Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
"Estrutura económica mundial" pretende oferecer ao estudante umha primeira aproximaçom ao funcionamento da economia mundial e da Uniom Europeia. Esta matéria esta especialmente relacionada com outras que o aluno estudará em cursos superiores: "Estrutura económica de Espanha e Galiza" e "Política económica". As três som matérias do âmbito de Economia Aplicada.
- Conhecer e saber empregar os conceitos e técnicas básicas precisas para a comprensom do funcionamento da economia mundial.
- Conhecer as características estructurais da fase actual do sistema económico capitalista.
- Saber interpretar os câmbios recentes e principais problemas que afectan à economia mundial.
- Conhecer e saber empregar as principais fontes estatísticas económicas.
1. O Capitalismo. As principais correntes do pensamento económico.
2. Técnicas de contabilidade social.
3. Panorama geral da economia mundial.
4. O espaço económico mundial. A globalizaçom. O Subdesenvolvimento. Cooperaçom e integraçom.
5. A globalizaçom produtiva: A internacionalizaçom do capital. O investimento direito extrangeiro. As empresas multinacionais.
6. A globalizaçom comercial: O comércio internacional.
7. A globalizaçom financeira. O sistema financeiro internacional.
8. O processo de integraçom europeio. As instituiçons da Uniom. O orçamento da UE.
Para cada tema os alunos disporán, como leitura e material de trabalho básico, bem dum ou dous textos breves ou bem de dados estatísticos e outros seleccionados polo Departamento.
Como complemento poderám consultar:
Alonso, J. A., (Dir.), (2021), Lecciones sobre economía mundial. Introducción al desarrollo y las relaciones económicas internacionales. Thomson-Civitas. 10ª ed.
Berzosa, C., Bustelo, P., de la Iglesia, J. (2001). Estructura económica mundial. Ed. Síntesis. Madrid. 2ª ed. act. e amp. Madrid.
Cairó i Céspedes, G. (ed.), 2020, Economía mundial: deconstruyendo el capitalismo. Ed. Universidad de Barcelona. Barcelona.
Competencias básicas da titulación ás que contribúe a materia:
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais:
CG2 Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel peral, así como resolver problemas sobre destas cuestions, empregando os seus coñecementos sobre da realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3 Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuizos e propostas ás consideracións pertinentes sobre da sua dimensión social, científica ou ética.
- Coñecer a realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público,
institucións económicas e a súa evolución.
- Identificar, acceder e manexar fontes de información económica.
- Desenvolver a capacidade analítica necesaria para abordar estudos económicos.
Competencias específicas da materia:
A3 A realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
D6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
Competencias transversais:
CT1 Análise e síntese.
CT2 Organización e planificación.
CT3 Comunicación oral e escrita.
CT4 Xestión da información.
CT23 Estimulación intelectual.
Esta materia non ten asignada docencia por tratarse dun plan de estudos en extinción. O estudantado deberá preparar a materia de forma autónoma, sendo guiados polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte no proceso de ensino-aprendizaxe.
O sistema de avaliación consistirá nunha proba final de contidos na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Representará o 100% da nota.
A materia ten 6 ECTS que equivalen a 150 horas.
A preparaçom de cada tema deverá realizar-se em base ao conjunto dos seguintes elementos:
• A bibliografia específica facilitada para cada tema.
• Os materiais existentes dentro da página da matéria na USC-Virtual.
• O seguimento da actualidade económica mundial ao travesso da prensa.
Lembra-se, e aconselha-se, o serviço de tutorias para a resoluçom de qualquer tipo de dúvida ou problema que se pressente ao longo do curso. Estas podem ser no horário recolhido no Apartado 2, ou ao travesso do correio electrónico.
Por último, é importante que no seu estudo o aluno observe as interrelaçons existentes entre as distintas matérias que cursa. Assí por exemplo, mantendo-nos no primeiro quadrimestre, no nosso caso com "Princípios de economia" por umha parte e "História económica" por outra.
Esta matéria é desenvolvida em Galego.
Luis Castañon Llamas
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 982824407
- Correo electrónico
- luis.castanon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
15.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |
12.06.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula Magna |