Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Dominar a técnica da elaboración, a través dous diferentes procesos, sas reportaxes interpretativas mais en profundidade, entrevistas é crónicas. Coñeocer as tipoloxías dos xéneros da opinión. Doferenciar é obtener as maneiras de elexir o xénero axeitado o contexro da producción. Distinguir con claridade as diferencias entre información, interpretación é opinión. Desenrrolar habilidades técnicas para a redacción dos contidos interpretativos é da opinión nos medios impresos é dixitais, é tamen obtener un marco de referencia para a elección dos xéneros na confección dos contidos.
Información, interpretación é opinión: tres actitudes para informar. Evolución histórica douss xéneros interpretativos. Estudio en profundidade das tipoloxías
é das estructuras, técnicas de preparación, realización e narración da reportaxe interpretativa y en profundidade, da entrevista é da crónica. Teoría, técnica y tipoloxía do repertorio de formas de construir a opinión nos distintos soportes.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1 Xéneros interpretativos e de opinión
1.1 Definición dos xéneros interpretativos e de opinión; características diferenciais dos xéneros; clasificación dos xéneros; os estilos
TEMA 2 A reportaxe interpretativa
2.1 Definición e clasificación; as partes da reportaxe; técnicas de elaboración da reportaxe; tipos de reportaxe; a reportaxe na prensa actual; reporterismo en Galicia
TEMA 3 A crónica interpretativa
3.1 Definición e clasificación; as partes da crónica; técnicas de elaboración da crónica; tipos de crónicas; a crónica nos diferentes soportes.
TEMA 4 A entrevista interpretativa
4.1 Definición e clasificación; proceso e técnicas de elaboración da entrevista; a distribución dos roles: entrevistador e entrevistado; tipos de entrevistas; a entrevista nos diferentes soportesl; presenza da entrevista nos medios galegos.
TEMA 5 A opinión
5.1 Definición e clasificación dos subgéneros de opinión; a páxina aberta; a participación da audiencia na opinión; as cartas ao director e ao defensor do lector; a opinión na actualidade.
TEMA 6 O editorial
6.1 A línea editorial: funcións e características nos diferentes soporte. Os editorialistas e o consello editorial; a figura do editor; a influencia do editorial; o editorial na prensa actual; o editorial na prensa de Galicia.
TEMA 7 O artigo
7.1 Definición do artigo e doutros xéneros de opinión; o ensaio e o artigo de fondo; o artigo costumista; articulistas: épocas e xeracións; o artigo na actuialidade.
TEMA 8 O comentario e a columna
8.1 Definición e características do comentario; trazos definitorios da columna; estilo e estrutura das columnas; o comentario e a columna na actulaidade; as firmas e os diferentes soportes.
TEMA 9 O humor
10.1 O lugar do humor na prensa; tiras cómicas, caricaturas e viñetas; ironía, sátira e opinión; función crítica do sorriso; humorismo e censura; función editorializante da ilustración; o humor na prensa actual; caricaturistas, debuxantes e humoristas galegos
TEMA 10 Os xéneros nos novos soportes da información
10.1 Presenza e desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión nos novos soportes da información; o aproveitamento para os xéneros dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías
CONTIDOS PRÁCTICOS
TEMA 1 Lectura é comentario de xéneros interpretativos é de opinión
TEMA 2 Lectura é comentario de reportaxes interpretatias
TEMA 3 Lectura é redacción de crónicas
TEMA 4 Lectura, visionado é redacción de entrevistas é/ou cuestionarios
TEMA 5 Lectura é descripción analítica das páxinas de opinión
TEMA 6 Lectura é redacción de editoriais
TEMA 7 Lectura é comentario de artígos
TEMA 8 Lectura é redacción de comentarios é columnas
TEMA 9 Lectura é descripción analítica de xéneros humorísticos
TEMA 10 Lectura é comentario da opinión nos novos soportes da información
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Abril, N. (1999) Periodismo de opinión: claves de la retórica periodística. Madrid: Síntesis
Armañanzas, E. e Díaz Noci, J. (1996) Géneros de opinión. Bilbao: Universidad del País Vasco
Bernal, S. e Chillón, L. A. (1985) Periodismo informativo de creación. Barcelona: Mitre
Casasús, J. M. e Núñez Ladevéze, L. (1991) Estilo y géneros periodísticos. Barcelona: Ariel
Echevarría, B. (1998) Las w’s del reportaje. Valencia: Fundación Universitaria San Pablo CEU
Galindo, F. (2000) Guía de los géneros periodísticos. Santiago: Tórculo.
León Gross, T. y Gómez Calderón (2010) Diez articulistas para la historia de la literatura española. Madrid: Fragua
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Blanco Amor, E. (2004) Crónicas en La Nación. Vigo: Galaxia
Casares, C. (1994) Na marxe de cada día. A Coruña: Biblioteca Gallega
Edo, C. (2003) Periodismo informativo e interpretativo. El impacto de Internet en las noticias, las fuentes y los géneros. Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones
García Márquez, G. (1997) Notas de prensa. Madrid: Mondadori
Grijelmo, A. (2001) El estilo del periodista. Madrid: Taurus
Hernández Les, J.A. (2010) Dramas y debates del periodismo. Santiago: Andavira
López, X. (1998) A reportaxe de prensa en Galicia. Santiago: Lea
López Hidalgo, A. (1997) La entrevista periodística. Entre la información y la creatividad. Madrid: Libertarias
López Pan, F. (1996) La columna periodística: teoría y práctica. Pamplona: EUNSA
Parrat, S. (2003) Introducción al reportaje. Antecedentes, actualidad y perspectivas. Santiago: USC
Van Dijk, T. A. (1999) Discurso y literatura: nuevos planteamientos sobre el análisis de los géneros literarios. Madrid: Visor Libros
Vilamor, J. R. (2001) Cómo escribir en Internet. Madrid: Universitas
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5- Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1- Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2- Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3- Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1-Capacidade de organización e planificación
CT2- Capacidade de xestión da información
CT3- Traballo en equipo
CT4- Aprendizaxe autónoma
CT5- Creatividade
CT6-Iniciativa e espírito emprendedor
CT7- Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE04-Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05-Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06-Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07-Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08-Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
Lección maxistral. Explicación teórica do programa, lecturas obrigatorias e realización de traballos prácticos dos xéneros propostos no programa. Contarase con material informático e audiovisual de apoio. O alumnado realizará as prácticas relacionadas sobre os xéneros interpretativos e de opinión que lles presente o os profesor encargado.
Resolución de exercicios e problemas. O profesor presentará e desenvolverá os orzamentos correspondentes en relación con este apartado, atendendo á realización do máximo número posible dos xéneros traballados desde o punto de vista teórico, é dicir: reportaxe, entrevista, crónica, artigo de opinión, columna e crítica. A realización dos traballos prácticos ten que facerse dentro do prazo establecido por lel profesor da materia.
Aprendizaxe orientada a proxectos. Para poder superar a parte práctica da materia cada alumno/para debe entregar en prazo as prácticas da mesma. Podran programarse actividades en remoto a traves do campus virtual.
Os contidos teóricos avaliaranse cun exame (50%).
Os contidos prácticos avaliaranse con exercicios (50%)
Na segunda oportunidade manterase o sistema de avaliación anterior.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a sua evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario avaliarase co exame final 100%.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Master (art5.2) a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación, por consiguiente, a nota final do/a estudiante que os cumprimente en ningún caso será "non presentado".
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumno terá as seguintes actividades formativas programadas.
Clases expositivas- Presentación e explicación de temas. 20 H.
Traballos con textos: análise, síntese e discusión. 4 H.
Prácticas de laboratorio 20 H.
Titorías de traballos de curso 1.5 H.
Actividades de avaliación. 1.5 H.
Exame final 1H.
Estudo autónomo indicidual ou en grupo 40 H.
Lecturas recomendadas 12 H.
Busqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.) Planificación e execución da práctica 50 H.
Lectura da bibliografía recomendada.
Seguimento habitual na prensa diaria do desenvolvemento dos xéneros interpretativos e de opinión.
Realización de todos os traballos prácticos propostos, teniedo en conta a especificidade de cada un dos xéneros interpretativos e de opinión.
Os traballos prácticos versarán sobre a actualidade informativa do momento, a orde de exposición do temario e da materia pode verse modificado por estas circunstancias..Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fermin Galindo Arranz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816528
- Correo electrónico
- fermin.galindo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 2 |
21.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
21.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
25.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |