Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O curso ten como proposito introducir ós estudantes ós conceptos e ó método de análise da economía, e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ó nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este obxectivo xeral, o curso persegue os segunites obxectivos específicos:
1. Que o/a estudante adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía.
2. Que o/a estudante coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das diferentes áreas da economía.
3. Que, mediente o emprego de modelos sinxelos, o/a estudante se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía, así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa, e ó estudo do funcionamento das economías de mercado.
- Pensar e traballar como un economista.
- Como funciona o mercado: oferta e demanda.
- O resultado do mercado: a eficiencia.
- Os determinantes da actividade económica e a política fiscal.
- O diñeiro, os prezos e a política monetaria.
Básica:
Begg, D., Fischer, S. e Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Krugman, P., Wells, R. e Olney, M. (2022), Fundamentos de Economía. 5ª edición, Ed. Reverté.
Mankiw, N. G. (2021): Principios de Economía, 8ª edición. Cengage Learning.
Mochón, F. (2009): Economía, Teoría y Política. 6ª edición, McGraw-Hill.
Samuelson, P. e Nordhaus, W. (2019), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill.
Complementaria:
Blanco, J. M. e Aznar, J. (2004): Introducción a la Economía, Teoría y Práctica. 4ª edición, McGraw-Hill.
CORE TEAM (2020): La Economía. Electric Book Works, dispoñible online en https://www.core-econ.org/the-economy/es/
Graue, A. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Lipsey, R. e Chrystal, A. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Phelps, E. S. (1993). Economía política: un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona
Tugores J. e outros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives.
Stiglitz, J. e Walsh, C. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, J e Walsh, C. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Zabaleta,A. e Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall.
Os resultados da aprendizaxe aos que contribúe a materia son os seguintes:
Coñecementos:
- C1. Comprender os fundamentos teóricos da economía dende o punto de vista da microeconomía ou da macroeconomía.
- C2. Comprender a contorna socioeconómica, os procesos de desaenvolvemento económico, o papel das institucións económicas e o deseño e elaboración de políticas económicas.
Habilidades/destrezas:
- HD1. Examinar de maneira critica datos procedentes de diversas fontes co fin de adquirir coñecementos adicionais e utilizalos para solucionar problemas e tomar decisións.
- HD2. Comunicar oralmente e/ou por escrito de forma efectiva, con precisión e claridade, co propósito de transmitir coñecementos, metodoloxías, datos, resultados, dificultades e solucións.
- HD7. Manexar distintas técnicas matemáticas, estatísticas, econométricas e programas informáticos para a visualización, a análise e a modelización dos datos económico-empresariales.
Competencias:
CP1. Elaborar informes e proxectos das diferentes áreas funcionais da empresa, de xestión global ou sobre situacións de mercados concretos para a toma de decisións.
CP10. Avaliar o impacto social, económico e medioambiental da actividade empresarial.
As clases expositivas consistirán en clases maxistrais, consistentes basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos da materia. Estas sesións estarán destinadas a representar e explicar de maneira simplificada a realidade usando os conceptos de equilibrio de mercado e comportamento racional dos axentes económicos. Utilizando as ferramentas matemáticas e a dedución lóxica, explicarase como levar a cabo análise económica utilizando estes modelos para comprender ou economía real. As clases expositivas, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito mostrar ós estudantes o método e a forma en que traballa un analista económico, habilidades que o alumno terá que pór posteriormente en práctica nas clases interactivas e no tempo dedicado a traballar de xeito autónomo.
As clases interactivas estarán destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios e a analizar casos e exemplos que ilustren as teorías. Estas sesións tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos que permita a interacción en forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, método e técnicas de análise introducidas nas clases expositivas.
Nas titorías presenciais dáse orientación ao alumno sobre as cuestións discutidas nas clases e sobre traballos ou exercicios que se realicen durante o curso.
A guía docente detallada do curso, na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías para cada tema, entre outros aspectos; así como os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio que se considere oportuno, proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumno orientase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o semestre considerando diversos aspectos da adquisición de resultados de aprendizaxe aos que contribúe.
Todos os resultados de aprendizaxe sinaladas, á marxe da competencia CP1, son avaliados no exame final.
A avaliación continua avalía principalmente as competencias CP1 e CP2 e as habilidades/destrezas HD1 e HD2.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro, e na que, para superar a materia, é preciso obter como mínimo un 2.8 sobre 7.
b) A avaliación continua, que resultará da participación activa e, sobre todo, dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas maioritariamente presencialmente nas clases, tanto expositivas como interactivas, ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test, comentarios e preguntas de resposta curta.
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, coa seguinte valoración:
a) 70% da puntuación total.
b) 30% da puntuación total.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta unicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de xaneiro e a convocatoria de xuño) e non se manterá para cursos posteriores.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster, avaliarase cunha proba final específica para este caso que suporá o 100% da cualificación.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS onde cada crédito equivale a 25 horas, o que fai un total de 150 horas. Desas, 24h serán clases expositivas e 26h clases interactivas. O estudantado deberá dedicar por tanto 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo) e a realización de lecturas e exercicios, así como a preparación dos exames.
Recomendacions previas: Alxebra e Cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razonamento deductivo e inductivo.
Recomendase asistir regularmente a clase e tratar de resolver as distintas cuestións formuladas por un mesmo.
Consultar a bibliografía recomendada e consultar co profesorado para aclarar dúbidas, utilizando as titorías e todos os métodos de contacto dispoñibles.
Roberto Bande Ramudo
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
12.01.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
10.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |