Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Dotar o alumnado dos coñecementos teórico-prácticos da creación de empresas.
- Proporcionar ao alumnado as ferramentas necesarias para ser capaz de detectar boas oportunidades de negocio, así como desenvolver plans que convertan esas ideas en proxectos viables que poidan levarse á práctica.
- Potenciar o espíritu emprendedor no alumnado.
1.- Importancia dos proxectos empresariais emprendedores
2.- Características e habilidades das persoas emprendedoras
3.- A idea empresarial. Fontes de ideas
4.- Razóns do fracaso de novos proxectos empresariais
5.- Elaboración dun plan de empresa
6.- Formas xurídicas
7.- Fontes de recursos financeiros
Amaru, A.C. (2008). “Administración para emprendedores. Fundamentos para la creación y gestión de nuevos negocios”. Ed. Pearson.
Castro Abancéns, I (2010). “Creación de empresas para emprendedores”. Ed. Pirámide
Dess, G. et al (2011). “Administración estratégica”. 5ªed. Ed. McGraw-Hill.
Dueñas, M. et al (2004). “Creación de empresas: teoría y práctica”. Ed McGraw-Hill.
Evans, V (2012). “El Plan de negocio. Cómo lograr financiación para crear o reinventar tu negocio. Ed Pearson.
Filion, L; Cisneros Martínez, L.; Mejía-Morelos, J (2011). “Administración de PYMES. Emprender, dirigir y desarrollar empresas”. Ed Pearson
García Álvarez, O (2010). “Dificultades propias del proceso de creación de empresas”. Fundación Caixanova.
Gómez Gras, J.M. et al (2012). “Manual de casos sobre creación de empresas en España”. Ed. McGraw- Hill.
González Domínguez, F.J. (2012). “Creación de empresas: Guía para el desarrollo de iniciativas empresariales”. Ed. Pirámide.
Jiménez Quintero, J. (2005). “Dirección estratégica y viabilidad de las empresas. Aplicaciones prácticas”. Ed. Pirámide.
Jiménez Quintero, J.; Arroyo Varela, S. (2002). “Dirección estratégica en la creación de empresas”. Ed Pirámide.
Nueno, P. (2009). “Emprendiendo hacia el 2020. Una renovada perspectiva global del arte de crear empresas y sus artistas”. Ed. Deusto.
Shepherd, C. et al (2011). “Administración de la innovación”. Ed. Pearson.
Soler, C.; Reig, E. (2010). “Pequeñas empresas, grandes ideas”. Ed. Pearson.
Steffan, B. (2009). “Quiero crear mi empresa”. Ed. Pearson.
Thompson, A. et al (2012). “Administración estratégica”. 18ª ed. Ed. Mc-GrawHill.
Básicas e xerais
CB1 - Que o alumnado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
Específicas
A5 - Teoría básica da empresa. Organización e áreas funcionais.
D4 - Emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas de empresas e mercados.
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo.
Transversais
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - Organización e planificación.
CT3 - Comunicación oral e escrita.
CT4 - Xestión da información.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT12 - Habilidades nas relacións interpersoais.
CT16 - Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 - Creatividade e capacidade innovadora.
CT21 - Xestión de Proxectos.
Escenario 1: normalidade adaptada
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, enfatizando nos aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. As sesións interactivas en grupos reducidos se basearán na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos para mellorar a habilidade do alumnado en recoñecer e definir os problemas aos que se enfrentan as empresas, e poder tomar as decisións máis adecuadas, á vez que se facilita a interacción entre o alumnado. Todas estas actividades se complementarán co traballo persoal que o alumnado deberá dedicar a cada unha delas, como busca de material bibliográfico, leitura de devandito material, redacción de conclusións, etc. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías.
As titorías serán prioritariamente presenciais. Durante o curso, utilizarase a "aula virtual" para tarefas de comunicación, docencia e avaliación. Poderá utilizarse tamén a ferramenta Microsoft Teams; neste caso, informarase oportunamente ao alumnado.
Escenario 2: distanciamento
Neste escenario darase unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas recomendacións que transmita o Decanato ou o Rectorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No caso da docencia virtual utilizarase Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar preferentemente de forma telemática.
Escenario 3: peche das instalacións
Neste escenario a docencia será de carácter virtual, desarrollarase a través de Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar de forma telemática.
A avaliación continua terá en conta a participación nas clases, así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. Terase en conta especialmente a participación activa na análise dos casos, debate e comentario de lecturas, e a presentación de traballos.
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame final a realizar na data fixada polo centro no calendario do curso.
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas é obrigatoria, salvo que ao alumno ou alumna lle sexa concedida a dispensa de asistencia, seguindo a Instrución N. 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. Ao alumnado que lle sexa concedida a dispensa, poderá presentarse ao exame final e optar á máxima cualificación.
Puntuación
Participación nas actividades levadas a cabo na aula: análise de casos, participación nos debates, presentación de traballos e elaboración de plan de empresa... Peso na cualificación final: 40%.
Exame final. Peso na cualificación final: 60%.
Estas dúas partes que conforman a cualificación do alumnado, aplicaranse ás dúas convocatorias (ordinaria e extraordinaria), de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) manterase para a convocatoria de xullo.
Avaliación de competencias
A relación de competencias que serán avaliadas nesta materia detállase a continuación:
- Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, CG5, A5, D4, D11, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12, CT16, CT18, CT19, CT21
- Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG4, CG5, A5, D4, D11
Segunda oportunidade:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou exames será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
A natureza das probas, exercicios e exame final da materia será da seguinte forma en función do escenario decretado pola USC:
Escenario 1: normalidade adaptada
As provas e exercicios de avaliación continua e o exame final realizaranse de forma presencial. Peso na calificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Escenario 2: distanciamento
As provas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas normas que estableza o Rectorado e o Decanato e as medidas sanitarias establecidas nse momento no escenario 2. Peso na calificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Escenario 3: peche das instalacións
As provas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán de carácter telemático. Peso na calificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
- Presenciais: 45h
- Traballo persoal do alumnado: 67,5h.
Para maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas, casos prácticos e textos recomendados, realiza todas as actividades formuladas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas. Ademais, é aconsellable complementar as exposicións teóricas do profesorado cos libros de texto recomendados na bibliografía do programa da materia.
Participar nas visitas propostas polo profesrorado e realizar en grupo os traballos propostos.
No caso de que se decreten os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía e o sistema de avaliación do aprendizado serán os seguintes:
Escenario 2:
Metodoloxía: Neste escenario darase unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas recomendacións que transmita o Decanato ou o Rectorado para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No caso da docencia virtual utilizarase Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar preferentemente de forma telemática.
Sistema de avaliación: As provas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas normas que estableza o Rectorado e o Decanato e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2. Peso na calificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Escenario 3:
Metodoloxía: Neste escenario a docencia será de carácter virtual, desarrollarase a través de Microsoft Teams e o campus virtual e poderá realizarse de forma síncrona e/ou asíncrona. As titorías terán lugar de forma telemática.
Sistema de avaliación: As provas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán de carácter telemático. Peso na calificación final: Expositiva 60% Interactiva 40%.
Vicente Angel Lopez Lopez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824419
- Correo electrónico
- vicente.lopez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nailya Saifulina
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811610
- Correo electrónico
- nailya.saifulina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
12.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |