Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Non implantada)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os distintos formatos dispoñibles no ámbito multimedia, cunha perspectiva histórica do seu desenvolvemento, para a ideación e a creación audiovisual. Coñecer o escenario de medios e comunicación vinculados á rede para a ideación, produción e xestión de produtos audiovisuais adaptados aos modelos e formatos do contexto multiplataforma e móbil.
Xestionar os fundamentos da linguaxe multimedia e interactiva para adaptalos aos novos formatos de relato audiovisual e narrativas dixitais actuais, afondando na concepción e xestión de proxectos transmedia.
Desenvolver habilidades para adaptar as estratexias de distribución e difusión de contidos aos comportamentos de consumo de produtos culturais a través da rede. Xestionar o papel do usuario na produción e comunicación de proxectos audiovisuais.
O contexto comunicativo e mediático da cultura da converxencia. Intelixencia colectiva e multitudes intelixentes. Do consumidor ao prosumidor. Noovs formatos multimedia e interactivos. Adaptación dos formatos ao medio móbil e ao contexto multiplataforma. Novos modelos de produción e distribución na rede de produtos culturais e audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O CONTEXTO COMUNICATIVO E MEDIÁTICO NA CULTURA DA CONVERXENCIA
1.1 Definición e características da converxencia mediática
1.2 A cibercultura. Concepto, características e contexto
1.3 Intelixencia colectiva e multitudes intelixentes
1.4 Do consumidor ao prosumidor: formas de consumo e participación dos usuarios
TEMA 2. FORMATOS MULTIMEDIA E INTERACTIVOS
2.1 A linguaxe hipertextual, interactiva e multimedia
2.2 Formatos e produtos para a rede. Unha visión da súa evolución nos novos medios
2.3 Formatos para narrativas interactivas (tendencias e casos): vídeo interactivo; formatos inmersivos; gamificación; visualización; automatización; audio e podcast
2.4 Formatos para o medio móbil e para as redes sociais
2.5 O documental interactivo
TEMA 3. NARRATIVAS TRANSMEDIA
3.1 Definición de conceptos: multiplataforma, crossmedia, transmedia
3.2 A narrativa transmedia. Conceptualización teórica e características
3.3 Estratexias de expansión narrativa e proxectos de referencia
3.4 A importancia do usuario nas narrativas transmedia
3.5 Planificación de proxectos: a biblia transmedia
TEMA 4. NOVOS MODELOS DE PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN NA REDE
4.1 Crowdsourcing e creación colectiva na rede
4.2 Crowdfunding como modelo de financiamento cultural
4.3 Difusión dos produtos audiovisuais e culturais na rede: plan de redes sociais
4.4 Estratexias para o seu posicionamento e promoción na rede
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos orientaranse á análise e ideación de proxectos, traballando sobre a concepción transmedia do relato, as posibilidades narrativas dos novos formatos, a adaptación de contidos ao escenario multiplataforma, a difusión e distribución de contidos e a relación coa audiencia.
O alumnado desenvolverá unha serie de exercicios prácticos, realizados individualmente e en grupo, nos que se traballarán: a análise de transformación dos sectores culturais no contexto dixital; a narrativa lineal e a narrativa interactiva; o vídeo interactivo; a planificación de estratexias de difusión de obras culturais e vías para a participación da audiencia; a análise de proxectos transmedia e documentais interactivos; a produción de contido para as redes sociais e os dispositivos móbiles; a ideación e planificación dun proxecto transmedia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguado, J. M., Feijóo, C. e Martínez, I. J. (Coords.) (2013). La comunicación móvil: hacia un nuevo ecosistema digital. Barcelona: Gedisa.
Bruns, A. (2009). From prosumer to produser: Understanding user-led content creation. Presentado en Transforming Audiences, Londres, 3-4 Sep. de 2009.
García Avilés, J. A., Salaverría, R. e Masip, P. (2008). Convergencia periodística en los medios de comunicación. Propuesta de definición conceptual y operativa. En I Congreso de la Asociación Española de Investigadores en Comunicación.
Gifreu, A. (2012) El documental interactivo como nuevo género audiovisual. Estudio de la aparición del nuevo género, aproximación a su definición y propuesta de taxonomía y de un modelo de análisis a efectos de evaluación, diseño y producción. Barcelona: Universidad Pompeu Fabra.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Londres: Routledge.
Hayes, G. P. (2011) How to write a transmedia production bible. Screen Australia.
Jansson, A. e Lindell, J. (2015). News media consumption in the transmedia age: Amalgamations, orientations and geo-social structuration. Journalism Studies, 16(1), 79-96.
Jenkins, H. (2008) Convergence Culture: La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona: Paidós Comunicación.
Nafría, I. (2007). Web 2.0: el usuario, el nuevo rey de internet. Barcelona: Gestión 2000.
Scolari, C. (2013). Narrativas Transmedia: Cuando Todos Los Medios Cuentan. Barcelona: Centro Libros PAPF.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Durán-Manso, V. (2015). Narrativas audiovisuales digitales. Convergencia de medios, multiculturalidad y transmedia. Comunicar, 44(22), 209-210.
Renó, L. (2015). Periodismo transmedia: miradas múltiples. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación, (128), 305-307.
Ryan, M. L. (2015). Transmedia Storytelling: Industry Buzzword or New Narrative Experience? StoryWorlds: A Journal of Narrative Studies, 7(2), 1-19.
Sakamoto, M. e Nakajima, T. (2015, August). Incorporating fictionality into the real world with transmedia storytelling. In International Conference of Design, User Experience, and Usability (pp. 654-665). Springer International Publishing.
BÁSICAS E XERAIS (CB E CX)
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis imporantes das distintas ramas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CX2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CX3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e plantexamento de problemas como na busca das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05 - Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS (CE)
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual.
CE02 - Coñecer as técnicas de escrita para os guións de produtos audiovisuais.
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais.
As clases expositivas servirán para a explicación, estudo e análise dos contidos de carácter teórico da materia. As exposicións da docente combinaranse con pequenos exercicios a realizar polo alumnado, que permitirán facer un seguimento aplicado dos conceptos que se vaian traballando. Nas clases expositivas o alumnado deberá participar de maneira activa.
As sesións de laboratorio orientaranse á análise e ideación de proxectos, traballando sobre a concepción transmedia do relato, as posibilidades narrativas dos novos formatos, a adaptación de contidos ao escenario multiplataforma, a difusión e distribución de contidos e a relación coa audiencia. As clases interactivas desenvolveranse nunha aula de informática.
O alumnado traballará tanto de maneira individual como en equipo. Buscarase o debate, a reflexión colectiva e individual e a posta en común dos coñecementos adquiridos.
O Campus Virtual empregarase como plataforma para a comunicación co alumnado, a disposición dos materiais bibliográficos complementarios necesarios e para a entrega das tarefas establecidas. As titorías poderán realizarse presencialmente ou en liña a través de MS Teams.
Os instrumentos de avaliación dos contidos e aptitudes serán:
- Exame teórico: 50%
- Traballos prácticos (individuais e en grupo): 50%
A avaliación será continua, polo que se fará un seguimento constante das actividades e dos coñecementos adquiridos por parte do alumnado. Non será posible superar a materia se non se obtén o aprobado tanto na parte teórica como na práctica e se non realizan as entregas das tarefas no tempo e na forma esixidas pola docente.
Segunda oportunidade: o sistema de avaliación será o mesmo que o da primeira oportunidade. Se o/a alumno/a ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas.
- Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20 horas.
- Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 4 horas.
- Prácticas: 20 horas.
- Titorías de traballos de curso: 1,5 horas.
- Actividades de avaliación: 1,5 horas.
- Exame final: 2 horas.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas.
- Lecturas recomendadas: 12 horas.
- Planificación do seminario. Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 50 horas.
Recoméndase a constancia na asimilación dos contidos teóricos da materia e o seguimento das aulas para poder acadar os obxectivos e competencias fixados, tanto na parte teórica como no traballo práctico de laboratorio. Recoméndase a consulta do material bibliográfico ou complementario que aconselle a docente. A participación na aula, a reflexión crítica e as achegas para o coñecemento común serán valoradas positivamente.
Maria Cruz Negreira Rey
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
20.05.2024 16:00-21:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
20.05.2024 16:00-21:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
25.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |