Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos do curso sobre "Dirección Comercial" pódense especificar do seguinte xeito:
1. O alumnado adquira coñecementos e habilidades para analizar as condicións dos mercados.
2. O alumnado adquira coñecementos e habilidades na toma de decisións respecto das variables a disposición dos executivos de empresas para acadar os obxectivos de marketing a curto e longo prazo.
3. O alumnado asuma un enfoque proactivo.
4. O alumnado desenvolva habilidades de traballo en equipo, liderado e negociación.
5. O alumnado desenvolva habilidades de argumentación e presentación.
1. Contribución do marketing aos obxectivos da empresa
2. Decisión de produto
3. Decisión de marca
4. Decisión de prezos
5. Xestión das relacións cos distribuidores
6. Xestión da comunicación: publicidade
7. Xestión da comunicación: promoción de vendas
8. Xestión do equipo comercial
9. Marketing na era dixital
Bibliografía básica:
Material entregado por los profesores encargados de la materia
Armstrong, G.; Kotler, P.; Merino, M.J; Pintado, T.; Juan, J.M. (2011): Introducción al marketing. Ed. Pearson.
Bibliografía complementaria:
Baena, V.; Moreno, M.F. (2010): Instrumentos de marketing. Decisiones sobre producto, precio, distribución, comunicación y marketing directo. Ed. UOC.
Esteban, A.; Mondéjar, J.A. (coordinadores): Fundamentos de marketing. Ed. ESIC.
García, M.D. (2008): Manual de marketing. Ed. ESIC.
López-Pinto, B.; Mas, M.; Viscarrri, J. (2008): Los pilares del marketing. Ed. UPC.
Santesmases, M. (2012): Marketing: conceptos y estrategias (6ª edic.). Ed. Pirámide.
Vázquez, R.; Trespalacios, J.A. (Direc.) (2005): Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales. Ed. Thomson-Cívitas.
XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole empresarial tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan na disciplina.
ESPECÍFICAS
B3 - Decisións de política e estratexia comercial: marketing-mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto
D3 - Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa
D5 - Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
TRANSVERSAIS
CT1 - -Análise e síntese
CT2 - -Organización e planificación
CT4 - -Xestión da información
CT6 - -Resolución de problemas
CT7 - -Toma de decisións
CT8 - -Razoamento crítico
CT9 - -Autonomía na aprendizaxe
CT10 - -Traballo en equipo
CT13 - -Sentido ético
CT18 - -Iniciativa e espírito emprendedor
É conveniente que os alumnos lean os temas previamente ás sesións na aula, xa que deste xeito a clase poderase orientar en maior medida a comentar as dúbidas que tal lectura poida xerar. De modo específico estableceranse sesións para debater e contrastar ideas sobre os conceptos, procesos e métodos expostos.
Escenario 1. Normalidade adaptada (practicamente igual que o escenario presencial habitual)
As clases expositivas terán unha duración dunha hora e impartiranse de xeito presencial, un día por semana, coa excepción das 2 primeiras semanas do curso, onde se impartirán 2,5 horas de clases expositivas, repartidas en dúas sesións de 1 e 1,5 horas. Nas clases expositivas o profesorado desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas, pero non necesariamente expoñerá todo o seu contido nin o fará na orde seguida no texto da bibliografía básica.
Empregarase o ordenador persoal e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas.
As sesións interactivas impartiranse 1 día á semana a partir da 3ª semana de curso. Haberá unha sesión de 2,5 horas. Estas clases poden implicar traballos con lecturas sobre temas relacionados coa materia, a resolución de exercicios e casos prácticos, a exposición de traballos e a participación en debates cos seus compañeiros/as.
As sesións interactivas poden implicar a realización de actividades fóra das sesións presenciais, tal e como se expón no apartado relativo aos tempos de estudos.
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións expositivas non poden impartirse de xeito presencial, tal e como se describe no escenario 1, o profesorado porá a disposición do alumnado as presentacións dos temas tratados e o material necesario no Campus Virtual da materia. A explicación dos conceptos teóricos realizarase empregando material audiovisual difundido ao alumnado mediante o Campus Virtual da materia. Poderá empregarase a plataforma Teams, You tube ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións interactivas non poden impartirse como se describe no escenario 1, as actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaranse proporcionando ao alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia.
O profesorado enviará as instrucións para a realización das prácticas e a localización do material empregando servizo de email do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse polo mesmo medio e, directamente, no propio Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC).
O alumnado deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando os medios indicados polo profesorado da materia.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o email institucional da USC ou o Campus Virtual. Para unha atención máis pormenorizada, poderanse programar titorías empregando a plataforma Teams ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Escenario 3. Peche das instalacións (practicamente igual ao segundo, eliminado a frase do principio)
O profesor porá a disposición do alumnado as presentacións dos temas tratados e o material necesario no Campus Virtual da materia. A explicación dos conceptos teóricos realizarase empregando material audiovisual difundido ao alumnado mediante o Campus Virtual da materia. Poderá empregarase a plataforma Teams, You tube ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaranse proporcionando ao alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. O profesorado enviará as instrucións para a realización das prácticas e a localización do material empregando servizo de email do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse polo mesmo medio e, directamente, no propio Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC).
O alumando deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando os medios indicados polo profesorado da materia.

Escenario 1. Normalidade adaptada
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade (xaneiro) terá dereito a unha segunda (xullo), que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
-Alumnado sin dispensa de asistencia a clase:
• Primeira oportunidade ordinaria:
A cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
1) Cualificación obtida no exame final presencial, que contribuirá un 60% á nota final (6 puntos). O exame final é unha proba de contidos, que valora os resultados da aprendizaxe. Poderá incluír preguntas de Verdadeiro-Falso (ou combinar este tipo de preguntas con outras de opción múltiple), preguntas de razoamento breve e exercicios, aos que o alumnado debe dar unha solución.
Poderán programarse probas parciais de contidos, que formarán parte da avaliación continua do alumnado. En todo caso, o peso total das probas de contidos, parciais e final, non poderá superar o 60% da cualificación.
2) Cualificación obtida pola participación nas sesións interactivas, que contribuirá un 40% á cualificación. Diversos exercicios, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recolleito polo profesorado. Ademais, o profesorado poderá asignar traballo para realizar fora da aula. La valoración de esta parte terá en conta a calidade académica dos traballos, a súa presentación, así como a participación e actitude do alumnado na aula. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do alumnado.
Para poder engadir á nota do exame final (ou do conxunto de probas de contidos) á puntuación alcanzada no apartado 2), o alumnado deberá obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final (ou do conxunto de probas de contidos).
Ademais, o alumnado deberá puntuar un mínimo do 25% da avaliación en cada unha das partes nas que se estruture o exame final (ou o conxunto de probas de contido).
A superación da materia implica a obtención de, ao menos, 5 puntos no conxunto dos elementos avaliados (sobre 10).
Cando o alumno non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final (ou no conxunto de probas de contidos), será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
• Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
A cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
1) Cualificación obtida no exame final presencial, que contribuirá un 60% á nota final (6 puntos).
2) Cualificación obtida pola participación nas sesións interactivas, que contribuirá un 40% á cualificación.
Para poder engadir á nota do exame final (ou do conxunto de probas de contidos) á puntuación alcanzada no apartado 2), o alumnado deberá obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final (ou do conxunto de probas de contidos).
Ademais, o alumnado deberá puntuar un mínimo do 25% da avaliación en cada unha das partes nas que se estruture o exame final (ou o conxunto de probas de contido).
A superación da materia implica a obtención de, ao menos, 5 puntos no conxunto dos elementos avaliados (sobre 10).
Cando o alumno non alcance a puntuación mínima necesaria para aprobar no exame final (ou no conxunto de probas de contidos), será cualificado coa nota obtida unicamente pola participación nas sesións interactivas.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderá obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
-Alumnado con dispensa de asistencia a clase:
O alumnado ao que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC será avaliado mediante unha proba presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno. O alumnado nesta situación deberá contactar co coordinador da materia.
Para todo o alumnado, no caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”. Isto é, a verificación polo profesorado da existencia de plaxio nos traballos entregados supoñerá para o alumnado afectado a cualificación de “Suspenso”.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do alumno/a será distinta de non presentado.
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Exame final sobre contidos: A proba final de contidos realizarase de modo presencial ou de modo telemático, de acordo co sistema que fixe o decanato e o reitorado da USC. Este exame realizarase nas datas establecidas pola USC e, no caso de que fose telemático, levará a cabo empregando as plataformas habilitadas pola USC para ese fin (Campus Virtual, Teams ou outras). No caso de que se realicen probas parciais de contidos, aplicarase leste mesmo procedemento.
O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao coordinador/a da materia.
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar actividades presenciais interactivas, manterase o establecido no escenario 1, coa seguinte modificación:
2) Resto de actividades: Non se terá en conta a participación do alumnado nas clases e a presentación de traballos se a situación no permite a súa valoración.
Escenario 3. Peche das instalacións
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Proba final sobre contidos: A proba final de contidos presencial substitúese por unha proba telemática a realizar nas datas establecidas pola USC e empregando as plataformas habilitadas pola USC para ese fin (Campus Virtual, Teams ou outras). No caso de que se realicen probas parciais, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao coordinador/a da materia.
2) Resto de actividades: Non se terá en conta a participación do alumnado nas clases e a presentación de traballos se a situación no permite a súa valoración.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Instrumento 1 (exame): CB1, CB2, CB5, B3, CT1,CT6, CT7, CT9.
Instrumento 2 (avaliación continua): CB1, CB2, CB3, CB4, CB5,D3, D5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT13, CT18.
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
- Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 60.
- Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 90
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 150 horas de dedicación por parte do alumnado.
Recoméndase que o alumnado traballe de modo continuado sobre a materia ao longo de todo o curso, leve ao día os conceptos teóricos e se implique no debate dos temas e dos casos.
Tamén se recomenda participar no traballo correspondente a unha situación que semella a realidade, xa que permitirá familiarizarse coa análise das situacións empresariais e a toma de decisións. Ademais, resulta conveniente a comunicación co profesor a través das titorías persoais.
Comportamento en clase
Este é un curso de dirección de empresas que se debe realizar de xeito profesional. Non se permitirá aos alumnos/as chegar tarde ou saír cedo, ler o periódico ou realizar tarefas doutras materias mentres estean na aula. O alumnado non debe conversar na aula sobre temas alleos á materia; todos os alumnos deben poder escoitar aos seus compañeiros/as cando preguntan e ao profesor/a.
O alumnado debe apagar os teléfonos móbiles ao entrar na clase. Todos os iPod ™ e outros dispositivos semellantes deben estar apagados e gardados.
Os comportamentos que manifesten falta de respecto co profesorado e/ou os compañeiros serán sancionados.
Plan de continxencia.
Escenario 2. Distanciamento
Metodoloxía da ensinanza
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións expositivas non poden impartirse de xeito presencial, tal e como se describe no escenario 1, o profesorado porá a disposición do alumnado as presentacións dos temas tratados e o material necesario no Campus Virtual da materia. A explicación dos conceptos teóricos realizarase empregando material audiovisual difundido ao alumnado mediante o Campus Virtual da materia. Poderá empregarase a plataforma Teams, You tube ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións interactivas non poden impartirse como se describe no escenario 1, as actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaranse proporcionando ao alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia.
O profesorado enviará as instrucións para a realización das prácticas e a localización do material empregando servizo de email do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse polo mesmo medio e, directamente, no propio Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC).
O alumnado deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando os medios indicados polo profesorado da materia.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o email institucional da USC ou o Campus Virtual. Para unha atención máis pormenorizada, poderanse programar titorías empregando a plataforma Teams ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) 1) Exame final sobre contidos: A proba final de contidos realizarase de modo presencial ou de modo telemático, de acordo co sistema que fixe o decanato e o reitorado da USC. Este exame realizarase nas datas establecidas pola USC e, no caso de que fose telemático, levará a cabo empregando as plataformas habilitadas pola USC para ese fin (Campus Virtual, Teams ou outras). No caso de que se realicen probas parciais de contidos, aplicarase leste mesmo procedemento.
O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao coordinador/a da materia.
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar actividades presenciais interactivas, manterase o establecido no escenario 1, coa seguinte modificación:
2) Resto de actividades: Non se terá en conta a participación do alumnado nas clases e a presentación de traballos se a situación no permite a súa valoración.
Escenario 3. Peche das instalacións (practicamente igual ao segundo, eliminado a frase do principio)
Metodoloxía da ensinanza
O profesor porá a disposición do alumnado as presentacións dos temas tratados e o material necesario no Campus Virtual da materia. A explicación dos conceptos teóricos realizarase empregando material audiovisual difundido ao alumnado mediante o Campus Virtual da materia. Poderá empregarase a plataforma Teams, You tube ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
As actividades a desenvolver nas sesións interactivas realizaranse proporcionando ao alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. O profesorado enviará as instrucións para a realización das prácticas e a localización do material empregando servizo de email do Campus Virtual. Os materiais precisos subministraranse polo mesmo medio e, directamente, no propio Campus Virtual. Cando sexa necesario, empregaranse outros recursos dispoñibles para o alumnado (plataforma Teams, You tube e calquera outra plataforma autorizada pola USC).
O alumando deberá entregar os resultados das actividades requiridas empregando os medios indicados polo profesorado da materia.
As titorías para a consulta de dúbidas realizaranse empregando o email institucional da USC ou o Campus Virtual. Para unha atención máis pormenorizada, poderanse programar titorías empregando a plataforma Teams ou calquera outra plataforma autorizada pola USC.
Sistema de avaliación
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
1) Proba final sobre contidos: A proba final de contidos presencial substitúese por unha proba telemática a realizar nas datas establecidas pola USC e empregando as plataformas habilitadas pola USC para ese fin (Campus Virtual, Teams ou outras). No caso de que se realicen probas parciais, aplicarase este mesmo procedemento.
O alumnado que xustificadamente manifeste que non pode dispoñer de medios adecuados para a realización da proba telemática deberá comunicarllo ao coordinador/a da materia.
2) Resto de actividades: Non se terá en conta a participación do alumnado nas clases e a presentación de traballos se a situación no permite a súa valoración.
Jose Antonio Varela Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811619
- Correo electrónico
- jose.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Angel Otero Simon
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811597
- Correo electrónico
- miguel.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Maria De La Concepcion Varela Neira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811711
- Correo electrónico
- conchi.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:15-11:45 | Grupo /CLIS_05 | Castelán | Aula 17 |
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 13 |
17:45-20:15 | Grupo /CLIS_08 | Castelán | Aula 12 |
Martes | |||
09:15-11:45 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 18 |
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 17 |
17:45-20:15 | Grupo /CLIS_07 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
10:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 30 |
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula B |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_08 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_08 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
25.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_08 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_07 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_07 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_08 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |