Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Análise en torno ao papel da cultura e a industria audiovisual en derívaa social actual, a súa contribución ao coñecemento das novas realidades sociais e a súa capacidade de influencia neste ámbito. Recoñecer e situar no seu contexto socio-cultural aquelas creacións audiovisuais máis innovadoras, no temático e no formal, da arte contemporáneo, do cinema, a televisión ou os novos medios. Capacidade para coñecer e analizar a sociedade contemporánea a través da súa posta en imaxes nos produtos audiovisuais xurdidos das últimas tendencias na comunicación.
Coñecemento e análise dos fenómenos emerxentes xurdidos no ámbito da comunicación audiovisual. Estudo das novas propostas audiovisuais, no seu aspecto formal e temático, en relación coas innovacións tecnolóxicas e a evolución social.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Marco teórico da cultura audiovisual
1.1.- Formalismo, semiótica e estruturalismo: Abordaxe da cultura audiovisual como feito da linguaxe. Mudanzas cara a lecturas posestruturais
1.2- Estudos culturais: Abordaxe da cultura audiovisual a través do proceso de recepción
A intervención de factores sociolóxicos, estéticos e lingüísticos. Estudos de recepción e a análise da participación a través das novas tecnoloxías
1.3.- Fragmentación e deslocación. Estudos da diferenza: xénero e corpo desde os feminismos e o queer. Abordaxe do audiovisual desde a psicanálise. Do poscolonial á diversidade
TEMA 2. Trazos da cultura audiovisual contemporánea
2.1.- O concepto de arte total e o movemento happening
2.2.- Os conceptos de hibridaxe, bricolaxe e reciclaxe cultural. A cultura da apropiación
2.3.- O recurso á intertextualidade. O discurso televisivo como o metarrelato
2.4.- Os procesos de autorreferencialidade
2.5.- Cultura do simulacro e a pervivencia do concepto de sociedade do espectáculo
TEMA 3. Estilos, tendencias e modas na cultura audiovisual contemporánea
3.1.- O efémero das dinámicas estilísticas
3.2-A cuestión do gusto como marcador social
3.3.- Cinemas nacional, posnacionais e transnacionais. Xeopolítica na globalización
3.4.- Dinámicas de centro e periferia no audiovisual contemporáneo. Cinema(s) nas marxes
TEMA 4. Categorías estéticas definitorias da cultura audiovisual contemporánea
4.1.- O exótico e o novidoso
4.2.- Kitsch e cultura camp e o ascenso do cuqui
4.3.- O cómico e o caricaturesco
4.4.- Repulsión, abxección e violencia
TEMA 5. A cultura audiovisual na era da transparencia
5.1- A construción e uso creativo da imaxe CCTV
5.2.- Universo multipantalla e interactiv¡dade
5.3.- Culturas do algoritmo
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos de seminario da materia consistirán na lectura e comentario crítico de textos académicos e producidos en medios de comunicación, así como de material audiovisual como filmes e produtos das redes, que servirán de complemento para o exposto nas sesións teóricas. O alumnado terá que participar activamente nas sesións de comentario dos seminarios e entregar, se así o require o profesorado, exercicios escritos a través do campus virtual.
O traballo final consistirá na escrita individual dun artigo académico que recollerá algún dos temas da materia ou segundo temas propostos polo alumnado que se adecúen aos seus contidos.
Bibliografía básica:
- Ardévol, E., Muntañola, N. (coords.) (2004). Representación y cultura audiovisual en la sociedad contemporánea. Barcelona: Editorial UOC.
- Gómez Alonso, R. (2007). Cultura audiovisual. Itinerarios y rupturas. Madrid: Laberinto.
- Guasch, A. (2000). El arte último del siglo XX. Del positivismo a lo multicultural. Madrid: Alianza Forma.
- Marchan, S. (comp.) (2006). Real / Virtual en la estética y la teoría de las artes. Barcelona: Paidós.
-Mirzoeff, N. (2016). Cómo ver el mundo: Una nueva introducción a la cultura visual. Barcelona: Paidós.
Bibliografía complementaria:
- Abril, G. (2003). Presunciones II. Ensayos sobre comunicación y cultura. Salamanca: Junta de Castilla y León.
- Barker, C. (2003). Televisión, globalización e identidades culturales. Barcelona: Paidós.
- Bozal, V. (2008). El gusto. Madrid: La Balsa de la Medusa.
- Cruz Sánchez, P., Hernández-Navarro, J. (eds.) (2004). Cartografías del cuerpo. La dimensión corporal en el arte contemporáneo. Murcia: Cendeac.
- Darley, A. (2002). Cultura visual digital. Barcelona: Paidós.
- Didi-Huberman, G. (2007). La invención de la histeria. Madrid: Cátedra.
- de Diego, E. (2011). No soy yo: autobiografía, performance y los nuevos espectadores. Madrid: Siruela.
- García Canclini, N. (2004). Diferentes, desiguales y desconectados. Mapas de la interculturalidad. Barcelona: Gedisa.
- García Cortés, J. M. (2006). Políticas del espacio. Arquitectura, género y control social. Barcelona: Iaac y Actar.
- Greenberg, C. (2002). «Vanguardia y Kitsch» en Arte y cultura. Ensayos críticos. Barcelona: Paidós.
- Hebdige, D. (2004). Subculturas. El significado del estilo. Barcelona: Paidós.
- Huyssen, Andreas (2002). En Busca del futuro perdido : cultura y memoria en tiempos de globalización. México : Fondo de Cultura Económica
- Kristeva, J. (2004). Poderes de la perversión. Buenos Aires: Siglo XXI.
- Lipovetsky, G.; Serroy, J. (2009). La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era postmoderna. Barcelona: Anagrama.
-May, S. (2019). El poder de lo cuqui. Barcelona: Alpha Decay.
- Rampley, M. (ed.) (2005). Exploring Visual Culture. Definitions, concepts, contexts. Edimburgh: University Press.
- Roberge, J.; Seyfert, R. (2014). Algorithmic Cultures. Essays on Meaning, Performance and New Technologies. Abingdon: Taylor & Francis.
-Rosenbaum, J.; Martin, A. (2010). Mutaciones del cine contemporáneo. Barcelona: Errata Naturae.
- Roudinesco, E. (2009). Nuestro lado oscuro. Una historia de los perversos. Barcelona: Anagrama.
- Scolari, C. A. (ed.) (2008). L’homo videoludens. Videojocs, textualitat i narrativa interactiva. Barcelona: Eumo editorial.
- Shifman, L. (2014). Memes in digital culture. Massashusetts: The MIT Press Essentials.
- Sontag, S. (2004). Ante el dolor de los demás. Madrid: Suma de letras.
- Wajcman, G. (2007). El objeto del siglo. Buenos Aires: Amorrortu.
- Wajcman, G. (2012) El ojo absoluto. Buenos Aires: Manantial.
- Žižek, S. (2006). Lacrimae rerum. Ensayos sobre cine moderno y ciberespacio. Madrid: Debate.
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas polas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e presentación de problemas como na busca de solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non especializados.
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05 – Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 – Coñecementos básicos da profesión.
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE11 - Coñecer o contexto no que se desenvolve a industria audiovisual na actualidade dentro das industrias culturais.
CE12 – Coñecer o contexto social, económico e político no que se desenvolve a industria audiovisual.
A materia abordarase seguindo os temas propostos con clases maxistrais e sesións de seminario nas que se realizarán estudos de caso. Cada semana, o alumnado terá que realizar unha lectura/visionado sobre os que se desenvolverán as clases de seminario. O alumnado tendrá además que escoller un tema desde o temario proposto para preparar unha exposición en clase e presentar un traballo de investigación, seguindo o modelo de aprendizaxe orientado a proxectos. Ademais, podería proporse unha práctica de campo para complementar contidos desenvolvidos nas clases expositivas e de seminario.
A avaliación da materia consistirá nun exame final (50%) e a nota derivada das sesións de seminario nas que se avaliarán os traballos de análise, as presentacións en clase e un traballo final de investigación en forma de artigo académico (50%).
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia. Este plan de traballo incluirá, ademais do traballo de investigación que se presentará como un artigo académico, unha entrega por escrito de todos os comentarios de textos e filmes que se soliciten. Estes exercicios escritos constituirán o 50 % da nota da materia, mentres que o exame será o outro 50%.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15 horas
Exame final: 3 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5 horas
Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
Marta Perez Pereiro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816532
- Correo electrónico
- marta.perez.pereiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Calviño Tato
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816538
- Correo electrónico
- pablo.calvino.tato [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
31.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
31.05.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
04.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |