Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten por obxectivo realizar unha análise do sistema financeiro español, centrándose nos seus tres elementos fundamentais: activos, mercados e intermediarios financeiros. Neste sentido, analízase a actividade das institucións financeiras, unha clara orientación cara á xestión financeira, así como as diferentes alternativas de investimento e financiamento, as técnicas de valoración de activos financeiros e os mercados nos que se emiten e negocian estes activos financeiros.
PRIMEIRA PARTE.
INTRODUCIÓN AO SISTEMA FINANCEIRO: Sistema financeiro, funcións do SEBC/EUROSISTEMA/Banco de España, a política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pago.
1. Estrutura do Sistema Financeiro
1.1. Introdución
1.2. Concepto, características e funcións do Sistema Financeiro
1.3. Activos, intermediarios e mercados financeiros
1.4. A estrutura actual do Sistema Financeiro: Características xerais
1.4.1. O contexto internacional do sistema financeiro
1.4.2. Regulación e supervisión do sistema financeiro
1.4.3. A autoridade monetaria europea
1.4.4. As principais institucións e mercados do Sistema Financeiro Español
1.5. Resumo, conclusións e test de revisión
2. A política monetaria, o mercado interbancario e os sistemas de pagos
2.1. Introdución
2.2. O marco institucional da Unión Económica e Monetaria
2.3. Funcións dos Bancos Centrais. o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC)
2.4. O Banco de España: organización e función
2.5. Os sistemas de pagos: TARGET2-Banco de España e SNCE
2.6 O BE e a política monetaria do Banco Central Europeo (BCE)
2.6.1. A estratexia da política monetaria
2.6.2. Instrumentos de política monetaria do Eurosistema
2.7. O mercado interbancario
2.8. Resumo, conclusións e test de revisión
SEGUNDA PARTE.
INSTITUCIÓNS FINANCEIRAS: Entidades de Crédito, sistema bancario, xestión do risco da actividade bancaria, institucións de investimento colectivo, compañías aseguradoras e fondos de pensións e outras institucións financeiras.
3. As Entidades de Crédito
3.1. Introdución
3.2. O marco institucional vixente na Unión Europea no ámbito da regulación, supervisión e estabilidade financeira.
3.3. As Entidades de Crédito: Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito, Establecementos Financeiros de Crédito e ICO.
A súa importancia relativa.
3.4. Análise de activo e de pasivo a través dos seus Estados Financeiros.
3.5. Sistema de Garantía de Depósitos
3.6. Resumo, conclusións e test de revisión
4. O sistema bancario: a xestión do risco na actividade bancaria
4.1. Os riscos da actividade bancaria
4.2. O investimento crediticio e o risco de crédito
4.3. A liquidez e a súa xestión
4.4. O risco de interese: a xestión de activos e pasivos
4.5. Cara a unha nova regulación e supervisión dos riscos financeiros
4.6. Solvencia e liquidez das Entidades de Crédito. Requirimentos de capital de Basilea
II e Basilea III
4.7. A conta de explotación das entidades de crédito. Análise financeira de entidades de depósito
4.8. A reestruturación do sistema bancario español: o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB)
4.9. Resumo, conclusións e test de revisión
5. Outras institucións financeiras
5.1. Introdución
5.2. As Institucións de Investimento Colectivo en valores mobiliarios
5.3. As Institucións de Investimento Colectivo en inmobles
5.4. Motivación Económica e xestión financeira das Sociedades e Fondos de Investimento
5.5. As Sociedades e Axencias de Valores
5.6. Os Fondos de Titulización de activos
5.7. O proceso de investimento do capital risco. Sociedades e Fondos de Capital Risco
5.8. As Axencias de calificación financeira
5.9. As Sociedades de Garantía Recíproca
5.10. Tendencias financeiras da industria aseguradora. Empresas de Seguros e Fondos de Pensións
5.11. Resumo, conclusións e test de revisión
TERCEIRA PARTE.
ACTIVOS E MERCADOS FINANCEIROS: Activos e mercados de renda fixa, Activos e mercados de renda variable, e produtos derivados e estruturados.
6. Activos e mercados de renda fixa
6.1. Introdución
6.2. Tipos de interese e ETTI.
6.3. Valoración de Activos de Renda Fixa
6.4. Risco e rendibilidade nas operacións con renda fixa
6.5. Mercados de Renda Fixa
6.5.1. O Mercado de Débeda Pública Anotada
6.5.2. Os Mercados de Renda Fixa Privada
6.6. Obrigacións convertibles e accións preferentes
6.7. Resumo, conclusións e test de revisión
7. Activos e mercado de renda variable
7.1. Introdución
7.2. Activos de renda variable
7.2.1. Características Xerais
7.2.2. Valoración
7.3. O mercado primario. OPVs e OPSs
7.4. O mercado secundario
7.4.1. Operacións
7.4.2. Organización
7.4.3. Contratación e liquidación
7.4.4. Custo de operar en Bolsa
7.5. Resumo, conclusións e test de revisión
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES, El Sistema Financiero Español, AFI, 2008.
- BARQUERO CABRERO, J. e HUERTAS COLOMINA, F. (coords.), Banca, finanzas y seguros, Ed. Gestión 2000, 2000.
- CASILDA BEJAR, R et AL., La banca y los mercados financieros, Ed. Alianza, 1997.
- FABOZZI, F., Investment Management, Ed. Prentice Hall, 1995.
- FABOZZI, F, MODIGLIANI, F. e FERRI, M., Mercados e Instituciones Financieras, Ed. Prentice Hall, 1996.
- LÓPEZ PASCUAL, J. e SEBASTIÁN GONZÁLEZ, A., Gestión bancaria, Ed MacGraw-Hill, 2007.
- MARTIN MARIN, José Luis; TRUJILLO PONCE, Antonio (2004): Manual de Mercados Financieros. Thomson, Madrid.
- MENDIALDUA, A.B y otros (2009): Gestión de Entidades Financieras. Netbiblo, La Coruña.
- OTERO GONZÁLEZ, L., La gestión de activos y pasivos en el sector asegurador de vida, ICEA, 2001.
- PALOMO ZURDO, R. e MATEU GORDON, J., Productos, instrumentos y operaciones de inversión, ISTPB, 2004.
- PÉREZ, J. L., Conociendo el seguro, Ed. Umeser, Madrid, 2001.
- RODRÍGUEZ, L.; PAREJO, J. A.; CUERVO, A. e CALVO, A., Manual del sistema financiero español, 20ª edic., Ariel, Barcelona,
2007.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Facilitaranse as referencias na aula para aqueles temas nos que se considere necesario
Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostraran posuir e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e acostuma a atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicalos seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grado de autonomía.
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen a Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións mais avanzadas e inclúe algúns dos aspectos mais relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, con un alto grado de autonomía.
Transversais
CT1 - Análise e síntese.
CT2 - -Organización e planificación
CT3 - -Comunicación oral e escrita
CT4 - -Xestión da información.
CT5 - -Coñecementos de tecnoloxía da información relativos o ámbito de estudo.
CT6 - Resolución de problemas.
CT7 - Toma de decisións.
CT8 - Razoamento crítico.
CT9 - Autonomía na aprendizaxe.
CT10 - Traballo en equipo.
CT11 - -Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
CT12 - -Habilidades nas relacións interpersoais
CT13 - -Sentido ético
CT14 - -Adaptación o entorno e o cambio
CT15 - -Coñecemento de outras culturas e costumes, y traballo nun contexto internacional
CT16 - -Sensibilidade cara a problemas sociais e medioambientais
CT17 - -Negociación e tratamento de conflitos
CT18 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT19 - -Creatividade e capacidade innovadora
CT20 - -Xestión por obxectivos
CT21 - -Xestión de proxectos
CT22 - -Desenvolvemento da calidade
CT23 - -Estimulación intelectual
Específicas
D7 - Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía
D9 - Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicacións en todo o seu desempeño profesional
D10 - Aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos
Ao tratarse dunha materia de cuarto curso tratarase de aplicar un enfoque práctico que permita que o alumnado teña un bo coñecemento da realidade dos mercados e da actividade das institucións financeiras. Dado que iso esixe o manexo de abundante información financeira, potenciaranse tanto as clases prácticas, como o traballo autónomo do alumnado. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas servirán para introducir ao alumnado nos temas do programa e explicarlle o plan de traballo, proporcionándolle o material e a información adicional necesaria que permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónomo. Á finalización de cada tema o alumnado deberá realizar diferentes exercicios e actividades e, periodicamente, realizará traballos monográficos dalgún dos temas que configuran o programa , en moitos casos a partir de procuras e análises de información extraída da web que posteriormente exporán, ben individualmente, ben en grupo. Tamén
deberán resolver problemas e casos reais co apoio de software informático. Deste xeito potenciarase o manexo de información financeira en internet e a resolución de casos baseados na mesma.
Os exames forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñados a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumnado adquire durante o Curso.
Posibles escenarios:
• Escenario 1: As sesións adicadas a clases expositivas desenvolveranse na aula asignada e as sesións prácticas poden ser tanto na aula habitual como nas salas de informática mediante o manexo da folla de cálculo. As titorías serán prioritariamente presenciais.
• Escenario 2: Combinación de docencia presencial y virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus virtual, sempre con docencia síncrona. As titorías prioritariamente por vía telemática.
• Escenario 3: Docencia virtual. Desenrolarase mediante a plataforma Teams e o Campus Virtual, tanto para a docencia teórica como práctica, mediante sesións síncronas. As titorías soamente por vía telemática.
En calquera dos escenarios posibles a Aula virtual da USC será o punto de referencia para o desenrolo da docencia e seguimento da materia. A través da páxina do curso ofrecerase a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente..
O sistema de avaliación
Para avaliar correctamente as competencias que o alumnado deben adquirir teranse en conta os resultados obtidos nun exame final teórico-práctico e a avaliación continua do traballo do alumnado materializado na súa participación activa nas actividades programadas e na realización de todos aqueles traballos, casos, etc., propostos durante todo o curso. Polo tanto, o sistema de avaliación inclúe dous instrumentos:
1. Instrumento: Exame final teórico-práctico dos temas incluídos no programa da materia. Ponderación: 50% da cualificación final.
Proba escrita está composta por unha parte teórica e de un ou varios exercicios prácticos. A primeira parte pode consistir en preguntas de resposta curta e cuestións tipo test. Esta última opción é para cubrir unha ampla gama de conceptos ensinados na materia, mentres que coa primeira, ademais de observar cal é o grao de coñecemento da materia polo alumnado, trátase de fomentar a súa capacidade de trasladar os coñecementos adquiridos de xeito ordenado e sintetizado no papel. A segunda parte do exame, práctico, inclúe o desenvolvemento de moitos dos elementos que compoñen o temario, intentando reflectir o grao de comprensión do alumnado sobre a materia.
2. Instrumento: Avaliación continua. Ponderación: 50% da nota final.
Entre as actividades avaliadas a través deste segundo instrumento inclúense a participación na clase, resolución de exercicios propostos de contido relacionado coa temática da materia, a realización de traballos e probas, titorías e asistencia ás aulas, etc. Todas estas actividades serán anunciados na aula.
Calquera estudante pode facer o exame final, teña ou non realizadas as actividades propostas na avaliación continua (elemento 2). No caso de non de realizar as tarefas de avaliación continua a súa puntuación será exclusivamente a procedente do exame final optando a un 50% da nota.
O sistema de avaliación do alumnado será independente da súa condición de repetidor ou non, e da convocatoria á que se presente. Aqueles estudantes exentos de asistencia por dispensa oficial realizarán un exame na data oficial optando ao 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias
Exame final: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG5, D7, D9, D10
Avaliación continua: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3; CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12, CT13, CT14, CT15, CT16, CT17, CT18, CT19, CT20, CT21, CT22, CT23
Traballo presencial:
- Docencia en grupo grande: 15
- Docencia en grupo reducido: 15
- Titorizacións en grupos reducidos ou individualizadas: 10
- Outras sesións con profesor: Exames e revisións: 5
Total horas traballo presencial na aula: 45
Traballo non presencial:
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 30
- Preparación das prácticas: lectura de casos, textos e artigos, escritura de conclusións e traballos: 20
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 7.5
Total horas traballo persoal do alumnado: 67.5
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo del curso, a sua ponderación, e cómo se vai a facer o seu seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso.
As actividades de avaliación continua serán telemáticas, podendo desenrolarse, dependendo do escenario, na aula de informática ou a distancia. O exame final será presencial no escenario 1, presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2 e, no escenario 3, telemático.
O alumnado que se dispón a estudar esta materia deberían ter coñecementos previos de análise e cálculo financeiro, dirección financeira e manexo de follas de cálculo.
Esta materia caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira e, en concreto, aos mercados financeiros, ás decisións de política monetaria, aos produtos financeiros e ás actividades de institucións tan coñecidas como os bancos, caixas de aforros, as cooperativas de crédito, as compañías de seguros ou os plans e fondos de pensións. Por este motivo, a aprendizaxe na materia mellora considerablemente se o alumnado fai un seguimento da información que se publica tanto en
prensa como en diferentes páxinas web que poñemos á súa disposición. Ademais, hai certas lecturas e libros básicos de interese que facilitan a comprensión. Non é preciso sinalar que o método de avaliación continua esixe unha dedicación semanal que favorece os resultados finais do alumnado
Escenario 2:
- Sistema de avaliación igual que no escenario 1: exame final (50% nota final) presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento neste escenario. Avaliación contínua 50%.
- Metodoloxía de ensinanza: Combinación de docencia presencial e virtual de acordo con ditas directrices utilizando a plataforma Teams e o Campus virtual, docencia síncrona (tanto en sesións interactivas como en expositivas). As titorías prioritariamente por vía telemática.
Escenario 3:
- Sistema de avaliación igual que no escenario 1: exame final (50% nota final) telemático. Avaliación contínua 50%.
- Metodoloxía de ensinanza: A docencia será online mediante a plataforma Teams e o Campus Virtual. As titorías serán por vía telemática.
Pedro Antonio Otero Espinar
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Jose Andres Villamarin Taboada
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseandres.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 26 |
Xoves | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 25 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 25 |
15.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
15.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
15.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
24.06.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
24.06.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 26 |
24.06.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 26 |