Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | (Si)
O obxectivo da Dirección Financeira é proporcionar os coñecementos relativos ás modernas técnicas de dirección e xestión financeira, baixo unha perspectiva empresarial e dun modo integrador, situando a área financeira no contexto global da xestión empresarial.
Esta materia complementa os contidos xa traballados na Dirección Financeira I, centrándose nesta segunda parte nos temas relacionados co financiamento empresarial, tanto en canto ás fontes de recursos coma á toma de decisións de financiamento.
TEMA 1. INTRODUCION: A ACTIVIDADE FINANCEIRA NA EMPRESA
TEMA 2. ENTORNO DAS DECISIÓNS FINANCEIRAS: O SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL.
TEMA 3. FINANCIAMENTO EMPRESARIAL A TRAVÉS DA EMISIÓN DE ACCIÓNS.
TEMA 4. FINANCIAMENTO EMPRESARIAL A TRAVÉS DE DÉBEDA.
TEMA 5. CUSTO DE CAPITAL MEDIO PONDERADO
TEMA 6. POLÍTICA DE ENDEBEDAMENTO E ESTRUTURA DE CAPITAL ÓPTIMA.
TEMA 7. POLÍTICA DE DIVIDENDOS
TEMA 8. FINANCIAMENTO A CURTO PRAZO.
BÁSICA:
O material básico para preparar a materia son os apuntes proporcionados polo profesorado, dispoñible no campus virtual. Parte destos apuntes son tomados de Juan Mascareñas: Monografías de Finanzas Corporativas (http://www.juanmascarenas.eu/monograf.htm).
COMPLEMENTARIA:
O texto recomendado é de Brealey y Myers, e ten duas versións:
• (BMM) BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A.J. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas; (5ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España.
• (BMA) BREALEY, R.; MYERS, S. y ALLEN, A.J. (2015): Principios de Finanzas Corporativas (11ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España. La 9ª edición de este texto se puede descargar en formato pdf: https://www.u-cursos.cl/usuario/b8c892c6139f1d5b9af125a5c6dff4a6/mi_blo…
A relación de capítulos cos contidos desta materia preséntase na táboa seguinte
DF II BMM (5ª ed) BMA (11ª ed)
Tema 1 Capítulo 1 Capítulo 1
Tema 2 Capítulo 2 Capítulo 14
Tema 3 Capítulos 13 y 14 Capítulos 15
Tema 4 Capítulos 13 y 14 Capítulos 23, 24 y 25
Tema 5 Capítulo 12 Capítulo 19
Tema 6 Capítulo 15 Capítulo 17 y 18
Tema 7 Capítulo 16 Capítulo 16
OUTRA BIBLIOGRAFÍA:
- AGUIAR, I. y otros (2006): Finanzas corporativas en la práctica, Delta publicaciones.
- BECK, J.; DEMARZO, P. y HARDFORF, J. (2010): Fundamentos de Finanzas Corporativas, Pearson.
- BESLEY, S. y BRIGHAM E.F. (2000): Fundamentos de Administración Financiera (12ª edición); McGraw-Hill.
- CUERVO, A.; CALVO, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L. y PAREJO, A. (2018): Manual de Sistema Financiero Español (27ª edición), Ariel Economía.
- EMERY, D.R. y FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
- FERNÁNDEZ, L. (COORD); FERNÁNDEZ, S. Y RODRÍGUEZ, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid.
- LOPEZ LUBIAN, F. (2007): Casos prácticos de Finanzas Corporativas, Thomson.
- MARTÍN FERNÁNDEZ, M. y MARTÍNEZ SOLANO, P. (2000): Casos prácticos de dirección financiera, Pirámide.
- PINDADO, J. (Coord.) (2011): Dirección Financiera, Paraninfo, Madrid. Capítulos 16 a 20.
- PARA, I. y DE LA FUENTE, D. Coord. (2016): Dirección Financiera de la Empresa. Un enfoque internacional. McGraw Hill, UNED.
- ROSARIO DIAZ, J.; SÁNCHEZ CAÑADAS, M. y TRINIDAD SEGOVIA, J. (2006): Supuestos prácticos de dirección financiera, Pirámide.
- ROSS, S.A.; WESTERFIELD, R.W., JAFFE, J.F. y JORDAN, B.D. (2018): Finanzas Corporativas (11ª edición); Mc-Graw Hill-Interamericana de España.
- VAN HORNE, J.C. y WACHOWICZ, J.M. (2010): Fundamentos de Administración Financiera (13ª edición); Pearson.
Ver dispoñibilidade de bibliografía no Catálogo da BUSC: http://iacobus.usc.es/search~S1*gag?/rDireccion+Financiera+II/rdireccio…-
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos que definen á Administración e Dirección de Empresas como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo
CG5 - Posuír os coñecementos xerais e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados nos diversos ámbitos da empresa e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía
ESPECÍFICAS
B4 - Selección de proxectos de investimento, modelos de carteira, estrutura de financiamento en canto a medios e políticas, custo do capital e combinación risco-rendibilidade
D5 - Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa
D11 - Comunicarse con fluidez na súa contorna e traballar en equipo
TRANSVERSAIS:
CT1. Análise e síntese
CT3. Comunicación oral e escrita
CT4. Xestión da información
CT5. Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo
CT6. Resolución de problemas
CT7. Toma de decisións
CT9. Autonomía na aprendizaxe
CT13. Sentido ético
CT16. Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT19. Creatividade e capacidade innovadora
Trátase dunha materia troncal de 6 ECTS, distribuídos en 24 horas de clases expositivas e 24 de clases interactivas.
As sesións expositivas teñen como obxetivo a introducción dos aspectos básicos de cada tema proporcionando ao alumno a información adicional precisa que lle permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
As sesións interactivas teñen como obxetivo a realización de exercicios prácticos e outras actividades nas que mediranse as competencias evaluables da materia. Sobre estas actividades, cuya avaliación se desenvolve nun apartado posterior, informarase detalladamente na guía docente que se publicará no campus virtual ao comenzo do curso.
Os alumnos recibirán o apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso no que ofreceranse a programación periódica das clases e o material de apoio coorespondente.
Sistema de avaliación xeral:
• Avaliación continua (A. C.): 40% da cualificación final. Propoñerase a realización de aproximadamente 4 actividades prácticas, que poden adoptar distintos formatos: resolución de caso práctico, análise dun texto/vídeo e comentario, conferencia temática e resolución dun test de coñecementos relacionados coa devandita actividade, etc. A non realización destas actividades non se poderá xustificar por ningunha razón e, por tanto, non se poderán recuperar nin substituír por outras actividades alternativas.
• Exame final: 60% da calificación final. Esta proba será OBLIGATORIA e terá carácter teórico-práctico, pudendo consistir nun test u outras modalidades de cuestións. Calificarase sobre 6 puntos, e se exixe un mínimo de 2,5 para sumar a nota da A.C.
A NOTA FINAL calcularase da seguinte maneira:
a) No caso de obter unha calificación de 2,5 o superior no exame, sumarase a nota de A.C.
b) No caso de obter unha nota inferior a 2,5 no exame, a nota final será a de a A.C.
Estes criterios serán aplicables a todos os alumnos matriculados na materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade do exame, e en primeira o sucesivas matrículas.
Alumnado repetidor: Os alumnos/as que cursaron a materia e dispongan dunha calificación de A.C. en calquera dos 2 cursos anteriores ao actual, poden manter dita nota. No campus virtual habilitarase un formulario para comunicarlo, dentro do plazo indicado á coordinadora da materia.
Alumnado con dispensa: Os alumnos/as que, por causas recollidas na Instrucción nº1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispensa de asistencia á clase en determinadas circunstancias, soliciten e obteñan a dispensa de asistencia a clase, evaluaranse a través dunha proba única, que se celebrará na data oficial establecida e cuia nota suporá o 100% da calificación final desta materia. Para mais información, siga este ENLACE. No caso de ser aprobada esta solicitude, deberá comunicalo á coordinadora da materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
DISTRIBUCIÓN PROPOSTA DAS HORAS:
Clases expositivas: 24 h
Clases interactivas: 24 h
Avaliación (exame e presentacións): 6 h
Titorías (grupales ou individuais): 3 h
Outras actividades: 3 h
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 60
Estudo autónomo: 60 h
Realización de exercicios e prácticas en folla de calculo e outros traballos: 20 h
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 5 h
Outras tarefas propostas (asistencia a charlas, visitas, etc): 5 h
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 90
- Os contidos desta materia utilizan como ferramentas os conceptos estudados en materias de cursos previos, fundamentalmente: Análise e cálculo financeiro, Contabilidade financeira, Dereito mercantil e Dirección Financeira I, polo que se darán por coñecidos.
- É imprescindible o manexo básico de programas de procesamento de textos e follas de cálculo para o desenvolvemento do traballo persoal e realización de prácticas.
En relación ao "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22", aprobado en Consello de Goberno el 30 de abril de 2021, barállanse tres posibles escenarios para o desenvolvemento da docencia, que se impartirá en calquera dos tres escenarios nos horarios de clase programados no calendario oficial. Móstranse a continuación as adaptacións pertinentes en cada escenario, en canto a metodoloxía e avaliación da materia.
1) Metodoloxía do ensino:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presenza física)
Docencia (expositiva e interactiva) será presencial. Con todo, de forma excepcional, poderase combinar a presencialidad con docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
Titorías: fundamentalmente terán carácter presencial, aínda que poderán realizarse parcialmente de xeito telemático.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidad física)
Docencia: Impartirase de xeito combinado presencial e virtualmente (síncronamente) de acordo coas directrices que estableza o Reitorado da USC ou o Decanato da Facultade para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Os horarios das sesións serán, en calquera das modalidades, os que sinala o calendario oficial.
Titorías: fundamentalmente de carácter telemático.
Escenario 3: peche das instalacións
Docencia: Toda a docencia (expositiva e interactiva) desenvolverase de maneira virtual, a través da plataforma Teams. En xeral, a docencia expositiva terá lugar en sesións síncronas e a interactiva de forma tanto síncrona como asíncrona. Os horarios das sesións síncronas serán os mesmos que sinala o calendario oficial.
Titorías: exclusivamente de carácter telemático.
2) Sistema de avaliación:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presenza física)
O exame final celebrarase presencialmente. A avaliación continua dependerá do tipo de actividade que se trate: de tratarse de tarefas a realizar en clase interactiva, realizaranse presencialmente na aula; se se trata de tarefas a entregar nun prazo de tempo determinado utilizarase o campus virtual.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidad física)
O exame final será presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou o Reitorado e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2.
Escenario 3: peche das instalacións
O examen final será telemático.
Mª Loreto Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811623
- Correo electrónico
- loreto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Sieira Lopez
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- joseluis.sieira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Guillermo Andres Zapata Huamani
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811687
- Categoría
- Posdoutoral Xunta