Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ser capaz de ler, comprender e evaluar críticamente a información contida nos estados financeiros
Capacidade de detectar os efectos da discreción contable e das estratexias de divulgación de información na imaxe mostrada polos estados financeiros
Desenvolver destrezas na utilización das diferentes técnicas de análises a fin de extraer indicadores que permitan evaluar a situación económico-financeira da empresa
Concepto e obxectivos da análise de estados financeiros. Instrumentos de Análise.
A análise da empresa e o seu contorno. Posición da empresa no sector. Fontes de información.
Análise contable. Estudo do impacto dos PCXA. A calidade dos datos contables. Manipulación da información.
Análise do ciclo de explotación. Necesidades financeiras. Fondo de Rotación e Equilibrio financeiro.
Estudo da situación financeira a través de rateos. Liquidez. Solvencia. Endebedamento.
Estudo da xeración de recursos e liquidez. Análise dos estados de fluxos financeiros.
Análise dos resultados e a rendibilidade. Rendibilidade económica e financeira. Compoñentes da rendibilidade. Rendibilidade e endebedamento. Rendibilidade bolsista. Apancamento operativo e financeiro.
Básica:
ARCHEL DOMENCH, P Y OTROS ( 2018):Estados contables: Elaboración, Análisis e Interpretación. Ed. Pirámide.
PALOMARES, J. Y PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide.
RIVERO TORRE, P. (2012): Análisis de Balances y Estados complementarios. Ed. Pirámide.
Facilitaranse as referencias na aula e a través do campus virtual para aqueles temas nos que se considere necesario.
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT7 - -Toma de decisións.
CT8 - -Razonamiento crítico
ESPECIFICAS
A4 - Os fundamentos teóricos de tómaa de decisións
D3 - Valorar a partir dos registros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo
As sesións expositivas teñen por obxectivo introducir e explicar os conceptos básicos de cada tema do programa
As sesión interactivas dedícanse á resolución de diferentes casos e exercicios, á discusión de solucións doutros exercicios propostos para resolver polo alumnado e ó debate ou discusión técnica sobre cuestións diversas.
O alumnado terá con tempo previo, o material audiovisual que se use na exposición e os enunciados dos problemas e casos a resolver e a información necesaria para a preparación das cuestións a discutir dispoñendo así do material necesario para permitir o desenvolvemento axeitado do proceso de aprendizaxe autónomo.
No escenario 1 a docencia expositiva e interactiva desenvolverase presencialmente nos horarios fixados polo Decanato. As titorías tamén se farán de forma presencial salvo que non sexa posible.
No escenario 2 a docencia expositiva e interactiva será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento. A docencia virtual levarase a cabo a través da plataforma TEAMS e o campus virtual, de forma síncrona e/ou asíncrona nos horarios fixados para a materia polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán prioritariamente por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
No escenario 3 toda a docencia será virtual e levarase de forma síncrona e/ou asíncrona a través da plataforma TEAMS e o campus virtual nos horarios fixados polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará nos tres escenarios para facilitar ao alumnado información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar e tamén como ferramenta de comunicación co profesorado e o resto dos compañeiros e compañeiras. Asimesmo, ao comezo do curso na aula virtual o alumnado disporá dunha guía docente na que se tratará mais polo miúdo aspectos relativos á organización das clases, o estudio e a avaliación desta materia. Esta información presentarase o primeiro día de clase.
En todos os escenarios a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación e consistirá: na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, búsqueda e análise de información, debates...). A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 6 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,4 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas. Porén para aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes a súa cualificación será a maior de o resultado de sumar a nota da avaliación continua do curso anterior á obtida no exame sobre 6 ou ben unicamente a valoración do exame sobre 10.
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia a clase realizará un exame teórico práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumno con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CG3- CT1 CT3 -CT7-CT8- A4- D3- D11
Exame final: CB1 CB2 CB3 CB4 CB5 CG3- CT1 CT3 -CT7-CT8 A4- D3- D11
No escenario 1, tanto a avaliación continua como a proba final serán de carácter presencial
No escenario 2 a avaliación continua e a proba final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento. No caso de ser telemáticas realizaranse utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
No escenario 3 tanto a avaliación continua como a proba final serán telemáticas utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
Traballo presencial na clase:
-Clases de pizarra ,en grupo grande 18
-Clases de pizarra ,en grupo reducido18
-Tutorias en pequenos grupos ou individualizada 4
-Outras sesións con profesor: Examens e revisión 5
Total de horas de traballo presencial na aula 45
Traballo non presencial
-Estudo autónomo individual e en grupo 35
-Preparación traballo en grupo, elaboración de conclusións, redacción final. 10
-Lecturas recomendadas, biblioteca ou actividades similares 8
-Preparación de exercicios, discusións ou semellantes 12
-Participación nas conferencias, exposicións e outras actividades recomendadas 2,5
Total de horas de traballo persoal do alumno 67,5
Considérase necesario
-A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables previas, en particular de Contabilidade Financeira e Estados Contables
-A preparación das sesións na aula, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos.
-A participación en clase e a discusión de dúbidas na aula e horas de titoría.
Plan de continxencia:
Metodoloxía:
No escenario 2 a docencia expositiva e interactiva será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento. A docencia virtual levarase a cabo a través da plataforma TEAMS e o campus virtual, de forma síncrona e/ou asíncrona nos horarios fixados para a materia polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán prioritariamente por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
No escenario 3 toda a docencia será virtual e levarase de forma síncrona e/ou asíncrona a través da plataforma TEAMS e o campus virtual nos horarios fixados polo Decanato. Fora das clases o principal medio de comunicación entre o profesorado e o alumnado serán os diferentes foros abertos na aula virtual da materia. As titorías serán por vía telemática e concertaranse a través do foro habilitado na aula virtual.
Esta materia conta con Aula Virtual que se utilizará nos tres escenarios para facilitar ao alumnado información sobre a materia impartida nas clases expositivas, así como os exercicios e traballos a realizar e tamén como ferramenta de comunicación co profesorado e o resto dos compañeiros e compañeiras. Asimesmo ao comezo do curso na aula virtual o alumnado disporá dunha guía docente na que se tratará mais polo miúdo aspectos relativos á organización das clases, o estudio e a avaliación desta materia. Esta información presentarase o primeiro día de clase.
Avaliación:
En todos os escenarios a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación e consistirá: na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, búsqueda e análisis de información, debates...). A asistencia a clase non será valorada por si mesma.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso
A proba teórica-práctica final na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, será obrigatoria e terá un peso de ata 6 puntos na nota final. O alumno deberá acadar nesta proba un mínimo de 2,4 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas. Porén para aquel alumnado con 3 ou menos materias pendentes a súa cualificación será a maior de o resultado de sumar a nota da avaliación continua do curso anterior á obtida no exame sobre 6 ou ben unicamente a valoración do exame sobre 10.
Aquel alumnado que acredite de forma oficial que lle foi concedida dispensa de asistencia a clase realizará un exame teórico práctico cuxa valoración representará o 100% da cualificación final. Para superar a materia o alumno con dispensa deberá obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nese exame teórico-práctico
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Avaliación de competencias
Avaliación continua: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
Exame final: CB1 - CB2 - CB3 - CB4 - CB5 - CG3 -CG4 - CT1 - CT3 -CT4 -CT8.-A6 - D8
No escenario 2 a avaliación continua e a proba final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento. No caso de ser telemáticas realizaranse utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
No escenario 3 tanto a avaliación continua como a proba final serán telemáticas utilizando o campus virtual e o programa TEAMS.
Maria Del Rosario Vidal Lopo
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811613
- Correo electrónico
- mdelrosario.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Vazquez Parcero
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811621
- Correo electrónico
- a.vazquez.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Andrea Martinez Salgueiro
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:15-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula B |
17:45-19:15 | Grupo /CLIS_07 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
10:45-12:15 | Grupo /CLIS_05b | Castelán | Aula 02 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 19 |
16:15-17:45 | Grupo /CLIS_08b | Castelán | Aula 18 |
18:15-19:45 | Grupo /CLIS_08a | Castelán | Aula 21 |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 20 |
Xoves | |||
10:00-11:30 | Grupo /CLIS_05a | Castelán | Aula 15 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 21 |
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 18 |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula A |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula C |
24.05.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula C |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 20 |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08a | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_08b | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05a | Aula B |
07.07.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_05b | Aula B |