Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Analizar e comprender o modelo do ecosistema comunicativo e informativo: sectores económicos, mercados, funcións de comportamento, variables a determinar e políticas. Estudar o funcionamento da industria da comunicación e a cultura, a súa estrutura e os seus diferentes actores. Explorar o ecosistema comunicativo e determinar a influencia dos cambios tecnolóxicos, culturais, políticos e sociais na configuración da industria da comunicación e no ecosistema comunicativo nos ámbitos local, nacional e internacional.
Composición e estrutura do ecosistema comunicativo e informativo. Conceptos básicos da contorna macroeconómica e da contorna industrial da comunicación e das estruturas informativas. Fundamentos para a análise das contornas económicas, políticos, sociais e tecnolóxicos dos negocios da comunicación e a cultura. Bases para a análise das industrias culturais e da comunicación.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Aproximación ao concepto de industrias culturais
1.1 O binomio “industrias culturais”
1.2 A cultura como concepto
1.3 As industrias culturais: orixe, correntes de estudo e contextualización
1.4 As industrias creativas
1.5 Sistemas de clasificación das industrias culturais e creativas
1.6 Produción e consumo das industrias da cultura
TEMA 2. Economía das industrias culturais
2.1 Economía da cultura: definición e ámbitos
2.2 Valor simbólico da cultura e a comunicación.
2.3 Medición estatística da cultura
2.4 Cadea de valor e fases do ciclo cultural
2.5 Os bens e servizos culturais
2.6 Cidades creativas
2.7 Financiamento e fiscalidade
TEMA 3. Tipos e modelos de industrias culturais
3.1 A industria editorial
3.2 A industria das artes escénicas
3.3 A industria audiovisual
3.4. O patrimonio cultural
3.5 A industria da música
3.6. A industria da comunicación
TEMA 4. Marco legal das industrias culturais
4.1 Os marcos de regulación e autorregulación
4.2 Propiedade intelectual: os dereitos de autor
4.3. Políticas culturais e de comunicación
TEMA 5. Modelos organizativos e estruturas
5.1 A era dixital: un contexto de transformación
5.2 Transnacionalización e globalización das industrias culturais
5.3 Medios globais: orixe e evolución
5.4 Novas formas de organización: concentración empresarial e conglomerados mediáticos
5.5 O sistema de medios en España
TEMA 6. As industrias culturais no contexto actual
6.1 Impacto tecnolóxico nos procesos de produción e comercialización das industrias da cultura
6.2 Desafíos das industrias culturais no actual ecosistema comunicativo.
CONTIDOS PRÁCTICOS
• Traballos individuais e grupais a realizar nas aulas interactivas consistentes na análise de caso de produtos culturais e xornalísticos.
• Realización dun proxecto monográfico sobre unha industria cultural ou creativa. Presentaranse avances semanalmente nas clases interactivas, aínda que se entregará o traballo completamente rematado a final de curso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bustamante, E. (Ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Gedisa.
Castro Higueras, A. (2017): Las industrias culturales y creativas y su índice de potencialidad. Comunicación Social, Ediciones y Publicaciones.
Davies, R. & Sigthorsson, G. (2013). Introducing the creative industries: From theory to practice. SAGE.
De la Ville, V.I., Garnier, P. & Brougère, G. (2021). Cultural and Creative Industries of Childhood and Youth. An interdisciplinary exploration of new frontiers. Peter Lang.
Delgado Porras, A (2015). Propiedad intelectual. Civitas.
Freixanes, V.F & Meixide, A (Ed).(2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia.
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Paidós Comunicación.
O'Connor, J. (2010). The cultural and creative industries: a literature review 2nd Edition. Creativity, Culture and Education.
Peris Ortiz, M., Cabrera Flores, M.R. & Serrano Santoyo, A. (2018). Cultural and Creative Industries. A Path Entrepreneuriship and Innovation. Springer.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Adorno, T. & Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta.
Cebrián Herreros, M., Maestro Bäcksbacka, J. & Rubio Moraga, Á. L. (Eds.) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Comunicación Social.
Hallin, D.C. & Mancini, P. (2004). Comparing Media Systems. Three Models of Media and Politics. Cambridge University Press.
Outeiriño. M. (Comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
Reig, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Gedisa.
Throsby, D. (2011). Economía y Cultura. Cambridge University Press.
Vogel, H. (2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Fundación Autor.
Zallo, R. (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no ámbito da comunicación.
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e teña o competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos tanto especializados como non especializados especializada.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
-----
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 - Creatividade.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia.
CE16 - Coñecer a dimensión que adquire actualmente a participación cidadá nos procesos de produción da información.
CE19 - Coñecer os modelos de comunicación existentes para a súa aplicación na actualidade.
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
A metodoloxía de ensinanza combinará diferentes técnicas: clases expositivas teóricas, clases interactivas e traballos individuais e grupais.
En primeiro lugar, as sesións expositivas correspóndense coas leccións maxistrais nas que, á marxe da explicación dos contidos teóricos, contémplanse lecturas, debates, exposicións ou estudos de caso para favorecer e reforzar a adquisición de coñecementos e competencias por parte do alumnado.
En segundo lugar, as sesións interactivas implicarán a posta en práctica dos coñecementos teóricos adquiridos nas clases expositivas. Para iso, o alumnado realizará un proxecto monográfico sobre unha industria cultural e realizará traballos centrados na análise de produtos culturais e xornalísticos. En concreto, o alumnado levará a cabo estas actividades prácticas nunha aula de seminario, de maneira que deberá traer un computador portátil á aula. Para as diferentes tarefas, o alumnado apoiarase en diferentes ferramentas ofimáticas e bases de datos.
A metodoloxía de ensino tamén contempla o uso do Campus Virtual.
A parte teórica da materia avaliarase mediante un exame final sobre os contidos do programa. A cualificación desta proba supoñerá o 50% da nota final do alumnado na materia.
En canto á parte práctica, a súa avaliación supoñerá o 50% restante da nota final. Desta porcentaxe, o 10% corresponderá coa cualificación dos traballos individuais e/o en grupo a realizar nas clases interactivas, mentres que o 40% procederá do traballo final especificado no apartado de Contidos. Cabe sinalar que todos os exercicios e tarefas han de ser entregados en tempo e forma seguindo as indicacións da docente para poder ser avaliados. Non se avaliará ningún traballo que non siga as instrucións ofrecidas na aula e/o a través do Campus Virtual. Na avaliación da parte práctica terase en conta a redacción, a ortografía, a gramática e a claridade expositiva.
Segunda oportunidade: neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ou a alumna ten aprobada unha parte da materia (teoría ou práctica), gardarase a nota para a segunda oportunidade.
As dispensas a clase terán que ser autorizadas pola Comisión Académica. De ser autorizadas, a docente establecerá un plan de traballo personalizado para que o alumno ou a alumna realice igualmente todas as actividades prácticas recollidas no apartado de Contidos aínda que de maneira adaptada. En concreto, o alumnado con dispensa deberá entregar un informe de análise de caso (11 en total) cuxa nota suporá o 10% da cualificación final, mentres que no remate do curso deberá entregar un traballo final que representará o 40% da nota total. Finalmente, os contidos teóricos serán evaluados mediante un examen cuxa cualificación supoñerá o 50% restante da nota da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 24 horas
• Clases interactivas: 24 horas
• Titorías de traballos do curso: 3 horas
• Exame final: 3 horas
• Traballo autónomo do alumnado (estudo, lecturas e preparación de actividades e traballos): 99 horas
Recoméndase o seguimento da actualidade das industrias culturais e creativas, así como os cambios no ecosistema comunicativo.
Sara Perez Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816534
- Correo electrónico
- s.perez.seijo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
03.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
03.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
08.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |