Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A dirección pública contemporánea enfróntase a escenarios cada vez máis complexos: por unha banda, a complexidade deriva da natureza de moitos dos problemas que as sociedades trasladan aos gobernos e ás súas organizacións; por outra, a complexidade se manifesta nos sistemas de produción de respostas e medra ou diminúe condicionada pola capacidade de reacción que teñen as organizacións públicas en virtude do seu capital intelectual e da súa calidade de dinámica relacional, entre outros factores.
Para reaccionar do xeito máis solvente fronte ao entorno, as entidades públicas desenvolven políticas transversais que conforman unha interpretación da combinación máis axeitada de ferramentas coas que operar e actuar no marco do policy making.
Estamos a falar de políticas de xestión pública dedicadas a guiar, estimular e controlar o núcleo do sector público como unidade. Os instrumentos das políticas de xestión pública son regras institucionais e rutinas organizativas relacionadas coas áreas da planificación, xestión financeira, función pública, deseño organizativo, xestión de calidade, auditoría ou avaliación.
Esta materia, Temas Actuais de Xestión Pública, a través do tratamento temas de actualidade non abordados nos cursos precedentes, ofértase en resposta á necesidade de reforzar a capacitación do alumnado ante a inminente realización de prácticas profesionais e a achega de ferramentas e marcos interpretativos de utilidade para o deseño de traballos de fin de grao.
O ensino da materia Temas Actuais de Xestión Pública persegue os seguintes obxectivos:
- Familiarizar ao alumnado con novos conceptos e marcos empregados na xestión pública contemporánea.
- Intensificar a práctica de ferramentas de xestión pública.
- Analizar e debater novos problemas da xestión pública.
- Afondar no coñecemento da planificación do uso dos recursos públicos así como no deseño de formas de provisión de servizos.
- Explorar as claves do deseño institucional e dos procesos de cambio organizativo.
- Examinar o impacto das TIC na xestión pública.
- Achegar solucións de xestión esencias para a práctica profesional no sector público
1. Cambio organizativo e reestruturación
2. Administración dixital, e-goberno, innovación e sector público
3. Goberno aberto e transparencia
4. Aplicación de enfoques de calidade
5. Dirección estratéxica
6. Nudges
7. Novas formas de colaboración público - privada
MANUAIS:
Carmona Garías, S. (2019), Democracia y Gobierno Abierto. McGraw-Hill, 2019 . (disponible en ePub)
Jones, G. (2013) Teoría Organizacional (7ed.). Pearson, 2013. (disponible en ePub)
Criado Grande, J.I. (2016), Nuevas Tendencias en la Gestión Pública. Madrid: INAP
Nuñez Martín, A. (2011), El Nuevo Directivo Público. Claves de Liderazgo para la Gestión Pública. Pamplona: EUNSA.
Pont Vidal, J. (2017). La Innovación en la Gestión Pública. Madrid: La Catarata
Ramió, Carles (2015). Administración Pública y Crisis Institucional. Estrategias de Reforma e Innovación para España y América Latina. Madrid: Tecnos
BIBLIOGRAFÍA SUXERIDA (NON OBRIGATORIA) PARA ALUMNAS/OS DE INTERCAMBIO (SUGGESTED BIBLIOGRAPHY FOR EXCHANGE STUDENTS):
Pollitt, Ch. & Bouckaert, G. (2017), Public Management Reform. A Comparative Analysis into the Age of Austerity. Oxford: OUP.
Rainey, H. (2014), Understanding and Managing Public Organizations. Jossey-Bass. (disponible en ePub)
Thompkins, J.R. (2004), Organization Theory and Public Management. Cengage Learning
Ao remate da materia, é de esperar que se adquiran as seguintes competencias:
- Analizar e sintetizar.
- Argumentar loxicamente.
- Avaliar argumentos alleos.
- Establecer o valor científico dos produtos xerados nas investigacións en xestión e políticas públicas.
- Diferenciar os xéneros discursivos propios da xestión e políticas públicas.
- Teorizar e conceptualizar.
- Procurar e xestionar fontes de información.
- Recoller e tratar datos cualitativos e cuantitativos para facelos obxecto de análise.
- Analizar datos con técnicas cualitativas e cuantitativas.
- Utilizar ferramentas informáticas e tecnoloxías da comunicación.
- Comunicar con fluidez oralmente e por escrito.
Así mesmo, como resultado da aprendizaxe desta materia, espérase que o alumnado participante adquira destrezas nas seguintes áreas:
- Manexo de ferramentas que faciliten a análise dos problemas públicos.
- Uso de técnicas da xestión pública.
- Coñecemento dos temas de debate contemporáneos da xestión pública.
- Concienciación da importancia da equidade e ética na xestión pública.
- Coñecemento de marcos teóricos da xestión pública.
- Aplicación de ferramentas de xestión dende os enfoques estratéxico, de calidade e de orientación ao cidadán.
- Análise dos problemas públicos e exploración das alternativas para a súa xestión.
- Análise de información que permita desenvolver proxectos en xestión pública.
- Análise e avaliación dos recursos necesarios para a prestación dun servizo.
- Organización de actividades administrativas.
- Programación dos procesos de cambio organizativo
- Redeseño e implementación de servicios públicos.
- Xestión do e-goberno e introdución de TIC no ámbito público.
A materia articúlase en torno á explicación de cada un dos temas que conforman o programa e á realización de tarefas interactivas que pretenden reforzar os coñecementos e habilidades adquiridos e mesmo comprobar a utilidade dalgúns instrumentos de xestión.
Igualmente, intentando simplificar a comprensión da materia impartida, ao longo do curso fornécese información adicional (táboas, cadros, etc.) a través do CAMPUS VIRTUAL como documentación auxiliar de estudio. O mesmo CAMPUS VIRTUAL será utilizado como repositorio de material para sesións interactivas.
Dado o carácter práctico que posúen os contidos, a participación do alumnado nas actividades interactivas é determinante para garantir unha boa adquisición de competencias.
No contexto da Covid-19, indícase no apartado "Observacións" o método docente que se vai adoptar en cada escenario dos contemplados no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 (Consello de Goberno do 30 de abril de 2021).
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial. As titorías serán presenciais, mais poden realizarse parcialmente de xeito virtual (ver abaixo). A entrega de actividades interactivas se realizará presencialmente.
A proba final se realizará presencialmente, nas datas establecidas orixinalmente, pero establecendo, se fora necnecesario, franxas horarias para limitar o aforo (se comunicará a distribución por grupos).
TITORÍAS
Coa finalidade de despexar calquera dúbida sobre o programa e a materia ou para resolver calquera incidencia relacionada coa avaliación, establécese o seguinte horario de titorías:
Mércores (10-11h e de 16 a 19h) e Xoves (10-12h)
Este horario pode sufrir variacións ao longo do curso, incidencia que se comunicaría anticipadamente (a través do Campus Virtual), así como, de ser o caso, o horario alternativo no que se realizarían as titorías.
As titorías atenderanse, preferentemente (escenario 1 e 2), no despacho número 5, situado no andar baixo do edificio principal da Facultade de Cc. Políticas e Sociais. Así mesmo, pódense realizar titorías por vía telemática que serán atendidas no mesmo horario que as titorías presenciais.
Pódese solicitar cita vía correo electrónico no enderezo: ramon.bouzas [at] usc.es (ramon[dot]bouzas[at]usc[dot]es)
En calquera medio de atención, prégase respectar o horario de titorías.
A avaliación tentará estimular a interacción individual-grupal dende o inicio das sesións. Organízase do xeito que se expón:
- Quen realice regularmente as tarefas interactivas (mínimo 4 das 6 establecidas) poderá acceder á modalidade de avaliación A.
- Quen non realice as tarefas interactivas, accederá directamente á modalidade de avaliación B.
Tendo en conta a súa particular planificación do curso, cada alumna/o pode, se o desexa, comunicar ao docente dende principios do curso a que modalidade quere acollerse.
MODALIDADE A
A avaliación combinará a realización de exercicios de carácter individual e grupal. Para a realización dos exercicios grupais é necesario que o alumnado organice a súa distribución dende as primeiras sesións, tendo en conta que a composición do grupo de traballo manterase ao longo do curso.
1) Participación e esforzo (5% da nota final): a avaliación final premiará a participación e esforzo do alumnado ao longo do curso. Terase en conta a actitude colaboradora mostrada por cada alumna/o durante o curso.
2) Prácticas grupais (Interactivas) (15% da nota final): Supón a realización de exercicios relacionados co desenvolvemento das sesións interactivas. Para levalos a cabo, deberán conformarse equipos de traballo (entre 4 e 5 persoas por equipo).
2) Prácticas individuais (Interactivas) (15% da nota final): Supón a realización de exercicios individuais relacionados co desenvolvemento das clases interactivas.
3) Proba final (65% da nota final): consiste na realización dunha proba teórica/práctica. A estrutura do contido desta proba e a súa puntuación serán comunicadas con antelación. Será necesario alcanzar o 50% da puntuación desta proba para superar a materia.
No caso de non alcanzar un mínimo de 5 puntos no conxunto das probas, entenderase non superada a materia. En caso de acceder á segunda oportunidade, a nota dos exercicios interactivos manterase.
MODALIDADE B
A avaliación do alumnado que non acredite un seguimento regular das actividades interactivas (menos de 3 interactivas) ten un carácter individual e se basea na realización dunha proba final. A nota máxima que se concederá no exame será a de “Aprobado” (6 puntos).
Sobre plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización
fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Segundo as directrices da memoria do plano de estudos, o seguimento das clases expositivas esixirá unha dedicación de 30 horas. No caso das interactivas, o seguimento esixirá 15 horas. Así mesmo, o estudo da materia, fóra da aula, esixirá un promedio de 8 horas semanais.
Para o estudo da materia, á marxe da asistencia a clase, aconséllase o manexo dos diversos manuais xerais indicados, o uso de recursos electrónicos e a consulta dos fondos bibliográficos da USC.
Basicamente, sexa presencial, semipresencial ou virtual, recoméndase seguir ao día a secuencia de desenvolvemento da materia segundo o detallado no apartado “metodoloxía” e preguntar ao docente, con tempo suficiente, calquera dúbida relacionada cos contidos ou co procedemento de avaliación.
Plan de continxencia aplicable aos escenarios 2 e 3:
ESCENARIO 2:
A docencia expositiva e interactiva será adaptada á semipresencialidade que determine a facultade.
A proba final se realizará presencial. No caso de non ser posible, se desenvolverá de xeito online síncrono.
As probas interactivas realizaranse durante o desenvolvemento das sesións correspondentes.
Titorías: Serán preferentemente telemáticas e se solicitaran no enderezo ramon.bouzas [at] usc.es (ramon[dot]bouzas[at]usc[dot]es)
ESCENARIO 3:
A docencia expositiva e interactiva serán non presenciais. As sesións expositivas se desenvolverán de xeito síncrono, vía MS Teams, nas mesmas franxas indicadas no escenario 2 para cada grupo. Os materiais de estudio se depositarán no Campus Virtual.
A proba final se realizará virtual de xeito síncrono.
A entrega de actividades interactivas, en datas concretas, será virtual mediante envío do pdf co resultado -individual ou grupal- final do traballo.
Titorías: Serán telemáticas e se solicitaran no enderezo ramon.bouzas [at] usc.es (ramon[dot]bouzas[at]usc[dot]es)
Este plan de continxencias queda subordinado ás instrucións que se reciban dos órganos de goberno da USC.
Andres Cernadas Ramos
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815163
- Correo electrónico
- andres.cernadas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ramon Angel Bouzas Lorenzo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815181
- Correo electrónico
- ramon.bouzas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.4 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 1.4 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 1.4 |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1.4 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Salón de Actos |
11.11.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLIS_01 | 1.4 |
11.11.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
11.11.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLIS_03 | 1.4 |
11.11.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLIS_02 | 1.4 |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 | 0.1 |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | 0.1 |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | 0.1 |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |