Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as escolas relacionadas coas técnicas de edición e montaxe audiovisual. Situar a montaxe e a posprodución audiovisual nun ámbito central no referente á conformación de produtos audiovisuais. Capacitar para a realización de montaxes e posproducións de produtos audiovisuais destinados a ser distribuídos a través de calquera tipo de ventá. Coñecer e desenvolver capacidades para a realización de montaxes audiovisuais mediante a utilización de distintas técnicas narrativas e plataformas de edición. Investigar os modelos clásicos, así como as novas tendencias narrativas, coa fin de desenvolver capacidades críticas en torno á técnica e estética da montaxe e da posprodución audiovisual. Capacitar o alumnado no uso de aplicacións e técnicas de edición, posprodución, composición e etalonado, destinadas á conformación de produtos audiovisuais.
Análise das escolas estilísticas e estéticas relacionadas coas principais técnicas de edición e montaxe audiovisual. Instrución para a conformación de produtos audiovisuais, a partir da sutura de imaxes e sons, en función dos canons narrativos de cada xénero ou estilo. Capacitación no uso das aplicacións que habilitan en distintas técnicas de edición, posprodución, composición e etalonado, destinadas á realización de produtos audiovisuais en función, tanto da súa tipoloxía, como da xanela de difusión.
CONTIDOS TEÓRICOS:
Tema 1 - INTRODUCIÓN: A EDICIÓN AUDIOVISUAL
• O concepto de montaxe e edición audiovisual. O deseño e a planificación da edición entendidos como realización. A edición na produción e na posprodución
• Unidades da montaxe
• Tipos de transicións
Tema 2 - EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA EDICIÓN
• Pioneiros
• A linguaxe clásica. O raccord: tipos, normas e excepcións
• Rupturas da linguaxe clásica
• Principais escolas e movementos relacionados coa edición audiovisual
Tema 3 - FUNDAMENTOS E RECURSOS DA EDICIÓN AUDIOVISUAL
• Onde e por que cortar
• Os elementos da montaxe
• Ritmo interno e externo. Métodos de alteración do ritmo interno. Tipos de ritmo
• O espazo e o tempo. Elipse, analepse e prolepse
• O son
• Tipos de edición
• Principais técnicas de postprodución
Tema 4 - CONVENCIÓNS E MONTAXE DE TIPOS DE SECUENCIAS
• Secuencia expositiva
• Secuencia de "montage"
• Montaxe de diálogos
• Montaxe de acción
• Montaxe de terror / thriller
CONTIDOS PRÁCTICOS:
1 - EDICIÓN NON LINEAL (ADOBE PREMIERE)
• Deseño, configuración e adecuación do proxecto
• Preparación, captura e organización dos materiais
• Edición: Transicións e efectos
• A liña de tempos, a sincronía
• Ferramentas de transformación e axuste
• Edición de audio
• Edición multicámara
• Procesamento, masterización e empaquetado do produto para a difusión e distribución
2 - POSTPRODUCIÓN (ADOBE AFTER EFFECTS)
• Deseño, configuración e adecuación do proxecto. A interface de usuario
• Importación e administración de elementos de material de arquivo
• Animación e fotogramas chave.
• Incorporación de efectos e modificación das súas propiedades
• Expresións
• Os seguimentos (tracking)
• Métodos de incrustación de elementos gráficos e visuais
• As máscaras
• Técnicas de motion graphics
• Etalonado e tratamento da cor
• Procesamento e exportación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Grossi, M. (2002). Elementos de montaje cinematográfico. Buenos Aires: CIC.
Marimón, J. (2014). El montaje cinematográfico. Del guion a la pantalla. Barcelona: Ube-ESCAC.
Morales, F. (2013). Montaje audiovisual. Teoría, técnica y métodos de control. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez-Biosca, V. (1996). El Montaje cinematográfico: teoría y análisis. Barcelona: Paidós.
Villain, D. (1994). El montaje. Madrid: Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amiel, V. (2005). "Estética del montaje". Madrid: Adaba.
Martin, M. (2008). El lenguaje del cine. Barcelona: Gedisa Editorial.
McGrath, D. (2001). Montaje & postproducción. Barcelona: Océano.
Murch, W. (2003). En el momento del parpadeo. Un punto de vista sobre el montaje cinematográfico. Madrid: Ocho y medio.
Pinel, V. (2004). El montaje, el espacio y el tiempo en el film. Paidós.
Reisz, K. (2003). Técnica del montaje cinematográfico. Madrid : Plot.
Sánchez, Rafael C. (2008). El Montaje cinematográfico arte de movimiento. Buenos Aires: La Crujia.
Thompson, R. (2001). Manual de montaje : gramática del montaje cinematográfico. Madrid : Plot.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG):
CG1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e plantexamento de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientadas a públicos especializados e non especializados.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT):
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, realizador, director e editor de produtos audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización na produción audiovisuais
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
TEORÍA
As clases expositivas tratarán exhaustivamente os conceptos, regras, teorías e técnicas nas que se sustenta a edición audiovisual.
Ademais de clases maxistrais haberá visionados, debates, postas en común e, en paralelo, iranse aplicando os coñecementos nas clases interactivas a través das prácticas, con apoio docente.
PRÁCTICAS
As clases interactivas desenvolveranse nunha aula de informática con Adobe Premiere e Adobe After Effects.
Proporanse exercicios individuais, para resolver na clase ou fóra de ela. O alumno editará persoalmente os seus produtos a través de aplicacións informáticas da facultade relacionadas especificamente coa edición, composición e posprodución.
Preténdese un seguimento constante do alumno e da súa evolución na materia.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A parte teórica da materia será avaliada a partir dun exame no que se aplicarán os contidos vistos durante o curso. O exame computará o 50% da nota.
Calificaranse as prácticas salientadas no epígrafe contidos prácticos. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
Os alumnos deberán entregar tres traballos individuais para ser avaliados:
- a edición dun remix de vídeo no que se constrúa unha nova historia a partir de dúas ou máis fontes distintas
- a edición dun tráiler cinematográfico cambiando o xénero da película usada como base
- unha promo na que se apliquen as técnicas de postprodución vistas na clase: animación, máscaras e tracking
A nota final obterase como a media das dúas partes: teórica e práctica (cada unha delas achegaría o 50% da cualificación). En calquera caso, será imprescindible ter ámbalas partes aprobadas para superar a materia. No caso de teren aprobada a parte práctica pero non a teórica na primeira convocatoria, manterase aquela ata a convocatoria de Xullo e computarase co mesmo criterio.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 20 horas
- Traballos con textos: 4 horas
- Prácticas: 20 horas
- Titorías de traballos de curso: 1.5 horas
- Actividades de avaliación: 1.5 horas
- Examen final: 2 horas
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas
- Lecturas recomendadas: 12 horas
- Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio: 50 horas
Aconséllase o seguimento continuado das distintas actividades docentes, pois constitúen unha cadea de nocións e de aplicacións prácticas que se van complementando, enlazando ou xustificando unhas ás outras.
Por outra banda, convén co alumno, analice e xulgue todo tipo de produtos nos medios de comunicación na busca dos mecanismos que está a estudar. Ademais de axudarlle a entendelos, facilitaralle o ir forxando un criterio propio sobre a edición audiovisual.
Ha de reflexionar sobre a pertinencia e eficacia dos recursos utilizados polos diversos directores e editores para lograr determinados fines, e valoralas. Deste xeito, poderá construír as súas propias opinións e imaxinar alternativas. Poderá formularse as súas propias solucións técnicas e estilísticas, e experimentalas nos seus traballos.
Nas clases interactivas todos os alumnos deben por en común e cotexar as súas diferentes opinións, versións e métodos resolutivos, para enriquecerse mutuamente.
O seu coñecemento progresará, ademais de pola acumulación de teoría, pola posta en práctica da mesma. As tarefas concretas iranlle imprimindo capacidade creativa e habilidades executivas.
Facilitaranse a través do campus virtual da asignatura os materiais necesarios para o seguemento teórico e práctico da materia.
Jose Luis Castro De Paz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816546
- Correo electrónico
- joseluis.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Clara García Nieto
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- clara.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
21.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
21.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
09.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |