Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Neste curso estudamos a Opinión Pública desde o punto de vista da socioloxía. Ofrecemos, en primeiro lugar, unha interpretación xeral sobre a orixe das opinións públicas e dos grupos de interese nas sociedades de Europa Occidental. A continuación, aplicamos esta interpretación ao estudo das grandes ideoloxías -os grandes ismos: liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo- para o que teremos previamente que examinar as fracturas ou cleavages que estruturan ditas sociedades, pois sostemos que é nesas fracturas onde se orixinan esas ideoloxías. Finalmente, consideramos a extensión do sufraxio na Gran Bretaña durante o século XIX, pois nos parece unha proba obxectiva da capacidade de irradiación carismática das devanditas ideoloxías.
1. Presentación
2. Estruturación social. Século XIX e Século XXI
3. Fracturas estruturais
4. Enxendramento das opinións públicas políticas
5. Grandes - ismos
F. TÖNNIES (1979): Comunidad y Asociación. (fragmentos). Barcelona: Península
M. Weber (1964): El cuadro administrativo de funcionarios, en Economía y Sociedad. (pp 175-6). México: FCE
C. ALLONES PÉREZ (2012): English Breakthrough, en Capitalismo: Apuntes sociológicos. Revista Nómadas, vol. 34, núm. 2 (pp 25-59). UCM
J. DEWEY (2004): En busca del público, en La opinión pública y sus problemas. (pp 59-75). Madrid: Ediciones Morata.
C. ALLONES PÉREZ (2020): Working Paper
M. WEBER (1964): Esencia y efectos del carisma, en Economía y Sociedad. (pp 847-865). México: FCE
http://www.parliament.uk/about/living-heritage/evolutionofparliament/ho…
Documento de Word: Extensión del sufragio en Britain
Queremos transmitir os alumnos unhas ferramentas e unha mirada especificamente sociolóxicas, capaces de analizar a opinión pública dende un punto de vista distinto o que ofrecen outras disciplians, coma a ciencia política, o dereito, a filosofía...
Dada a Pandemia do Covid 19, contémplanse 3 posibles Escenarios
a) Escenario 1º (Normalidade adaptada):
Clases expositivas: Nelas explicaranse os contidos teóricos esenciais da materia, presentando e resolvendo os problemas que presentan devanditos contidos.
Seminarios interactivos. Leranse e comentarán textos da bibliografía
b) Escenario 2º (Distanciamento):
Clases expositivas: docencia virtual asincrónica vía Microsoft Teams (idéntico contido que no Escenario 1º)
Seminarios interactivos: docencia presencial (idéntico contido que no escenario 1º)
c) Escenario 3º (Peche de Instalacións)
Clases expositivas: docencia virtual asincrónica vía Microsoft Teams (idéntico contido que no Escenario 1º)
Seminarios Interactivos: docencia virtual asincrónica vía Microsoft Teams (idéntico contido que no Escenario 1º)
Realizarase unha avaliación continua dos estudantes –presencial ou nos escenarios 2º e 3º por tarefas ‘en remoto’.
Dita avaliación continua complementarase –en calquera dos 3 posibles escenarios- cunha proba final por escrito dos contidos teóricos do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Serán os mesmos para os tres Escenarios:
Clases expositivas: 25 horas (estudo individual do alumno: 45 horas)
Seminarios interactivos: 10 horas (estudo individual do alumno: 20 horas)
Titorías: 7’5 horas
Total: 42’5 horas (traballo persoal do alumno: 65 horas)
Os textos e materiais de apoio (que se colagrán la aula virtual) son necesarios para o seguimento do curso, pero é nas clases teóricas e nos seminarios interactivos onde se traballa o seu verdadeiro sentido, alcance e intención.
Plan de Continxencia
O COVID 19 establece unha necesaria cautela na planificación do curso. Con todo, en calquera dos tres Escenarios previstos (todo presencial; semipresencial; todo virtual), as ferramentas institucionais da USC-concretamente a aula Virtual e a aplicación Microsoft Teams- garanten, no modo xa sinalado, a eficacia metodolóxica e evaluativa da materia pata todo o alumnado.
Carlos Antonio J Allones Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815189
- Correo electrónico
- carlosantonioj.allones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Docencia virtual asíncrona |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 1.3 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 1.3 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | 1.3 |
26.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
26.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula virtual |
26.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula virtual |
26.01.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula virtual |
22.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula virtual |
22.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula virtual |
22.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula virtual |
22.06.2021 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula virtual |