Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende que o estudante adquira os coñecementos mínimos sobre o control de xestión é a avaliación da actividade e as intervencións públicas nas súas diferentes manifestacións, que lle permita a súa inserción profesional neste ámbito de traballo.
1. Avaliación e Control de Xestión
2. Introdución, enfoques e utilidade da avaliación na xestión pública
3. Os diferentes enfoques avaliativos e a súa aplicación
4. Os tipos de intervencións publicas mais comúns e as súas avaliacións
5. A metodoloxía avaliativa máis comunmente utilizada
6. O Control da Xestión na Administración Pública
7. A asignación de costos dentro da administración pública
8. O control orzamentario e as súas desviacións
9. As desviacións contables e a súa análise
10. O establecemento de indicadores de xestión
11. As etapas da implantación dun sistema de control de xestión
12. Ferramentas complementarias do control de xestión: auditoría operativa, benchmarking e cadro de mando integral
Bibliografía básica:
ACCID (2010). Manual de control de gestión. Barcelona, Profit Editorial.
Dupuy, Y. and G. Rolland (1.992). Manual de Control de Gestión. Madrid, Díaz de los Santos.
González Bravo, M. I. (1999). "El control de la actuación de los departamentos universitarios a través de indicadores." Auditoría Pública 16(146): 59-63.
Guinart, J. M. e. a. (2004). Indicadors de Gestió a l’Administració Pública. Barcelona, Escola d’Administració Pública de Catalunya.
AECA (1997). Indicadores de gestión para las Entidades Públicas. Madrid, AECA.
Álvarez Arana, J. F. (1998). "Evaluación y control de gestión en la administración de funciones coordinadas." INDETEC(111): 44-52.
Alvira, F. (1996). Metodología de la evaluación de programas. Madrid, CIS.
Amat, J. M. (1998). Control de gestión: una perspectiva de dirección. Barcelona, Gestión 2000.
Amat, J. M. e. a. (2007). Control presupuestario. Barcelona, Gestión 2000.
Bourne, M. and P. Bourne (2003). Cuadro de mando integral. Barcelona, Gestión 2000.
Bibliografía complementaria:
Abad Arango, D. (2001). Control de Gestión. Metodología para diseñar, validar e implantar sistemas de Control de Gestión en entidades del sector público. Madrid? Observatorio de Calidad en Educación. Centro Internacional de Calidad, CENICAL
Interconed / Editores.
Ballart, X. (1992). ¿Cómo evaluar programas y servicios públicos? Aproximación sistemática y estudios de caso. Madrid, MAP.
Bañón, R. and E. Carrillo (1997). La nueva Administración Pública. Madrid, Alianza.
Barnette, J. and J. Sanders (2003). The Mainstreming of Evaluation. New Directions for evaluation. San Francisco, Jossey-Bass Publishers.
Beatriz Fariña Gómez, B. and Y. González González (1998). "Gestión estratégica de la calidad. Herramientas: una aplicación en el campo sanitario." Anales de estudios económicos y empresariales(13): 275-316.
Blanco, F. (1997). El Control Integrado de Gestión. Madrid, Ed. APD.
Braadbaart, O. and B. Yusnandarshah (2008). "Benchmarking del sector público: un estudio de artículos científicos, 1990-2005." Revista internacional de ciencias administrativas: revista de administración pública comparada, 74(3): 89-103.
Cabeza del Salvador, I. (1997). "Auditoría operativa en el sector público: ¿realidad o utopía?" Revista Técnica, ISSN 0538-0634(11): 10-15.
Cansino Muñoz-Repiso, J. M. (2001). Evaluar al sector público español. Cádiz / Sevilla, U. de Cádiz / U. de Sevilla.
Carrasco, D. e. a. (2005). Cálculo de costes e indicadores de gestión en los servicios municipales. Madrid, Thomson Civitas.
Cernadas, A. and Y. Ricoy (2006). "Diseño, ejecución y utilidad de las evaluaciones: el rol del cliente." Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS) 5(2): 41-50.
Cernadas, A. and Y. Ricoy (2007). "La evaluación de políticas públicas como instrumento de gestión. Evaluación del proyecto ASISTE, implementado por el Concello de Vigo y confinanciado por el FSE." Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais(21): 211-227.
Deming, W. E. (1989). Calidad, productividad y competitividad. Madrid, Díaz de Santos.
Eglier, L. (1991). Servucción y marketing de servicios. Madrid, McGraw-Hill.
Un adecuado aproveitamento da materia capacitaría o estudante para desenvolver traballos profesionais no ámbito da xestión e da avaliación dos programas e das políticas públicas.
A metodoloxía de ensino constará de clases maxistrais, participación do alumnado na clase, lecturas e traballos voluntarios e obrigatorios, comentario/discusión de situacións e casos, políticas ou programas concretos; a través dos cales se poidan exemplificar os aspectos e procesos teóricos.
A asistencia a clase considerase obrigatoria e imprescindible pra asimilar adecuadamente os contidos e pra poder superar a materia.
Seguirase una metodologia de avaliación continuada na que se terá en conta todo o traballo feito po lo alumnado nas diferentes actividades que se propoñan ao largo do curso como seria: participación do alumnado nas clases, traballos, debates, seminarios, lecturas obrigatorias e voluntarias, etc.
Finalmente, una parte da calificación final obterase mediante a superación dun exame que versará sobre os diversos temas do programa da materia.
Para poder ser avaliado e poder superar a materia, o alumnado deberá asistir polo menos o 80% das clases expositivas e ter realizado todas al actividades avaliativas propostas na aula o longo do curso.
Proba escrita: 50%
Traballo de avaliación:40%
Asintencia e participación: 10%
O sistema de avaliación poderá verse modificado pola situación sanitaria e o seu desevove-mento ao longo do curso, en caso de situacións de limitación de mobilidade tenderase, na medida do posible, ao modelo de avaliación continua.
O estudante debería dedicar aproximadamente ao estudo persoal da materia o dobre do tempo que se lle dedica nas clases, co fin de repasar os conceptos estudados e analizar a bibliografía básica recomendada (Pra ver a información cuantitativa, consultar a memoria do Grao).
O alumnado deberá facer un esforzo pra poñerse o dia en materias coma: contabilidade, estadistica, economía, análise de políticas públicas e avaliación de políticas públicas.
Para estudar e asimilar esta materia será útil tanto o estudo da bibliografía recomendada e a análise de casos e exemplos concretos, como o seguimento dos seminarios e das clases teóricas programadas.
Tendo presente a evolución sanitaria é deber do alumno prestar atención ás notificacións e novidades que poidan producirse no campus virtual como espazo de coordinación e traballo.
En resposta á solicitude do Departamento de Ciencia Política e da Administración de revisión da programación da materia Control de Xestión do Grao en Ciencia Política para os posibles escenarios na nova normalidade do próximo curso académico 2020-2021, quero constar no apartado de Observacións as seguintes cuestións:
-Contidos: inicialmente non se prevé a modificación dos contidos, que se manterán tanto na previsión do Escenario 2 como do Escenario 3 e que serán axustados segundo a forma de docencia que se concrete en cada unha das devanditas situacións.
-Bibliografía: de producirse un novo confinamento, a bibliografía complementaria será facili-tada polos docentes a través da aula Virtual.
-Metodoloxía de ensino: esta será reaxustada no seu momento, segundo a previsión de dispoñibilidade de aulas que estableza a Facultade para cada escenario. Aínda que e de ma-neira xenérica complementaranse no Escenario 2 as clases presenciais coa subida de material que permita tanto o seguimento dos contidos teóricos como prácticos da materia. No Escena-rio 3 complementarase a realización de clases telemáticas síncronas ou asíncronas, segundo o volume de alumnos matriculados, coa incorporación na aula Virtual de material que permita o seguimento dos contidos teórico-prácticos da materia.
-Sistema de avaliación: tanto no Escenario 2 como no Escenario 3, fomentarase o sistema de avaliación continua, e en consecuencia, a entrega periódica de traballos que permitan o seu seguimento. Así mesmo e se as condicións de realización permíteno, valorarase no Escenario 2 a realización dunha proba final exame síncrono/asíncrono.
Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 1.1 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.3 |
18.05.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
18.05.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
05.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
05.07.2022 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |