Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer o ordenamento xurídico que xira ao redor da realidade da empresa e do mercado.
Con esta materia preténdese proporcionarlle ao estudantado de Administración e Dirección de Empresas un conxunto de coñecementos xurídicos que lle sirvan de apoio para a comprensión da realidade complexa que constitúe a Empresa. Tamén se persegue familiarizalos coas variadas figuras xurídicas que habitualmente atoparán no desenvolvemento da súa actividade profesional, en atención a que a dimensión económica da Empresa non pode concibirse de forma separada da súa dimensión xurídica.
- Introducción a conceptos xurídicos básicos.
- Estudo do estatuto xurídico dos operadores do mercado (empresarios individuais, sociais e outras
formas de organización de empresas).
- Estudo do réximen xurídico da actividade empresarial, con atención ás normas de defensa da
competencia, normas sobre competencia desleal, normas sobre signos distintivos do empresario e
creacións industriais e normas sobre publicidade.
- Análise dos actos e instrumentos xurídicos propios do tráfico mercantil, tales como contratos mercantís
e medios de pago, con especial referencia á normativa sobre a sociedade da información e a protección
dos consumidores.
- Estudo dos procedementos xurídicos aplicables ás crisis empresariais.
- Incidencia das tecnoloxías dixitais emerxentes no Dereito da Empresa.
Básica
Bote García, M T, DERECHO MERCANTIL. CEF Ediciones, última edición
Valpuesta Gastaminza y otros (Cuesta Rute,JM, Dir),Derecho Mercantil para Grados no jurídicos, Huygens,última edición.
Jiménez Sánchez, G. (Coordinador), Lecciones de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
Vidal Portabales, JI., Sociedad de la Información y Empresa, Ed. Comares.
Broseta Pont,M., Manual de Derecho Mercantil, Vol I y II, Ed. Tecnos, última edición.
Complementaria
Sánchez Calero, F., Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1, y 2 Mc Graw Hill, última edición.
Sánchez Calero, Principios de Derecho Mercantil, Mc Graw Hill, última edición.
Uría, R., Derecho Mercantil, Marcial Pons, última edición
C3. Interpretar a contorna histórica social e institucional da empresa.
C7. Identificar o ordenamento xurídico que xira ao redor da realidade da empresa e do mercado e as normas legais e fiscais na xestión empresarial.
HD1. Examinar de maneira crítica datos que proveñen de diversas fontes co el fin de adquirir coñecementos adicionais e utilizalos para solucionar problemas e tomar decisións.
HD2. Comunicar oralmente e/o por escrito de forma efectiva, con precisión y claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
HD4. Desenvolver a habelencia para a autoaprendizaxe.
CP9. Actuar con responsabilidade ética y con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a igualdade de xénero, adversidade e os valores democráticos.
CP10. Avaliar o impacto social, económico e medioambiental da actividade empresarial.
-Clase maxistral.
-Estudos de caso. Análises de situación reais co fin de que o estudantado poida aplicar os coñecementos adquiridos.
-Seminario. Sesión interactiva y grupal para o traballo guiado polo docente, especialmente enfocado na resolución de exercicios, análises de textos e casos.
A metodoloxía aplicable ao ensino descansa en dous bloques:
A) Bloque teórico (sesións expositivas). Orientado a proporcionar os fundamentos teóricos imprescindibles para o desenvolvemento da actividade profesional na empresa.
B) Bloque práctico (sesións interactivas). Orientado a conxuntar a teoría e a práctica, aplicando os coñecementos adquiridos nas explicacións teóricas.
As clases interactivas e as actividades realizadas polos estudantes ao longo do cuadrimestre contarán ata un 30% na nota final. As actividades serán determinadas por cada profesor (por exemplo, presentación de traballos, preparación e participación nas sesións de traballo, nas que se prestará especial atención á capacidade expositiva, capacidade de razoamento e emprego da terminoloxía xurídico-mercantil); poderá realizarse unha proba para a avaliación destas actividades.
A avaliación completarase cun exame final presencial, que poderá ser tipo test o de desenvolvemento (70% da nota). No exame de segunda oportunidade poderá gardarse a nota da parte práctica (só para o curso actual).
Ambas partes, práctica e teórica, deben aprobarse de xeito independente, debendo acadar unha puntuación mínima de 1,5 sobre 3,0 e 3,5 sobre 7,0 respectivamente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das cualificacións.
O estudantado con exención de docencia realizará a actividade complementaria que sinale o profesor en substitución da docencia ordinaria, debendo facer ademais o exame final, que poderá conter un caso práctico.
Os alumnos repetidores avaliaranse por un exame final, que poderá conter un caso práctico. Supoñerá o 100% da nota.
Docencia presencial: 50
Traballo persoal do estudante: 99
Titoría en grupo reducido: 1
Recoméndase a consulta do Código de Comercio e das Leis Complementarias (Lei de Sociedades de Capital, Lei de Cooperativas, Lei de Ordenación do Comercio Polo Miúdo, Lei Cambiaria e do Cheque, LSSI y CE, etc.).
Na estruturación da materia, tanto no que se refire á configuración de obxectivos coma á programación, prestouse especial atención ao feito de que os futuros Graduados en Administración e Dirección de Empresas contan unicamente con 6 créditos para procurar unha axeitada formación xurídica. Así mesmo, tomouse en consideración o amplo espectro de saídas profesionais, dato que obriga a concibir a materia como un espazo de formación que deberá completarse a través de créditos optativos.
Santiago Zoilo Silva Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Correo electrónico
- santiagozoilosilva.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
21.05.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
25.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |