metodologías para el desarrollo de la innovación en las organizaciones. Buenos Aires: Granica
Rifkin, J. (2010): La civilización empática: la carrera hacia una conciencia global. En un mundo en crisis. Barcelona: Paidós Ibérica
Schlesinger, Ph. (2008): “El debate sobre las industrias creativas y el papel de la investigación académica”. Santiago de Compostela: Congreso fundacional AE-IC http://www.aeic2008santiago.org/POLITICAS_DE_COMUNICACION_Y_CULTURA_PHI…
Schumpeter, J. A. (2002): Ciclos económicos: análisis teórico, histórico y estadístico del proceso capitalista. Zaragoza: Prensas Universitarias
UNCTAD (2010): Creative Economy. Report 2010. Nueva York: United Nations
Vogel, H (2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid. Fundación Autor
A partir do estudo dos diferentes escenarios e soportes nos que se materializa a produción de contidos, análise do papel da autoría na ideación, posta en valor e recepción. Elementos para discernir as relacións entre diferentes sectores que configuran o ámbito das industrias creativas: industrias culturais (cinema, televisión, disco), medios, arquitectura e deseño.
Ademáis, segundo a memoria do Grao de Comunicación Audiovisual, son competencias:
BÁSICAS E XENERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comuniación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais
As actividades formativas que se establecen na materia divídense entre unha parte teórica e outra teórico-práctica. No apartado teórico a metodoloxía docente fundamentarase nas clases maxistrais (10%), análise de textos e a súa posterior reflexión pública (40%). No apartado teórico-práctico establecerase a metodoloxía do estudo de caso (25%) e a elaboración dunha proposta de deseño dunha iniciativa para unha industria creativa (25%). Con esta metodoloxía lograrase acadar as competencias propostas, xa que o alumno entenderá o papel das industrias creativas nas sociedades actuais e contará con capacidade para realizar propostas de actuación no campo das industrias creativas.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual e da plataforma Teams.
A avaliación será continua.
De non ser posible o exame presencial, a avaliación final será o resultado da avaliación continua ao longo do cuadrimestre.
A parte teórica da asignatura avaliarase mediante unha proba escrita, realizada ao final do curso (sempre que sexa posible), sobre os contidos do programa. A dita proba puntuarase sobre 10. A cualificación da parte teórica suporá o 50% da nota final.
A parte práctica avaliarase a través dos traballos que realice e entregue o alumnado, segundo os criterios de avaliación establecidos e formulados na aula polo profesor. A cualificación da parte práctica suporá o 50% da nota final.
Para aprobar a asignatura é necesario superar a asignatura nas súas dúas partes. Suspender unha das partes suporá suspender a asignatura.
No caso de ter que recorrer a unha avaliación en remoto, esta farase a partir da avaliación continua dos traballos, teóricos e prácticos, solicitados, manténdose a necesidade de aprobar claramente as dúas partes para poder facer a media final.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Tempo presencial: Clases expositivas para presentación, explicación e interacción sobre os temas, 30 horas. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc), 5h. Traballos de análise, síntese e discusión, 10h. Exame, 3h. Total traballo, 48h. Estudo autónomo ou en grupo, 60h. Busca, rexistro e preparación de material de apoio, 12h. Lecturas recomendadas, 25h. Preparación de presentacións orais, debates, etc, 5h.
A materia non persegue a memorización dos conceptos senón promover a reflexión do alumno sobre as industrias creativas e o seu papel na sociedade actual.
Plan de continxencia
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luis Manuel Villamor Canelas
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 5 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
11.01.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
21.06.2021 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |