Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia capacita para traballar nos diversos ámbitos da produción audiovisual, especificamente en producións televisivas, tanto de informativos como programas de entretemento, así como realities ou ficción. Na súa parte teórica, coñeceremos os conceptos relacionados coa planificacións de proxectos audiovisuais, as tarefas das produtoras e produtores, os equipos que se utilizan...
Na parte práctica, trataremos de crear entre todos un equipo de produción, usando as mesmas técnicas que se usan nas producións profesionais, tendo en conta os orzamentos e os parámetros predefinidos.
Os obxectivos específicos para o alumnado resúmense do seguinte xeito:
- Coñecer as rutinas de traballo para a elaboración de produtos audiovisuais destinados a calquera ventá de difusión.
- Capacitar para a utilización das aplicacións informáticas destinadas á xestión técnica e humana, así como loxística e operativa dunha - produción audiovisual.
- Realizar produtos audiovisuais atendendo a todas as fases polas que transita unha obra audiovisual: desenvolvemento, pre-produción, produción, pos-produción e distribución.
- Coñecer os roles, competencias e funcións dos recursos humanos e técnicos implicados nunha produción audiovisual.
- Analizar o perfil do produtor executivo como responsable inicial e final dun produto audiovisual.
- Capacitar para levar a cabo o desenvolvemento, a produción e a colocación no mercado de calquera produto audiovisual, tendo en conta a súa propia tipoloxía así como a ventá de difusión pola que será presentado á audiencia.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1: FUNDAMENTOS DA PRODUCIÓN
1.1. Que é a produción audiovisual?
1.2. A estrutura económica do sector audiovisual
1.3. Fases da produción audiovisual
1.4. Modelos de produción: a empresa produtora ou o canal televisivo
1.5. Equipos humanos e material técnico nunha produción audiovisual
Tema 2: O DESENVOLVEMENTO
2.1. Da idea á realidade
2.2. Xéneros e formatos en televisión e novos medios
2.3. O guión e a súa relación coa produción
2.4. O desglose
2.5. A presentación de proxectos (venda, subvencións, procura de financiación bancaria e coprodución)
Tema 3: A PREPRODUCCIÓN
3.1. Elaboración do plan de traballo: calendario
3.2. O orzamento e a financiación
3.3. A preparación do rodaxe/gravación: decorados, localizacións, permisos, cásting
3.4. Contratación: equipos humanos (técnicos e artísticos), dereitos, servizos, seguros...
3.5. Necesidades técnicas (camara/as, son...)
3.6. Ensaios.
Tema 4: PRODUCIÓN / RODAXE / GRAVACIÓN
4.1. Os roles no equipo de produción na rodaxe / gravación
4.2. Estudo vs Exteriores
4.3. Directo vs Diferido
4.4. Xestión do persoal técnico e humano durante o rodaxe: citacións, permisos...
4.5. Supervisión do plan de rodaxe e control do orzamento
Tema 5: POSPRODUCIÓN
5.1. O traballo da produción durante a etapa de edición e pos-produción de audio e vídeo (edición, pos-produción, grafismos, subtitulado, masters, promos...)
5.2. O peche da produción
Tema 6: DISTRIBUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN
6.1. Os medios e canles de distribución: plataformas, televisións, festivais, mercados…
6.2. Márketing e promoción
CONTIDOS PRÁCTICOS
Traballos grupais empregando os medios técnicos de produción, realización, edición, iluminación, sonorización da Facultade de Ciencias da Comunicación, co obxectivo de aprender a producir contidos audiovisuais profesionais.
1. Produción dun programa de entretemento en Prató (p.ex.: talkshow, magazine, late night…).
2. Produción dunha peza audiovisual que inclúa localizacións exteriores (p.ex.: videoclip, docusoap, ficción, spot, sketch…).
C) POSIBLES PRÁCTICAS DE CAMPO
Ao longo do curso, no caso de ser posible, organizarase visitas / prácticas de campo a empresas ou entidades do ámbito audiovisual (p.ex: unha empresa de produción de TV, unha empresa de produción de son para a industria audiovisual, unha canle de televisión, etc.).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cancho, Nuria; García Marco A. Planificación de proyectos audiovisuales. Altaria, 2018
Pardo, Alejandro. Producción ejecutiva de proyectos cinematográficos. Eunsa, 2016
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA.VV. Libro Blanco del Audiovisual: Cómo producir, distribuir y financiar una obra audiovisual. Madrid: Grupo Exportfilm, 2000
AAVV. Derecho del entretenimiento : factbook. Cizur Menor (Navarra) : Aranzadi, 2003
Arnanz, Carlos M. Negocios de televisión : transformaciones del valor en el modelo digital. Barcelona, Gedisa 2002
Bellot Rosado, Coral. El guión: Presentación de proyectos. IORTV, Madrid 2002
Blumenthal, Howard J. This business of television. The standard guide to the television industry. Billboard Books. New York, 2006
Burrows, Thomas. Producción de Vídeo. Disciplinas y técnicas. Mc Graw Hill. México 2003
Bustamante, Enrique. La televisión económica. Gedisa. Barcelona. 1999
Cappé, Yvonne. Broadcast Basic. Marion Street Press. USA 2006
Clemente Mediavilla, Jorge. Introducción al software de gestión en la producción audiovisual. Madrid, Fragua 2004
Cury, Ivan, Directing and producing for television : a format approach. Focal Press, 2007
Fandiño, Xaime. Introducción á producción publicitaria en medios audiovisuais. Universidade de Vigo, Servicio de Publicacións, 2003
Fandiño, Xaime. La Producción del ciclismo en TV. Santiago : Tórculo, D.L. 2002
Gawlinski, Mark. Producción de televisión interactiva. Andoáin: Escuela de Cine y Vídeo.
González Requena, Jesús. El discurso televisivo: espectáculo de la posmodernidad. Cátedra, Madrid 1988
Hart, Colin. Television program making : everything you need to know to get started. Oxford: Focal Press, 1999
Keller, Teresa. Television news: a handbook for writing, reporting, shooting, and editing. Scottsdale (Arizona) : Holcomb Hathaway, 2005
Kellison, Cathrine. Producing for TV and video : a real-world approach. Boston. Focal Press, 2006
Lacalle, Charo. El espectador televisivo. Los programas de entretenimiento. Gedisa. Barcelona 2001
Medina Laverón, Mercedes. Estructura y gestión de empresas audiovisuales. Pamplona : Eunsa, 2005
Miller, Pat P. La supervision del guión. IORTV: Madrid, 1997
Millerson, Gerald. Realización y producción en televisión. Madrid, IORTV 2008
Pardo, Alejandro. Fundamentos de producción y gestión de proyectos audiovisuales. Eunsa, 2014
Patz, Deborah. Film Production Management 101. Michael Wise. California. 2002
Sáinz, Miguel. El productor audiovisual. Madrid, Síntesis 2002
Saló, Gloria. Que es eso del formato. Gedisa. Barcelona 2003
Simon, Deke. Film & Video Budgets. Michael Wise. California. 2001
Singleton, Ralphf. Film Scheduling. Lone Eagle. Hollywood 2001
Warshawski, Morrie. Shaking the money tree : how to get grants and donations for film and video projects. California: Michael Wiese Productions, 2003
White, Ted. Broadcast news: writing, reporting, and producing. Focal Press, 2005
Zettl, Hebert. Manual de producción de televisión. Thompson. México 2000
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que xeralmente se amosan por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que incorporen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
- Que os estudiantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- Que os estudiantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
- Competencia contextual básica de orden transdisciplinar.
- Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de xestión da información.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónomo.
- Creatividade.
- Iniciativa e espíritu emprendedor.
- Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais.
- Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización nas producións audiovisuais.
- Coñecer os fundamentos da animación audiovisual.
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía combinará diferentes técnicas (lección maxistral, resolución de exercicios e casos prácticos, aprendizaxe orientado a proxectos) que propicien en todo momento situacións dinámicas, participativas e interactivas para o alumno/a.
Tanto as sesións teóricas como as sesións prácticas poderanse desenvolver en remoto, se fose necesario, a través da plataforma MS TEAMS, do Campus Virtual e de calquera outra plataforma que a universidade poña a disposición do alumnado e do profesorado.
TEORÍA
Sesións expositivas con intenso uso de materiales TIC onde se inclúen: presentacións multimedia, podcast, visionados, traballo con elementos específicos da produción audiovisual, etc.
Utilización de aplicacións informáticas con relación específica coa loxística da produción para a televisión: plans de traballo, orzamentos, contratos, permisos, etc.
Conformación de grupos de traballo para o desenvolvemento teórico-práctico do traballo de produción en mesa.
Utilización da plataforma virtual da USC e da plataforma MS TEAMS como instrumentos de soporte textual dos contidos teóricos e prácticos da materia así como para a comunicación e presentación de traballos e proxectos propostos.
Seguimento constante do alumno mediante titorías personalizadas por medio do campus virtual, plataforma MS Teams ou presencialmente.
PRÁCTICAS
Para a elaboración das practicas e traballos, ben sexan presencialmente ou en remoto, conformaranse grupos de traballo que permitan o reparto de tarefas así como o aprendizaxe colaborativo. Todas as tarefas que se realicen potenciarán a aprendizaxe autónoma do alumnado e sempre serán levadas a cabo coa constante supervisión do profesor. O volume de traballo será proporcionado ao tempo necesario para levalo a cabo e ás horas estipuladas para a materia.
Nestas prácticas o alumnado levará a cabo os seguintes procesos:
- Utilización das aplicacións informáticas específicas de produción para a realización das fases de desenvolvemento, pre-produción, produción, pos-produción, difusión e comercialización.
- Elaboración de tódalas rutinas, procesos e actividades loxísticas relacionadas coa produción de programas para a televisión.
- Uso dos equipos tecnolóxicos da produción en exteriores e interiores para a realización dunha serie de produtos audiovisuais relacionados co programa da materia.
- Conformación de proxectos desde a fase de creación e pitching das ideas, ata a presentación dun dossier completo con tódolos elementos que fan referencia ó produto audiovisual.
PRÁCTICAS DE CAMPO
Se as circunstancias o permiten, realizaranse unha ou varias prácticas de campo, entre as que poden estar:
- Visita activa e guiada a un centro de produción de programas televisivos en plató.
- Visita activa e guiada a un centro de produción de son cinematográfico e televisivo.
- Visita activa e guiada á Televisión de Galicia.
A avaliación será continua.
O sistema de avaliación asimila unha parte teórica e unha práctica. Para poder facer promedio o alumno/a deberá superar as dúas partes por separado.
a) Un exame teórico con preguntas tipo test e de desenvolvemento que representará o 50 % da nota. De non ser posible o exame presencial, a avaliación final da parte teórica será o resultado da avaliación continua ao longo do cuatrimestre, co traballo individual correspondente.
b) Traballos prácticos que suporán o 50% da cualificación.
A asistencia ás clases prácticas é imprescindible. É obrigatoria a xustificación das faltas de asistencia.
Só está permitido non asistir ó 20% das clases prácticas do curso.
Os exercicios prácticos serán avaliados ao final de cada unha das prácticas programadas, tendo en conta parámetros tales como a programación previa, o desenvolvemento e preparación e o resultado. A actitude proactiva e a participación do estudante serán tidas en conta así como a súa integración e colaboración no grupo de traballo asignado.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
ACTIVIDADES FORMATIVAS PRESENCIAIS / VIRTUAIS
20 horas: Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas.
4 horas: Traballos con textos: análise, síntese e discusión.
1,5 horas: Actividades de avaliación.
1,5 horas: Titorías de traballos do curso.
20 horas: Prácticas.
2 horas: Exame final (de existir).
ACTIVIDADES FORMATIVAS NON PRESENCIAIS
40 horas: Estudo autónomo individual ou en grupo.
12 horas: Lecturas recomendadas.
50 horas: Traballo por grupos de laboratorio.
Recoméndase que o alumno realice puntualmente todas as preguntas sobre as dúbidas que atopa en cada tema de xeito que non se deixen para o final este proceso acumulativo que adoitan obrar de forma negativa na fixación dos coñecementos.
A bibliografía específica proposta en cada caso, xunto os textos proporcionados na aula ou a través das plataformas online, serán o apoio fundamental sobre o que se basearán os contidos teóricos avaliables. Así mesmo, tódolos procesos realizados durante as clases prácticas serán coñecementos que poderán seren avaliados.
Plan de continxencia.
Á vista dos tres escenarios que contempla a USC por mor do contexto sanitario, a metodoloxía de ensino adaptarase gradualmente mediante a combinación de iniciativas didácticas presencias e virtuais ou só virtuais, a través do campus virtual (no terceiro escenario será todo virtual).
No referido ao sistema de avaliación, de non ser posible o exame presencial, a avaliación será só continua, mediante distintas iniciativas programadas durante o cuadrimestre.
Francisco Javier Vaz Guerrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816549
- Correo electrónico
- franciscojavier.vaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raul Garcia Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- raul.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
19.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
19.05.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
28.06.2021 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |