Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Especialización do alumnado nos aspectos máis relevantes da comunicación comercial das organizacións e a súa contorna. Planificación e execución de prácticas publicitarias e promocionais específicas e planificación e xestión dos medios -on line e off line- necesarios para facer chegar a comunicación da empresa o seu público obxectivo.
Para acadar este obxectivo a materia estructúrase como segue:
1.- A comunicación comercial na súa contorna e a planificación publicitaria
2.- Proceso creativo e deseño publicitario: o anuncio
3.- Publicidad en medios convencionais e online
4.- Outras formas de comunicación comercial: Forza de vendas, relacións públicas e márketing directo
Bibliografía básica:
Baak, C. (2010) Publicidad, promoción y comunicación integral en marketing, Pearson.
Bibliografía complementaria:
Alonso Coto, M (2008) El plan de marketing digital: Blended marketing como integración de acciones on y off line, Prentice Hall.
Arens, W.F. (2001) Publicidad, 7ª ed., MC Graw Hill, México.
Barrio, S. del (2002) Publicidad Comparativa, Pearson Educación, Madrid.
Beckwith, S.L. (2004) Planes Completos de Publicidad, Deusto, Barcelona.
Díez, E., Martín, E. y Sánchez, M.J. (2002) Planificación Publicitaria, Pirámide, Madrid.
Ocaña, F. (2003) Claves para hacer Equipo.: Cómo trabajar con Éxito en Publicidad, Ediciones B, Madrid.
Scott, D.M. (2013) The new rules of marketing and PR: How to use news releases, blogs, podcasting, viral marketing and on line media to reach buyers directly.
Tellis, G.J. y Redondo, I. (2001) Estrategias de Publicidad y Promoción, Addison Wesley, Madrid
Competencias básicas e xeráis:
CG2-Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seu coñecementos dobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
CG3- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuentións relacionadas con ámbito empresarial, incorporando na elaboración de xuizos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe encontrarse a un nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4- Que os estudantes poidan tranmitir ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
con un alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
B3- Decisións de política e estratexia comercial: marketing mix, políticas de prezos, distribución, promoción e política de produto.
D3- Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
D5- Redactar proxectos de xestión global ou de áreas funcionais da empresa.
– Coñecemento da información sobre audiencias dispoñible en España.
Competencias transversais:
- Organización e planificación
- Comunicación oral e escrita
- Xestión da información.
- Coñecementos de tecnoloxía da información relativos o ámbito de estudo.
- Resolución de problemas.
- Toma de decisións.
- Razoamento crítico
- Autonomía na aprendizaxe
- Traballo en equipo
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc. As horas prácticas cóbrense con exercicios e análises de casos.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá nun 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 50% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en maio como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
Exame: CB1, CB2, , CG2, CT1, CT3, CT4, D1
Clase: CB3, CB4, CG3, CT2, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10
O tempo recomendado para superar a materia é o seguinte:
Horas de traballo presencial na aula (expositivas, interactivas, titorías e exame): 45.
Horas de traballo autónomo (estudio autónomo e preparación das actividades): 67,5
Deste xeito, as actividades implicadas na aprendizaxe, desenvolvemento e estudio da materia durante o curso, así como das diferentes probas de avaliación, implican un total de 112,5 horas de dedicación por parte do/a alumno/a.
Maria Luisa Del Rio Araujo
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811634
- Correo electrónico
- marisa.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Ramon Porto Pedrido
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- josera.porto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
Venres | |||
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
05.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
05.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
05.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
05.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
05.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
11.07.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |